3 minute read
DISTRIBUCIÓN
Hamnet
Maggie O’Farrell Editorial Libros del Asteroide Na súa novela, Maggie O’Farrell, fabula ao redor da morte dun fillo de William Shakespeare, afondando nas pequenas grandes cuestións dunha existencia común e corrente como a maternidade, o matrimonio, a dor e a curación das feridas.
Advertisement
Tomás Nevinson Javier Marías Editorial Alfaguara Regresa Javier Marías empuxando de novo ao servizo activo a Tomás Nevinson, un dos protagonistas do seu anterior libro. A trama, que expón unha reflexión entre os límites do que se pode facer e o que non, está ambientada na España de 1997 co transfondo dos atentados de ETA e o IRA.
Regreso al Edén Paco Roca Editorial Astiberri
A partir dunha foto familiar de 1946 na antiga praia de Nazaret da capital valenciana, Paco Roca crea un cómic sobre a España da posguerra a través dunha daquelas familias humildes, reflexo da inmensa maioría da sociedade que sobrevivía baixo a ditadura franquista. Poesía reunida (1982-2004) Xela Arias. Letras Galegas 2021 Editorial Xerais A obra poética de Xela Arias ocupou un lugar de seu na cartografía literaria das últimas décadas cunha obra en consonancia coa renovación do discurso poético producida dos anos 80 en diante, así como coa proliferación dos discursos do feminismo, aos que acompañou como pioneira.
Ruta de escape Philippe Sands Editorial Anagrama Pódese ser un perfecto esposo e pai de familia e ao mesmo tempo un criminal de guerra? O autor explora os motivos que levan a un home a cometer actos atroces, e desta maneira reconstrúe o pasado convulso de Europa. Non sendo unha novela, o autor imprime un tempo narrativo e unha cadencia dignas da mellor ficción.
Ahí fuera. Guía para descubrir la naturaleza Maria Ana Peixe Dias, Inês Teixeira do Rosário , Bernardo P. Carvalho Editorial GeoPlaneta
Creado por un equipo de especialistas, este libro pretende espertar a curiosidade sobre a fauna, a flora e outros aspectos do mundo natural que poden ser observados na nosa contorna.
Ante a situación xerada polo estado de alarma, en COUSAS DE, tomamos a decisión de poñer en marcha unha serie de medidas extraordinarias, para asegurar a chegada de exemplares da nosa revista, de maneira segura, en todas e cada unha das localidades obxecto habitual de cobertura informativa da nosa cabeceira. Unha destas medidas é o acordo con establecimentos especializados na venda de libros, revistas e prensa en xeral, como novos puntos de distribución da revista. Queremos mostrar o noso agradecemento a todos e cada un deles polo entusiasmo mostrado ante esta nova proposta. Nestes días tan complicados tamén queremos trasladarlles o noso maior recoñecemento a eles e a todas as mulleres e homes que rexentan quioscos e librarias, por cumprir cunha misión tan importante como é a de garantir un ben de primeira necesidade: a información procedente da prensa escrita. A GUARDA.- Librería LER, librería Cervantes e Librería Ideas AS NEVES.- Estanco BAIONA.-Librería Vernet e Estación de Servicio Monterreal. Sabarís.- Kiosko Sabarís BUEU.- Librería Abrente, Librería Miranda e Panadería Amador CANGAS.- Kiosco Goluts, Kiosko La Ventana e Libraría Wells e Libraría A Esmorga GONDOMAR.- Librería Libraida e Asociación de Empresarios A Pasaxe MARÍN.- Librería Maky e Libraría Nobel MOAÑA.- Librería Nobel e Libraría La Papelería MONDARIZ.- Librería Santa Eulalia MOS.- Librería Arte e Ciencia NIGRÁN.- Libraría Paraísos de Papel e Estanco. Ramallosa. - Kiosko Ramallosa e Copisteria Duplicolor Panxón.- Estanco César O PORRIÑO.- Librería Recondo, Kiosco El Pinar e Librería Papelería Copirey e Kiosco Regaliz O ROSAL.- Librería Ideas e La Segunda Vuelta PONTEAREAS.- Librería Papiros, Librería Don Papel e Librería Mil Follas PONTEVEDRA.- Libraría Nobel (zona Museo) e Kiosco Beni (Mercado) PAZOS DE BORBÉN .- Kiosko - Tabacos Huno REDONDELA.- Quiosco Cocó, Quiosco Chelo, Quiosco Xunqueira e Libraría La Imprenta. Chapela de Arriba.- Estanco SALCEDA.- Librería Sernel, Librería Lemos e Librería Dona SALVATERRA.- Kiosko Bolboreta e Estanco SOUTOMAIOR.- Arcade Librerías Loli e Kiosco Tulipán TOMIÑO.– Librería Novidades e Quisco Loterías Gonzalo. Goian (Tomiño )Mercado TUI.- Librería Nobel, Estanco/quiosco rúa Ourense e Librería Iris VIGO.- Librería Librouro, Librería Solidaria Aida, Librería Nobel (Gran Vía)e Libraría Cartabón, Libraría Nobel (Calvario)