viaxes
Unha viaxe á orixe e a historia do cava Falar de Codorníu é facelo da historia dunha familia de viticultores que se remonta ao século XVI. É a empresa vitivinícola familiar máis antiga de España e unha das máis lonxevas do mundo.
V
isitar as cavas e a adega de Codorníu é internarse nunha historia que comezou a se escribir hai xa cinco séculos, aínda que non foi ata 1872 cando Josep Raventós Fatjó elaborou cava por primeira vez en España mediante o denominado Método Tradicional con uvas autóctonas do Penedés: Macabeo, Xarel·lo e Parellada. Así naceu unha industria nova e vinculou a marca Codorníu á historia do cava.
Anos despois, en 1895, Manuel Raventós, o grande impulsor da marca Codorníu, contratou o arquitecto modernista Josep Puig i Cadafalch (coetáneo de Gaudí) para construír unha nova adega. O edificio que proxectou é, dende 1976, Monumento Histórico Artístico e un dos máis impresionantes exemplos de arquitectura vitivinícola do noso país. Baixo terra, nun dédalo de cavas subterráneas, é onde Codorníu realiza
48
48-49_Viajes_GAL.indd 48
18/11/21 16:26