2 minute read

Nigrán homenaxea ás súas mulleres cunha exposición

NIGRÁN HOMENAXEA ÁS SÚAS MULLERES CUNHA EXPOSICIÓN

O Concello de Nigrán inaugurou co gallo do 8 de Marzo a exposición fotográfica ‘Mulleres de Nigrán-1970’. Trátase dunha escolma de 150 imaxes recompiladas polo Concello entre a propia veciñanza durante case un ano

Advertisement

A mostra fotográfica ‘Mulleres de Nigrán -1970’, é unha exposición propia froito de recompilar entre a veciñanza durante case un ano preto de mil imaxes antigas. Máis dun cento de persoas acudiron á inauguración coa ilusión de atopar ás mulleres da súa familia na mostra e redescubrir escenas da vida cotiá das mulleres antes do ano 1970. Así, nesta escolma de 150 fotos os asistentes podense ver a nigranesas labregas, costureiras, mestras, nais de familia, coidadoras, perruqueiras, mulleres festeiras, amigas cómplices... En definitiva, mulleres comúns e valerosas ás que a ONU adica cada 8 de marzo e ás que o consistorio consagra esta exposición. “No pasado 8-M, coincidindo coa inauguración da exposición de Ruth Matilda Anderson ‘Unha mirada de antano’, lanzamos o reto de identificar á muller de Camos que aparece nunha das súas fotos máis señeiras. A tarefa resultou imposible. Sen embargo, a historia non escrita da anciá de Ruth Matilda alentou ao Concello a organizar esta mostra que reivindica ás mulleres coma ela, mulleres correntes e silenciadas, secularmente ignoradas pese a ser artífices do desenvolvemento económico, social e cultural do municipio e, en esencia, de toda a Humanidade”, resumíu o alcalde, Juan González, ante o público, a quen se lle entregou como agasallo o correspondente catálogo feito para todas as persoas que aportaron imaxes e para ocupar desde xa un lugar destacado na Biblioteca Municipal de Nigrán. María Valtierra, Chona e Tonia Sanromán e outra amiga nas festas de San Xoán (Panxón) 24-6-1950

María, Ramona, Eulalia e Pancha no ano 1947

“A veciñanza respondeu masivamente á petición do Concello buscando no arquivo familiar para rescatar fotos antigas de mulleres co obxectivo de renderlles unha homenaxe pública. Recibimos centos de tesouros que temos dixitalizados pero para esta exposición, por motivos de espazo, foi preciso realizar unha selección de 150 na que atendemos a criterios de antigüidade, calidade da imaxe recibida, valor documental da mesma...”, explicou María Villar, responsable da organización da mesma xunto con Olalla Fernández no deseño gráfi co e o Centro Ocupacional Juan María no enmarcado.

As irmás Pura e Elisa Niel Sayanes. Anos 20

Familia de Camos sen identifi car, principios seculo XX

Cristina Villar Costas e amigas regresando do muíño da Ramallosa entre 1950_55

A mostra só puido permanecer aberta unha semana, polo peche obrigado. Dende o Concello confi rman que “cando pasen estas circunstancias se volverá a programar”. Ata ese momento, o Concello de Nigrán ofrece dixitalmente e en aberto o catálogo editado con motivo da exposición . A través deste enlace https://issuu.com/mulleresdenigran/docs/baja_resol_ catalogo_expo_1.0_af As persoas poden acceder ao catálogo (recomendable en ordenador ou tablet). O enlace permanecerá tamén dispoñble a través da web municipal e en redes sociais.

This article is from: