COUSAS DE revista Nº9

Page 8

RÍAS BAIXAS

A DEPUTACIÓN ARRANCA DEPOMAR PARA SUBLIÑAR A IMPORTANCIA DO TRABALLO DAS MARISCADORAS EN CONTORNAS DA REDE NATURA 2000

Mariscadoras na praia de Cesantes, Redondela

A Deputación de Pontevedra inicia o seu proxecto “A importancia do traballo das mulleres mariscadoras en contornas da Rede Natura 2000” (DEPOMAR). Trátase dunha iniciativa que conta coa colaboración da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico a través do Programa Pleamar, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP). DEPOMAR busca aumentar a sensibilización medioambiental e fomentar a conciencia entre diferentes sectores e a cidadanía en xeral con respecto á importancia da protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas mariños en espazos Rede Natura 2000 da provincia de Pontevedra onde se levan a cabo actividades pesqueiras sostibles, como o marisqueo a pé, e coa participación activa e directa da muller mariscadora, para contribuír a un modelo de desenvolvemento económico sostible e impulsar e aproveitar o patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, reforzando, á súa vez, o liderado e empoderamento da muller profesional do mar. 8 cousas de


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.