COUSAS DE - revista Nº5

Page 8

ACTUALIDADE

NIGRÁN HOMENAXEA ÁS SÚAS MULLERES CUNHA EXPOSICIÓN

María Valtierra, Chona e Tonia Sanromán e outra amiga nas festas de San Xoán (Panxón) 24-6-1950

O Concello de Nigrán inaugurou co gallo do 8 de Marzo a exposición fotográfica ‘Mulleres de Nigrán-1970’. Trátase dunha escolma de 150 imaxes recompiladas polo Concello entre a propia veciñanza durante case un ano A mostra fotográfica ‘Mulleres de Nigrán -1970’, é unha exposición propia froito de recompilar entre a veciñanza durante case un ano preto de mil imaxes antigas. Máis dun cento de persoas acudiron á inauguración coa ilusión de atopar ás mulleres da súa familia na mostra e redescubrir escenas da vida cotiá das mulleres antes do ano 1970. Así, nesta escolma de 150 fotos os asistentes podense ver a nigranesas labregas, costureiras, mestras, nais de familia, coidadoras, perruqueiras, mulleres festeiras, amigas cómplices... En definitiva, mulleres comúns e valerosas ás que a ONU adica cada 8 de marzo e ás que o consistorio consagra esta exposición. “No pasado 8-M, coincidindo coa inauguración da exposición de Ruth Matilda Anderson ‘Unha mirada de antano’, lanzamos o reto de identificar á muller de Camos que aparece nunha das súas fotos máis señeiras. A tarefa resultou imposible. Sen embargo, a historia non escrita da anciá de Ruth Matilda alentou ao Concello a organizar esta mostra que reivindica ás mulleres coma ela, mulleres correntes e silenciadas, secularmente ignoradas pese a ser artífices do desenvolvemento económico, social e cultural do municipio e, en esencia, de toda a Humanidade”, resumíu o alcalde, Juan González, ante o público, a quen se lle entregou como agasallo o correspondente catálogo feito para todas as persoas que aportaron imaxes e para ocupar desde xa un lugar destacado na Biblioteca Municipal de Nigrán. 8 cousas de

María, Ramona, Eulalia e Pancha no ano 1947

Grupo de mulleres nun campo de Prado en 1950. Identificadas Rosita González, Pura Giráldez, Salustiano e Fina Álvarez.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.