REPORTAXE
“AS CACHADAS” HISTORIA DUNHA EMPRESA SÍMBOLO DA GUARDA TÉMONOS QUE REMONTAR ATA O SÉCULO XIX, EN CONCRETO AO ANO 1808, PARA ATOPAR A MENCIÓN MÁIS ANTIGA SOBRE ESTA TELLEIRA DAS CACHADAS (DE LOMBA). FOI CON MOTIVO DA CONSTRUCIÓN DA IGREXA PARROQUIAL DE SAN XOÁN DE TABAGÓN, NO ROSAL. A COÑECIDA COMO “FÁBRICA DAS CACHADAS” ESTÁ SITUADA NA PARROQUIA DE SAN LOURENZO DE SALCIDOS E PERTENCE AO TURÍSTICO E MARIÑEIRO MUNICIPIO DA GUARDA. Para a redacción da presente reportaxe, fi xemos unha pequena recopilación bibliográfi ca e algunhas entrevistas, tanto a antigos traballadores como a expertos na materia o que nos permitiu descubrir algúns dos datos máis curiosos e relevantes sobre esta empresa da vila do Trega,
E C Juan Ramón Tamuxe / Instituto de Estudios Tudenses Segundo unha factura de compra de material ao que tivemos acceso, nesa data, a xunta parroquial obrigaba ao fregués Pedro Alonso do Cresto a ir “con su carro y bueyes al horno de las Cachadas y a conducir su carro de texa para la iglesia...”. En palabras do escritor e historiador local Xoán Martínez Tamuxe, estudoso do tema “Cabaqueiro” durante décadas, “o Concello guardés tivo alí outra telleira inmediata a esta propiedade, José María Lomba, cando menos dende 1868. O propio Andrés Martín Lomba Urgal, casado con Ignacia Camiña Rodríguez, explotou así mesmo, a telleira de propios do Concello en decembro de 1868 e outras tempadas máis como a de 1894, a razón de 100 pesetas ano. Nesta data en diferente documentación xa se di a “Fábrica de Cerámica-Fundada en 1868”.
José A. Lomba Camiña (1869-1956), director 52 cousas de