TRADICIÓNS POPULARES
A DANZA DE ESPADAS DE REDONDELA
E C Xosé Martínez Crespo. Licenciado en Xeografía e Historia pola USC As Danzas de Espadas achábanse amplamente difundidas por toda Europa na Idade Media, unidas xa entón a celebracións tanto profanas como relixiosas. O seu significado, aínda que moi discutido, ten que ver en orixe coa supervivencia de tradicións megalíticas relacionadas con cerimonias da vexetación e da primavera, asociadas a ritos de carácter guerreiro, de fertilidade, e incluso medicinal, consagrados a diversos deuses, e moi especialmente aos da primavera e das armas. Na antiga Roma executábanse danzas en honor da deusa Ceres e dos deuses Marte e Lares, destinadas a asegurar a protección das colleitas. Na Idade Media, o pobo foi incorporando moitas destas danzas ás celebracións cristiáns en homenaxe a Deus e aos santos, executándose tanto dentro dos templos como nas procesións organizadas polos gremios e corporacións cívicas de cidades e vilas. Xa se bailaba en Redondela en honor ao Corpo de Deus durante os séculos XVI e XVII, cando as súas “voltas e revoltas” embelesaban a la multitud, e os seus compoñentes eran mariñeiros pertencentes ao “Gremio da Mar”, o máis importante da vila. Estaba integrada por 25 homes distribuídos en 1 Mestre, que a dirixe; 4 Primeiros ou Guías, que van diante; 16 Espadas e 4 Rabelas ou Rabelos, que pechan o conxunto. Hoxe, por razóns de espazo e desenvolvemento da Danza, o seu número adoita ser de 21, máis, a lo menos, un gaiteiro e un tamborileiro. No século XVII pagabaselles por danzar, pero en cambio podían ser multados no caso de non asistir. A Danza bailábase tamén no día de San Xoán Bautista, santo patrón dos mariñeiros de Redondela, e con ocasión doutras festas e celebracións: en Pascua de Resurrección, na recepción ou visitas das autoridades, vodas e nacementos Reais (como por exemplo en 1605 en honor ao nacemento de Felipe IV), etc. 12 cousas de
As danzas son unha das formas máis primitivas da relixiosidade, indispensables no rito e no misterio.
Danza espadas Redondela 1910