DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA 21 DE FEBREIRO 2015
Día da Lingua Materna 2015
Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo” IES “San Paio”
2
Índice Mensaxe da Directora Xeral da UNESCO...........................................................................................3 O galego no mundo..............................................................................................................................4 O galego hoxe.......................................................................................................................................5 Paleos e neos.........................................................................................................................................6 Resumo dos últimos datos estatísticos sobre o galego.........................................................................7 Artigo do xornal El País.......................................................................................................................7 Declaración institucional da Real Academia Galega...........................................................................7 Lingua materna.....................................................................................................................................9 Que non se perda un idioma, que non se extinga unha lingua............................................................10 Renunciade á vella lingua...................................................................................................................11 A fala é comuñón e sentimento...........................................................................................................11 A nosa nobre fala ten..........................................................................................................................12 O idioma é a chave.............................................................................................................................12
A lingua materna non é un problema, é unha riqueza que non podemos estragar.
Longa vida á nosa lingua materna!
Día da Lingua Materna 2015
Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo” IES “San Paio”
3
Mensaxe da Directora Xeral da UNESCO Irina Bokova1
A educación inclusiva por medio do idioma e con el - Os idiomas contan
En 2015 cúmprese o 15º aniversario do Día Internacional da Lingua Materna; é tamén un ano decisivo para a comunidade internacional, por ser o prazo fixado para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio e o momento en que os países definirán unha nova axenda de desenvolvemento sostible. A axenda despois de 2015 debe centrarse na prioridade de promover a educación para todos: ampliar o acceso, garantir a igualdade e a inclusión e fomentar a educación para a cidadanía mundial e o desenvolvemento sostible.
Impartir a educación na lingua materna é esencial para alcanzar estes obxectivos -facilitar a aprendizaxe e reforzar as competencias en materia de lectoescritura e aritmética. Para progresar nestes ámbitos é necesario dar máis importancia á formación docente, a revisión dos programas de ensino e a creación de ámbitos propicios para a aprendizaxe.
A educación na lingua materna non só favorece a educación de calidade senón que ademais é esencial para consolidar o plurilingüismo e o respecto da diversidade lingüística e cultural en sociedades que se transforman rapidamente. A UNESCO impulsa estes obxectivos en todo o mundo (...)
Dende 2000 houbo enormes progresos cara á consecución dos obxectivos da Educación para Todos. Hoxe debemos mirar cara a adiante, para rematar as tarefas inconclusas e facer fronte a
O Día Internacional da Lingua Materna é un momento propicio para que todos nós poñamos de relevo a importancia da lingua materna para que prosperen todas as iniciativas en materia de educación, mellore a calidade do ensino e se chegue aos que quedaron á marxe. Cadaquén, nena ou varón, muller ou home, debe contar coas novos desafíos.
ferramentas necesarias para participar plenamente na vida da sociedade da que forma parte: este é un dereito humano fundamental e un vector de sostibilidade en toda iniciativa de desenvolvemento.
1
http://unesdoc.unesco.org/images/0023/002316/231624S.pdf
Día da Lingua Materna 2015
Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo” IES “San Paio”
4
O galego no mundo2 Por número de falantes o galego ocupa o lugar 160 entre as 5.500 linguas do mundo, o lugar 23 entre as 150 linguas europeas e é a segunda lingua europea máis falada entre as non oficiais en ningún estado. O galego ten máis falantes que algunhas linguas oficiais europeas como eslovaco, esloveno, maltés, islandés e gaélico e, xunto con vasco e catalán, son as tres únicas linguas europeas non oficiais de estados que poden ser utilizadas nas institucións da Unión Europea. O galego está ben asentado no mundo cultural en Galicia: 1980 editáronse en galego 187 títulos e en 2010, 2.500. Na actualidade é unha literatura recoñecida en todo o mundo e o volume de obras literarias galegas traducidas a outras linguas vai en aumento. Tamén, en galego, existe unha importante produción teatral e audiovisual. Por outra parte, o galego é lingua de uso nas aplicacións máis utilizadas na rede: navegadores como Firefox, Chrome ou Explorer; os buscadores Google ou Bing; as redes sociais Facebook e Tuenti; os xestores de contidos Wordpress ou Xoops. Tamén funcionan en galego distintos tradutores e aplicacións comerciais e de software libre. O galego encóntrase entre as 30 linguas máis usadas na internet no mundo, por diante de linguas que o triplican ou quintuplican en número de falantes. No que atinxe á Wikipedia, atendendo á calidade, a Galipedia ocupa o posto número 36; segundo o número de artigos, o número 43 -tendo en conta que non se empregan robots para a edición, mentres outras linguas si o fan- e, por último, ocupa o posto 33, segundo o número de artigos por número de falantes. Tamén é lingua regularizada no mundo político e no mundo educativo, xa que, segundo establece a lexislación, a metade das materias escolares son impartidas en lingua galega. A súa introdución no ensino promoveu unha edición cada vez maior de recursos e materiais didácticos e pedagóxicos en galego. Cómpre indicar que, na actualidade, o galego estúdase en máis de corenta universidades. A maior parte delas teñen lectores –licenciados en Filoloxía Galega ou en Tradución e Interpretación- asentados en departamentos coñecidos como Centro de Estudos Galegos, que imparten materias de lingua e cultura galegas adaptadas ás necesidades do alumnado de cada universidade (gramática, cursos de conversa, lingua e civilización, literatura etc.). Existen Centros de Estudos Galegos en universidades de Alemaña, Arxentina, Brasil, Chile, Croacia, España, EEUU, Finlandia, Francia, Hungría, Italia, Irlanda, Polonia, Portugal, Reino Unido ou Rusia. Moitos estudantes destes e doutros países asisten durante o verán aos Cursos de Lingua Galega para Estranxeiros que se imparten nas tres universidades galegas. Aínda que non plenamente normalizado, o galego está moi presente nas administracións locais e autonómica e é a lingua máis empregada nestes eidos. Onde o galego non ten unha presenza maioritaria é no mundo empresarial, nos medios de comunicación privados, no mundo relixioso e no campo xurídico, ámbitos nos que os prexuízos ideolóxicos en contra do uso do galego aínda están moi presentes. 2
http://www.realacademiagalega.org/datos-uso
Día da Lingua Materna 2015
Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo” IES “San Paio”
5
Se ben as últimas estatísticas indican que o uso do galego descendeu moito entre a xente nova e urbana –debido á perda de transmisión familiar e á insuficiencia das medidas normalizadoras-, o galego aínda segue a ser a lingua habitual do 40% dos habitantes de Galicia, mentres que outro 35% usa indistintamente galego e castelán en función das circunstancias. As estatísticas tamén indican que o 98% dos galegos entende o galego sen dificultade, isto é; ten un coñecemento pasivo que se podería activar se se introducisen medidas claras que favorecesen o seu uso. Nos territorios exteriores de lingua galega, o uso do noso idioma abala entre o 35 % de uso no occidente de León e un 75-90 % no resto das zonas (Asturias, Zamora e Cáceres). Á parte de todo isto, o galego é intercomprensible oralmente e por escrito co portugués, por iso os galegofalantes teñen un acceso moi doado a 250 millóns de persoas que se expresan en portugués, a sexta lingua máis falada no mundo. Co galego podemos percorrer territorios lusófonos como Portugal, Brasil, Angola, Mozambique, Guinea-Bissau, Cabo Verde, Timor Leste, MacauChina… entendendo e facéndonos entender sen problemas. Malia todo este dinamismo e vitalidade, e as vantaxes internacionais da intercomprensión co portugués, o galego ten un serio problema porque aínda non deu contido a perda de falantes ocasionada por históricas políticas de desprestixio e prexuízos sociais. As iniciativas normalizadoras non lograron a erradicación deses prexuízos e dos medos aos usos públicos da lingua.
O galego hoxe3 A Constitución española de 1978 declara no seu artigo 3 que o galego será lingua oficial na Comunidade Autónoma de Galicia, contendo un mandato de respecto e protección activa da lingua galega. O Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981 establece, no seu artigo 5, a oficialidade do galego e declara que o galego é a lingua propia de Galicia; contén ademais un mandato aos poderes públicos de potenciación do emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa, dispoñendo os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento e a recuperación de usos, co fin de superar a situación de desprestixio en curso. A Lei de Normalización Lingüística de Galicia de 1983, aprobada por unanimidade no Parlamento, foi un lóxico desenvolvemento do artigo 5 do Estatuto, que marcaba como obxectivo a normalización da lingua galega. Esta Lei tratou de regular os dereitos lingüísticos dos galegos e o estatus das dúas linguas cooficiais de Galicia. O Plan Xeral de Normalización de 2004, aprobado por unanimidade no Parlamento, foi elaborado por case 200 especialistas de todos os sectores sociais e recolle máis de 400 medidas concretas que procuran favorecer o uso do galego na sociedade para permitir poder facer vida normal en galego en Galicia. Este Plan pretendeu darlle concreción práctica a moitos dos artigos establecidos na Lei de Normalización de 1983 para procurar estender os usos sociais e públicos do galego: sanidade, mocidade, medios, ensino, administración etc. 3
http://www.realacademiagalega.org/estatus-actual
Día da Lingua Materna 2015
Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo” IES “San Paio”
6
Outramente, o galego autóctono de fóra de Galicia ten unha lexislación protectora moito menor ou inexistente: o Estatuto de Autonomía de Castela e León de 2007 establece no seu artigo 5.3 que a lingua galega será obxecto de respecto e protección nas zonas onde sexa lingua habitual. O mesmo se di na Lei da Comarca do Bierzo de 2010. Non é unha declaración de oficialidade, pero é a primeira vez que se recoñece o galego nun estatuto de autonomía diferente do galego. O galego falado en Asturias e Estremadura non son nin citados en cadanseus estatutos, pero en Asturias o galego ten certo recoñecemento (baixo o glotónimo de "galego-asturiano") na Lei de Uso e Protección do Bable/Asturiano de 1998 e o galego de Estremadura (baixo o glotónimo de "A Fala") foi declarado polo seu Parlamento como Ben de Interese Cultural en 2001. Na práctica estes recoñecementos non supoñen ningún grao de protección do galego nestas zonas. A Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias (Consello de Europa) foi subscrita por España en 1992 e ratificada en 2001, e forma parte do Ordenamento xurídico interno español segundo prevé o artigo 10.2 da Constitución. Este tratado internacional é de gran axuda lexislativa para as linguas minorizadas cooficiais estatutariamente e con leis de normalización, pero é vital para aquelas zonas onde se falan linguas ou variantes que carecen de protección real, pois establece unha serie de dereitos lingüísticos no ensino, na xustiza, na administración, na sanidade, no comercio etc, que non se recollen en leis ou estatutos autonómicos e que, porén, grazas á Carta, son plenamente constitucionais e reivindicables polos falantes. Por último, todas as declaración internacionais de dereitos recollen o da non discriminación por razón de lingua e o de conservación da propia lingua no seu territorio natural. Así, a Declaración Universal dos Dereitos Humanos de 1948 (artigo 2.1), a Convención Internacional sobre os dereitos da infancia de 1989 (artigo 17.d, 20.3 e 30) e a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos (1996).
PALEOS E NEOS4 No noso país, en 2015, a lingua galega é a máis falada, pero segundo os últimos datos sobre o uso do noso idioma estamos asistindo á súa substitución como lingua materna maioritaria, rompéndose a cadea de transmisión interxeracional, e provocando deste xeito a maior ameaza da historia para a súa supervivencia. Tecnicamente pódese expresar dicindo que, a cada ano que pasa, temos menos paleofalantes, que son as persoas que falan unha lingua desde que naceron. Pola contra, a quen se instala nun idioma na idade adulta, chámaselle neofalante. Neo- e paleo- son dous prefixos de orixe grega de sobra coñecidos, porque entran na formación de multitude de palabras, sobre todo a partir do XIX. Cando se xuntan con falante -derivado do latín fabulare, que signficaba ‘falar’, ‘entreterse co diálogo e a conversa’- serven para etiquetar dous tipos de galegofalantes definidos pola súa lingua de partida (lingua inicial ou lingua primeira), e tamén pola súa relación co idioma que utilizan, sempre ou maioritariamente: como quedou dito, os paleos son competentes na lingua do país por adquisición desde os primeiros meses de vida, os neos acadan a competencia por aprendizaxe, xa medrados, e esta distinción ten tamén consecuencias no tipo de lingua que empregan uns e outros. Así, os especialistas din que os paleos gañan en fonética e sintaxe, mentres que os neos sobresaen por coidaren a morfoloxía e o léxico. 4
Ver texto completo en http://portaldaspalabras.gal/miraquedin/paleos-e-neos
Día da Lingua Materna 2015
Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo” IES “San Paio”
7
O novo galego será neofalante, ou non será, chegou a dicir o escritor Sechu Sende. Aínda está nas nosas mans quitarlle a razón.
Para ter un resumo dos últimos datos estatísticos sobre o galego preme aquí. Artigo do xornal El País: El gallego enciende las alarmas
O GALEGO DÁ VIDA, POLA VIDA DO GALEGO DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DA REAL ACADEMIA GALEGA5 A Coruña, 30 de xaneiro de 2015 Grazas aos esforzos de innúmeras persoas e colectivos e contra os desatinos da historia, o galego conseguiu manterse e soerguerse, superando séculos de marxinación e décadas de persecución. Nunca agradeceremos dabondo a xenerosidade, a afouteza e a visión de futuro de moitos galegos e galegas que foron quen de rescatar o noso idioma da prostración e de facelo pular nos distintos ámbitos, da creación literaria aos medios de comunicación, o ensino ou os diversos ámbitos profesionais. Eses esforzos son a mellor mostra da adhesión do pobo galego cara ao idioma de seu. Estamos certos de que a inmensa maioría das xentes do país –independentemente da súa ideoloxía ou mesmo do idioma que falan– valoran a lingua, téñenlle lei e desexan que siga vivindo. Nesa certeza descansa a nosa confianza no seu futuro. Con todo, os datos estatísticos recentemente publicados veñen apuntar un preocupante retroceso do seu uso nos últimos anos, especialmente entre as novas xeracións, agravando unha tendencia histórica que pode conducilo á decadencia. En cumprimento dos seus deberes estatutarios, a Real Academia Galega, ante a alarma que estes datos provocaron en amplos sectores da nosa sociedade, decidiu facer pública a seguinte declaración institucional: 1.- O Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade en 2004 un Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega que viña concretar as previsións da Lei de Normalización Lingüística. É responsabilidade do goberno galego asumilo, poñendo en marcha as medidas previstas nel dun xeito programado, verificable e suxeito a avaliación. Non se pode demorar por máis tempo o momento de emprender iniciativas concretas con prazos precisos. Instamos a que o mesmo consenso político que posibilitou a aprobación da Lei e do Plan citados impulse agora a súa plena e eficaz implementación.
5
http://www.realacademiagalega.org/novas/-/asset_publisher/E4jf/content/o-galego-da-vida-pola-vida-do-galegodeclaracion-institucional-da-real-academia-galega?redirect=http%3A%2F%2Fwww.realacademiagalega.org %2Fnovas%3Fp_p_id%3D101_INSTANCE_E4jf%26p_p_lifecycle%3D0%26p_p_state%3Dnormal%26p_p_mode %3Dview%26p_p_col_id%3Dcolumn-1%26p_p_col_count%3D2%26p_r_p_564233524_categoryId%3D10311
Día da Lingua Materna 2015
Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo” IES “San Paio”
8
2.- O sistema educativo é unha peza clave para garantir o porvir do galego. A evolución dos últimos anos evidencia que os cambios legais non só tiveron resultados insatisfactorios, senón que supuxeron un retroceso evidente. No seu día, a RAG recorreu legalmente o decreto chamado de plurilingüismo aprobado en 2010. Hoxe, con máis razón, reclamamos a súa derrogación e o establecemento dun marco legal que permita unha presenza suficiente do galego no ensino, de acordo cos compromisos contraídos polo Estado Español na Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias. 3.- A infancia e a mocidade constitúen sectores prioritarios. É imprescindible darlles facilidades aos cativos e aos mozos para o uso do galego alén das relacións familiares e das aulas. Demandamos que se promova unha maior oferta televisiva, de produtos audiovisuais e de recursos, actividades e espazos de lecer en idioma galego específicos para a xente máis nova. 4.- A Universidade é o ámbito principal de formación de profesionais e da investigación do país. As universidades galegas están obrigadas a facer un esforzo a prol do galego na docencia e a fomentar as liñas de investigación en diversas áreas que contribúan ao seu pleno desenvolvemento como idioma útil e capaz de afrontar os desafíos do século XXI. 5.- A presenza do galego nos medios de comunicación escritos, audiovisuais e en liña non é proporcionada á que o idioma ten na sociedade galega. Urximos os medios, públicos e privados, a que contribúan positivamente á súa difusión, ao tempo que reflicten verazmente a realidade lingüística de Galicia. 6.- O desempeño do galego no ámbito empresarial, sindical, comercial, profesional e publicitario está moi por debaixo da súa utilización na vida real da maioría da poboación. Animamos as empresas, sindicatos, colexios e colectivos profesionais a que se adapten debidamente ao uso lingüístico de clientes, usuarios e públicos a quen dirixen os seus servizos. Exhortamos tamén a Igrexa, que goza dunha importante implantación social, pero que non responde ás propias proclamas oficiais de se comprometer a un maior uso do galego na liturxia, na predicación e na catequese. 7.- As institucións públicas deben garantir que os cidadáns e cidadás poidan ser atendidos en galego, e para isto é imprescindible recuperar un nivel proporcionado de esixencia de coñecemento e de emprego profesional del. Cómpre que o galego sexa debidamente requirido e valorado nas probas de acceso e promoción na función pública. 8.- A mellor garantía para a pervivencia e vitalidade do idioma é a transmisión das xeracións maiores ás máis novas e o compromiso individual de cada un dos falantes no seu uso. Convidamos os avós e as avoas, os pais e as nais a que empreguen a lingua propia do país nas súas relacións cos seus fillos e fillas, netos e netas, e animamos as persoas que recibiron o idioma en herdo a que se sintan orgullosas del e non renuncien a utilizalo na súa vida diaria. Asístenos o dereito a vivir en galego e esiximos que ese dereito sexa amparado e respectado. 9.- As institucións culturais teñen unha responsabilidade específica tanto no prestixiamento do galego coma na creación e a divulgación de instrumentos que faciliten o seu uso e melloren a súa calidade. A Real Academia Galega comprométese a cumprir as súas funcións coa maior dilixencia e ofrece a súa colaboración ao goberno galego e calquera outra instancia que llo solicite. En ningún caso a RAG vai declinar da súa obriga máis importante, que é a "defensa, ilustración e promoción da lingua galega" (art. 1º Estatutos).
Día da Lingua Materna 2015
Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo” IES “San Paio”
9
10.- A sociedade galega leva investido unha gran cantidade de recursos, enerxías e ilusións na tarefa de normalizar o idioma propio. Ese esforzo non pode derramarse. A responsabilidade de seguir abríndolle o camiño é de todos e todas nós, pero son as institucións públicas e nomeadamente o goberno galego, as que contan cos recursos máis poderosos e os instrumentos máis eficaces para conseguilo, ademais de estaren legal e moralmente obrigadas a facelo. Urxe unha reflexión seria, cómpre un novo impulso para evitar o desafiuzamento do galego da súa propia casa, Galicia. Un marco normativo máis axeitado, pero sobre todo, un discurso renovado, positivo e proactivo. Correspóndelle á Xunta de Galicia tomar a iniciativa e liderar o esforzo social para seguirmos avanzando. Unha lingua é un universo de seu, pertence ao mellor saber da humanidade. É unha ponte entre xeracións, un precioso elo coa historia e unha ferramenta valiosísima para o futuro, un medio de comunicación e tamén un recurso con valor emocional e económico. É un ben público, o máis semellante ao ar que respiramos. Temos un tesouro para compartir, sería imperdoable desbaldilo. Ter un idioma propio, orixinal, único, impón a obriga moral e práctica de conservar ese herdo para nós e para toda a humanidade. O galego non é un problema, é unha riqueza que non podemos estragar. Longa vida á lingua galega!
MUTTER SPRACHE6
LINGUA MATERNA
Ich habe mich in mich verwandelt von Augenblick zu Augenblick in Stücke zersplittert auf dem Wortweg Mutter Sprache setzt mich zusammen Menschmosaik
Transformeime en min mesma de instante en instante esnaquizada polo camiño da palabra Lingua materna recompónme mosaico humano
6 Rose Ausländer (1901-1988), unha das máis destacadas poetas en lingua alemá do século XX, de orixe xudía. http://www.tierradenadie.de/archivo/literatura/roseauslaender/rosepoemas.htm
Día da Lingua Materna 2015
Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo” IES “San Paio”
10
QUE NON SE PERDA UN IDIOMA, QUE NON SE EXTINGA UNHA LINGUA 7 Que non se perda un idioma, porque a ignorancia asoma, que non se extinga unha lingua, porque a cultura mingua.
Extinguindo tradicións da xente. . . as súas paixóns, rematando coa historia das nacións. . . a súa gloria.
Idioma é intelixencia, o que fai a diferenza, comunicación humana, que ás rexións emparella.
Un non á modernidade!, a aquela que, sen piedade, pende sobre o pasado que, no ben, se cimentou.
Linguaxe igual a intelecto, propio do ser máis correcto, idiosincrasia dun pobo, produto do seu cerebro.
Se se abandona un idioma, o dano vólvese axioma, se hai esquecemento dunha lingua, escurantismo sen tregua.
A fala é o fundamento, comprensión e entendemento, dunha raza. . . a súa conciencia, distinción e pertenza.
Triste adeus ás raíces, na alma cicatrices, despedimento á identidade, por Deus, que barbaridade!
Lingüístico é o problema que se aborda no poema, globalización avanza, como fera, cruel, con decisión!
Que dicir dos dialectos, dos vellos. . . predilectos?, o seu desuso cruel presaxio: "do costume. . . naufraxio". Hai que preservar o noso, como dixera o mestre, e ensinalo ás xuventudes, dun idioma. . . as virtudes.
7 Poema de Gonzalo Ramos Aranda (México) http://zona14telesecundarias.blogspot.com.es/2014/02/poema-por-el-dia-internacional-de-la.html
Día da Lingua Materna 2015 48 Renunciade á vella lingua que nos vén tan de lonxe, tan de fondo, luída con amor xeneración tras xeneración, soporte do noso espírito, flor do noso sentimento, fonte da que agroma o cachón potente do pensar. Renunciade á vella lingua, a creación máis xenial do noso pobo, a cunca sacra que garda a fonda e total plenitude do noso ser. Renunciade á vella lingua, dádevos ás flamenquerías e os amos quedarán para sempre satisfeitos: veredes que ben vos han de pagar co seu desprezo. Renunciade á vella lingua, a fala nai, e seredes entón máis señoritos, seredes máis “castizos”. Renunciade á vella lingua -aínda que non sei como faredes para borrar ese escuro acento delatore quedaredes capados, sen as palabras precisas para aquecer o corazón, para expresar de verdade o que vós sodes. Renunciade á vella lingua que dende séculos vén mamando o noso pobo e quedaredes envoltos, sulagados na tebra e na impotencia. Quedaredes mudos, sen a palabra que alumea e que revela.
8 9
Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo” IES “San Paio”
11
79 A fala é comuñón e sentimento, historia compartida intimamente, sufrimento de todos, amor de cada un e tamén amor de todo o pobo, laio e canción, nai que nos abrangue e arrola, estrela milagreira que nos guía e fai que os nosos corazós latexen xuntos. A fala é a voz da terra e máis do mar, o vencello que nos xungue no tempo cos que foron e máis cos que han de ser. Desconfía, ¡ouh pobo meu!, estén alerta contra aqueles que deixan a túa fala e dicen que te aman. Quen non está contigo é teu nemigo, aínda que os seus beizos che mintan un amor que nunca alumou seu corazón.
MANUEL MARÍA, Obra poética completa, I (1950-1979), Espiral Maior (Opera Omnia), A Coruña, 2001. Versos para un país de minifundios (1969) pp. 331-2 Ibíd. pp. 334-5
Día da Lingua Materna 2015 910 A nosa nobre fala ten zunido de carballal e máis de onda; rumor de vento entre trigais e centeeiras; ritmo de arada, de esfolla, de sementeira, de sacha e de seitura; son de regueiro cristalino e puro entre penedos; sangue, pulso e latexo -vida xa eternizadade todos os galegos que foron, que son e serán. A nosa nobre fala ten chíos de paxaros, forza de trono, luz de alborada, tristura de serán e fondura de noite; garda o suor común nado do traballo, dos que teñen sido pobo galego de verdade. Falala é afirmarse, ser fidel ás raigañas, esteo imprescindíbel para poder erguer un futuro de luz que merecemos. A revelación, o milagre, a posesión e a comprensión enteira de Galiza somentes a pode dar a fala, a fondura comunicábel da palabra.
Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo” IES “San Paio”
12
A FALA11 O idioma é a chave coa que abrimos o mundo: o salouco máis feble, o pensar máis profundo. O idioma é a vida, o coitelo da dor, o murmurio do vento, a palabra de amor. O idioma é o tempo, é a voz dos avós e ese breve ronsel que deixaremos nós. O idioma é un herdo, patrimonio do pobo, maxicamente vello, eternamente novo. O idioma é a patria, a esencia máis nosa, a creación común meirande e poderosa. O idioma é a forza que nos xungue e sostén. ¡Se perdemos a fala non seremos ninguén! O idioma é o amor, o latexo, a verdade, a fonte que agroma a máis forte irmandade. Renunciar ao idioma é ser mudo é morrer. ¡Precisamos a lingua se queremos vencer!
10 Ibíd. pp. 336-7 11 MANUEL MARÍA, Obra poética completa, I (1950-1979), Espiral Maior (Opera Omnia), A Coruña, 2001. As rúas do vento ceibe (1979) pp. 680-1
Día da Lingua Materna 2015
Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo” IES “San Paio”
MAIS OS GALEGOS FALAMOS EN GALEGO PARA CHAMAR A ATENCIÓN, PARA DISCRIMINAR E PARA PEDIR A INDEPENDENCIA
XA HAI QUE TER GANAS DE LERIA E SER REVIRADOS!
Adaptación sobre orixinal en http://www.ousman.com/imatge.php?f=02-julio-08blog.jpg
13