Vis à vis con rosalía

Page 1


2

Vis-à-vis con Rosalía

Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

Índice de poetas e poemas ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS...............................................................................................3 Tríptico a Rosalía.............................................................................................................................3 TOMÁS BARROS...............................................................................................................................4 Rosalía no meio do Pobo.................................................................................................................4 RAMÓN CABANILLAS.....................................................................................................................5 A Rosalía de Castro..........................................................................................................................5 XOSÉ DÍAZ JÁCOME........................................................................................................................6 Sombra de Rosalía...........................................................................................................................6 CARMEN DE JESÚS GARCÍA PEREIRA.........................................................................................7 Cantou Rosalía.................................................................................................................................7 ERNESTO GUERRA DA CAL...........................................................................................................8 Perfil da sombra...............................................................................................................................8 LUZ POZO GARZA............................................................................................................................9 Inscripción da meniña Rosalía.........................................................................................................9 E abres unha fiestra..........................................................................................................................9 Digo o nome da rosa......................................................................................................................10 Hai unha voz..................................................................................................................................11 Cantiga funeral de Padrón..............................................................................................................11 Benzoada........................................................................................................................................12 XAVIER SEOANE.............................................................................................................................13 A Rosalía........................................................................................................................................13

Vis à vis con Rosalía é unha escolma poética para celebrar o Día de Rosalía froito dun traballo colaborativo de membros do equipo de biblioteca e do club de lectura “Pedra do Acordo” do IES “San Paio” TUI Vis-à-vis con Rosalía VRosaàlía

Vis-à-vis con Rosalía Vis-à-vis con Rosalía

Vis-à-vis con

Vis


Vis-à-vis con Rosalía

3

Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS

Tríptico a Rosalía I Se achego o meu ouvido ao chan da patria ouzo o teu corazón aínda vivo latexar ao compás e retumbando no fondo onde se afirma o promontorio, e o teu avental de nai perenne como única bandeira soterrada: nai absoluta que cantas o teu himno de ferro, mentres arrolas docemente o berce do noso ser, cercado polos lobos. Nunca se apaga a túa voz: é un signo. Como o mar se renova, así o teu canto -ese torrente escuro que relocebrama con tanto amor, e prevalece.

II Eu veño a estar contigo abertamente, a empreñante de novo. Necesitas a paria de varóns asinalados que o teu ovario púdico xermole. Naceu tanta miseria, tanto homúnculo, tanta xente ruín a esfurricarse no máis sagro e profundo da Galiza, que se precisa dunha caste nova feita do meu fulgor a a túa estrela. De deusa e de druída danzaremos nas orelas do Sar, de corpo espido, e amarnos hemos a carón das ondas até que coalle o esperma en bronce cálido e cen guerreiros fortes estremezan o ámeto do mundo co seu canto. III

Ouzo o teu corazón: escoito á rosa solitaria inaugurar o cántico -un lóstrego no alicerce do tempo e a túa man tan feble a derrubar o muro dos ergástulos. É polo que te amo. E na negrura dos teus ollos bebo a arxila incandescente da palabra. ¡Ouh indómita...! Non te ensumes, revives no sartego: o teu corpo esparexe o seu fermento, e cando se abre o sulco ou o mineiro frenético escava obsesionado, o teu hálito irrompe desde o fondo, un arrecendor antergo de violas invade o territorio e algo teu, intanxíbel, respiramos: un incendio de rosas que nos perturba. Nai primixenia que levantas a túa fouce de ouro ensanguentada.1

1

AVILÉS DE TARAMANCOS, Antón, Obra poética completa, Espiral Maior, A Coruña, 2003, pp. 367-8


4

Vis-à-vis con Rosalía

Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

TOMÁS BARROS

Rosalía no meio do Pobo A Xohana Torres

Rosalía. Cinco anos no colo da pizarra. Cinco anos no zángole das trenzas a través do ceo. Quince anos Rosalía nos ollos ao redor das mans, entre unha bágoa e un sorriso. Quince anos no lume do sono inmorrente, na vidreira dourada da chuvia. Vinte anos. Rosalía no meio do monte. Rosalía nas follas. Rosalía na estrela Rosalía. Tresvalía coas rosas Rosalía. Tresvalía..lía..lía... LUA. Vintecinco anos na códea do albre. Rosalía nas ondas. Rosalía nas nubens, Trinta anos. Rosalía na caixiña da morte, acoubada nas sombras. ¿Cántos anos? Rosalía na raiola do sol. Rosalía no meio do pobo2.

2

BARROS, Tomás, Berro diante da morte, Salnés, Vigo, 1964, pp. 91-2


5

Vis-à-vis con Rosalía

RAMÓN CABANILLAS (...)

A Rosalía de Castro

Das campanas de Laíño e as campanas de Padrón zoaron no aire durmido os melancólicos sons. Afundida no recordo, a alma miña escoitou os laios da túa tenra, nostálxica impregación: Aquelas risas sin fin, aquel brincar sin delor, aquela louca alegría, ¿por que acabou? Da banda de Bastabales, terras das túas visións, foi chegando, esmorecido, un batido fungador. E a campana das soidades polos agros espallou verbas sangrantes dun salmo de agunía e de tremor: ¿Onde vai a nosa Rula, a Rula que nos cantou? ¿Por que o niño está baleiro? ¿Onde se foi? E daquelas quexumbrosas, tristes campanas de Herbón, ás que un día lle pediche silenzo para un delor, daquelas que che partían as cordas do corazón de alá da beira do río rubeu, chorosa, unha voz: ¡Nosa Virxe do Consolo! ¡Namorante reiseñor! Rosalía... Rosalía... ¡Adiós! ¡Adiós!

3

Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

(...) -Dónanos, nai Rosalía, aquel cravo feridor que che fixo un mal tan fondo, que tanto te atormentou; aquel misterioso cravo de ouro, de ferro ou de amor, que tantas veces na vida causa dos teus choros foi. Dónanos, nosa santiña, aquel cravo redentor, cheo de sangre groriosa coma os cravos da Pasión, aquel cravo que arrincaches para arrincar un delor do que tiveche soidades axiña que che faltou. ¡Nosa Virxe do Consolo! Coa túa man de bendición crávanos dentro do peito ese cravo que é pra nós berce e arrolo dos fillos, cos irmáns corda de unión, mimosa fala dos pais, cova honrada dos avós! ¡Crávanos, fondo, ben fondo, canto máis fondo mellor, o cravo do amor á Terra, o cravo do amor a Dios, aquel cravo que tiveche cravado no corazón!3

Para ler o poema completo: CABANILLAS, Ramón, Vento mareiro, (ed.de Ramiro Fonte), Xerais, Vigo, 1995, pp. 145-151


6

Vis-à-vis con Rosalía

Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

XOSÉ DÍAZ JÁCOME

Sombra de Rosalía Era Dona Galicia: unha rula coitada. Andaba a cantar sempre, coa alma amortaxada. ¡Que profonda dozura na súa voz ferida, fonte de fermosura! Tiña un adeus pra todo, unha queixume núa. O seu ollar deixaba un recendo de lúa. ¡Que voo de campás viña de Bastabales, peneirando soedás! Iba polos camiños -romaxe de cruceirosa erguer o esprito celta coa v erba dos troveiros. ¡Con que voz te lembraba, cemiterio de Adina, xardín que namoraba! Tiña unha sede infinda de xusticia e de amor. Bulíalle no peito un paxaro de dor. ¡Que gaita silandeira verquía na súa alma bágoas de primaveira! Doíase do pobo homilde e aldraxado, e a súa queixa tiña un ecoar magoado. ¡Que lírica mensaxe iba deixando, ceibe, a sorrir na paisaxe! Chamábanlle “A Santiña”. Naide penou coma ela. A rula canta aínda coa súa voz de estrela. ¡Que orballo delorido chove sobre Padrón, coma un soño perdido! ¡Tesouro de Galicia! A súa man albeira abriu un longo suco de luz prá sementeira. ¡Que arbre de armoñía aquela voz escura: sombra de Rosalía!4

4

DÍAZ JÁCOME, Xosé, Muíño fidel, Galaxia, Vigo, 1983, pp. 41-2


7

Vis-à-vis con Rosalía

Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

CARMEN DE JESÚS GARCÍA PEREIRA

Cantou Rosalía Cantou Rosalía ós verdes piñeiros ós rios, ás fontes, ós orfos, ós vellos.

Onde remata Galiza, onde comenzan as penas, onde se deixan as hortas, onde se atopan silveiras.

Os mozos máis novos fixéronlle logo música coas gaitas; soaron pandeiros; coas verbas fixeron cantares galegos.

Cando morreu, fixéronlle figuras de branca pedra: unhas ollando pró lonxe, outras ollando prá terra, e nos cabelos un pano pra facela máis galega.

Os nenos preguntan contestan os vellos:

O fogar de Rosalía agora “CASA MUSEU” garda as sementes dun sono que a xente matar non quere.

-¿Quén foi Rosalía que nós non sabemos?-Pois foi, meu pequeno, a nai dos galegos, a mesma que hai anos viviu en segredo.

¡Ai Rosalía de Castro! Aínda que queiran ou non, voute chamar Rosalía, Rosalía de Padrón.5

Soubo das aldraxes que a nós nos fixeron lonxe destas terras. 5

GARCÍA PEREIRA, Carmen de Jesús, Poemas de Carmeliña, Vigo, 1983 (2ª ed.), pp. 34-5


8

Vis-à-vis con Rosalía

Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

ERNESTO GUERRA DA CAL

Perfil da sombra Os ratos de cancro viñan tódalas noites a lle roer o ventre a lle roer a anguria inacabábel. Ela non facía caso e seguía no arrolo dos fillos mortos das follas mortas da Galiza morta. Continuaba morrendo i arrolando Sonambulando polos corredores... Cando a casa i a erba adormecían elétrica i abstrata saía pelegrina da noiter ilimitada con un sorriso antergo grande triste a arrolar a paisaxen cantarolando nanas desvairadas nunha voz de frol seca rediviva como un rosario lento de verbas debulladas como bágoas de cera como gotas de insonia como bágoas de pedra

6

Voltaba de mañán desfiada i espectral enchoupada de vales e de montes plena de praias e de piñeiraes orvallada de ausenças con un branco colar de almas en pena e mil mortes pequenas no avental. Deixaba polo ar un ronsel oco e negro de sombra negra de roupas negras de cabelos negros de dores negras. I o mar seu vago amigo mar do fin da terra o mar dos afogados e dos idos sen alén sen confíns e sen idade resoaba dentro da caricola da sua ialma lonxano planetario misterioso como un siño cavo ou nun abismo.6

En torno a Rosalía (ed. de Xesús Alonso Montero), Júcar (Los Poetas-Serie Mayor), Madrid, 1985, pp. 86-8


Vis-à-vis con Rosalía

9

LUZ POZO GARZA INSCRIPCIÓN DA MENIÑA ROSALÍA ás dúas de mañá do 24 de febreiro no hospital real de Santiago de Compostela Eran as horas clandestinas dun madrugado Desconcerto Iban medrando sombras mestgas Iba qujedando un rastro escuro e unha conciencoia dividida E chovía. Chovía Chovía en desamparo Chovía en desespero Chovía sucesivo en Compostela Chovía mesmo cómplice do pranto As camelias morrían dunha dor cenital na Ferradura Por lousas e vitrales chovía desleigado coma tedio Mesmo na escalinata onde se labra a noite Onde se pule o tempo como a prata Chovía prematuro nunha memoria lúcida que escribía teu nome nas pedras desveladas

E ABRES UNHA FIESTRA nas orelas do Sar e ves o mundo en sombras e desamparo Ibas despois cambiando as follas soterradas os espacios armados e tristeiros San Lourenzo. Santiago. O Pórtico da Gloria... en verbas transmitidas en escuro E aquel terror ás xentes despiadadas... Esa mensaxe en términos de figuras perdidas e o tecido do lenzo que fas en soidade son feitos de carencia Espellos sen azougue onde unha luz velada se fai mesta E abres unha fiestra nas orelas do Sar e ves o mundo en orfandade

Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”


Vis-à-vis con Rosalía

10

DIGO O NOME DA ROSA e revélase a vida aspiro a luz e fíreme a saudade Evócote e achégase á memoria unha presencia murcha Unha imaxe curvada Un corpo metafísico Se te penso Achégaseme á alma un delirio inclemente Unha penumbra mesta Unha conciencia exánime Aspiro o aire e sinto unha fragancia aceda O sonido dunha arpa As camelias do pazo Digo o teu nome e pónseme nos labios unha fábula en sombras Pequenos reiseñores Unha rosa ferida Fragmentos de amargura Toda ti coma urxencia de consumar a morte Non te furten -raíña- o teu nome de Rosa nin a lei dos silencios feridos que dominas Era o nome unha flor que non se extingue Era cruel a palabra que maceraba en corpo de infortunio Era o gozo inocente do verbo que permite chorar en silencio A Rosa resignada que ningún sabe presentir Non te furten -Raíña- ese alento dos labios que modulan Non te furten o impulso das sílabas versais

Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”


Vis-à-vis con Rosalía

11

Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

A iteración divina que se imprime no nome da Rosa O tránsito dos números que respiran en flor coma o Sar cando nace Era a palabra un diapasón no naufraxio da noite A Rosa Rosa Rosa que da tempero á alma Conciencia que se cumple nun designio de nomes e auroras Potestade da flor que morre en tempo irreversible7 HAI UNHA VOZ no tempo de Galicia Hai unha voz sen verbas que todos escoitamos no silencio Lembrando nomes pra que naza o millo

CANTIGA FUNERAL DE PADRÓN

Chámase morte ou mágoa Xuramento de anguria Soidade Pensamento de pedra Chámase berro e fonte e desarrimo

Xa non chove miudiño Xa non choven orballadas Choven negras soidades Chorade por Rosalía Chorade

Chámase olvido E chámase arelanza Ou vida ou liberdade ou compaña dos nosos Chámase soño ou morte lar saudade Chámase choiva que lourea os froitos Hai unha voz Chámase Rosalía Sete letras de laio Saudade dunha fala ferida Esperanza dun mundo que inda fica nun berro de liberdade Hai unha voz A súa Benzoada

7

Campanas de Bastabales tocade por Rosalía Tocade

Que vai de dolor ferida por un agoiro de mágoas Sen arrimo. Sen adaxe Soade Xa non madurece o millo pola beira de Lestrove Hai feridas sen idade Chorade Que vai unha sombra negra pola banda de Laíño chamando por Rosalía Tocade Velaivai a negra sombra no cemiterio de Adina asombrando a Rosalía Pregade

http://www.realacademiagalega.org/documents/10157/27090/Luz+Pozo.pdf?version=1.0 LÓPEZ, Aurora e POCIÑA, Andrés, Á procura da poesía. Vida e obra de Luz Pozo Garza, Alvarellos, Santiago, 2014, pp 517-21 (Vida secreta de Rosalía, 1996)


Vis-à-vis con Rosalía

12

Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

BENZOADA Benzoados os tempos do infortunio que fixeron posible esa voz silandeira Rosalía Benzoadas todas as nordesías que asulagan teus salaios de acibro Benzoada sexa a túa orfandade que nos fire a todos entrañablemente Benzoada a fontela de anceios de morte que asulagou o teu vivir a carón da meirande das mágoas Benzoados os espacios e os tempos as dúas coordenadas que te crucificaron con cravos de ferro ou de amor Rosalía Benzoada sexas pola túa voz8

8

http://www.asociaciongalegadecompositores.com/fotos/110929101043_p2Kf.pdf


Vis-à-vis con Rosalía

13

Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

XAVIER SEOANE

A Rosalía Esta dama da noite, que a emoción fabulou dunha sombra misteriosa e un cravo ferinte coma a rosa azul da máis secreta expiación, tivo no intre da morte a intuición de abrirlle á infinitude vagarosa do mar bramante e da alba sediciosa os visos e xanelas do balcón. Espida de equipaxe, a súa memoria son gritos e murmurios, crueis rancores, frías caricias, misteriosas dores. Tal negra cerva dunha triste historia, esgazouna a ortiga infiel da gloria nun ocaso de eternos reiseñores.9

9

SEOANE, Xavier, Vagar de amor e sombra, Servizo de Publicacións Deputación Provincial de Pontevedra (colección Tambo), 2004, páx. 88


Vis-à-vis con Rosalía

14

Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

Eu son Rosalía...


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.