4 minute read

TRADICIÓNS POPULARES

Next Article
DISTRIBUCIÓN

DISTRIBUCIÓN

A DANZA DE ESPADAS DE REDONDELA

E C Xosé Martínez Crespo. Licenciado en Xeografía e Historia pola USC

Advertisement

As Danzas de Espadas achábanse amplamente difundidas por toda Europa na Idade Media, unidas xa entón a celebracións tanto profanas como relixiosas. O seu signifi cado, aínda que moi discutido, ten que ver en orixe coa supervivencia de tradicións megalíticas relacionadas con cerimonias da vexetación e da primavera, asociadas a ritos de carácter guerreiro, de fertilidade, e incluso medicinal, consagrados a diversos deuses, e moi especialmente aos da primavera e das armas. Na antiga Roma executábanse danzas en honor da deusa Ceres e dos deuses Marte e Lares, destinadas a asegurar a protección das colleitas. Na Idade Media, o pobo foi incorporando moitas destas danzas ás celebracións cristiáns en homenaxe a Deus e aos santos, executándose tanto dentro dos templos como nas procesións organizadas polos gremios e corporacións cívicas de cidades e vilas. Xa se bailaba en Redondela en honor ao Corpo de Deus durante os séculos XVI e XVII, cando as súas “voltas e revoltas” embelesaban a la multitud, e os seus compoñentes eran mariñeiros pertencentes ao “Gremio da Mar”, o máis importante da vila. Estaba integrada por 25 homes distribuídos en 1 Mestre, que a dirixe; 4 Primeiros ou Guías, que van diante; 16 Espadas e 4 Rabelas ou Rabelos, que pechan o conxunto. Hoxe, por razóns de espazo e desenvolvemento da Danza, o seu número adoita ser de 21, máis, a lo menos, un gaiteiro e un tamborileiro. No século XVII pagabaselles por danzar, pero en cambio podían ser multados no caso de non asistir. A Danza bailábase tamén no día de San Xoán Bautista, santo patrón dos mariñeiros de Redondela, e con ocasión doutras festas e celebracións: en Pascua de Resurrección, na recepción ou visitas das autoridades, vodas e nacementos Reais (como por exemplo en 1605 en honor ao nacemento de Felipe IV), etc. As danzas son unha das formas máis primitivas da relixiosidade, indispensables no rito e no misterio.

Danza espadas Redondela 1910

Os danzantes, guiados polo Mestre, avanzan en catro fi las, emparellados de dous en dous a esquerda e dereita dando escolta ao Santísimo ou á Virxe, que van no centro da formación. O Mestre colle as puntas das espadas dos Primeiros, dúas en cada man, e éstes, como cabezas de cada liña, collen a espada do seu compañeiro de fi la, que a súa vez colle a do seguinte, e así sucesivamente, excepto os catro últimos danzantes, os Rabelas, que actúan na cola da danza coa misión de marcar a coreografía dende atrás. Para facilitar os seus movementos, as empuñaduras e as puntas das espadas van suxeitas ao pulso dos danzantes cunhas cintas, permitíndolles liberar as mans para facer repicar as castañolas, tradicionalmente de madeira labradas en forma de cuncha de vieira. A Danza executábase en todas as Paradas obrigadas da Procesión, entre elas no Campo das Monxas Xustinianas, fronte o Convento, e na antiga Praza do Estaleiro, hoxe Praza da Constitución, onde realizan o baile máis longo e completo. A antiga melodía que acompaña á Danza, se adapta perfectamente ao baile, que mantivo unha continuidade case ininterrompida dende os seus inicios fai uns cinco séculos. En 1904, a Danza de Espadas de Redondela gañou o primeiro premio —moi disputado coa de Marín— nun certame celebrado na praza de touros de Pontevedra nas festas da Peregrina.

A partir do século XX, ao ir perdendo forza as actividades mariñeiras, se integraron na Danza individuos procedentes doutros ofi cios, que ao son da gaita e o tamboril realizan unha serie de pasos ou fi guras coreográfi cas en honor do Santísimo Sacramento e da Virxe. Ademáis pódese bailar para honrar outros símbolos que se poidan considerar positivos, pero nunca ante Coca (o dragón redondelano), pois é o símbolo do mal. Dentro e fóra do grupo bailan as Penlas, que realizan a súa propia e moi curiosa danza en combinación coas fi guras da Danza de Espadas, nela fan tamén saúdos ao Santísimo e á Virxe, aos que lles botan frores. A Danza de Espadas redondelana innovou no século XX outras fi guras que chegaron a desprazar as orixinais ou clásicas, que prácticamente deixaron de bailarse. Xurdiron así os novidosos e variados pasos coñecidos cos nomes de “a Áncora”, “a Estrela” ou “a Cruz”, “a Mapoula” ou “o Trevo”, “o R” (de Redondela), e outros. Na actualidade, as fi guras que normalmente se bailan no Corpus son sete, algunhas coincidentes coas anteriores: “Agachada e reverencia ao Santísimo”, “Camiño de Santiago”, “o Oito”, “a Estrela”, “a Mapoula”, “a Áncora”, e “o R”, executándose sucesivamente nesta orde. Sen dúbida esta Danza e a das Penlas son un fermoso e sorprendente espectáculo que ninguén debería perderse nas Festas do Corpus Christi ou da Coca de Redondela.

Orixinalmente se usaban espadas auténticas de metal, pero durante a Procesión do Corpus de 1834, debido a unha disputa na ponte de Vilavella por cuestións de precedencia e escolta si á Virxe ou San Xoán, a imaxe do Santo caeu ao río, polo que o alcalde de entón decidiu substituír as espadas por outras de madeira pintada como as que se usan na actualidade.

TURISMO

This article is from: