Poesía e primavera en manuel maría

Page 1

Escolma PoĂŠtica


21 Marzo 2016

2

Biblioteca IES “San Paio”

Índice de poemas

1. Primavera........................................................................................................................................3 Bando...............................................................................................................................................4 Solicitude a Madamiña Primavera...................................................................................................5 Primaveira........................................................................................................................................6 Primavera.........................................................................................................................................6 A primavera......................................................................................................................................7 Primavera.........................................................................................................................................7 A Flor...............................................................................................................................................9 Balada das chorimas......................................................................................................................10 Canción da flor de toxo..................................................................................................................11 Poemiña para namorar a unha rosa................................................................................................12 A rosa.............................................................................................................................................13 Rosas..............................................................................................................................................13 Rosas..............................................................................................................................................14 Andoriña........................................................................................................................................15 Ode ao nacemento dunha folla.......................................................................................................16 Égloga para que floreza unha mimosa...........................................................................................17 Elexía pola amendoeira en flor......................................................................................................17 Despedida da Primavera................................................................................................................18 2. Poesía.............................................................................................................................................19 Epístola a un poeta lírico...............................................................................................................20 Arte poética para uso persoal.........................................................................................................22 Canto á Poesía................................................................................................................................24 Sei o que vale un verso..................................................................................................................24 Teoría ético-poética ou poema para non cheirar unha flor............................................................26 Balada aos poetas galegos..............................................................................................................29 Balada sobor da utilidade da poesía...............................................................................................31 O poema.........................................................................................................................................32 Ode á Poesía...................................................................................................................................32 Madrigais.......................................................................................................................................32

21 de marzo: Día Internacional da Poesía e da Primavera


21 Marzo 2016

3

Biblioteca IES “San Paio”


21 Marzo 2016

4

Biblioteca IES “San Paio”

Bando Prohíbese, por orde da Alcaldía, que medren porque si as rosas do xardín municipal. Dende agora as pombas teñen que pedir licenza para voar. Prohíbeselle á lúa andar ceiba de noite polo ceo. A lúa é unha tola que anda espida dando mal exemplo ás nenas castas e aos fillos de familia. Pagarán trabucos os poetas. Prohíbese soñar de 10 a 11. Prohíbese tamén derramar bágoas. Pódese chorar tan só cando hai sequía pra que non fiquen baldeiros os pantanos. Un só se pode emocionar os Xoves e os Domingos cando toca a Banda do Concello no quiosco. Están fóra da lei as estrelas, a Primavera, as flores e os paxaros. Dáse este bando en tal e cal para que se cumpra de orde do alcalde. Asinado, carimbado e rubricado1.

1 MANUEL MARÍA, Documentos personais (1958) in Obra poética completa I (1950-1979), Espiral Maior, Opera Omnia, A Coruña, 2001, páx.166


21 Marzo 2016

5

Biblioteca IES “San Paio”

Solicitude a Madamiña Primavera Ilustrísima, doce, cursi e tenra Primavera: Eu, Poeta Lírico de oficio, diante a vosa Ilustrísima comparezo e digo: Que me apampen as herbas ao nacer. Que a brisa de Abril deixe un recendo a flor nas miñas maos. Que o canto dos paxaros se misture co meu sangue de home. Que o vento sexa maino e non manque as árbores cando pase. Por todo canto dixen a Vosa Ilustrísima tenrísima Suplico un verso fondo para facerlle un galano a unha rapaza. É gracia que agardo da Vosa Ilustrísima xa que a Vosa Ilustrísima ben sabe que son Poeta Lírico e estou en exercicio. Que Deus a garde sempre e que lle doe, Ilustrísima Madamiña Primavera, un 21 de Marzo soleado para que os outros poetas, meus confrades, non pillen un catarro por cantarlle2.

2

MANUEL MARÍA, Documentos personais (1958) in ibíd., pp.171-2


21 Marzo 2016

6

Primaveira Están todas as carpazas co lilailo da súa flor. ¡No corazón das rapazas nacen cantigas de amor! Hai ledicia verdadeira nas flores e nas espiñas. ¡Xa chegou a primaveira no bico das anduriñas!3

Biblioteca IES “San Paio”

Primavera Agora-¡ouh milagre!- é primavera. Todo sorrí con amor. O sol é maino e garimoso e bica amablemente a miña pel. As cousas sorrín agradecidas cara un ceo azul como o do mar. Maio longo agromou flores dun xeito cumprido e xeneroso. A serán é moi doce e son moi tépedas as noites. O reiseñor canta longamente baixo a luz das estrelas o seu amor. O seu cantar mainamente me enche o corazón.4

3

MANUEL MARÍA, Terra Chá (1954) in ibíd., páx.138

4

MANUEL MARÍA, Remol (1970) in ibíd., páx. 379


21 Marzo 2016

7

A primavera Invocación Agora, sobor da neve dos meus anos, unha faísca de luz virxe e nova ilumina o universo arrefecido dos meus soños cun ouridourado e maino resplandor case perfecto: aínda é imprescindíbel -e precisoo manancial incesante da beleza e o cosmos garda, no fondo escuro do seu ser complexo e misterioso, un anceio mortal de eternidade. É a doce Primavera que rexurde, o humano Reino de venus impoñendo o seu mandato fatal e inexorábel, o leve Céfiro, Mercurio, Flora e as Tres Gracia presididas polo poder irresistíbel de Cupido. Parte do noso mundo aínda semella un fabuloso xardín que conservara o recendo a lirio e a azucena que foi, unha vez, no paraíso. Sabémonos caducos e mortais: só unha sombra ferida mortalmente polas imperiosas voces do divino. Imploramos con fe e humildade sesr merecentes de que os deuses benignos, comprensivos e potentes non sexan clementes e propicios e poñan, para sempre, neste noso pobre e desamparado corazón a flor marabillosa dun asombro5.

Biblioteca IES “San Paio”

Primavera No mundo é sempre Primavera. Sempre. Sempre. Por moito que queiran e que intenten prohibila, afogala, asasinala rexurde xoven, pura, inmaculada, inocente, incontíbel, poderosa. O mundo azul, Venus, Primavera: a primeira luz que nos aluma e lle dá ás cousas transparencia, reconciliando ao home co universo. E que fai que o noso instinto sexa un torrente caudaloso e puro. A Primavera é Venus. Florentina Flora, loira como o bo trigo candeal, o ouro e o lume do sol nos seus cabelos fermosísimos que nos incendian totalmente cun lume que acaba consumíndonos. A Primavera é azul: tal os ríos do noso bon país. Como as veas nas que corre -seiva fecundanteo noso sangue abrasado e soerguido que berra, canta, clama ao ceo e pide, sen máis, perpetuarse6.

MANUEL MARÍA, A primavera de Venus (1993) in Obra poética completa II (1981-2000), Espiral Maior, Opera Omnia, A Coruña, 2001, páx. 495 6 MANUEL MARÍA, A primavera de Venus (1993) in ibíd., páx. 496 5


21 Marzo 2016

8

Biblioteca IES “San Paio”


21 Marzo 2016

9

Biblioteca IES “San Paio”

A Flor Un día nácenos, de súpeto, unha flor. E quedamos sen bágoas. Perguntamos, entón, que é unha flor. Queremos saber por que en nós naceu aquela flor. A nosa flor é moi pobriña. Non sabemos que as nosas verbas lle poden matar a vida á nosa flor. ¡Milagre! ¡Milagre! Mais nós aínda non sabemos o que imos facer coa nosa flor7.

A Flor O que vai na nosa intimidade pulando por sair é a semente dunha flor que xermolou e quere abrirse cara ao vento da vida, e ser agarimada polo sol da verdade, pola marabillosa e clarísima luz da liberdade. A flor -tan delicadaatopa coutado o seu camiño e vai esmorecendo, podrecendo no fondo da conciencia; pesando como un fol, carregado de pedras e de crimes. Cando a nosa feble flor podreza enteiramente, ¿servirá o seu esterco -fixádevos que palabra máis poética remato de escreber- para que medre outra nova flor indestructíbel?8 7 MANUEL MARÍA, Mar Maior (1963) in Obra poética completa I (1950-1979), Espiral Maior, Opera Omnia, A Coruña, 2001, pp. 243-4 8

MANUEL MARÍA, Proba documental (1968) in ibíd., páx. 314


21 Marzo 2016

10

Balada das chorimas Soio para competir co sol, naceron as chorimas amarelas, bágoas da terra, lume do torrón, forza primeira e misteriosa, chagas que queiman o peito esmorecente e tristeiro da serán, aturuxos de luz enfebrecida. Chorimas, potentes labaradas que rexorden de súpeto enchendo de resplandor rabioso as chousas centeeiras, as doces searas florecidas no medio da soedade inmesurábel, aturuxos de luz enfebrecida. Chorimas, irmás e compañeiras das cotovías e as lavercas, brasas que queiman o escuro das uces e as carqueixas e se reflexan nas pucharcas porque elas non precisan outro espello, aturuxos de luz enfebrecida. Chorimas, estrelas pequeniñas, candeeiros que iluminades o silencio: para vós o vento improvisa canciós e a choiva cae máis de vagar e musical soio para non mancarvos, aturuxos de luz enfebrecida. Chorimas amarelas, vós tan febles, escoltadas de espiñas feridoras, aturuxos de luz enfebrecida9.

9

MANUEL MARÍA, O libro das baladas (1978) in ibíd., pp. 623-4

Biblioteca IES “San Paio”


21 Marzo 2016

11

Biblioteca IES “San Paio”

Canción da flor de toxo Chorimas incendiadas, consumíndovos nun rabioso fulgor desesperado: sodes o amarelo puro e esencial pois non hai outro. Lóstregos de amor que vos abrides no corazón do cosmos para ferir aos nosos ollos co alto asombro do ouro verdadeiro: única moeda para poder pagar o desasosego que nos causa ese incerto vivir cego e absurdo que se nos vai por tortos, indecisos, calados e inseguros camiños de tristura e desamparo10.

MANUEL MARÍA, As lúcidas lúas do Outono (1988) in Obra poética completa II (19812000), Espiral Maior, Opera Omnia, A Coruña, 2001, páx. 344 10


21 Marzo 2016

12

Biblioteca IES “San Paio”

Poemiña para namorar a unha rosa A rosa rosiña está na roseira moi coloradiña, feliz e riseira. A rosa rosada de tanto lucir a mesma alborada a pode ferir. A rosa rosiña está no rosal: ¿ti queres ser miña, rosiña lanzal? A rosa rosada de tenro mencer, ¡é tan delicada que pode morrer! Para rosa rosiña fachenda de Maio, ¡incluso é espiña a flor dun salaio! A rosa rosada xa é miña amiga: ¡quedou namorada con esta cantiga!11

MANUEL MARÍA, As rúas do vento ceibe (1979) in Obra poética completa I (1950-1979), Espiral Maior, Opera Omnia, A Coruña, 2001, páx. 713 11


21 Marzo 2016

13

A rosa Antes de nada somente era a rosa: luz en éxtase na patria ceibe, terreal e pura de roseira. ¡Rosas-de-xericó e alexandría! Rosa mística, flor de Prisciliano: tebra e orballo, misteriosa e nosa, ¿ouh luminosa rosa chameante! Ao medrárenlle os pétalos a rosa foi -en anceio purísimo de infindonúmero pitagórico, música concertada das esferas, idea platónica, rosa-cruz, sol, lúa, representación astral, lume e roda que aquece e move ao universo, fonte da vida. Logo a rosa fíxose rosácea: símbolo-sentimento do románico, ornato dos xugos, fontes, uchas, armarios e lacenas: cousas sinxelas de uso común e cotidiano, paixón e lembranza moi sutil. ¡Purísima e sinxela rosa rosae aínda recendendo e perfumando o cativo xardín da nosa vida!12

Biblioteca IES “San Paio”

Rosas Sempre a rosa. Sempre: a forma, a cor, o recendo, a luz, a perfección da rosa. Prefiro a rosa vermella. E amo a rosa branca porque cando lle digo simplemente: ROSA, entorna os ollos, trema e ruborece13.

12 MANUEL MARÍA, Versos do lume e o vagalume (1982) in Obra poética completa II (19812000), Espiral Maior, Opera Omnia, A Coruña, 2001, páx. 47 13

MANUEL MARÍA, A luz resucitada (1984) in ibíd., páx. 157


21 Marzo 2016

14

Biblioteca IES “San Paio”

Rosas Naceu Venus e o universo conmoveuse e comezou a nevar rosas como incontíbeis folerpas de alegría testemuño certo de brancura: tal a luz que envermellece cando o lume que leva o noso sangue gallopa, polas veas, desbocado. Venus e máis a rosa son esencia de amor e de pureza, símbolo de clara inocencia inmaculada, inimiga mortal de todo o impuro que luxa, destrúe, contamina coa baballa infernal do demoníaco. O mundo achou o seu recendo, o aroma de seu chamado venusino, ouh fermosa deusa, en honra túa: mistura de rosa e de mirteira que chega, entra, penetra, arrasa o noso ser como ciclón ou furia poderosa e desatada. ¡Ouh rosas brancas, redondas como o mundo e a vida que, aos pés de Venus, caedes desmaiadas para non murcharvos nunca, nun xesto de amor, humildade e reverencia! Cando a terra teña a vosa cor e a vosa claridade venza á noite será chegado o tempo, a hora xusta do reinado de Venus sobre o mundo14.

14

MANUEL MARÍA, A primavera de Venus (1993) in ibíd., pp. 513-4


21 Marzo 2016

15

Andoriña Andoriña que voabas en círculos polos meus soños primeiros, asombro dos meus ollos: é a ti, flor de ar, a quen pregunto polo recendo doutras primaveras e pola melancolía dos solpores esfollada en leves señardades. Dáme noticia dos teus chíos, dos teus niños baixo dos aleiros ou mesmo do portal da nosa casa. Lembro as túas azas longas, con latexos de luz sobresaltada. Pergúntoche a ti, tan so a ti, máxica andoriña emigrante, polas albas de abril e os orballos de maio a tremar nos pétalos das rosa: tal as bágoas, incontíbeis e cálidas, dunha adolescente apaixonada que sinte arder no íntimo de si a chama do amor por vez primeira15.

15

MANUEL MARÍA, A luz resucitada (1984) in ibíd., pp. 166-7

Biblioteca IES “San Paio”


21 Marzo 2016

16

Biblioteca IES “San Paio”

Ode ao nacemento dunha folla

Biografía dunha folla Agromou a folla. Naceu para ollar con asombro ao universo e para clarificar á Primavera. Escoitou a música enfebrecida e delicada dos paxaros. Tremeu de desexo e de paixón cos agarimos mainos e sutís da brisa recendente e invisíbel. Contemplou enviso a máxica floración de todo canto existe. Deuse ao estío. Ao chegar o Outono desprendeuse da árbore que a ataba e, sen máis, botouse mundo adiante16.

¿Qué cantidade de marabilla foi precisa para que se producira este prodixio?. ¿Qué dor ou que alegría sentiu a árbore cando esta folla xurdiu á luz de súpeto?. ¿Qué lle diría o vento cando a ollou? Cando se menea e vibra: ¿qué segredo ou mensaxe nos quere transmitir?. ¿Cómo e de qué xeito tivo que adelgazar a terra, rubir árbore enriba, facerse vidro musical e transparente e ser delicada folla estremecida?17.

16

MANUEL MARÍA,Oráculos para cavaliños do demo (1986) in ibíd., páx. 231

17

MANUEL MARÍA, As lúcidas lúas do Outono (1988) in ibíd., páx. 321


21 Marzo 2016

17

Biblioteca IES “San Paio”

Elexía pola amendoeira en flor Berro solitario e firme de alegría na friaxe de febreiro cando a terra se abre á suxerencia, poderosa e vital, da primavera. No meu maxín estás, ouh flor da amendoeira, co teu peso de verso emocionado e a túa doce levedade de luz sen estrear. Limpo os meus Égloga para que floreza unha mimosa escuros ollos neboentos para non lixar a túa pureza Agardamos, con impaciencia e tremor, inmaculada. E purifico o a túa chegada para embebedarnos meu mancado corazón para co teu recendo escandaloso darlle aloxamento á túa brancura19. e para encher os nosos ollos coas túas puras chamas poderosas que incendian ao mundo de alegría. Ti desfás as atoutiñantes brétemas e chamas polo azul, mimosa amiga18.

18 19

MANUEL MARÍA, As lúcidas lúas do Outono (1988) in ibíd., páx. 323 MANUEL MARÍA, As lúcidas lúas do Outono (1988) in ibíd., pp 332-3


21 Marzo 2016

18

Despedida da Primavera É tempo xa de que me despide, Primavera. Queda lonxe aquela idade na que eran irmaos nosos os menceres: Flora poñía un lume abrasador nas nosas veas, Venus mostrábase propicia, as Tres Gracias agasallábannos con canciós, danzas, sorrisas e poemas que alegraban ao mundo e facían xurdir un tempo novo e ledo: agromaban rosas, camelias, caraveis, a vida tiña unha esencia musical a cuio máxico son corrían os ríos, danzaban, rumorosas, as florestas e ordenaba o seu curso o universo. De ti me despido para sempre, Primavera. Sei que o tempo é irreversíbel e non vale de nada andar laiando. Ameite fondamente e de verdade. Sempre levarei a túa sorrisa no sombrizo e escuro pozo dos meus ollos. Só che pido unha raiola de sol e de alegría para aquecer a este meu triste corazón, vello e cansado20.

20

MANUEL MARÍA, A primavera de Venus (1993) in ibíd., páx. 504

Biblioteca IES “San Paio”


21 Marzo 2016

19

Biblioteca IES “San Paio”


21 Marzo 2016

20

Biblioteca IES “San Paio”

Epístola a un poeta lírico Ti, home puro e requintado, lírico poeta en exercicio, que, sen ningún beneficio, estás das estrelas namorado. Tamén tés amores coas delicadas flores, coa auga rumorosa, coa lúa e coa beleza núa. E soñas cunha moza fermosa (a musa túa suave como o bris, como non hai outra no país) e faslle versos ben rimados, perfectos e acabados, luídos e parafinados, cheos de bágoas e ideal; e a rapaza, se é normal, vaise con un home cabal, sinxelo e natural. E cando queres ser profundo, metafísico, sublime, transcendente faste o embigo do mundo e exhíbese diante a xente: ¡gran pasmón, coidas que o teu corazón e o latexo do teu verso son as forzas poderosas que moven o universo!

(arte poética) Coidas que un verso pulido o teu nome salvará: ¡e es un incomprendido que escribes prá eternidá! Mais que a gloria do teu nome e que o teu verso lambido vale o traballo dun home, un xesto humán compartido. Vive coas xentes sinxelas sentindo o seu mesmo afán: ¡canta as súas coitas e arelas xa que comes do seu pan! Vive coa xente nas rúas, esquece flores e lúas, non fagas versos bonitos dos que adoitan a gustar a “espritos” moi exquisitos: ¡non che importe que eruditos ou que unha cursi calqueira non se esmaien ao escoitar a túa canción verdadeira! Ti respiras, vives, comes: ¡ponte do lado dos homes e non do da primaveira!21

As túas rimas candorosas con sentimentos prestados, sabidos e resobados, son do berro, ¡abofé!, pra que eruditos sonados poidan falar no café. MANUEL MARÍA, Versos para cantar en feiras e romaxes (1969) in Obra poética completa I (1950-1979), Espiral Maior, Opera Omnia, A Coruña, 2001, pp. 345-6 21


21 Marzo 2016

21

Monumento aos poetas en Murcia

Biblioteca IES “San Paio”


21 Marzo 2016

22

Biblioteca IES “San Paio”

Arte poética para uso persoal Seguramente eu son -olla ti: cecais si, cecais nonun poeta ecoico, estoico, paranoico. Non foi o azar quen me fixo andar, cantar, vivir o destino mezquino doente do meu povo impotente, sudesenrolado, emigrado, calado. A vida non se detén con ninguén e empurrou, provocou e levou o meu canto tamén.

22

A Poesía non é unha fe exclusiva de un: é canto común, voz do home e da terra que salouca e que berra. A Poesía é de todos, para todos, coas súas modas e modos claridades, verdades e lodos. Por tanto levanto o meu canto silvestre e terrestre contra a arte renarte, contra a vida podrida, inmovilista, narcisista e fascista22.

MANUEL MARÍA, Cantos rodados para alleados e colonizados (1976) in ibíd., pp. 546-7


21 Marzo 2016

23

Calíope, musa da poesía épica

Biblioteca IES “San Paio”


21 Marzo 2016

24

Biblioteca IES “San Paio”

Canto á Poesía A poesía é luz do día, mallo, trasmallo, forza do traballo, dureza do callo, dor, amor, berro aterrador, sorte, morte, semente, xente.

A Poesía non é palabrería, cursilería, teimosía. A Poesía é un pan para o ser humán23.

A poesía metafísica pode rematar tísica.

Sei que todos os versos do mundo non valen o que vale un home, o que vale o berro dorido dunha nai, o bico apaixonado dos amantes ou o tenro recendo dunha flor. Sei que os versos non valen pero sigo escribindo sen parar. Sigo escribindo con carraxe, entusiasmo e paixón por se acado algo de poesía ‐unha folliña só que move o vento‐ entre a faramalla das miñas pobres verbas desnortadas. Un verso nunca vale o que vale o chío dun paxaro, nin ten a forza dun río ou o poder arrepiante dunha bala. Pero eu sigo fidel, encadeado á música amorosa das palabras.24

A poesía intimista é, as veces, falsa pista que leva ao propio embigo e non ao doce abrigo dun corazón amigo. A Poesía é melodía transparente, palabra competente na que confía a xente. A frol o arrebol, a paisaxe mol e o intimismo en ocasiós, os moi cabrós, son histerismo.

23 24

Sei o que vale un verso

MANUEL MARÍA, Cantos rodados para alleados e colonizados (1976) in ibíd., pp. 549-50 MANUEL MARÍA, Remol (1970) in ibíd., páx. 374


21 Marzo 2016

25

Talía, musa da comedia e da poesía bucólica

Biblioteca IES “San Paio”


21 Marzo 2016

26

Biblioteca IES “San Paio”

Teoría ético-poética ou poema para non cheirar unha flor 1 poema popular para espallar polo ar

poema popular para cantar e chorar REFRÁN: un poema non é un pan e moito menos un can poema con rima poema chorima de feitura prima sen ningún enigma do pé deica a cima que mesmo dá grima MOR-ALEXA: hai unha estrela que mexa. poema medido poema luído, con tino, sentido moído e moi fino ouvido remata en oulido ASI-OMA: ¡mala centella te coma! poema paixón poema con NON, con indignación faltón, contra a emigración protestón 2 poema mimético, ético, herético que di a súa mensaxe para súa paisanaxe e non louva, nin rouba, nin vende a conciencia e que ten paciencia para levar a eito o seu canto ergueito, CITA ERUDITA: o galo monta na pita


21 Marzo 2016

27

Biblioteca IES “San Paio”

3 PUNTO E APARTE NO QUE DEMOSTRO O MEU ARTE non son estudante só teño unha flor non son nigromante só teño un tremor non son un tunante sen ningún valor CONCLUSIÓN CON SÓ DE SASOFÓN: en nova iork, meu señor, o mundo non lle é mellor

4 si á poesía si á melodía si á luz do día rematou a fia desta letanía25

25

NON a falsía NON a tiranía NON e NON á CÍA

MANUEL MARÍA, Cantos rodados para alleados e colonizados (1976) in ibíd., pp. 560-1


21 Marzo 2016

28

Erato, musa da poesía amorosa

Biblioteca IES “San Paio”


21 Marzo 2016

29

Biblioteca IES “San Paio”

Balada aos poetas galegos É fermoso utilizar esta lingua nosa que se funde e confunde co noso propio sangue, usar esta ferramenta luída polos beizos dos devanceiros, palabras vivas que expresaron -e expresan- medos, alegrías, amores, dores, loitas e arrepíos. Falar sen pensar é tirar sen apuntar. É fermoso traballar esta música, estes soídos que teñen un rumor de bosco e labradío, un zoar de trebós e ritmos de onda irada e mariñeira; arca que pecha toda a sabedoría popular, vencello que nos xungue e define como pobo. Falar sen pensar é tirar sen apuntar. É fermoso sulagarse enteiro na alma colectiva de Galiza, traguela deica a tona para que poida respirar luz viva e beber aire recén feito. É fermoso cantar unha nova canción ao vello amor que, dende sempre, está ardendo no lar do noso peito. Falar sen pensar é tirar sen apuntar.

26

É fermoso é preciso dicir as palabras irrenunciábeis xa endexamais somentes polo gusto de saberse pobo, de sentirse torrón, auga do mar, carballo chantado neste chao, pedra inamovíbel, faísca que brilla un intre soio entre dúas noites. Falar sen pensar é tirar sen apuntar. É necesario laiar anque nos doian as mágoas en común, que o pobo sinta as súas tristuras, denunciar as inxustizas, dicir as derrotas que sufriu a nosa xente. E logo acender colectivamente a esperanza e erguer un mañá xusto e limpísimo. Falar sen pensar é tirar sen apuntar. Poetas galegos: é fermoso loitar pola fala, polos homes que a falan. Galiza ten que ser máis que un nome no mapa. Falar sen pensar é tirar sen apuntar26.

MANUEL MARÍA, O libro das baladas (1978) in ibíd., pp. 617-19


21 Marzo 2016

30

Biblioteca IES “San Paio”

Monumento a Manuel María, Monforte de Lemos


21 Marzo 2016

31

Biblioteca IES “San Paio”

Balada sobor da utilidade da poesía Estou intoxicado con tantos versos que levo arquivados na memoria, que van revoltos no meu corazón sen orden nin concerto. Cansa, ás veces, a carga que un leva consigo, o lastre de soños inútiles, de lúas románticas e de flores podres. Na cama mulida non se goberna a vida.

Esa teima de ir escolmando palabras para baleirar nelas o que ollamos, escoitamos,observamos e sentimos, ¿poderá axudar a un semellante? Ese oficio de competir cos paxaros, de apreixar a beleza, dar testemuño, non será un exhibicionismo fachendoso? Na cama mulida non se goberna a vida.

Decídeme que pensará de min un mestre zapateiro, un oficial de albanel se intento pagarlle cunhos versiños o seu traballo, se quero trocar un par de poemas por zapatos, por erguer un valado ou por calear as paredes do meu cuarto. Na cama mulida non se goberna a vida.

Tanto artificio, tanto xogo verbal, tanto requintamento no dicir, tantas reviravoltas e tantos recovecos, tanto retorcer as cousas e buscarlle corenta pés ao gato, ¿explican cousa algunha? ¿Non será mellor berrar a verdade núa, sen metáforas? Na cama mulida non se goberna a vida.

E un dálle que che pego intentando soñar a vida en troques de vivila en toda a súa crueza. ¿Será máis doado escribir un poema ben medido e repolido que erguer unha ponte ou que enxertar perfectamente unha cerdeira...? Na cama mulida non se goberna a vida.

Queridos colegas, amantísimos cofrades: ¿non estará toda a poesía nos cantares do pobo e toda a sabedoría nos refrás? Na cama mulida non se goberna a vida27.

27

MANUEL MARÍA, O libro das baladas (1978) in ibíd., pp. 624-5


21 Marzo 2016

32

Biblioteca IES “San Paio”

O poema

Ode á Poesía

Un poema é un ser vivo que anda, respira, soña, chora, salouca, arma, berra, cintila e escurece, cala, aborrece a mentira, sinte odio e tenrura, desángrase, fala de intimidade a intimidade coas cousas e coa xente, suxire mundos posíbeis e imposíbeis, súa, cansa, sofre sede e fame, adoece, agoniza. E nunca morre28.

Ameite dende que abrín os ollos á luz virxe e núa da mañá. Enchiche a miña vida co teu resplandor de beleza non usada. Aínda que non te ollara nunca sentín a túa presencia, total e inmaculada, no meu feble, vello e ferido corazón. Ti estás en todo. Es todo. Para ti non hai fronteiras nin cancelas. Atentan contra ti todos aqueles que queren coutarte, encasillarte, limitarte. Sempre foxes. E apareces sempre despida, perfecta e inefábel29.

Madrigais (…) 11 Poetas deste país, nos que me inclúo: andamos tristemente navegando entre símbolos, escuridades, culturalismos mal asimilados, modas aprendidas de presa, modernidades dubidosas e anacrónicas, impotencias formais e verborrea, ridículas liortas por cuestiós de envexa, resentimento e vaidade -premio vai, premio vén, Xesús Maríacausa, todas xuntas, que nos causan que non teñamos creto nin leentes. Nós, mais que poetas, ¿non seremos unhos pobres e tristes versicidas?30 28

MANUEL MARÍA, A luz resucitada (1984) in Obra poética completa II (1981-2000), Espiral Maior, Opera Omnia, A Coruña, 2001, páx. 171

29 30

MANUEL MARÍA, As lúcidas lúas do Outono (1988) in ibíd., páx. 317 MANUEL MARÍA, Compendio de orballos e incertezas (1991) in ibíd., pp. 444-5


21 Marzo 2016

33

Manuel María, na Praza Maior de Lugo

Biblioteca IES “San Paio”


21 Marzo 2016

34

Biblioteca IES “San Paio”


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.