REPORTAXE
ÁRBORES TESTEMUÑAS DA HISTORIA:
ORIXE DO OMBÚ DO CASTRO E Ángeles Barros, Pilar Vela, Carmen Salinero Estación Fitopatolóxica Areeiro (Deputación de Pontevedra) https://areeiro.depo.gal
Existen árbores famosas e destacadas en todo o mundo, ben sexa pola súa lonxevidade, rareza, porte, aspecto, valor histórico, científico ou cultural, ou simplemente polo aprecio popular. Son auténticos monumentos vexetais, testemuñas da nosa historia e cultura que debemos coidar e preservar. Quen non escoitou falar das famosas sequoias xigantes de California (Sequoiadendron giganteum), en EEUU? a célebre oliveira de Getsemaní (Olea europeae) en Xerusalén (Israel), testemuña das bágoas de Cristo trala derradeira cea; a Árbore da Noite Triste, o ciprés (Taxodium huegelii) baixo o que chorou Hernán Cortés trala perda de case a metade do seu exército durante o escape a Tacuba (México); ou o carballo do Guernica (Quercus robur), en Vizcaya, símbolo das liberdades tradicionais de Vizcaya e os vizcainos. En Galicia temos gran cantidade de árbores e formacións destacadas, monumentos vexetais e testemuñas vivas da nosa historia, que están agrupadas nunha base de datos que recompila a información gráfica e documental que existe sobre elas e que asegura a súa preservación. No ano 2007, a Xunta de Galicia publicou o Catálogo galego de árbores senlleiras (Decreto 67/2007)1, e os exemplares incluídos nel considéranse protexidos a todos os efectos, o que implica a prohibición de calquera acción que poida afectar negativamente á súa integridade, saúde e aparencia. Desde entón, este catálogo foi modificado en varias ocasións, coa inclusión de novos exemplares ou a eliminación doutros que, ben desapareceron ou perderon as características polas que foran incluídos no catálogo. Actualmente, en Galicia hai 141 árbores e 37 formacións catalogadas coma senlleiras, das que 47 árbores e 14 formacións están na provincia de Pontevedra, segundo a última actualización do catálogo realizada en xullo de 20202. Cada unha destas árbores e formacións ten un motivo diferente para a súa catalogación como senlleira. Nesta ocasión imos falar da historia do Ombú do IES do Castro, en Vigo, incluido no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras en 20173, e que ten unha historia que comenzou hai case 100 anos…
26 cousas de