21 para o 21: poéticas cosmopolitas
21 marzo 2021
Sumario Gabriel Aresti........................................................................................................................................2 Xela Arias.............................................................................................................................................4 Yolanda Castaño...................................................................................................................................5 Mário Dionísio......................................................................................................................................5 Salvador Espriu....................................................................................................................................6 Rosalía Fernández Rial.........................................................................................................................7 Celso Emilio Ferreiro...........................................................................................................................7 Moraima Guanipa.................................................................................................................................8 Chunsu Kim..........................................................................................................................................9 María Lainá........................................................................................................................................10 Joan Margarit......................................................................................................................................10 César Antonio Molina.........................................................................................................................11 Anacleto Olo Mibuy...........................................................................................................................11 Luís Pimentel......................................................................................................................................12 Ibn Rasiq.............................................................................................................................................14 Daigu Ryokan.....................................................................................................................................14 Jaroslav Seifert...................................................................................................................................14 Wallace Stevens..................................................................................................................................15 Àlex Susanna......................................................................................................................................16 Marina Tsvietáieva..............................................................................................................................16 Abd Al-Wahhab Al-Bayati..................................................................................................................18
A nosa proposta para este 21 de marzo: unha viaxe polas poéticas de 21 escritores. A poesía non coñece fronteiras así que embarquemos neste cruceiro lírico con escalas en múltiples latitudes: dende Galicia ata Irak, dende Marrocos ata a Terra do Sol Nacente... Nesta xornada de exaltación da poesía convertamos as nosas xeografías lectoras en xeografías poéticas! Que teñades boas singraduras polos mares da lírica universal!
Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”
2
IES “San Paio”
21 para o 21: poéticas cosmopolitas
21 marzo 2021
Gabriel Aresti (Bilbao, 1933-1975) A miña poesía é moi barata de balde recollina da boca do pobo e de balde devólvolla ao oído do pobo. Eu tamén teño a miña verdade e vale tanto ou máis, que a do señor banqueiro. Todas as cousas do mundo gástanse; gástase a saúde e o amor, o desexo e o vicio; a cobiza e a vida e o que máis facilmente se gasta é a cousa máis perdurable do mundo, o máis forte..., é o diñeiro. Se alguén di: na miña casa non hai paz busque a paz en casa do veciño ou no último recuncho do mundo; pero se tivese paz na súa casa, que non busque a guerra en parte algunha porque perderá a paz e a casa polos recunchos do mundo.1
Poesía Dirán que isto non é poesía, pero eu direilles que a poesía é un martelo.2
1 2
http://www.cancionaquemarropa.es/2006/11/rogelio-botanz-nire-poesa/ http://basquepoetry.eus/?i=poemak-es&b=1376
Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”
3
IES “San Paio”
21 para o 21: poéticas cosmopolitas
21 marzo 2021
A miña voz é un martelo A miña voz é un martelo negra poesía Palabra firme e chea de feroz bonhomía Que golpea nos teus cravos doce nai miña E mentres te golpea sofre a túa agonía.3
Sempre direi… Sempre direi a verdade. Da miña boca non sairá palabra que non sexa verdade. Romperanme os beizos, caeránseme os dentes, cortaranme a lingua, pero eu nunca mentirei. E se algunha vez, rompendo o meu xuramento, digo unha mentira, será para que o sol non se escureza, para que a lúa alume, para que a rosa gañe algún pétalo, para que o caravel non perda o seu perfume, para que o neno sempre goce da teta e para que á doncela se lle vaia a virxindade con nobreza.4
3 4
https://faustomarcelo.blogspot.com/2016/05/poemas-de-gabriel-aresti.html http://www.poesiasolidariadelmundo.com/2011/05/siempre-dire-la-verdad.html
Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”
4
IES “San Paio”
21 para o 21: poéticas cosmopolitas
21 marzo 2021
Xela Arias (Sarria, 1962-Vigo, 2003) Onde cantan os poetas a nos lembra-lo que non foi ou puido ser, vese a dor da inmóbil, imposible, invariable medida do silencio que resta. Silencio que resta, ou no que nos restan. O ritmo do silencio historiou sempre a aparencia de acougo. Estupefaciente. Poética Achégate a min Perdón ¿que é unha autopoética? Cada escrita é auto Son eu Que cuestiono amo bico plantexo e replantexo Por verme Saír e perderme ¡Un obxectivo! Achégame a ti Autopoética Sábeme ti dicir desta sorte de soltos. Eu non sei máis. Nin moito máis me importa, non penses. Compaxínome coa vida diaria e sei o preciso para estarabouzar por veces esta sida grotesca a nos manter tan homes e mulleres: Afectados. Síndrome de sabérmonos sen tódalas defensas. Síndrome que traiamos adquirida e agora sumamos. Síndrome, conta con iso, que en min alimento para buscarme negra, si, negra, negra e afectada. O resto, o resto, como un aire de taller. Xela ARIAS, Poesía reunida (1982-2004), Xerais, Vigo, 2018, pp. 310, 353, 401-2
Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”
5
IES “San Paio”
21 para o 21: poéticas cosmopolitas
21 marzo 2021
Yolanda Castaño (Compostela, 1977) A poesía é unha lingua minorizada Comezaría polo espesor. A súa acidez, o seu ph. Camiña igual ca unha muller: entre o masacre do invisible e o campo de concentración da visibilidade. Ladra estilo e final, unha épica hospitalaria. No poema a linguaxe faise ouvidos xordos a si mesma, nel as palabras amplían o seu círculo de amizades. Hai que masturbar o abecedario ata que balbuza cousas aparentemente inconexas. Caixa de cambios da fala, acenos doutra orde. O sorriso do mosquito dentro da pedra de ámbar. Non se trata de que non comprendas árabe. Non entendes poesía.5
Mário Dionísio (Lisboa, 1916-1993) Arte poética A poesía non está nas olleiras inmorais de Ofelia nin no xardín de lilas. A poesía está na vida. Nas inmensas arterias cheas de xente en todas direccións, nos constantes ascensores, na cola de rápidos automóbiles, de todas as formas e todas as cores, nas máquinas da fábrica e nos obreiros da fábrica e no fume da fábrica. 5
https://www.lyrikline.org/en/poems/poesia-e-unha-lingua-minorizada-11662
Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”
6
IES “San Paio”
21 para o 21: poéticas cosmopolitas
21 marzo 2021
A poesía está no berro do rapaz que pregoa diarios, no vaivén de millóns de persoas falando, rindo ou maldicindo. Está na risa da loura do estanco, vendendo un paquete de tabaco e unha caixa de mistos. Está nos pulmóns de aceiro cortando o espazo e o mar. A poesía está na dársena, nos brazos negros dos cargadores de carbón, no bico intercambiado no minuto entre o traballo e o xantar —e só ese minuto durou. A poesía está en todo canto vive, en todo o movemento, nas rodas dos trens camiñando, camiñando, camiñando cara a terras sempre máis aló, lonxe, nas mans sen luvas estendidas cara a seos sen veos, na angustia da vida. A poesía está na loita dos homes, está nos ollos rachados abertos ao mañá.6
Salvador Espriu (Santa Coloma de Farners, 1913 - Barcelona, 1985) Versos, camiño adiante Dunha vella cor de prata quixese eu que fosen os meus versos: dunha nobre, antiga cor de prata. Ante a morte, que trae secretos sinais do rostro que eu vexo ao mirarme, busco con eles extinguidas voces do mar, paso de nubes, as distantes primaveras. Triste e libre, camiño, ante a morte que me mira, á luz, pola prata antiga dos meus versos.7
6 7
http://www.antoniomiranda.com.br/iberoamerica/portugal/mario_dionisio.html https://sendasydivagaciones.blogspot.com/2021/02/versos-mas-alla-del-camino-de-salvador.html
Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”
7
IES “San Paio”
21 para o 21: poéticas cosmopolitas
21 marzo 2021
Rosalía Fernández Rial (Carballo, 1988) O razoamento Ser poeta consiste en facer cola fronte ás que agardan; en dar a volta, en envorcar. A poesía sitúate no sentido contrario; cara ás caras, contra as costas. Quizais porque esperas xusto o oposto do que as demais persoas. Ou, simplemente, porque permaneces, estática, para que as palabras veñan. Se cadra, a linguaxe vive ao outro lado das cousas, erixindo unha realidade alternativa; diferente ao que a resignación pretende ver. Como autora, ningún aparello me pode indicar a onde, como, cando, por que ir. Coas agullas dos compases e reloxos zurzo a cartografía textual que me permite ser e estar aquí. Queda, confiando en que chegue o derradeiro verso: fronte a ti, que me les. Encaradas. Agora... Espelliño, espellismo... Quen escribe a quen? Rosalía FERNÁNDEZ RIAL, Árbores no deserto, Galaxia, Vigo, 2020, páx. 29
Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912 - Vigo, 1979) A poesía é verdade Un procura a verdade por tódolos camiños, baixo as pedras, nas raigames escuras das olladas, máis alá das escumas i os solpores. Busco a verdade en tí, rexa poesía dos homes que labouran, tacto real das cousas que están e son, anque ninguén as vexa. Home total, que vas e ves sin sombra polas rúas e tes a túa verdade nos curutos do mundo, no profundo da historia, na esperiencia dun día calisquera, e non ves os paxaros nin as nubes nin as lonxíncoas maus do vento dondo que acariñan ao mundo dende sempre. Investiga a verdade do teu tempo i alcontrarás a túa poesía. Celso Emilio FERREIRO, Longa noite de pedra (introdución, notas e comentarios de Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Edicións do Castro, A Coruña, 1995, páx. 121
Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”
8
IES “San Paio”
21 para o 21: poéticas cosmopolitas
21 marzo 2021
Moraima Guanipa (Venezuela, 1961) Hechos de poesía Los poetas son seres frágiles. Pueden desvanecerse de amor o de demasiada vida. Cuentan que un poeta murió con solo pincharse el dedo con la espina de una rosa. Dicen que otro encontró con una bala el lugar exacto del corazón. Hubo alguno que, insomne, no atinó el tiro al blanco al despedir su vida de cuarenta años. Las poetas buscan medios más naturales o domésticos. Un frío lago recibió la desesperación de una mujer con piedras en los bolsillos. Otra fue alga marina y el mar la nombra en cada ola. Otra respiró la muerte invisible, incolora, del gas. La muerte, la desprestigiada muerte, recibe con miedo esta fragilidad. Teme este decir infinito en el que una palabra, una sola palabra llena de ecos al mundo.8
8
https://poeticas.es/?p=5619
Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”
9
IES “San Paio”
21 para o 21: poéticas cosmopolitas
21 marzo 2021
Chunsu Kim (Corea do Sur, 1922-2004) O meu poema Dise que o meu poema é un adorno luxoso. Está ben dito. Óscar Wilde dixo que o adorno “non se deteriora con ningún outro sentido”. Así é. A bolboreta, adorno de níquel, pousada no armario non ten predicado. Como o sol e a lúa no ceo, o meu poema “non se deteriora con ningún outro sentido”. Aínda aos trinta e nove centígrados o meu poema levanta a lapela.
O ceo de inverno desvanécese nunha profundidade misteriosa; O infinito, que pode ou non ser, deixou caer a exuberante follaxe e os froitos, facendo que a figueira quede ao descuberto; pero, podería ser iso poesía que é case, case alcanzar a punta da rama sensible? no momento en que a linguaxe está durmida, sen palabras, o infinito chega sorrindo á exuberante follaxe e os froitos caen como eventos históricos : pero podería ser iso poesía que escintila na punta da rama sensible? 9
9
http://faustomarcelo.blogspot.com/2019/05/poemas-de-kim-chun-su.html
Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”
10
IES “San Paio”
21 para o 21: poéticas cosmopolitas
21 marzo 2021
María Lainá (Grecia, 1947) Non sempre Desprezo a poesía non sempre cando o sangue palpita nas paredes cando no chan rompen as vasillas e se deslea a vida como unha bobina cuspo a miña tristeza e por completo desprezo a poesía cando as cores atormentan a miña alma os azuis laranxas e amarelos gárdome o odio e tranquilamente desprezo a poesía cando no meu estómago se somerxe o mergullador dos teus ollos Ademais non sempre desprezo a poesía cando a sinto como unha ambición amable raro achado nun abrandado banco dunha sala futura.10
Joan Margarit (Lérida, 1938-Sant Just Desvern, 2021) Poética Alguén que mide versos. Que, de Vallejo, garda soidade nos ósos. Alguén que, coa Morte de Espriu dentro da alma, encoméndase á sombra de Quevedo mentres que, co úmero, move a estilográfica para escribir a letra dun bolero. Se nunca ninguén rise nin chorase con algún verso destes que me invento, onde leva esta historia? –pensaría–. É polos fillos mortos, polos amores sen mañá: polo mañá que ameaza como unha arma. Por toda a extensión do nebuloso mal que non é noticia. Por todo isto escríbese a poesía.11 10 11
https://poetassigloveintiuno.blogspot.com/2011/12/5369-maria-laina.html https://es.calameo.com/read/002025099d88743464515
Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”
11
IES “San Paio”
21 para o 21: poéticas cosmopolitas
21 marzo 2021
César Antonio Molina (A Coruña, 1952) A poesía faise nas fragas Zunido húmido do vento. Rozamento da chuvia sobre as follas dos carballos. Murmurio dun regato. Arrolo dunha lontra en celo. Berro dun lagarteiro. Mansedume dunha vaca marela pacendo. Feixes de luz perforando a follaxe. Goteo do callo nos sacos de xute. Xabarís forzando tesouros.. Silencio nos calvarios. A poesía faise nas fragas.12
Anacleto Olo Mibuy (Guinea Ecuatorial, 1951) A voz dos oprimidos As miñas poesías serán lidas un día, debaixo das miñas árbores, sen teitos nin vernices de aire. Será a vella anicada co seu feixe de memorias iletradas. Lerán as árbores finxidas de mortos inxustos, e a terra moverase espesando a melancolía dun novo sol. Nas tumbas alzaranse esqueletos de negros invisibles sentados no seu banco de condenados. Entón a miña poesía acusará poñerá en cada boca de óso, a sentenza e o látego macabro de penitencia. 12
http://www.gbv.de/dms/sub-hamburg/589224468.pdf
Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”
12
IES “San Paio”
21 para o 21: poéticas cosmopolitas
21 marzo 2021
Levantaranse todos os mortos e os orfos tolleitos de miseria; algún dedo de papel esmagado sinalará entre os vivos da historia o asasino da Liberdade. Alí lerase a miña poesía fúnebre e as miñas liñas de Liberdade cruel, cantarán as xestas sepultas en cada flor e en cada árbore. Mortos e vivos de corazón rabuñado de calquera negra inxustiza, as miñas poesías chamarán á resurrección coa voz dos que non a tiveron, coa voz dos oprimidos.13
Luís Pimentel (Lugo, 1895 – 1958) A poesía é o gran milagre do mundo Ensinareiche sin berros. O poeta é un mestre sin ira. Levareite ó meu reino, onde te agarda a bandeira da esperanza. Non che mostrarei aquela triste, abatida sobre o mastro, solitaria baixo unha chuvia cincenta. Estou arrepentido de pensar que o máis rudo e brután dos homes non poida descalzarse pra entrar no noso reino. (A poesía é o gran milagre do mundo!) Eu farei que olles a través das túas mans bastas a luz do teu sangue. Puliremos a túa fronte de seixo hasta case facela lúa. 13
https://poetassigloveintiuno.blogspot.com/2015/04/anacleto-olo-mibuy-15571.html
Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”
13
IES “San Paio”
21 para o 21: poéticas cosmopolitas
21 marzo 2021
Non che farei erguer pesadas pedras, nin subir o monte máis alto onde cravada está a bandeira do meu verso, nin soster cos teus ombros as noites. Todo isto xa o ten feito o poeta por ti, para ti e máis para o mundo. Eu asegúroche que quedarás pampo fitando para as estrelas. O xoto palpexar das túas mans chegará a coñecer as rosas invisibles na noite. Sentirás o borboriño do propio sangue e o silencio que todos levamos cando digas: os seos da miña amada… Quedarás fascinado pola súa luz, baixo da sombra verde no bosque. (A poesía é o gran milagre do mundo!) Faremos música do teu algareo. Aquí estamos coa túa linguaxe vulgar. Nomearás calquera cousa –árbore, cabalo, pedra…– e veralos nacer coa súa vida máis íntima, cos seus contornos máis puros. Olla esa formiga, ese argueiro mouro… Que delicados dedos de oleiro puideron modelar tan pequechiño corazón, que latexa agora baixo das altas árbores? Non te decatas de que se moveu o silencio? É esa noitarega que nesgou o bosque: doces, xordas plumas, abanador da noite.14
14
https://sites.google.com/site/luispimentelpoemas/
Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”
14
IES “San Paio”
21 para o 21: poéticas cosmopolitas
21 marzo 2021
Ibn Rasiq (Marrocos, ?-1064) A poesía A poesía é unha boa cousa, nada se lle pode obxectar. A pouco que faga leva a tristeza do triste e con sutileza saca do argumento conclusión. Canta mirada trastornou, de horrenda, en bela. Canto ardor sufocou no corazón ardente do namorado. Canta clemencia acendeu no corazón arisco e duro. A canto poeta esquecido, coas portas pechadas ao consolo, achegoulle a súa lingua ao rei coroado. Ensinade, pois, aos vosos fillos a medicina que cura a vida.15
Daigu Ryokan (Xapón 1758-1831) Quen di que os meus poemas son poemas? Os meus poemas non son poemas. Cando entendas que os meus poemas non son poemas, entón poderemos empezar a falar de poesía.16
Jaroslav Seifert (Chequia, 1901-1986) Ser poeta A vida xa hai tempo ensinoume que a música e a poesía son neste mundo o máis fermoso que pode darnos, agás o amor. Nunha antiga crestomatía, publicada aínda en tempos do vello Imperio austrohúngaro, no ano en que morreu Vrchlický busquei o tratado que falase de poética e dos adornos poéticos. 15 16
https://abrazamemucho.wordpress.com/2012/12/18/poeticas-literatura-arabe/ https://generadordeideas.com/2009/01/poesy-haiku-de-daigu-ryokan-1758-1831/
Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”
15
IES “San Paio”
21 para o 21: poéticas cosmopolitas
21 marzo 2021
Logo puxen unha rosa nun vasiño, acendín unha vela e empecei a escribir os meus primeiros poemas. Inflámate, chama das palabras, e arde, aínda que seica me queimes os dedos. Unha metáfora sorprendente é máis que un anel de ouro na man. Pero nin sequera a metodoloxía de Puchmajer serviume de nada. En balde recollía as ideas e con forza pechei os ollos para poder oír o misterioso primeiro verso. Na escuridade, lugar das palabras, entrevín un sorriso de muller e no vento cabelos ondeantes. Era o meu propio destino tras o que corrín, tropezando ás veces, sen respirar, toda a miña vida.17
Wallace Stevens (Estados Unidos, 1879-1955) A poesía é o tema do poema. De aquí o poema nace E aquí volve. Entre ambos, Nacemento e retorno, Hai unha ausencia no real, As cousas como son. Ou iso é o que dicimos. Pero están separados? É seica unha ausencia? Para o poema, que alí adquire A súa verdadeira face, verde de sol, Vermello de nube, terra que sente, ceo que pensa? Destes toma. Talvez dá En reciprocidade universal.18
17 18
https://www.ersilias.com/jaroslav-seifert-poeta-praga-1901-1986/ https://poeticas.es/?p=3758
Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”
16
IES “San Paio”
21 para o 21: poéticas cosmopolitas
21 marzo 2021
Àlex Susanna (Barcelona, 1957) Armagnac Non necesitamos demasiada poesía: soamente a xusta e necesaria, un grolo á noitiña, na casa xa, despois de cear, como facemos cun vello armagnac, sempre que sexa posible xunto ao lume, para observar mellor na palma da nosa man como escintila a olorosa cunca do seu estanque espesamente dourado… Espírito do viño é tamén o poema, incoloro e volátil, ben saben os lectores, pero inflamable cando o captamos, pois terá fermentado moi dentro de nós e envellecido nos bocois do corazón, con todas as dozuras e amarguras que unha e outra vez nos fan e desfán ata converternos nun composto agridoce, materia infausta dun soño corrompido… Ao levar aos beizos esta copa dun cristal tan fino como o aire, todo o tropel de cheiros que nos acometen e este gusto que nos enche de lava ardente, que nos devolverán senón o forte recendo dos nosos momentos máis intensos, xusto cando vivimos a experiencia pero non conseguimos alcanzar o seu sentido?19
Marina Tsvietáieva (Rusia, 1892-1941) Os meus versos, escritos tan cedo que non sabía aínda que era poeta, inquietos como pingas dunha fonte, como faíscas dun cometa,
19
https://poeticas.es/?p=5664#more-5664
Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”
17
IES “San Paio”
21 para o 21: poéticas cosmopolitas
21 marzo 2021
lanzados como áxiles trasnos ao asalto do santuario onde todo é soño e incenso, os meus versos de mocidade e de morte -os meus versos, que ninguén le!-, no po dos estantes dispersos -que ningunha man toca!-, como viños preciosos, os meus versos tamén terán a súa hora.20
O poeta 1 O poeta trae de lonxe a palabra. Ao poeta lévao lonxe a palabra. Entre si e non, por fochancas indirectas de parábolas, signos, planetas, ata lanzándose desde o campanario agarra un gancho, pois o camiño do cometa – é o camiño do poeta. Casuais elos ese é a súa ligazón. Mirar as estrelas de nada serve! No calendario non se prognostican as eclipses do poeta. El é o que desordena os naipes, falsea o peso e as contas, o preguntón no pupitre, o que a Kant para o arrastre deixa. O que no pétreo foso da bastilla é como unha árbore que crece na súa beleza… Aquel de pegadas – sempre desaparecidas, O que é o tren ao que calquera chega tarde– o seu camiño é o de cometas – O camiño do poeta: arde pero non quenta, arrinca pero non cría – estala e crébase. O teu camiño é o de enredadas cabeleiras, non prognosticado no calendario, poeta. 20
https://el-placard.blogspot.com/2011/02/poemas-de-marina-tsvetaieva.html?m=0
Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”
18
IES “San Paio”
21 para o 21: poéticas cosmopolitas
21 marzo 2021
2 Son no mundo os superfluos, os suplementarios, os non rexistrados no que a vista abraza. (Os non escritos nos vosos vocabularios. Para eles o foso do lixo é casa.) Están no mundo espidos, despedidos, chatolas son ás vosas orlas de seda, son o esterco – os silenciados – a sucidade que repugna ás rodas. A aparencia – no mundo onde non se ve: (A súa marca: grans leprosos!) Hai Xobs no mundo que de Xob serían envexosos – cando: os poetas cos parias rimamos, mais, sobresaíndo da beira marcada, aos deuses as deusas disputamos e a Deus a Inmaculada!21
Abd Al-Wahhab Al-Bayati (Bagdad,1926- Damasco, 1999) O poeta descúlpase por tan breve discurso Donas e cabaleiros: o meu discurso será breve, pois detesto que as palabras ocupen todo o meu tempo. A miña lingua non é unha espada de madeira. As miñas palabras, señoras, son de ouro. As miñas palabras, señores, son acios de cólera: non estou bébedo, senón farto. As velas apagáronse, as noites son frías. E eu levo o meu corazón nunha maleta como un neno morto cuxa cruz se afundiu no pranto despois de mil traizóns, tras un milleiro de sucias mentiras. O meu discurso foi breve: non estou bébedo, simplemente búrlome da miña propia dor. Eu non son o César, pero Roma está a arder polos catro custados. 21
https://poeticas.es/?p=3625#more-3625
Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”
19
IES “San Paio”
21 para o 21: poéticas cosmopolitas
21 marzo 2021
E a miña alma afógase baixo mil traizóns, entre un milleiro de sucias mentiras. Adeus, pois, donas e cabaleiros. Poesía e revolución «A falsidade do verso é a súa maior dozura», afirmaban. Mentían, fato de lacazáns choscos, sandalias de implacables sultáns invasores. Destrúe eses ídolos, poesía! Irrompe en todo o que nos incumbe! Ven a percorrer os mares, a contemplar a estrela dos pobos. Que eu vou lanzar ao voo as campás, a entrar na fogueira cos pés espidos.22
O poema Vaga no meu soño o home da luz, detense nun recuncho abandonado, saca do meu recordo palabras, escríbeas e recita o escrito en voz alta omitindo algunhas liñas. Mira no espello da casa mergullada en escuridade e luz, lembra algo e abandona o meu soño. Esperto asustado e en balde tento lembrar algo do dito ou escrito: A luz limpou as follas e o meu recordo coa brancura da aurora morta.23
22 23
https://www.iztacala.unam.mx/errancia/v18/PDFS_1/CAIDAL%20TEXTO%207%20POEMAS%20ABD.pdf http://www.poesiaarabe.com/el_poema1.htm
Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”
20
IES “San Paio”