19 minute read
ACTUALIDADE
O IV SIMPOSIO INTERNACIONAL DE ESCULTURA DO MIÑO CELEBRARASE DO 15 DE SETEMBRO AO 4 DE OUTUBRO EN GOIÁN
Advertisement
A cuarta edición do Simposio Internacional de Escultura do Miño, organizado pola Eurocidade Cerveira-Tomiño, xa ten data de celebración: do 15 de setembro ao 4 de outubro no Espazo Fortaleza de Goián (Tomiño). O evento, previsto inicialmente para o mes de xuño, tivo que adiarse por mor da situación xerada pola Covid-19, decidindo os coordinadores reprogramar as datas de celebración deste certame internacional xa consolidado, no que seis recoñecidos artistas de distintas partes do mundo, traballan en vivo para amosar a súa mestría ao público xeral. Baixo a dirección artística dos escultores Liliya Pobornikova e Nando Álvarez, esta cuarta edición do simposio recibiu preto de 200 candidaturas procedentes de máis de 40 países e un xurado composto por membros dos dous concellos, será o encargado de elixir aos seis participantes defi nitivos. Como ven sendo habitual, os artistas traballarán ao aire libre ao longo de tres semanas, mantendo a distancia necesaria entre un e outro, para crear as súas esculturas comodamente e respectando todas as medidas de seguridade. Ademais, manterase a distancia co público, evitando a celebración de actos abertos á veciñanza ou aglomeracións de xente. Como novidade desta cuarta edición, adiantan os coordinadores que os escultores traballarán por primeira vez un novo material: o metal, xa que até o de agora viñan esculpindo en materiais máis tradicionais, coma o mármore e o granito. A Eurocidade Tui - Valença acollerá os días 9, 10 e 11 de Setembro de 2021 MUMi - Músicas no Minho O encontro reunirá artistas e bandas, promotoras, empresas de management, festivais, editoras, empresas de servizos e produción, etc. para compartir ideas, crear sinérxias sólidas, establecer novas redes de contacto e coñecer novas propostas en primeira persoa. A feira contará cunha programación profesional que incluirá actividades de formación (técnica, xurídica, marketing), speedmeetings (encontros rápidos) entre profesionais do sector, showcases cunha selección de artistas e bandas da Galicia e Portugal, e unha feira sectorial coa presenza das empresas das diferentes áreas do sector. Tamén haberá concertos abertos ao público en xeral coa selección de propostas musicais de diversos estilos e formatos, nunha programación que demostrará os novos valores e as fi guras xa consagradas en espectáculos multidisciplinares para o público familiar e adulto.
A GUARDA CONVIDA A VISITAR O MASAT E MUSEO DO MAR
Museo Arqueolóxico Santa Trega (MASAT) O Museo Arqueolóxico de Sta. Trega (MASAT) ocupa o edifi cio deseñado como restaurante polo arquitecto porriñés Antonio Palacios. Por subscrición popular a Sociedade pro Monte compra e adapta o inmoble inaugurado como Museo en 1953 e no que se depositaron os materiais almacenados ata ese momento nun céntrico local da Guarda. Ofrece o MASAT unha completa colección de labras e esvásticas, de moedas romanas, de obxectos cerámicos, vidro… e como pezas singulares destacan un espléndido remate de torques decorado con fi nas fi ligranas e o cabezón do Trega, o achado máis emblemático das escavacións realizadas recentemente. Museo do Mar O Museo do Mar atópase no Porto da Guarda, nunha atalaia ao fi nal do paseo marítimo e conta con dúas coleccións: unha etnográfi ca cunha mostra das antigas artes de pesca e os seus aparellos e outra malacológica, cunha selección de cunchas de mar procedentes de todo o mundo. Unha parte do patrimonio inmaterial está recollido en vídeos editados polo Concello: “Xentes do mar”, “Lendas de mar”, “Mulleres do mar” e “Tesouros vivos”.
A ADEGA DÁ UN IMPULSO AO SEU PROGRAMA ENOTURÍSTICO BRINDANDO SEIS EXPERIENCIAS PARA VIVIR MOMENTOS INDELEBLES
O PARQUE FORESTAL DE CAMPOSANCOS PERMITIU POR EN VALOR O MONTE SANTA TREGA E A ELIMINACIÓN DE ESPECIES INVASORAS
Este proxecto ten coma obxectivos principais a eliminación e control do incremento de acacias no monte, favorecer o espallamento de especies forestais frondosas autóctonas, de alto valor ecolóxico e a realización de traballos de prevención de incendios forestais. As actuacións realizadas no monte estiveron encamiñadas a conquerir uhna maior biodiversidade, maior valor paisaxístico intrínseco axeitado ca sua gran importancia patrimonial, eliminar os efectos perniciosos dende o punto de vista ecolóxico das especies invasoras e reducir o risco de incendios forestais, actuando sobre unha superfi cie total de 77,67 hectáreas. A súa vez traballouse na rehabilitación de sendeiros que se atopaban impracticables por causa da vexetación. Todas as actuacións realizáronse de xeito manual, excepto a retirada de parte da madeira que se fi xo de modo mecanizado desde o borde de pista ao punto de trituración. Esta actuación realizouse grazas a una subvención para a creación de Parques Forestais por parte da Deputación de Pontevedra, cun importe superior aos 30.000 euros.
O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a Concelleira de Medio Ambiente, Montserrat Magallanes; técnicos de Medio Ambiente municipais e representantes da Comunidade de Montes de Camposancos, visitaron o espazo recentemente habilitado coma Parque Forestal en terreos da citada comunidade no Monte de Santa Trega.
Dona Urraca e Francisco Sánchez guías de excepción das novas rutas para descubrir as xoias ocultas do patrimonio de Tui
Nestes tempos de pandemia, Tui aposta por un turismo activo e ó aire libre desenvolvido a través do material gráfico das novas guías turísticas que están pensadas para ser autoguiadas descubrindo os recunchos do conxunto histórico. Unha das novidades destes novos materiais de turismo é que están dirixidas a un público familiar, co obxectivo de fomentar a participación dos nenos con pequenos cuestionarios e diferentes xogos relacionados co patrimonio tudense. As tres novas rutas propostas son “O tesouro de Salomón”, “O túnel de dona Urraca”, e unha ruta máis xeral guiada a través dun mapa da vila. Coma novidade na guía vanse facendo preguntas que o visitante ten que ir descubrindo e que “permiten coñecer un Tui distinto”. “O tesouro de Salomón”, vinculado á ruta xudía, cunha duración de 120 minutos, está guiado por Francisco Sánchez, “quizais o persoeiro máis importante da historia de Tui” A ruta de “O túnel de dona Urraca”, cunha duración de 75 minutos “está plantexada cun percorrido polo conxunto histórico entorno á Catedral”. A elección dos dous personaxes que guían as rutas, Francisco Sánchez e Dona Urraca, segundo se explicou, obedece a que Francisco Sánchez é un personaxe moi destacado da historia de Tui e da historia mundial, e Dona Urraca tamén, e válen para falar doutras partes da historia máis transversal coma a independencia de Portugal e o papel que tivo Tui. Estas novas guías están publicadas en galego e castelán, contan co deseño e ilustración de Xosé Tomás e guión da historiadora Sara Quintana. As guías poden atoparse na Oficina Municipal de Turismo, cunha tirada de ata 5.000 exemplares e tamén se poden descargar na web municipal.
VIVE BAIXO MIÑO
SALCEDA CELEBROU AS XII XORNADAS DA CAMELIA CON EXPOSICIONES FLORAIS QUE ENCHERON DE COR AS RÚAS DO MUNICIPIO
Este ano non se puido celebrar a mostra da Camelia nas condicións habituais pero mesmo así, asociacións e expositores non quiseron deixar pasar a oportunidade de celebrala.
Adaptándose á situación sanitaria actual O Concello de Salceda de Caselas celebrou os días 20 e 21 de marzo a XII edición das Xornadas da Camelia, con exposiciones fl orais ao aire libre en varios puntos do municipio e con unha mostra virtual a través das redes sociais do Concello. A mostra contou coa colaboración dos expositores locais, a asociación de xubilados/as e mulleres rurais. Este é so un pequeno resumen do que foi a mostra da Camelia, deste ano diferente marcado pola covid19.
As ramplas da Gran Vía e o carril bici, Premio Semana Española da Mobilidade Sostible
Vigo suma un novo galardón nacional polo seu proxecto de mobilidade urbana. O Premio Semana Española da Mobilidade Sostible 2020 recaeu no Concello de Vigo polas ramplas mecánicas da Gran Vía e o carril bici desde Teis ata a Avenida de Castelao, un recoñecemento outorgado polo xurado e comunicado recentemente polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfi co. O galardón -compartido ex aequo con Pamplona- recoñece o traballo do Concello pola “seguridade dos ciclistas” no carril bici e, nas ramplas da Gran Vía, “os esforzos por facer da cidade un entorno amigable para os peóns, fomentando os desprazamentos a pé”, tal e como narrou Caballero. “O Goberno de España acaba de dar o Premio Semana Española da Mobilidade Sostible 2020 ás ramplas da Gran Vía e ao carril bici da cidade de Vigo”, informou o alcalde: “Estou satisfeito, contento e orgullosísimo”. Non é o primeiro recoñecemento que recibe nin as ramplas da Gran Vía nin a iniciativa do Vigo Vertical. Abel Caballero recordou que no 2015 o Ministerio distinguiu tamén ás escaleiras mecánicas da Porta do Sol. En segundo lugar, a prestixiosa publicación Elevator World concedeu o seu Primeiro Premio do Proxecto do Ano 2021 ás ramplas mecánicas da Gran Vía, situando a Vigo, engadiu Caballero, ao nivel doutras urbes gañadoras en 2021, como Melbourne, Nova York, Xerusalén ou Hong Kong. Por último, a revista especializada City Monitor, de San Francisco, fi xo referencia ao proxecto vigués, mostrando as ramplas mecánicas e os ascensores de Vigo como “exemplo” de mobilidade: “Estamos empezando a ser unha gran referencia en España e no mundo de mobilidade sostible, ecolóxica e respectuosa”, concluíu o alcalde.
Soutomaior declara as praias do Peirao e Matilde “Libres de fumes”
O Concello de Soutomaior xa ten as súas praias preparadas cunha gran novidade, a inclusión dos areais máis visitados do municipio na Rede Galega de praias sen fume. Unha iniciativa do Sergas para promover unha vida sen tabaco e desnormalizar o seu consumo na sociedade galega. A rede de praias sen fume xa conta coa colaboración de 66 concellos de toda Galicia e un total de 162 praias. Nelas está prohibido fumar, pero non existe vixilancia nin sanción por se alguén decide facelo xa que lla iniciativa ten carácter educativo e o seu obxectivo é a sensibilización social, por iso apélase á responsabilidade persoal e social de cada veciño recalcando a importancia de evitar as condutas nocivas das persoas adultas diante dos máis pequenos.
BAIONA PRESENTOU A SÚA EDICIÓN MÁIS ESPECIAL DA ARRIBADA
Non puido ser nesta primeira fin de semana de marzo como é tradicional, pero a XXVI edición da Festa da Arribada será unha realidade tamén este ano aínda que se retrasa ao inicio do mes de outubro, en concreto aos días 1, 2 e 3. No acto de presentación da Festa internacional e do cartel desta inédita edición, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Baiona, Carlos Gómez, coincidiron na importancia de levar a cabo a Arribada, coas correspondentes medidas sanitarias, para manter “o selo de identidade da vila e unha das celebracións máis importantes da provincia e de Galicia”. Neste acto tamén estiveron a deputada provincial Ana Laura Iglesias, a xefa de zona VigoSur de Abanca Ángela Rodríguez, a delegada da Xunta en Vigo Marta Fernández Tapias, así como autoridades locais e representantes de asociacións do concello de Baiona. A presidenta provincial quixo felicitar ao goberno municipal, así como a todos os grupos políticos de Baiona, que tomaron a decisión de dar luz verde á celebración da Arribada. “Non podemos renunciar a ter soños, a manter aquelas festas tan importantes que, amais, son un elemento de gran atracción de visitantes e, polo tanto, de riqueza”, polo que considerou que “foi unha extraordinaria decisión” mantela. Pola súa banda, o alcalde de Baiona, Carlos Gómez, quixo agradecer o esforzo de todas as persoas e organismos que fan posible esta nova edición da Festa da Arribada e asegurou que “abriremos o mes de outubro coa nosa festa por excelencia, o noso maior selo de identidade fora das nosas fronteiras”, así como a súa esperanza por “poder celebrala como se merece, por todo o alto. No acto tamén presentouse oficialmente o vídeo promocional da Arribada 2021 que ten por título “Mensaxe nunha Botella”. As protagonistas son dous baionesas, Ángela Loureiro Giráldez y Ángela González Comesaña, que participaron anos anteriores na obra de teatro que todos os anos represéntase na praia Ribeira durante a festa. Tamén foi presentado un novo doce os “Panizos Indios”, unha receita típica indíxena que a panadaría Yajoma de Sabarís recuperou e adaptou como doce para esta edición tan especial da Festa da Arribada.
A Festa da Arribada representa a efeméride que puxo á Real Vila no mapa da historia hai 528 anos. De Baiona partiron as noticias que informaron a toda Europa da existencia dun novo continente en 1496; unha efeméride que puxo á real vila no mapa da historia fai 528 anos. O evento, un dos nove de Galicia co distintivo de Interese Turístico Internacional celebrouse de forma ininterrompida na vila desde fai 26 anos e precisamente éste é o gran anhelo e unha das máximas do goberno baionés nun ano marcado pola pandemia: Que a Arribada de Baiona poida chegar a celebrarse e coa súa celebración búscase incentivar a economía local tras un ano difícil para a hostalaría e o comercio.
Interviñentes no acto e mestre do obrador
A XUNTA INVESTIRÁ 900.000 EUROS PARA REHABILITAR A IGREXA DO MOSTEIRO DE SANTA MARÍA DE OIA, UNHA DAS XOIAS DO CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA
A intervención na igrexa, mellorará as condicións de humidade e resolverá os problemas da falla de mantemento
A actuación que se levará a cabo neste Ben de Interese Cultural permitirá mellorar as patoloxías derivadas da entrada de auga, así como resolver os problemas pola falla de mantemento e conservación. Así, o proxecto prevé que as principais actuacións se centren nas fachadas e cubertas, así como en mellorar as condicións de ventilación. Para iso modificaranse os aleiros, co fin de evitar a entrada de auga pola cabeza dos muros, restaurarase a cuberta do faldón norte e rebaixarase a cota do terreo arredor das fachadas leste e sur da igrexa. Así mesmo, tamén se eliminarán os rexuntados interiores de cemento e cambiaranse as actuais carpinterías deterioradas e sen ventilación por outras de aceiro inoxidable negro con ventilación permanente. As obras previstas no Mosteiro de Oia complétanse coa apertura da antiga comunicación entre a sancristía e a torre do campanario, co acondicionamento do adro da igrexa completando a actual pavimentación en granito e coa execución dun novo sistema de evacuación de augas pluviais e residuais de todo o conxunto.
IGREXA MONACAL DE SANTA MARÍA DE OIA A igrexa monacal de Santa María de Oia, actual igrexa parroquial, data de fi nais do século XII e principios do século XIII, e caracterízase pola ausencia de elementos ornamentais, característico da austeridade da Orde do Císter. A nave central cóbrese con bóveda de canón apuntado, apoiada sobre arcos faixóns que arrincan de ménsulas graduadas, do mesmo xeito que as laterais. A ampla cabeceira está conformada por cinco capelas rectangulares que corresponden directamente cos brazos do cruceiro Preside o templo un retablo maior manierista de comezos do século XVII con relevos e escenas dos santos do Císter e da vida de María, patroa do mosteiro. A igrexa comunica co claustro a través dunha porta do século XVI, da mesma época da que data a antiga sacristía. No século XVI constrúese o coro e a sacristía coas súas singulares bóvedas planas e nervios curvos, obra de Bartolomé de Hermosilla. Sobre o arco de ingreso á cabeceira presenta unhas pinturas que representan ó rei Alfonso VII e ó seu fi llo D. Sancho, así coma os escudos das ordes militares. A fachada actual data do século XVIII e consta de dous corpos: o inferior que posúe no centro unha sinxela portada con hornacina para a imaxe da Virxe, e no corpo superior o escudo do Mosteiro fi nalizando cun frontón triangular. Do século XVIII data tamén a torre barroca erguida sobre a sacristía, para sustituir o antigo campanario.
NIGRÁN INCOPORARÁ AS SÚAS DÚAS PRIMEIRAS ESPECIES AO CATÁLOGO DE ‘ÁRBORES SENLLEIRAS DE GALICIA’ PARA OUTORGARLLES MÁXIMA PROTECCIÓN
O Concello de Nigrán presentará as súas dúas primeiras especies para que se incorporen ao catálogo de ‘Arbores senlleiras de Galicia’ creado pola Xunta no 2007 co obxectivo de outorgarlles a máxima protección. En concreto, trátase da coñecida como ‘arbore botella’ pegada á entrada da antiga fábrica de champán e do castiñeiro situado no recinto da igrexa de San Pedro, ambas situadas na traza do Camiño Portugués pola Costa, con máis dun século de vida, unha foránea e a outra icónica de Galicia, e a 400 metros unha da outra. Actualmente, no Val Miñor só figuran neste catálogo os cipreses do pazo de Gondomar. A árbore botella, braquitito ou kurrajong é unha especie exótica natural do este de Australia moi rara de atopar en Galicia e posiblemente traída por migrantes, polo que ten un especial interese por este motivo e pola súa relación histórica coa antiga fábrica de champán coa que linda, xa que antigamente formaba parte da súa finca (está situada no lugar da Pereira, nun cruce de camiños na parroquia de San Pedro). Co paso do tempo a empresa vinícola fixo un muro cunha placa tallada na entrada na que figura o ano 1901, quedando o braquitito na rúa, polo que non cabe dúbida de que supera os 120 anos (a maiores, unha ancha cicatriz vertical na cortiza denota a súa gran idade). Esta foi a primeira adega de champaña de Galicia, onde se fabricou entre 1920 e 1925 o ‘Gran Champán Galicia’ baixo a marca ‘Manuel Costa y Cía’, feito de especial interese histórico para Nigrán que o Concello desexa divulgar tamén a través desta singular ‘botella’. Castiñeiro de San Pedro. A escasos 400 metros, custodiando unha das entradas ao camposanto de San Pedro, parada do Camiño de Santiago pola Costa, atópase o castiñeiro, cun diámetro de 158 cm (28 cm por riba do perímetro normal) e 35 metros de altura baixo un aspecto corpulento e porte erecto. O enxeñeiro forestal municipal certifica “sendo moi precavido’ que supera os 110 anos, xa que nas fotografías do voo américano de 1956-1957 xa se aprecia cunha copa moi similar, polo que como mínimo naquel intre tería 50 anos.
AMIGOS DA TERRA E CONCELLO DE NIGRÁN PROMOVEN UNHA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE PLÁSTICOS NAS PRAIAS
A campaña ‘Plántalle cara aos plásticos’ invita a que os conviventes aproveiten os paseos polos areais da localidade para facer recollida de lixo e ser así ‘familias concienciadoras’ O Concello de Nigrán mantén a súa aposta pola concienciación cidadá mediante unha novidosa campaña que busca que os paseos da veciñanza pola praia resulten saudables tamén desde o punto de vista medioambiental. Baixo o lema ‘Plántalle cara aos plásticos’ Concello e a asociación ecoloxista ‘Amigos da Terra’ invitan a que os conviventes se autoorganicen para recoller lixo nos distintos areais do municipio. A acción será recoñecida premiando a cada grupo cun diploma de ‘Familia Concienciadora’, unha guía de aves do ecosistema dunar Praia América-Panxón e un paquete de sementes florais atraentes de insectos polinizadores, claves para a supervivencia do planeta. Os interesados en participar tan só teñen que descargar unha ficha da web www.nigran.org e cubrila durante a limpeza, facer unha foto de grupo co lixo obtido e enviar os dous documentos a comunicacion@nigran.org. O Concello instalou cadanseu ‘peixe tragaplásticos’ en Praia América e Patos para depositar aí o lixo e facer máis visible a campaña, pero resulta igualmente convinte que os participantes o tiren en contedores separativos. Aqueles que envíen a comunicacion@nigran.org unha foto da acción e unha ficha cuberta (descargable en www. nigran.org) serán premiados con sementes florais atraentes de insectos polinizadores, un diploma e unha guía de aves do ecosistema dunar de Praia América-Panxón Desde Amigos da Terra, o seu voceiro Antón Lois destaca o positivo que resulta para a biodiversidade que se planten sementes florais atraíntes de insectos polinizadores ante o colapso mundial dos mesmos. “Os insectos están diminuíndo en todo o mundo debido a agricultura industrial e ao uso intensivo de pesticidas que ameazan a produción de alimentos. Eles manteñen en funcionamento o sistema ecolóxico do planeta e aseguran a nosa subministración de alimentos: o 75% dos nosos cultivos máis importantes dependen da polinización por insectos”.