ENOTURISMO
TERRAS GAUDA CONQUISTA COS SEUS NOVOS PLANS DE ENOTURISMO
A ADEGA DÁ UN IMPULSO AO SEU PROGRAMA ENOTURÍSTICO BRINDANDO SEIS EXPERIENCIAS PARA VIVIR MOMENTOS INDELEBLES
Terras Gauda abre as súas portas para dar a benvida a aquelas persoas que queiran gozar dunha contorna única. Seis plans para perfís moi diversos cun nexo común: o interese polo mundo do viño. Novos motivos para visitar a adega que deseñou a medida estas experiencias. A esencia de Terras Gauda queda ao descuberto en todas elas. O percorrido polo viñedo e polo interior da adega, ademais da cata, son inescusables e, por tanto, comúns a todos os plans. A diferenza radica na compañía. As seis alternativas están pensadas para responder os intereses, idades e posibles grupos de visitantes. “Déixache conquistar por Terras Gauda” pódese gozar calquera día da semana, de luns a domingo, e en horarios distintos, suxeitos á dispoñibilidade da adega. “En familia” está concibido para que maiores e pequenos compartan a experiencia de percorrer xuntos o interior da adega. A continuación, mentres os adultos céntranse na cata, exponse dous talleres que espertan a imaxinación infantil. A partir dos 11 anos, desenvolverán a súa propia historia utilizando a técnica de animación en volume Stop Motion. Por baixo desta idade, traballan de forma creativa todo o aprendido nesta primeira aproximación á cultura vitivinícola. “Entre amigos” é outra posibilidade co roteiro en 4x4 polo viñedo como gran atractivo dun plan no que os bos momentos están asegurados. Maior exclusividade é o que se busca coa suxestiva proposta “Dacabalo”. O itinerario polo viñedo realízase a lombos dunha especie equina de pura raza galega de Finca Moreiras, en colaboración con Senda Natura Galicia. O lento ritmo destes cabalos, guiados por un profesional, compásase coa tranquilidade que se respira na contorna. As vistas son incomparables.
10 cousas de