7 minute read

As Cachadas”. Historia dunha empresa símbolo da Guarda por Juan Ramón Tamuxe

Next Article
OCIO

OCIO

“AS CACHADAS”

HISTORIA DUNHA EMPRESA SÍMBOLO DA GUARDA

Advertisement

TÉMONOS QUE REMONTAR ATA O SÉCULO XIX, EN CONCRETO AO ANO 1808, PARA ATOPAR A MENCIÓN MÁIS ANTIGA SOBRE ESTA TELLEIRA DAS CACHADAS (DE LOMBA). FOI CON MOTIVO DA CONSTRUCIÓN DA IGREXA PARROQUIAL DE SAN XOÁN DE TABAGÓN, NO ROSAL. A COÑECIDA COMO “FÁBRICA DAS CACHADAS” ESTÁ SITUADA NA PARROQUIA DE SAN LOURENZO DE SALCIDOS E PERTENCE AO TURÍSTICO E MARIÑEIRO MUNICIPIO DA GUARDA.

Para a redacción da presente reportaxe, fi xemos unha pequena recopilación bibliográfi ca e algunhas entrevistas, tanto a antigos traballadores como a expertos na materia o que nos permitiu descubrir algúns dos datos máis curiosos e relevantes sobre esta empresa da vila do Trega,

E C Juan Ramón Tamuxe / Instituto de Estudios Tudenses

Segundo unha factura de compra de material ao que tivemos acceso, nesa data, a xunta parroquial obrigaba ao fregués Pedro Alonso do Cresto a ir “con su carro y bueyes al horno de las Cachadas y a conducir su carro de texa para la iglesia...”.

En palabras do escritor e historiador local Xoán Martínez Tamuxe, estudoso do tema “Cabaqueiro” durante décadas, “o Concello guardés tivo alí outra telleira inmediata a esta propiedade, José María Lomba, cando menos dende 1868. O propio Andrés Martín Lomba Urgal, casado con Ignacia Camiña Rodríguez, explotou así mesmo, a telleira de propios do Concello en decembro de 1868 e outras tempadas máis como a de 1894, a razón de 100 pesetas ano. Nesta data en diferente documentación xa se di a “Fábrica de Cerámica-Fundada en 1868”.

Polas nosas pesquisas sabemos que, ao morrer José María Lomba, a telleira pasa ao seu fillo Andrés Martín, e logo que este finou, a fábrica aparece a nome de “Viúda e Hijos de Lomba”. Debe tratarse dunha moderna telleira pois en 1880 se denomina “Fábrica de Cerámica”. Ademais tiña que contar con depurada técnica, ou tal vez, con certo tipo de maquinaria, xa que segundo recalca Tamuxe “nesa data a súa tella e ladrillo, foi premiada con Mención Honorífica na Exposición Rexional celebrada en Pontevedra. Caso insólito, paréceme, e alto honor, sen dúbida, para tan humilde material como as “cabacas e toupos” (tellas e ladrillos, na xerga dos telleiros/cabaqueiros), que lonxe de ser ordinariamente pezas artísticas, a súa perfección, merecera tal honra, recoñecemento e distinción”. Tras estudar diferente documentación sabemos que José Antonio Lomba Camiña en 1899 solicita ao Concello unha partida de barro (da telleira do propio concello) “con objeto de hacer algunos ensayos de una fábrica de cerámica que intenta establecer contigua a la del tejar que el exponente posee en dicho sitio”. Á beira daquela antiga “cabaqueira”, crearase a moderna e importante industria “El Progreso”. É curioso que a “Fábrica das Cachadas”, que ata 1900 aparecía segundo cabeceira de facturas, de “Viuda e Hijas de Lomba” (fundada en 1868), se chame de aí en diante “El Progreso”. Trátase agora, igualmente, dunha fábrica de cerámica artística de barro poroso, estilo alemán. Aínda, máis curioso é que o que fora en importancia e valor artístico a cerámica La Santa Cruz (A Guarda), a partir de 19001906, comeza a selo a cerámica “El Progreso”. A dirección da mesma está a cargo de José Antonio Lomba Camiña, aparecendo como apoderado xeral e director técnico da cerámica, seu irmán Abelardo Lomba Camiña, naturais e veciños da parroquia. En declaracións ao xornal El Pueblo Gallego do día 5 de outubro de 1935, José Antonio Lomba afirmaba: “En Galicia existe, en plena función y actividad, la primera fábrica que se ha instalado en España para la fabricación y venta de la cerámica artística y útil, en un todo parecida a su similar alemana, de barro poroso”. O mestre da vila, licenciado en Historia e antigo concelleiro de Patrimonio guardés, Javier Crespo González, lembra nos textos dos paneis informativos da área da impoñente e simbólica cheminea que aínda pervive nas inmediacións da fábrica, e da que logo falaremos, que naqueles tempos “El Progreso centra a súa produción en cerámica artística e doméstica: olas, xarras, pucheiros, barreños...”

Almacén 1932- cortesía da fábrica Diferente material cerámico fabricado nas Cachadas (1)

Imaxes aéreas das Cachadas facilitadas por un antigo empregado

Esta industria, ademais de contar cos mellores oleiros (portugueses e do lugar) procedentes da desaparecida cerámica guardesa La Santa Cruz, de El Castillo, manexou idénticos moldes e tipos de cerámica artística ou maiólica, mellorando aquela xa alta calidade artística, que chegaba aos mercados, preferentemente de España e Hispanoamérica, onde Lomba Camiña tiña representantes. Dos alfareiros máis destacados, Lomba Camiña acolle entre outros, a David Gómez Ferreira e a Juan Barbosa cos seus fillos, de orixe portuguesa. Foron obreiros de Santa Cruz do Castillo. Destacar tamén aos notables alfareiros Manuel A. Carrera “Pintanexo” (de Salcidos) así como a José Gándara “O Biocho”, igualmente de orixe lusa. Da notoria calidade artística desta cerámica son claros expoñentes a Medalla de Ouro, outorgada na Exposición Hispano Francesa de Zaragoza, en 1908 e o Gran Premio da Exposición Rexional Galega en Santiago. Máis tarde, 1910, a súa cerámica artística faise merecedora do Gran Premio da Exposición Internacional de Buenos Aires e do Gran Premio da Exposición Internacional de Barcelona (1911). E, aínda despois, seguiron outras distincións, sobresaíndo a da Exposición no Ferrol, en 1935.

Segundo o etnógrafo Luciano García Alén sobre 1940 “la orientación paulatina de esta empresa hacia la producción de material refractario y dieléctrico, en cuya especialidad ha logrado alto prestigio, motivó la interrupción de la fabricación de alfarería y de la cerámica artística en sus diversas modalidades”. Xa na década dos anos 80 do século XX, a industria guardesa conseguiría os premios “Alfa de Oro al mérito a la calidad” e “Alfa de Oro a la Investigación y la Tecnología”. En declaracións a COUSAS DE, un antigo empregado das Cachadas (agora xubilado) afirma que “durante a miña época na fábrica, na que estiven moitos anos, polo menos medio cento de veciños da Guarda e O Rosal, dúas e aínda tres xeracións, dedicaron toda a súa vida a traballar coa familia Lomba”.

Interior de As Cachadas. Operarios na Prensa - Tubos de Corredera (sobre 1967)

Engade que moitos comezaron como “pinches” (peóns) de rapaces e que logo, a maioría pasaron a ser oficiais, encargados ou mesmo desempeñando postos en servizos administrativos da empresa. “Calculo que no seu apoxeo chegamos a ser uns 130 traballadores, logo unha media de 90 máis ou menos”, Outros dos nosos entrevistados lembra que no terreo da fábrica habilitouse un campo de fútbol, que serviu de “casa” ao equipo San Lourenzo de Salcidos, chegando a disputarse alí varios campionatos do Baixo Miño. Igualmente, todos coinciden na importancia tempo atrás da desaparecida e lembrada “sirena” das Cachadas, pois “durante moitos anos serviu de guía. A xente do campo rexíase por ela. Ás 8 da mañá tocaba 5 minutos, e logo volvía a soar ás 9, ás 13, ás 14 e ás 18 horas”. Na actualidade, aínda se pode observar, unha fastuosa e impoñente cheminea que ronda os 60 metros de altura. Segundo a publicación realizada por José Luís Lomba Álvarez en 2009, con motivo da Feira de San Gregorio de Pías (O Rosal), “a cheminea foi construída con materiais propios en 1954. A compoñen 44.036 ladrillos, cun peso de 140.130 kg e cun custe de 68.910’10 ptas. O Sr. Cabo de Salceda de Caselas foi o construtor, apoiado por empregados da fábrica”.

A fábrica pertence dende hai máis de dúas décadas á multinacional francesa Imerys Kiln Furniture España, que segue coa fabricación e venda de cerámica e produtos refractarios. O grupo galo ten 16.500 empregados e 250 centros de traballo repartidos por cincuenta países.

Nos últimos anos, grazas á implicación do concello da Guarda e a Deputación de Pontevedra, levouse a cabo un proxecto de sinalización e acondicionamento da contorna desta cheminea, considerada xa no Baixo Miño un auténtico monumento, símbolo e testemuña histórica. J

BIBLIOGRAFÍA CONSULTADA -García Alén, Luciano. La Alfarería de Galicia, Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1983. -Gran Enciclopedia Gallega, tomo 6. Vitoria, 1974. -Lomba Álvarez, José Luis. “As Cachadas”. Libro de San Gregorio de Pías, 2009. -Martínez Tamuxe, Xoán. “Semblanza histórica de la industria José A. Lomba Camiña, S.A. Fábrica de productos cerámicos, refractarios y antiácidos”. (Artigo de 1989 recollido en Na Sombra do Trega, libro coordinado por Francisco Álvarez “Koki”. Dep. Pontevedra, 2017)

This article is from: