7 minute read
Sancti Spiritus. O antigo hospital de peregrinos, hoxe arquivo e biblioteca de Baiona
SANCTI SPIRITUS
O ANTIGO HOSPITAL DE PEREGRINOS, HOXE ARQUIVO E BIBLIOTECA DE BAIONA
Advertisement
E Cristina Vilar Misa. Directora Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal de Baiona C Arquivo Ed. Basan
A historia do Hospital de Sancti Spiritus remóntase ao século XV a primeira referencia indica que non estaba no mesmo lugar no que se atopa na actualidade, xa que viuse afectado polo derribo no século XVII dos inmobles inmediatos á muralla. O Hospital estivo en este lugar ata 1645 que foi mandado derribar para asegurar a defensa da fortaleza. Tras este primeiro derribo prodúcese un primeiro traslado ao lugar de Cortinas, ao fondo do Convento das Dominicas, solución que non resultou efectiva, xa que en 1653, o edifi cio ameazaba ruína. Ante esta situación adquírese a Doña Grimaresa Pereira de Castro unha casa con fi nca noutro lugar, que sería o seu actual emprazamento na rúa Costanilla, hoxe Manuel Valverde.
O maiordomo do hospital solicita o 7 de agosto de 1671, autorización ao bispo Bernardo de León de la Rocha para que dicha casa sexa destinada a Hospital. Este edificio será realizado polo Maestro Domingo Fernández, que faría a parede do frontispicio e a entrada principal. Debeu de ser neste momento cando o traslado do Hospital nas inmediacións da Colexiata, o antigo hospital uniuse ao da Magdalena, e solo un ano despois era cedido polos pais de San Juan de Dios, que cedera o seu goberno ao Concello da Vila para que o administrase, en base ás referencias de estudosos como Ávila y La Cueva, Ulpiano Nogueira, Ramos, Garrido o la profesora Fernández Rodríguez. No ano 1679 págaselle ao canteiro Domingo Fernández 816 reais, para facer a entrada da porta principal ao hospital e a parede da fachada principal, onde atopamos unha espadana, con ornamentación barroca, dúas volutas flanquean a estrutura que sostén a campá onde vemos as liñas horizontais crebadas, así como unha esfera no máis alto xerando efecto de inestabilidade.
Desde a rúa Manuel Valverde, ao pé do camiño de Santiago, accedemos ao patio interior. Trátase dunha estrutura arquitectónica de planta cadrada, unha das máis antigas da construción, xa que este patio centralizaba as antigas dependencias do Hospital Sancti Spiritus ás que se podía acceder mediante unhas escaleiras en pedra que aínda hoxe consérvanse situadas en dous puntos diferentes do patio. Desde este lugar podemos contemplar parte da fachada Norte da Igrexa Medieval de Santa María, ofrecéndonos unha perspectiva que fai integrarnos no corazón máis antigo do núcleo urbano de Baiona.
O Patio dos Peregrinos está habilitado para que todos os camiñantes que percorren a ruta xacobea ao seu paso pola Vila poidan visitar a fi gura do Apóstolo e selar a súa credencial co fi n de obter a Compostela en Santiago
Neste patio barroco consérvanse hoxe en día dúas esculturas en pedra, a de Santiago e a do Espírito Santo. Cada unha delas, representa o recordo das dúas respectivas Confrarías propietarias dos dous Hospitais, o de Sancti Spiritus e a de Santiago. A primeira a de Santiago, realizada nunha soa peza de pedra tosca, representa ao Apóstolo Santiago, cos tributos do peregrino, chapeu coa cuncha, bastón, cabaza e portando un libro en man esquerda transmitindo o evanxeo.Pola súa situación apréciase que o seu actual emprazamento non é o orixinal. Debeu de pertencer ao antigo Hospital de Santiago. A Confraría de Santiago, cedeu en 1796, o edifi cio e horta que tiña encostada ao Hospital. Outro recordo xacobeo presente no edifi cio Sancti Spitirus, é unha cruz antefi ja de Santiago que se conserva na metade do muro da fachada oeste.
A outra peza que atopamos no centro, presidindo este fermoso patio do actual Arquivo Histórico e Biblioteca Municipal de Baiona, é a escultura de vulto redondo que representa a imaxe da Trindade. A iconografía de Deus pai creador no trono, portando a cruz co seu fi llo crucifi cado que nos lembra ás Trinitá do Renacemento. Esta peza áchase sobre un pedestal en pedra, con dous pés de columnas, a modo de ara ou altar. O habitual nesta iconografía é representar o Espírito Santo tras eles, nesta peza, que vemos a súa ausencia, puido perderse ou tratarse unha vez máis dunha escultura creada para outro sitio e posta neste lugar a posteriori, se temos en conta que o Hospital Sancti Spiritus, estivo como diciamos antes noutros puntos distintos. Podería tratarse dunha das esculturas exentas máis antigas que se conservan en Baiona e pertenceu sempre á institución do Hospital.
Imaxe da Trindade
“O Hospital de Caridade achábase abandonado, cando no ano 1799, o Ilustrísimo D. Juan García de Benito fi xo a súa visita e movido da súa paternal caridade e amor aos pobres, propuxo a súa restauración do edifi cio. Acudiu á Vila para bendicilo e inauguralo o 13 de xuño de 1806. ( H-2/2 ano 1806,1849. Libro de Acordos da Santa Irmandade de Caridade do Hospital).” Esta peza constata este feito. O máis probable, é que sexa o lintel dunha porta de acceso ao Hospital reedifi cado.
Biblioteca e Arquivo Histórico A orixe da Biblioteca é múltiple, aínda que en esencia, remóntase a fi nais do S. XIX coa existencia da Biblioteca Popular. A este inicio de cultura para a maioría, súmaselle en 1928 a doazón da biblioteca persoal de Ángel Bedriñana Meana, unha selecta biblioteca cultural popular composta de catrocentos setenta e oito volumes dos mellores autores” (Sesión extraordinaria do 3 de xullo de 1928). Con esta achega procédese á remodelación do baixo da Casa do concello, situada por entón no edifi cio da Casa do Reloxo, co obxectivo de dar localización á recentemente doada colección. Neste primeiro emprazamento permanece ata 1943 ano no que se traslada o Concello á súa actual sede, a Casa de Lorenzo Correa. Desde este período non consta a existencia de lugar con destino á Biblioteca. Hai que esperar ao seis de maio de 1964, cando se acorda en Concello pleno a creación da Biblioteca Pública Municipal, quedando inaugurada, catro anos máis tarde, o 23 de abril de 1968. Agora si xa hai un espazo claro e defi nido. O lugar elixido para a súa localización, volve ser parte da planta baixa do edifi cio Correa. Desde entón, empréndese un camiño sen atallos para chegar ao que supón hoxe en día: o centro cultural base de referencia da sociedade. A colección está formada por 35.500 volumes distribuídos entre un catálogo xeral e fondos especiais: Fondo Local, Fondo Arribada, Pobos Irmáns. Biblioteca Anxo Bedriñana e Biblioteca Héctor Barreiro.
En 1990, con motivo das obras de rehabilitación integral da Casa Lorenzo Correa, a biblioteca volve ser trasladada, a unha parte do edifi cio do antigo hospital que, albergaba a Casa da Cultura. Desde entón a expansión do Servizo de Biblioteca comeza imparable. En 1997 foi presentada a solicitude de incorporación deste centro no rexistro de bibliotecas, paso previo para a defi nitiva incorporación na Rede de Bibliotecas de Galicia, sendo aprobada por resolución da Consellería de Cultura e Comunicación Social, do 24 de novembro de 1997. Así mesmo, en abril de 1998, asinouse o convenio entre Xunta de Galicia e o Concello de Baiona, quedando a biblioteca integrada na Rede de Bibliotecas de Galicia. No 2017 asínase o convenio para a integración da Biblioteca no catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas de Galicia.
No transcorrer do tempo, as instalacións comezan a verse anticuadas e deterioradas, é por iso que en 2009, o Concello convoca un concurso de ideas para emprender camiño cara ao futuro. O proxecto gañador “ Concéntrica” dos arquitectos Elvira e Murado, inspirandose na idea de scriptorium medieval, coloca á Biblioteca e Arquivo Histórico Municipal de Baiona, no mapa das marabillas arquitectónicas do mundo Bibliotecario. Unha emocionante e interesante integración do exterior arqueolóxico no interior da Biblioteca, yuxtaponiendo arquitecturas de distintos tempos e distintos usos nun mesmo edifi cio. Este novo espazo, inaugurado o 7 de xullo de 2018, soluciona a coexistencia do fondo de biblioteca co fondo documental, converténdose nun centro de referencia documental na comarca, outorgándolle aos documentos históricos un lugar onde custodiar, conservar e divulgar o valioso patrimonio documental da Vila de Baiona composto pola documentación xerada polo Concello no exercicio do seu goberno e servizo, desde o S. XVI así como documentación do antigo Hospital de Caridade Sancti Spiritus e da centenaria Casa da Misericordia. J
Nova biblioteca