EROSKI_DICIEMBRE_2021_GALLEGO

Page 27

En familia N.º 9

Nadal máis saudable coa túa xente En EROSKI sabemos canto che importa a alimentación e saúde dos teus. Por iso, creamos esta sección na que atoparás información nutricional, respostas ás túas dúbidas máis frecuentes, suxestións de produtos saudables para os máis pequenos, receitas para facer en familia... E iso non o é todo! Tamén dispós de xogos e actividades infantís para compartires cos nenos e nenas da casa, que, sen dúbida ningunha, che axudarán a promover a alimentación saudable mediante o xogo.

N

estas datas comemos máis e ‘peor’. Ás saídas para comer fóra súmanse os menús caseiros máis copiosos, con salsas de acompañamento e maior presenza de doces e embutidos. E se nós comemos mal, os máis pequenos tamén o farán. A clave está en educar co exemplo. As pautas que son recomendables para os pais sono tamén para que a alimentación dos cativos sexa máis saudable. Elixir ingredientes de calidade e técnicas de cocción máis sas, mastigar amodo, servir racións pequenas, acompañar os alimentos de menor calidade nutricional doutros máis recomendables e lembrar que os festivos son cinco días e non dous meses son recomendacións que hai que seguir. Só cómpre ser responsables. Pódese permitir algún capricho en momentos excepcionais, sempre que sexa iso, algo extraordinario e non a norma.

27

27_28_33_34_EnFamilia_navidad_GAL.indd 27

18/11/21 15:31


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.