6 minute read

Rías Baixas: María Vinyals, a primeira camelia “con nome de muller

MARÍA VINYALS, A PRIMEIRA CAMELIA “CON NOME DE MULLER” NO XARDÍN DO CASTELO DE SOUTOMAIOR

AS REFLEXIÓNS DE VINYALS E O HIMNO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO “A PORTA VIOLETA” DE ROZALÉN, COMPLEMENTARON O ACTO ENMARCADO NA PROGRAMACIÓN “POR NÓS, POR TODAS”

Advertisement

Coas palabras de María Vinyals refl exionando sobre a posición das mulleres hai máis de 100 anos e a canción contra a violencia de xénero “A porta violeta” de Rozalén, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada do alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, das deputadas provinciais Ana Laura Iglesias, Raquel Giráldez e Victoria Alonso, do autor do libro “María Vinyals, a muller do porvir”, Diego Piay, e da historiadora Silvia Cernadas, realizou a plantación da camelia “María Vinyals” no Castelo de Soutomaior, a primeira “con nome de muller” do xardín. Silva, asegurou que con esta plantación “este xardín vai darlle visibilidade ás mulleres. Para que poidamos seguir dando pasos cara a igualdade é preciso ter referentes femininas”.

A presidenta provincial destacou a fi gura de María Vinyals, a marquesa vermella, “unha muller que demandaba educación, o voto e a presencia das mulleres en todos os eidos”. “Estou segura de que a María Vinyals lle encantaría que xeracións futuras, cen anos despois, seguiran a loitar polo que ela loitou cando estaba en efervescencia, a loita das mulleres sufraxistas defendendo o voto, o dereito universal máis importante, que fi nalmente conseguiu Clara Campoamor”, enxalzou. Tamén sobre a fi gura de Vinyals detívose o alcalde de Soutomaior que aplaudiu a iniciativa da Deputación por permitir “potenciar e dar a coñecer á marquesa” e “mellorar o xardín de excelencia internacional”. O novo cultivar de camelia foi desenvolvido na Estación Fitopatolóxica de Areeiro e trátase dunha fl or dobre formal que ten unhas cores cunha simboloxía “moi potente”; predomina a cor vermella, en referencia a como foi coñecida Vinyals “a marquesa vermella”; e vira a cor lila lavanda cando se cultiva en chans ácidos e está totalmente aberta, cor relacionada a día de hoxe co movemento feminista do que ela foi precursora hai 100 anos. Sobre a camelia “María Vinyals” Carmela Silva tamén avanzou que se rexistrará ofi cialmente en xuño e posteriormente ampliarase esta iniciativa coa “plantación doutros cultivares con nomes de mulleres, como Rosalía de Castro ou a Bella Otero”.

A camelia plantada en Soutomaior conta cunha placa de madeira na que figura o lema “Camelia japónica ‘María Vinyals’. Nos xardíns deste castelo que María Vinyals tanto amou medrará esta camelia que leva o seu nome. Unha flor única para a muller do porvir. Deputación de Pontevedra, 11 de marzo 2020”. Así mesmo, a placa levará un Código QR, que ofrece información da ficha técnica do exemplar.

O xardín Cunha extensión de 25 hectáreas considérase o xardín botánico máis importante de Galicia ao reunir máis de medio milleiro de camelias –entre as que destacan a Camelia japonica de maior perímetro de Galicia e a máis lonxeva do parque, do século XIX– que florecen xunto a castiñeiros milenarios e árbores dos cinco continentes. Neste outeiro existe o clima axeitado para que palmeiras e laranxeiras convivan en harmonía entre eucaliptos e magnolios xigantes. A flor de Oriente que asolaga de cor as paisaxes da provincia de Pontevedra é a protagonista indiscutible nos xardíns do maxestoso castelo de Soutomaior, a xoia do patrimonio fortificado das Rías Baixas. Este paraíso botánico recoñecido como Xardín de Excelencia Internacional en Camelia desde 2012 foi o primeiro de España en obter tal distinción.

RAFAEL ALONSO: A NOSTALXIA DUN MESTRE

por Luis Carlos de la Peña

Os 25 anos do pasamento do pintor pontevedrés Rafael Alonso (1924-1995) son unha razón, como calqueira outra, para falar da súa obra. O tempo é un bó conselleiro en cuestións diversas, tamén na cultura e no arte en particular, ese espacio da sensibilidade e da expresión tan devaluado pola postmodernidade e o mercado. É preciso deixar correr os invernos, debulir as modas, valeirar os faiados de artefactos e teorías. Coido que Rafael Alonso sale casi indemne desta vixilia do tempo. Polos mesmos anos sesenta en que o pintor afi anzaba a súa personalidade artística, Susan Sontag decía que “os dous polos do sentemento moderno son a nostalxia e a utopía”. Os sesenta foron un tempo utópico. Rafael Alonso, pola época, creaba e vendía para Paradores (o de Baiona e o MRCY), buscado polo arquitecto Jesús Valverde; para entidades fi nancieiras e compañías eléctricas. Un creador subido na ola do despegue modernizador do país: unha utopía de benestar, independencia persoal e unha indefi nible nostalxia interior. De Rafael Alonso fi ca a pegada da súa obra abundante, accesible en moitas coleccións públicas e privadas e queda, claro, a calidade do seu arte. Unha mestría a salvo de imitadores, onde a técnica, a craridade, a composición e a selección de motivos garanten a identidade singular da obra e a lembranza do artista. Rafael Alonso foi un mestre en defi nir o que quería representar, en equilibrar o espazo dos obxectos (froles, gamelas, medas, …) e as atmósferas (néboas e ceos na ría, friaxe de neve en Villacastín, vento nas velas dos balandros, …). Casi calquer espectador gusta da obra de Alonso porque o arte do pintor non busca intelectualizar a observación, senon achegar esa imaxen á sensibilidade da xente, con xenerosidade e aparente sinxeleza. Baiona, a costa de Mougás, o porto de Vigo … son os exteriores, as paisaxes que Rafael Alonso pintou. Escribía John Berger que “cando se atopa, o lugar está en algún espazo da fronteira entre a natureza e o arte”. O pintor afi ncado en Vigo tiña bó ollo para identifi car estos lugares. O seu arte acompaña a quen o observa, humanizado e agarimoso. As froles, por exemplo, son tratadas con madurez de artista informado, con sensibilidade adulta. Atrévome con unha inspiración inglesa, a de Ben Nicholson, e o cosmopolitismo sofi sticado relacionado co expresionismo abstracto do contenido Esteban Vicente. Natureza e arte. As acuarelas de Rafael Alonso son a conxunción do acerto na composición e o xogo virtuoso do artista co papel en branco. Si o pincel debuxa e pinta sin atender a auga, á humidade do soporte, as superfi cies de papel sen pigmentar son o aire, a transparencia e o brillo instantáneo da acuarela. Neses espazos que o tempo hoxe amarillea, está a nostalxia dun mestre da acuarela e do arte da segunda metade do século XX. Dornas na néboa

Berbés

Queremos que te sientas como en casa

800 m 2 con la más alta tecnología en salud dental y las mejores instalaciones para tu confort.

Especialistas en: • Odontopediatría • Ortodoncia • Implantes • Periodoncia • Estética dental • Endodoncia • Prótesis

Facilidad de financiación 36 meses sin intereses

¡DESCÚBRENOS!

Diagnóstico y presupuesto gratuitos

This article is from: