2 minute read

RÍAS BAIXAS

Next Article
DISTRIBUCIÓN

DISTRIBUCIÓN

A DEPUTACIÓN ARRANCA DEPOMAR PARA SUBLIÑAR A IMPORTANCIA DO TRABALLO DAS MARISCADORAS EN CONTORNAS DA REDE NATURA 2000

Advertisement

Mariscadoras na praia de Cesantes, Redondela

A Deputación de Pontevedra inicia o seu proxecto “A importancia do traballo das mulleres mariscadoras en contornas da Rede Natura 2000” (DEPOMAR). Trátase dunha iniciativa que conta coa colaboración da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico a través do Programa Pleamar, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP). DEPOMAR busca aumentar a sensibilización medioambiental e fomentar a conciencia entre diferentes sectores e a cidadanía en xeral con respecto á importancia da protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas mariños en espazos Rede Natura 2000 da provincia de Pontevedra onde se levan a cabo actividades pesqueiras sostibles, como o marisqueo a pé, e coa participación activa e directa da muller mariscadora, para contribuír a un modelo de desenvolvemento económico sostible e impulsar e aproveitar o patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, reforzando, á súa vez, o liderado e empoderamento da muller profesional do mar.

O marisqueo a pé é un oficio tradicional maioritariamente exercido por mulleres e importante xerador de riqueza. Segundo Pesca de Galicia, en Galicia hai 3.792 mariscadores a pé, deles 2.722 son mulleres (71.78%) sendo o 62.64% da provincia de Pontevedra. Ademais, as mariscadoras son axentes sociais activos cun importante labor non só para a actividade pesqueira senón tamén en materia de conservación de espazos naturais protexidos (ENP) onde faenan (extracción selectiva, coidado de praias etc.).

Mariscadoras no Grove

DEPOMAR desenvolverá 5 accións diferentes gratuítas, 4 de sensibilización e 1 de publicidade e difusión do proxecto. A través das distintas accións de sensibilización (código boas prácticas, recurso audiovisual, campañas de concienciación e xornada técnica) e coa participación de mariscadoras, visibilizarase e porase en valor, por un lado, a importancia do traballo feminino en actividade pesqueira, as mariscadoras; a súa profesión como medio de vida digno e imprescindible socioeconómica e ambientalmente que contribúe ao desenvolvemento sostible. Doutra banda, divulgarase sobre espazos protexidos Rede Natura 2000 de zonas litorais da provincia onde se desenvolven actividades tan importantes, tradicionais e selectivas como o marisqueo a pé e sensibilizar e concienciar sobre a importancia de conservar/protexer estes e de fomentar o aproveitamento sostible de costas-mares como motores económicos e provedores de recursos e servizos ambientais na Rede Natura 2000. Cómpre destacar que as campañas de concienciación que se desenvolverán no marco de DEPOMAR complementan ao Proxecto LIFE IP-Intemares “Xestión integrada, innovadora e participativa da Rede Natura 2000 no medio mariño” (acción E2 – Campañas de sensibilización e educación ambiental).

Co obxectivo de difundir todas as accións e eventos que se realicen no marco de DEPOMAR, así como de manter ás persoas interesadas informadas da evolución e novidades do proxecto, informarase a través da rede social Twitter (@depo_es) e divulgarase a información tamén na páxina web da Deputación de Pontevedra (www.depo.gal), onde se aloxará un espazo de información do proxecto, entre outros.

This article is from: