3 minute read

ENOTURISMO

Next Article
DISTRIBUCIÓN

DISTRIBUCIÓN

TERRAS GAUDA CONQUISTA COS SEUS NOVOS PLANS DE ENOTURISMO

A ADEGA DÁ UN IMPULSO AO SEU PROGRAMA ENOTURÍSTICO BRINDANDO SEIS EXPERIENCIAS PARA VIVIR MOMENTOS INDELEBLES

Advertisement

Terras Gauda abre as súas portas para dar a benvida a aquelas persoas que queiran gozar dunha contorna única. Seis plans para perfís moi diversos cun nexo común: o interese polo mundo do viño. Novos motivos para visitar a adega que deseñou a medida estas experiencias. A esencia de Terras Gauda queda ao descuberto en todas elas. O percorrido polo viñedo e polo interior da adega, ademais da cata, son inescusables e, por tanto, comúns a todos os plans. A diferenza radica na compañía. As seis alternativas están pensadas para responder os intereses, idades e posibles grupos de visitantes. “Déixache conquistar por Terras Gauda” pódese gozar calquera día da semana, de luns a domingo, e en horarios distintos, suxeitos á dispoñibilidade da adega. “En familia” está concibido para que maiores e pequenos compartan a experiencia de percorrer xuntos o interior da adega. A continuación, mentres os adultos céntranse na cata, exponse dous talleres que espertan a imaxinación infantil. A partir dos 11 anos, desenvolverán a súa propia historia utilizando a técnica de animación en volume Stop Motion. Por baixo desta idade, traballan de forma creativa todo o aprendido nesta primeira aproximación á cultura vitivinícola. “Entre amigos” é outra posibilidade co roteiro en 4x4 polo viñedo como gran atractivo dun plan no que os bos momentos están asegurados. Maior exclusividade é o que se busca coa suxestiva proposta “Dacabalo”. O itinerario polo viñedo realízase a lombos dunha especie equina de pura raza galega de Finca Moreiras, en colaboración con Senda Natura Galicia. O lento ritmo destes cabalos, guiados por un profesional, compásase coa tranquilidade que se respira na contorna. As vistas son incomparables.

As escapadas románticas tamén teñen cabida en Terras Gauda, que propón dúas opcións: “Terras Gauda para dous”, con cata de tres viños acompañados dun aperitivo e “Plan romántico”, no que destaca o roteiro en 4x4 polo viñedo e un bono para unha masaxe no Talaso Atlántico como complemento. O roteiro enoturística segue ata Arganza (D.O. Bierzo), onde se acha Bodegas Pittacum, que tamén presenta novidades na organización das súas visitas: “Mencía & Chocolate” para un momento en parella que termina con Petit Pittacum e Pittacum, acompañados por chocolate e froitas. “Pittacum relax” inclúe unha visita á adega, ao viñedo, cata de tres viños e bono con acceso para dous ao próximo Spa The Rock Suites en Congosto, no que convidan a un aperitivo a todos os clientes procedente da adega berciana. “Pittacum E- Bike”, cun roteiro en bicicleta eléctrico pola contorna, e “Pittacum único”, no que se inclúen visitas os xoves, venres e sábado, ás 10.30 e ás 12.30 horas, e os domingos, ás 11.00 repiten no programa de enoturismo. Para gozar destas experiencias, é necesario realizar unha reserva previa na web https://www.terrasgauda.com/ enoturismo/ ou a través do mail enoturismo@terrasgauda. com. Tanto os programas de Terras Gauda como os de Pittacum permiten aínda máis personalización, sempre de acordo ás posibilidades de ambas as adegas. Todas as visitas, se desenvolven nunha contorna óptima de seguridade e están guiadas por profesionais.

TERRAS GAUDA 2020

Novos plans de enoturismo e tamén nova anada do buque insignia: Terras Gauda 2020, un viño pensado e creado para gozar de principio a fin. 70% Albariño, 22% Caíño Branco e 8% Loureiro, cada variedade achega os seus matices. O Albariño contribúe á mestura cos seus aromas froiteiros e volume en boca. O Loureiro proporciona boa intensidade aromática floral. O Caíño ofrece aromas de froitas exóticas, balsámicos e, o máis importante, gran estrutura e singularidade. Esta anada impresiona pola súa poderosa estrutura, carácter e carnosidade, enchendo a boca co seu volume e a súa sensación aterciopelada. Á vez resulta fresco, alegre e moi vivo. O seu sabor intenso acompáñase de sensacións minerais e cremosas que lle achegan máis carácter. Para a maridaxe, a combinación é redonda con mariscos: recoiro, ameixas e cangrexo. Tamén casa á perfección coa cociña asiática, carnes brancas e todo tipo de arroces.

This article is from: