2 minute read

OCIO

O MUSEO DE PONTEVEDRA DALLE O NOME DE CASTELAO AO EDIFICIO COÑECIDO COMO “O SEXTO”

O 2021 é para a cidade de Pontevedra sinónimo de Castelao. Primeiro, coa adquisición por parte da Deputación do Álbum Nós para o Museo e, despois, porque esta compra propiciou o cambio de nome do ata o de agora coñecido como Sexto Edificio. Será Daniel Alfonso Rodríguez Castelao, cuxa principal obra exhíbese no interior da institución cultural, quen por fin, lle da nome á sede. O seu bautizo chegará noventa anos despois de que o artista e político fixese o seu primeiro depósito ao Museo de Pontevedra, ao que cedeu once das súas obras. Desde o 1931, a través de doazóns e adquisicións, a entidade foi engrosando a súa colección ata albergar máis de 2.000 obras de Castelao, converténdose no museo de referencia para o seu legado.A última peza en pasar a formar do fondo pontevedrés é o Álbum Nós, cuxa compra á familia Liño, propietaria do medio centenar de láminas orixinais, formalizouse neste mes de xaneiro. Foi, precisamente, esta adquisición a que fixo ao Consello Asesor do Museo decidirse a “reparar unha inxustiza histórica”,

Advertisement

En febreiro o Museo culminou ese proceso de recoñecemento con Daniel Alfonso Rodríguez Castelao, quen puxo fin a un debate que roldou ao ata o de agora coñecido como Sexto Edificio desde que se terminou a súa construción no 2008. Entón barallábase xa o nome do artista e político para bautizar á nova sede da institución cultural, así como tamén o de José Filgueira Valverde, Valle Inclán, Ventura Figueroa ou García de Régaa, entre outros. A historia do Museo de Pontevedra estivo ligada á figura de Castelao desde a súa chegada á cidade, en 1916. É o único artista que conta cun espazo “exclusivo” para a súa obra. Castelao colaborou activamente na creación do Museo de Pontevedra e chegou a realizar debuxos e apuntamentos sobre as reformas arquitectónicas do Edificio Castro Monteagudo, a primeira sede da entidade. Tamén iniciou no 1931, cando era membro do Padroado do Museo, a súa propia colección depositando once das súas obras. Naquel entón manifestou o seu desexo de reunir alí o máis destacable da súa produción.

Este depósito inicial foi adquirido en 1964 á súa viúva, Virxinia Pereira, quen legou outros bens da súa propiedade. Desde ese momento, novas doazóns e compras ampliaron a colección e, con elas, a súa relevancia grazas á postura dos seus anteriores directores, Figuera Valverde e Carlos Valle. Felizmente, esta dinámica alcanzou un punto culminante coa recente adquisición do Álbum Nós, permitindo que o Museo de Pontevedra reúna as obras máis significativas e emblemáticas de Castelao. Agora, todas as facetas de Castelao, como caricaturista, debuxante, pintor, ilustrador, escenógrafo, novelista, autor teatral, ensaísta e político están representados nunha sala e en edificio que levan o seu nome.

This article is from: