6 minute read

Por que a vieira é o símbolo do peregrino?

E Redacción C Cortesía Turgalicia/Xunta de Galicia

Advertisement

HAI MOITAS TEORÍAS AÍNDA QUE NINGUNHA ACEPTADA AO 100%. O QUE SI SABEMOS É QUE A SÚA VENDA FOI UN EXCELENTE NEGOCIO: A IGREXA QUEDABA CO 30% DOS BENEFICIOS E PROHIBIU A SÚA VENDA FÓRA DE COMPOSTELA BAIXO PENA DE EXCOMUÑÓN.

O bordón, a cabaza e a vieira. Estes son os tres símbolos do peregrino por excelencia. Mais só un identifi caba ao camiñante que, tras alcanzar a súa meta, regresaba ao seu lugar de procedencia. Falamos da cuncha, un elemento que co paso dos séculos se convertiu en símbolo de xenerosidade, unha virtude que, desde o momento no que se chegaba o fi nal do Camiño, debería acompañar ao camiñante o resto dos seus días. Co paso dos séculos, a cuncha de vieira pasou a ser un símbolo máis da ruta xacobea, un feito que comezou a popularizarse a partir do auxe das peregrinacións nos séculos XI e XII.

Pero, que convertiu á cuncha deste molusco nun símbolo do Camiño? Existen moi diferentes teorías, mitos e lendas sobre as súas orixes. A máis aceptada é que a cuncha foi utilizada como un vaso natural perfecto. Os peregrinos que chegaban a Santiago as recollían para beber nos mananciais e ríos no camiño de regreso. Existen outras teorías máis simbólicas que ven na vieira unha estilización da pata dunha oca, símbolo para moitas tradicións antigas de recoñecemento iniciático. E outras incluso apuntan á vieira como símbolo de Venus, representación do renacer dunha persoa, a súa resurrección e, polo tanto, da superación da morte e tamén do ego (egoísmo e egocentrismo) para dar paso ao auténtico eu (sinxeleza e humildade).

Por suposto tamén existen lendas vinculadas aos milagres do Apóstolo. Con diversas variantes, a máis extendida é a que conta como un cabaleiro, mentres paseaba pola praia, viu aproximarse un barca a punto de naufragar. Disposto a prestar a axuda aos que serían inevitablemente próximos náufragos, o cabaleiro dispúxose a cabalgar entre as augas cando, de repente, unha onda xigante o arrastrou ata o fondo do mar. Véndose perdido invocou a Deus e, nese instante, sentiu unha forza sobrenatural que o enviaba cara á superficie, arrastrádoo ata a beira. Cando se viu a salvo e en terra, comprobou que a barca era a que transportaba os restos do Apóstolo e que tanto el como o seu cabalo estaban completamente cubertos de cunchas de vieira. A salvación do cabaleiro considerouse un milagre do Apóstolo Santiago polo que, desde ese momento, vieira e Apóstolo quedaron unidos para sempre e a cuncha pasou ser o símbolo máis importante dos peregrinos. A pesar de todas as suposicións, o único certo é que a súa orixe como símbolo peregrino non está nada clara e que non existe ningunha teoría aceptada ao cento por cento. Do que si non hai dúbida é que a venda destes obxectos foi un negocio moi lucrativo na cidade de Santiago. Na porta de Azabachería, onde se asentaron os artesáns, vendíanse de chumbo, óso, marfil e metais fermosos. O negocio foi tan próspero que rápidamente foi regulado pola Igrexa –que se quedaba co 33% das ganancias- e mesmo se chegou a prohibir a súa venda fóra de Compostela, baixo pena de excomuñón.

Concha de Vieira e arca de pedra-Catedral de Santiago

A peza, á que fan referencia multitude de textos históricos, formou parte da mostra ‘Camiño. A Orixe’, que acolleu o Gaias no 2015. Hoxe atopáse no Museo da Catedral de Santiago. O PRIMEIRO BASTÓN PEREGRINO O bordón –ou bastón- de Santiago atopado no interior do sepulcro apostólico, foi sacado polo bispo Teodomiro por orde do rei don Afonso. Este primeiro bastón peregrino, chegado a Galicia de terras palestinas xunto co corpo do Apóstolo, desde o século XVI e ata hai ben pouco, estivo nun dos alicerces do cruceiro da Catedral, inserido nunha fina columna torsa que segue o modelo das do Pórtico do Gloria.

Como chegou o bastón do Apóstolo a ser parte da Catedral? Desde que se atopou a súa tumba ata finais do século XVIII, fieis e peregrinos non tiñan contacto físico cos seus restos, ocultos no trasaltar da Catedral e sinalados cunha estrela no cenotafio do altar maior. Este feito provocaba certo desacougo nos peregrinos, á vez que mantiña vivo o debate sobre que restos se custodiaban na Catedral compostelá. Para calmar os ánimos, durante estes séculos a Catedral ofrecíalles toda unha serie de reliquias e relicarios vinculados ao Apóstolo: a cadea coa que o apresaron en Xerusalén, o coitelo co que foi martirizado, o corno dun dos bois bravos que transportaron o seu corpo de Iria Flavia a Compostela…E entre todos eles, o que máis destacaba é o relicario do bordón ao que, ata finais do século XIX, os fieis se achegaban para cumprir co ritual de tocar cos dedos o regatón do báculo de ferro, inserido na mencionada columna de bronce.

A CABAZA Este peculiar recipiente, dada a súa cortiza de madeira ao deixalo curar, permitía manter os líquidos frescos e tiña o tamaño perfecto para levalo colgado do bordón ou bastón. Antes do uso xeneralizado do plástico, este era o método elixido principalmente polos peregrinos para utilizalo como cantimplora. Aínda que o Códice Calixtino non menciona a Cabaza do Camiño de Santiago, entre os atributos propios da indumentaria do peregrino medieval, crese que esta debía de estar colocada de forma que fose fácil ofrecer o seu contido a outros peregrinos. Desta forma, á Cabaza do Peregrino atribúeselle a simboloxía de solidariedade, propia do Camiño de Santiago.

CREDENCIAL DO PEREGRINO A Credencial ten a súa orixe no salvoconducto que se entregaba aos peregrinos na Idade Media. Hoxe é un documento oficial no que os peregrinos recollen os selos que testemuñan o avance da súa peregrinación. É imprescindible a súa presentación para ter acceso aos Albergues de Peregrinos e para obter a Compostela ao terminar a peregrinación en Santiago. A credencial oficial e outras recoñecidas pola Catedral de Santiago están impresas en cartolina e consta de dieciseis páxinas que se abren en forma de acordeón. As primeiras páxinas aparecen ilustradas na foto que acompaña ao texto. A primeira páxina funciona como unha carta de presentación e debería encherse na asociación distribuidora cos datos do peregrino. Hai tamén na parte de arriba un espazo destinado ao selo da entidade que entregou a credencial; na parte de abaixo da mesma páxina, poñerase a data e o selo da Catedral unha vez cumprida a peregrinación.

A Compostela En Santiago, a oficina de atención ao peregrino expediranos a Compostela (tamén denominada compostelá) se percorremos os últimos 100 quilómetros a pé ou 200 en bicicleta (non debemos esquecer selar na localidade de saída). A Compostela é un documento centenario que acredita realizar o Camiño. Hai dous tipos de compostela, segundo se o Camiño fíxose con motivacións relixiosas (baixo pietatis causa) ou non. J

This article is from: