Biblioteca Mario Pereira. “IES R. Mª Aller Ulloa” Lalín - Memoria 2020-2021- Páx. 29
9. Avaliación das actividades e do funcionamento dos servizos da biblioteca e previsións de futuro 1. Actividades propostas que deben manterse ou adaptarse no futuro: Nas Consideracións previas a este Memoria-2021, xa demos conta da problemática que en parte afectou de novo a este curso, dado que houbo algún proxecto do PLAMBE que non puido ser executados debido ao protocolo anti-COVID-19, caso do Centenario da Xeración Nós Canto ás actividades, seguiremos cada vez máis a aproveitar o material xa confeccionado e empregado, como neste curso que recuperamos material para as exposicións “Proxecto Física Nuclear: 75 aniversario das bombas atómicas sobre Hiroshima e Nagasaki”, “Día de Xosé Neira Vilas”, “Día Internacional de Π” ou “Día Mundial da poesía”. Estas experiencias e a acumulada no Toc-toc_A Ciencia serviunos para facer un par de reflexións. Unha, que seguiremos a aproveitar cada vez máis o material confeccionado en anos anteriores, o que supón un incremento no aproveitamento de recursos. Outra, que temos a sospeita que a vella tendencia bibliotequeiro da acumulación pode afectar a algunha actividade como estas; é polo que seguiremos a avaliar ese risco. Non obstante, os resultados obtidos ata o momento son óptimos. E dentro desta práctica trataremos de desenvolver o próximo curso as actividades que nun puideron realizarse neste, sobre todo o “Proxecto: Centenario xeración Nós” polo seu significado.
2. Funcionamento dos servizos da biblioteca 1. A situación de complexidade coa que se iniciou o curso a causa da COVID -19, a BE, como centro creativo de aprendizaxes e viveiro de cidadanía, procurou tendo en conta medidas especiais de prevención, que o funcionamento dos servizos da biblioteca fosen os máximos posíbeis no marco da comunidade educativa. A este respecto, só mantivemos o horario de apertura da BE de mañá, con menos profesorado de garda designado para seguir funcionando como “espazo de encontro” e “espazo de acompañamento na lectura e no tratamento da información”, debido ás necesidades protocolarias do centro, e sempre cumprindo cos protocolos sanitarios, tal e como recollen nas Normas de uso da Biblioteca para o curso 2020-2021. 2. Seguiremos traballando na Biblioteca inclusiva en colaboración, sobre todo co departamento de Orientación. Deste proceso xa damos conta na presente Memoria. 3. Analizaremos, en colaboración co profesorado dos ciclos de informática, a situación da alfabetización mediática e informacional da comunidade educativa, avaliando se a BE precisa dunha revisión da súa colección, centrada na necesidade de reforzar o seu carácter híbrido (analóxico e dixital), que xa puxemos en marcha hai tres cursos; e se é posible, caso de ser necesario, deseñar programas urxentes de alfabetización mediática e informacional para o alumnado e outros membros da comunidade escolar. 4. Por último, no PLAMBE 2021-2022 incluiremos aquelas actividades ou proxectos non executados ou rematados no curso 2020-2021, recollidas nesta Memoria.
2. Previsións de futuro 1. Unha vez superada a pandemia e coa volta á normalidade académica, recuperaremos o horario de tarde na apertura da biblioteca, contando como sempre coa colaboración de profesorado do equipo da biblioteca e do da EOI. 2. Reactivaremos o proceso de colaboración coas familias coa achega de información sobre o funcionamento da biblioteca, aberta non só á toda a comunidade educativa senón que tamén a todas aquelas persoas que soliciten dos noso servizos como subministradores de lectura. 3. Seguiremos impulsando a biblioteca dixital como complemento do soporte base tradicional.