8 minute read

Árbores testemuñas da historia: O Ombú do Castro

Next Article
DISTRIBUCIÓN

DISTRIBUCIÓN

ÁRBORES TESTEMUÑAS DA HISTORIA: ORIXE DO OMBÚ DO CASTRO

E Ángeles Barros, Pilar Vela, Carmen Salinero Estación Fitopatolóxica Areeiro (Deputación de Pontevedra) https://areeiro.depo.gal

Advertisement

Existen árbores famosas e destacadas en todo o mundo, ben sexa pola súa lonxevidade, rareza, porte, aspecto, valor histórico, científi co ou cultural, ou simplemente polo aprecio popular. Son auténticos monumentos vexetais, testemuñas da nosa historia e cultura que debemos coidar e preservar. Quen non escoitou falar das famosas sequoias xigantes de California (Sequoiadendron giganteum), en EEUU? a célebre oliveira de Getsemaní (Olea europeae) en Xerusalén (Israel), testemuña das bágoas de Cristo trala derradeira cea; a Árbore da Noite Triste, o ciprés (Taxodium huegelii) baixo o que chorou Hernán Cortés trala perda de case a metade do seu exército durante o escape a Tacuba (México); ou o carballo do Guernica (Quercus robur), en Vizcaya, símbolo das liberdades tradicionais de Vizcaya e os vizcainos. En Galicia temos gran cantidade de árbores e formacións destacadas, monumentos vexetais e testemuñas vivas da nosa historia, que están agrupadas nunha base de datos que recompila a información gráfi ca e documental que existe sobre elas e que asegura a súa preservación. No ano 2007, a Xunta de Galicia publicou o Catálogo galego de árbores senlleiras (Decreto 67/2007)1, e os exemplares incluídos nel considéranse protexidos a todos os efectos, o que implica a prohibición de calquera acción que poida afectar negativamente á súa integridade, saúde e aparencia. Desde entón, este catálogo foi modifi cado en varias ocasións, coa inclusión de novos exemplares ou a eliminación doutros que, ben desapareceron ou perderon as características polas que foran incluídos no catálogo. Actualmente, en Galicia hai 141 árbores e 37 formacións catalogadas coma senlleiras, das que 47 árbores e 14 formacións están na provincia de Pontevedra, segundo a última actualización do catálogo realizada en xullo de 20202. Cada unha destas árbores e formacións ten un motivo diferente para a súa catalogación como senlleira. Nesta ocasión imos falar da historia do Ombú do IES do Castro, en Vigo, incluido no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras en 20173, e que ten unha historia que comenzou hai case 100 anos…

ANTECEDENTES O IES do Castro atópase nun lugar excepcional desde o punto de vista ambiental e paisaxístico, na ladeira do Monte Castro, moi preto dun dos accesos deste parque municipal, no que existe unha gran variedade de especies vexetais. Inicialmente foi chamado Instituto de Hispanidade, xa que, como é sabido, esta rúa que delimita O Castro polo sur acolleu a moita poboación procedente da emigración americana, razón pola que foi así bautizada. En 1993, durante os traballos de urbanización e construción do instituto, atopouse unha planta de grandes dimensións que estaba totalmente cuberta pola maleza, e que levaba oculta e esquecida durante anos. Esta aparición condicionou o desenvolvemento da obra, xa que os técnicos sacrifi caron parte do proxecto para protexer á árbore. Trátase dun exemplar de ombú (Phytolacca dioica), especie orixinaria de Arxentina, Uruguai e sur de Brasil, coñecido como ÁRBORE DA BELA SOMBRA ou árbore NACIONAL DE ARXENTINA, e bastante raro en Galicia. Aínda que desde o punto de vista morfolóxico se considera unha árbore, en realidade é unha planta herbácea, cunha estrutura anatómica anómala, moi carnosa, carente de crecemento secundario e aneis de crecemento. Desde o seu descubrimento, o ombú converteuse nun símbolo de identidade para o centro educativo, e os propios alumnos foron os seus mellores embaixadores e defensores. É o único exemplar da súa especie que se atopa na contorna. Crece nun xardín ben coidado xunto con outras plantas, con espazo sufi ciente para seguir crecendo. Os alumnos do centro catalogaron e documentaron as especies vexetais do xardín para a elaboración dunha guía onde se mostra a diversidade botánica. Son moitas as actividades que levan a cabo baixo a súa sombra: clases ao aire libre, recitais de poesía, fotografías de grupo de todas as promocións do instituto…, é tamén un lugar de lecer. E mesmo a revista editada polo centro leva o seu nome. No ano 2012 iniciáronse os trámites para a súa catalogación como Árbore Senlleira coa presentación da solicitude, pero foi denegada pola Consellería de Medio Ambiente. Durante os seguintes anos, alumnos e comunidade educativa do IES do Castro, encabezados polo profesor de lingua galega D. Xulio Dobarro Ferradás, prepararon unha memoria explicativa e realizaron unha ardua labor de difusión, incluíndo unha recollida de fi rmas, e acadando o apoio de escritores como Manuel Rivas e Luís G. Tosar, e do cónsul de Arxentina en Vigo, que rematou coa presentación dunha nova solicitude. Finalmente, en xuño de 2017, o DOGA publica a súa inclusión no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras , polo que se conclúe que a árbore é merecedora das medidas de protección que supoñen pertencer a este catálogo3. E queda así manifesto o recoñecemento das excepcionais características, grazas ao esforzo realizado desde este centro para a súa posta en valor.

1Diario Ofi cial de Galicia (2007) Conselleria de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. Xunta de Galicia. Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo Galego de Árbores Senlleiras. 74:6136-6142. 2Diario Ofi cial de Galicia (2007) Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Xunta de Galicia. RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se fai pública a descatalogación de varios elementos do Catálogo galego de árbores senlleiras. 163:32416-32419. 3Diario Ofi cial de Galicia (2007) Conselleria de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Xunta de Galicia. RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se fai pública a inclusión de varios exemplares no Catálogo galego de árbores senlleiras. 103:26439-26440.

No momento da catalogación, o exemplar tiña unha altura de 10 m., o perímetro de tronco á altura do peito era de 9,5 m., e a copa tiña diámetros de 18,5 e 18 m., o que permitiu datar a árbore nunha idade que roldaba os 100 anos. A súa copa viuse mermada pola perda dunha gran rama en agosto de 2019. O Ombú do Castro é o primeiro da súa especie catalogado na provincia de Pontevedra e o terceiro de Galicia, xunto co Ombú do Centro Cultural de Santa Cruz (Oleiros, A Coruña) e o do Pazo de Santa Cruz de Rivadulla (Vedra, A Coruña). Tamén é ben coñecido o ombú da Casa-Museo de Rosalía de Castro (Padrón, A Coruña) doado en 1971 pola Casa de Galicia de Bos Aires con motivo da inauguración ofi cial da Casa-Museo.

Ombú do Centro Cultural de Santa Cruz (Oleiros, A Coruña) Ombú do IES O Castro

Ombú do Pazo de Santa Cruz de Rivadulla (Vedra, A Coruña)

Na actualidade na cidade olívica hai sete arbores incluídas entre 2007 e 2017 no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras:

É tradición que os graduados cada ano despídanse do instituto baixo o Ombú. Na foto Promocion 2019

OMBÚ DO CASTRO, SÍMBOLO DE HERMANAMENTO ENTRE GALICIA E ARXENTINA A historia do Ombú, aínda que non se coñecía de certo, foi asociada desde o primeiro momento á emigración e retorno dos galegos a Arxentina. E o simbolismo que encerra desde o punto de vista histórico e cultural nas relacións con Arxentina, foi un dos motivos propostos para entrar no catálogo da Xunta. Estas sospeitas confi rmáronse cando o pasado agosto, chegou ás nosas mans documentación remitida á Deputación de Pontevedra por Pilar Barciela, arqueóloga, e xornalista viguesa residente en Bos Aires, que atopou en dous diarios antigos, información relativa a un exemplar de ombú traído a Vigo desde Arxentina por don Martín Echegaray Olañeta, como unha doazón de alto valor ideolóxico do Centro Galego de Buenos Aires ao alcalde de Vigo, Emilio Martínez Garrido, para a súa plantación nun dos paseos vigueses. Segundo os artigos de prensa publicados en 1931 nos xornais galegos, El Eco de Santiago4 e El Pueblo Gallego5, o exemplar de ombú foi naquel momento un símbolo de irmandade, unha mostra coa que os galegos residentes na Cidade da Prata, desexaban mostrar o seu afecto ao noso pobo, e lembrar as raíces de confraternidade que unen aos galegos de ambos continentes. Nestes artigos non se mencionaba onde fora realizada a plantación do notable exemplar, pero intuíase que se trataba do exemplar do Monte do Castro, xa que a reforestación deste lugar iniciouse en 1928, e pola súa envergadura, a idade desta árbore podía datarse da mesma época. Recentemente D. Xulio Dobarro Ferradás, quen encabezou desde o principio a defensa do ombú facilitounos os datos para atopar no concello de Vigo a Acta da Comisión Municipal permanente do 9 de marzo de 1931, na que o alcalde D. Manuel San Román de Cevallos, agradece ao Centro Galego de Bos Aires, o regalo do ombú do que foi portador D. Manuel Echegaray, e refi re que esta árbore foi plantada no monte do Castro. Así pois, esta información confi rma que o ombú coñecido como Ombú do IES do Castro e incluído no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras en 2017, é o exemplar doado en 1931 polo Centro Galego de Bos Aires aos vigueses como árbore simbólica para testemuñar o seu afecto ao noso pobo, e que foi plantado en marzo de 1931 na ladeira do monte do Catro de Vigo, no mesmo lugar no que hoxe continúa medrando.J

4 Un viajero distinguido trae simbólicos... (5 de marzo de 1931). El Eco de Santiago. Santiago de Compostela. 5 Un viajero distinguido trae simbólicos... (5 de marzo de 1931). El Pueblo gallego. Vigo.

This article is from: