Poesía que rompe cadeas
25 Novembro 2019
Bahira Abdulatif Yasin (Irak, 1957) Muller Tería que volver procrear Á tribo, Protexer os lobos Das súas ovellas, E Cazar proezas Ata o crepúsculo, Antes de gozar Do status de “Escrava”. http://poemasporciudadjuarez.blogspot.com/2012/08/bahira-abdulatif-yasin-iraq-avila.html
Mada Alderete Vincent (Madrid, 1959) No meu primeiro día do traballo novo colgáronme un puñado de chaves do pescozo e deixáronme soa teño encerradas a seis mulleres ás súas fillas e aos seus fillos non é un cárcere só coido de que os seus amantes non as queiran demasiado El suxeitou a punta dos seus dedos cando ela lle abriu aquela goma de mascar no bar. Logo subiuse á bici detrás e apertouse contra ela sospeitosamente forte. Pero foi arriba, na costa de San Diego cando xa non puido máis e abalanzouse en picado sobre o seu escote. Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”
2
IES “San Paio”TUI
Poesía que rompe cadeas
25 Novembro 2019
Así, aquela noite, por pintarse ela de cereixa os beizos regaloulle o home-lobo a lúa enteira de novembro. https://fernando-sabido-andalucia.blogspot.com/2011/10/880-mada-alderete-vincent.html
Stefania Battistella (Italia) Señor Deus, Señora Intelixencia Eu non son unha bomba, non son un neno morto, non son Hamas e non son Israel e non son nin sequera Sudán nin Mali, Siria ou Líbano, non son nin sequera aquilo non son os moitos mutilados e nin sequera as enfermidades e tampouco a aspirina que bastaría para sandalos aínda menos son a concepción da vida e aquela que permite a fame, mosquitos e ventres inchados. Non son o Islam e non son o Cristianismo non son as cruzadas e non son os exipcios non son un escravo e non son nin unha feiticeira nin un mago. Non son un bunker non son un campo de concentración non son unha prisión e non son un morteiro. Non son unha pistola ou un fusil ou unha pedra lanzada, nin sequera o ácido no rostro. Non son nin sequera un mísil na fronte dun hospital non son unha ambulancia que dispara só cando parte e non dispara ao volver
Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”
3
IES “San Paio”TUI
Poesía que rompe cadeas
25 Novembro 2019
non son un xefe de estado corrupto nin un partido extremista por unha banda ou pola outra nin sequera un cidadán que enche a boca de palabras sen saber por onde chegan non son nin branco nin negro non son o Papa non son Mahoma non son Buda e calquera outro nome que tivese esta concepción e o seu relativo movemento. Non son estúpida, e non son nin sequera moi intelixente, sen dúbidas, o que sei é que non son unha nai que chora porque xa non son nai non son a tolemia do home e sobre todo non son todas as súas concepcións. Sei todo o que non son, pero, agás iso, non queda máis nada que o que son. Como se fai para poñelo todo en práctica, querido Deus, querida Intelixencia? http://www.crearensalamanca.com/wp-content/uploads/2016/11/no-resignacion-antologia-desalamanca-interior.pdf pp. 26-27
Ana Ilce Gómez (Nicaragua 1944-2017) A morte non é unha muller co cranio pelado e unha curva gadaña entre as mans. A morte é un home que galopa entre as noites que arrandea o insomnio. É un home disfrazado de escura señorita. Ten unhas rosas nas mans e un cordel para presionar o pescozo. Alguén un día debuxou á morte con rostro de doncela. Pero ela é el, pálido, abxecto, Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”
4
IES “San Paio”TUI
Poesía que rompe cadeas
25 Novembro 2019
que na noite chégase ata o meu soño e como un can fiel faime aspirar o seu alento de xeo e misterio e con fría insistencia achégaseme e lámbeme os pés.
Ningún lume, ningún puñal Ningún furacán Ningún coitelo Ningún raio partindo a sombra en dúas Ningunha serpe devorando a vida Ningún veleno nas tebras e fulgores de Hamlet Ningún inferno do Dante Ningún círculo Ningún lume sobre o estupor de Babilonia Ningunha pedra en pétrea man de Andrés (lanzada a tantos kms por hora) Ningún touro na tarde de Manuel Rodríguez Nada. Nada nin ninguén asombrará ou derrubará a esta muller que sabe que provén do ventre suave e palpable doutra muller e non dunha insólita costela. Hai moitas mulleres lapidadas ao longo da historia. A súa vida foi de mandas e de touros rabiosos de sangue alzado de mordeduras longas. Mulleres que lle devolveron ao mundo a arremetida, que se inmolaron ou tiveron que matar para seguir vivindo, Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”
5
IES “San Paio”TUI
Poesía que rompe cadeas
25 Novembro 2019
esas que na hora máis escura cavaron o campo coas súas unllas para que vos e eu pasemos. Fondas mulleres que quizais unha lenta madrugada marcharon ao lume ou á forca por cousas tales como desordenar a orde pública por inventar unha nova maneira de descifrar a vida por ter voz ou por infieis ou ateas. Elas xa non están. As súas cabezas repousan sobre un século ou dous. Os seus ollos xa non existen. Pero delas perdura un fío sutil un fío cego que sen sabelo fainos crecer e espertarnos na noite cunhas ganas inmensas de vivir de derrubar todos os muros de desafiar todas as fogueiras así como de amar e de pulsar todas todiñas as guitarras da terra. https://culturacolectiva.com/letras/poemas-de-ana-ilse-gomez-para-entender-la-sororidad-entremujeres
Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”
6
IES “San Paio”TUI
Poesía que rompe cadeas
25 Novembro 2019
Lourdes Gouveia Barata (Portugal) Testemunho Minha cara macerada pela dor que foi gravada na pele. O desejo de acreditar que tudo vai melhorar com ele. Minha cara macerada disfarça, envergonhada, o choro em segredo. Que são estas equimoses? Não são mais que vozes deste meu degredo. O choro é silencioso no meu segredo teimoso que nada acalma. A culpa? Em mim atirada! Toda a violência marcada na minh’alma… Enrola-se no dia a dia sempre a mesma agonia do medo. E vem sempre a esperança de que virá uma mudança bem cedo… Não! Não vem! Já desespero! Denúncia? Fuga? O que quero já desconheço… Sou esta vítima sofrida da violência repetida, voz em eco… O eco a bater na parede envolvido numa rede Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”
7
IES “San Paio”TUI
Poesía que rompe cadeas
25 Novembro 2019
que sufoca… E, eu, mulher agredida, com a esperança perdida, e a minha boca continuando amordaçada nesta violência calada que é soberana… Mas… chegou a hora: basta! Recuso assim a verdasca! Sou Mulher e sou humana! http://www.crearensalamanca.com/wp-content/uploads/2016/11/no-resignacion-antologia-desalamanca-interior.pdf pp. 169-170
Margalit Matitiahu (Israel, 1935) Nos seus ollos reina o temor, Na súa alma o berro exclama, Unha man esgazou o seu corazón, Golpes bateron o seu corpo. Os seus ollos saltaron con dor, Mirando ao que era o seu amor Menosprezando o seu corpo, Arrebatando a súa alma. A súa memoria lévaa Á moza con sorriso, Con amor e esperanza. Ata o día que o trono Escureceu a luz, Deveu muller sen protección, Envolta na súa vergoña. Nos seus ollos reina o temor, Na súa alma o berro exclama, Porque? Porque? Porque? Quen lle dará unha palma? Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”
8
IES “San Paio”TUI
Poesía que rompe cadeas
25 Novembro 2019
http://www.crearensalamanca.com/wp-content/uploads/2016/11/no-resignacion-antologia-desalamanca-interior.pdf páx. 30
Ciro de Mattos (Brasil, 1939) Poema da mulher não resignada Para onde vá sem voz Deixa que seja levada. Maneira de ser conduzida Expressa o espaço inútil. Golpeada na afronta, Indisponível de si mesma. Pousa vazia de sentidos No rito de cama e mesa. Rolam anos de vergonha, O que podemos achar nela? Amanhecer é preciso Apesar das opressões. Inaugurar uma abertura Entre fortes tremores. Chega! Um grito é capaz De parir as próprias emoções. Dona enfim de uma rosa Nascida de seu trauma. Alimentada na rebelião De corpo e alma, fissuras De seu muro entre as escolhas. Culpada mas sem pecado, Sabe que viver são ondas Passando pelo mito da mulher. Significa enfim o arrojo Ao alcance da verdade. Tal qual o parceiro na lida De frente para o mundo. Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”
9
IES “San Paio”TUI
Poesía que rompe cadeas
25 Novembro 2019
http://www.crearensalamanca.com/wp-content/uploads/2016/11/no-resignacion-antologia-desalamanca-interior.pdf pp. 164-65
Amarna Miller (Madrid, 1990) Sei perfectamente como cheguei a este punto. Precavida. Sempre atenta a que as esquinas non me saquen os ollos. Sempre pendente de que as miñas entrañas non boten a voar. Con medo a que os meus amigos esquezan a cor do meu rostro. E a que o meu noivo me parta a cara con libros de poesía, con linguas de cristal, con panos de calma, non te alteres, con coidado que se gritas, vas leala. De carnes rotas, de ósos rotos, de sangue amargo. De corpo que pesa e fúndese co chan, co mundo. Corpo que bota raíces na terra porque xa non hai nada máis. A miña vida, reducida a unha semente. Coidadosa. Sempre precavida. Sempre previsora. E nunca o suficiente. https://amarnamiller.com/mi-poema-se-perfectamente-como-llegue-a-este-punto-sale-en-tenian-20anos-y-estaban-locos/
Ana María Rodas (Guatemala, 1937) A gramática mente (como todo invento masculino) Feminino non é xénero, é un adxectivo que significa inferior, inconsciente, utilizable, accesible, fácil de manexar, desprezábel. E sobre todo violábel. Iso primeiro, antes que calquera outra significación preconcibida.
Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”
10
IES “San Paio”TUI
Poesía que rompe cadeas
25 Novembro 2019
Porque eu son a causante das túas iras das túas tensións das túas penas e ademais son didáctica destrúo a túa paz todos os días e amárrote. Nunca souben ata hoxe que eu era así de impresionante. Cría ser muller nunca souben que fose un cataclismo. https://culturacolectiva.com/letras/poemas-de-ana-maria-rodas
Ranjana Sengupta (India) A historia dun río morto Había un río chamado Muller, Había unha fonte sobre ese río: Chamouse Amor. Viviu a xente nos dous brazos de Muller, Había un ceo azul de caricias, Habían as cancións de amigables paxaros, o murmurio de follas, froitas, flores e moito máis. Os mortos tamén rumoreaban, Querían volver ao mundo. Pero un día o home esparexeu veleno no aire. Púxose velenoso como a respiración do home; Fixo dano ao río, o río fíxose impuro, Tomou a súa vida, Tampouco deixou a fonte. O río xa está morto. Aínda se oe o pranto da Muller morta. O home é velenoso, tamén é o val. Quen levará a Muller ao mundo da vida? http://www.crearensalamanca.com/wp-content/uploads/2016/11/no-resignacion-antologia-desalamanca-interior.pdf páx. 17 Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”
11
IES “San Paio”TUI
Poesía que rompe cadeas
25 Novembro 2019
Alice Spíndola (Brasil, 1940) No palco, a tensão do mundo A violência urbana. O grito de perigo. As mulheres sofrem. O inesperado acontece. Perfis feridos. O ser humano atacado no que há de mais íntimo. Há a dor Há o crime. Há a urgência de calar o grito preso na garganta. A vida pede socorro. Urge que unamos as mãos. O mundo nos convoca. Sejamos o exemplo. http://www.crearensalamanca.com/wp-content/uploads/2016/11/no-resignacion-antologia-desalamanca-interior.pdf páx. 152
Leya Tierney (Gran Bretaña) Adeus Non máis caricias da cor da nada. Non máis desculpas con sabor a cinza. Nin máis abrazos baixo a choiva negra do mañá. O meu adeus é para sempre. Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”
12
IES “San Paio”TUI
Poesía que rompe cadeas
25 Novembro 2019
Para ti o espido fel dos enganos, a malicia sanguenta da túa lingua brutal, as bágoas mentidas que algunha vez manaron dos teus ollos cegos. O meu adeus é para sempre. E tamén a dor das miñas feridas. http://protestantedigital.com/cultural/40790/ Poemas_contra_la_violencia_hacia_la_mujer_R_Sengupta_L_Tierney_e_I_Pavon
Carme Vasconcelos (Portugal) Mulheres-Pombas Mulheres ofendidas, vilipendiadas, são pombas sofridas, de asas cortadas! Penas maltratadas nos lares sem carinho falseiam sorrisos chorando baixinho... Inventam estrelas nas paredes podres de sangue pintadas pela alucinada fúria malvada do homem que um dia lhes jurou amor... Mulheres humilhadas, mártires de dor, são pombas moídas, sacos de pancadas! Silêncios de medo nas bocas cerradas quando além das mãos do vil agressor lhe doem na alma ferinas palavras de ofensa e rancor. Mas quando o carrasco se finge cordeiro, babando desculpas, joelho no chão... As pombas, doídas, dão-lhe o seu perdão! E ao vilão se entregam, perdida a razão, fingindo orgasmos... na cama... sem chama. Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”
13
IES “San Paio”TUI
Poesía que rompe cadeas
25 Novembro 2019
Mulheres resignadas, usadas, cansadas, são pombas castradas, asas pelo chão! Denúncia??? Jamais!!! Que a vergonha impera e a vingança espera como um abutre sedento de sangue... E no corpo exangue a vítima teme de novo mais dor. E o carrasco, impune, alastra o seu lume... Rompe-lhe as veias, macera-lhe a carne, suga-lhe o fulgor. Terrível dilema... dolosa dormência... insano torpor! Mulheres desvalidas, laceradas vidas, como mortas-vivas, simulam a paz na alma que jaz! Acordem mulheres que sofrem caladas, pombas caídas, de asas cortadas... Mulheres humilhadas, mártires de dor, sacos de pancadas... Mulheres sofridas, caladas, castradas, pombas que fenecem sem pingo de amor! Acordem mulheres dessa sonolência! Não deixem que vença do macho opressor a feroz violência! http://www.crearensalamanca.com/wp-content/uploads/2016/11/no-resignacion-antologia-desalamanca-interior.pdf pp. 180-1
Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”
14
IES “San Paio”TUI
Poesía que rompe cadeas
25 Novembro 2019
Müesser Yeniay (Turquía, 1984) Queixume Ser muller significa estar invadida, Oh silenciada! eles toman de min toda cousa unha muller tomou a miña infancia un home, a miña feminidade… Deus non debeu crear á muller Deus non sabe como dar a luz aquí, as costelas de todos os homes están rotas o noso pescozo é máis delgado que un cabelo os homes cárgannos como un funeral sobre os seus ombreiros estivemos por baixo dos seus pés leves como plumas voamos desde un mundo ata un Adán e as miñas palabras son, oh silenciada! as pegadas dos seus pés… https://www.jaulazul.es/index.php/menu-vozes-femininas/603-lamento-mueesser-yeniay
Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”
15
IES “San Paio”TUI