COUSAS DE revista Nº9

Page 65

OCIO /LIBROS Hamnet

Poesía reunida (1982-2004)

Maggie O’Farrell Editorial Libros del Asteroide

Xela Arias. Letras Galegas 2021 Editorial Xerais

Na súa novela, Maggie O’Farrell, fabula ao redor da morte dun fillo de William Shakespeare, afondando nas pequenas grandes cuestións dunha existencia común e corrente como a maternidade, o matrimonio, a dor e a curación das feridas.

A obra poética de Xela Arias ocupou un lugar de seu na cartografía literaria das últimas décadas cunha obra en consonancia coa renovación do discurso poético producida dos anos 80 en diante, así como coa proliferación dos discursos do feminismo, aos que acompañou como pioneira.

Tomás Nevinson

Ruta de escape

Javier Marías Editorial Alfaguara

Philippe Sands Editorial Anagrama

Regresa Javier Marías empuxando de novo ao servizo activo a Tomás Nevinson, un dos protagonistas do seu anterior libro. A trama, que expón unha reflexión entre os límites do que se pode facer e o que non, está ambientada na España de 1997 co transfondo dos atentados de ETA e o IRA.

Pódese ser un perfecto esposo e pai de familia e ao mesmo tempo un criminal de guerra? O autor explora os motivos que levan a un home a cometer actos atroces, e desta maneira reconstrúe o pasado convulso de Europa. Non sendo unha novela, o autor imprime un tempo narrativo e unha cadencia dignas da mellor ficción.

Regreso al Edén Paco Roca Editorial Astiberri A partir dunha foto familiar de 1946 na antiga praia de Nazaret da capital valenciana, Paco Roca crea un cómic sobre a España da posguerra a través dunha daquelas familias humildes, reflexo da inmensa maioría da sociedade que sobrevivía baixo a ditadura franquista.

Ahí fuera. Guía para descubrir la naturaleza Maria Ana Peixe Dias, Inês Teixeira do Rosário , Bernardo P. Carvalho Editorial GeoPlaneta Creado por un equipo de especialistas, este libro pretende espertar a curiosidade sobre a fauna, a flora e outros aspectos do mundo natural que poden ser observados na nosa contorna.

cousas de 65


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.