Memoria da Biblioteca escolar Mario Pereira (2020-2021)

Page 5

Biblioteca Mario Pereira. “IES R. Mª Aller Ulloa” Lalín - Memoria 2020-2021- Páx. 5

2. Catalogación, procesos técnicos...

654

Hai tempo que o proceso solicitude-adquisición-catologación-préstamo é un documentos dos aspectos de xestión que mellor levamos. O noso punto franco segue a ser a recuperación. Os atrasos de devolución son catalogados no curso 20/21 frecuentes, non conseguimos melloralo e decidimos entendelo como un mal (ata o 3/06) asumíbel. A porcentaxe de documentos sen devolver ata o 3 de xuño sitúase no 13,65%. Sen contarmos os números das revistas, catalogamos no que vai de curso 654 documentos (o ano pasado, a 3 de xuño, foron 791). A diferenza de -137 practicamente vai ser neutralizada no que resta de curso, ao quedar aínda por catalogar bastantes libros que foron doados. Nestas adquisicións, ademais da mencionada atención ás lecturas obrigatorias ou recomendadas, primamos a novela histórica, a divulgación científica (en varios niveis), a narrativa e ensaio feminista (para a nova sección, Feminismo e situación da muller) e o teatro. Lamentablemente non realizamos unha campaña forte de visualización e promoción arredor de todas elas (quédanos pendente), aínda que si na divulgación científica e na narrativa e ensaio feminista, que rexistraron un lixeiro incremento nas propostas e demandas lectoras. Polo demais, como sucedeu nos último curso, procuramos que o numero de volumes retirados da sala fose similar ao de adquisicións.

Impresora.

Hai catro cursos que se levou a cabo a reposición da impresora a color, pois a anterior xa non daba máis de si. Iso supuxo ter que exercer un maior control sobre o uso da mesma, polo alto custe da impresión a color.

Ordenador central e secundario. Hai dous cursos que dotamos a Biblioteca dun ordenador, teclado e pantalla novos que procuramos manter en bo estado, grazas ao apio do profesorado de Informática. No entanto, precisamos cambiar o ordenador secundario que conecta coa pantalla do vestíbulo por antigo.

Novo mobiliario para o espazo da BD. Incorporamos un novo moble ao espazo da banda deseñada para dar cabida ao manga, dada a alta demanda que este tipo de cómic ten entre o alumnado.

3. Organización e funcionamento Equipo de apoio á Biblioteca Mantemos a estabilidade e o funcionamento do Equipo de Apoio dos últimos cursos.

Horario A Biblioteca estivo aberta durante o horario lectivo da mañá de 8.50 a 14.30, todos os días. No entanto, debido á COVID-19, no se abriu polas tardes como outros cursos que era atendida por persoal da EOI e do equipo de biblioteca. Isto motivou que os préstamos á EOI se fixeran na propia aula, previa demanda do alumnado. Con todo, memoria tras memoria gústanos subliñar que, malia ir cambiando, o profesorado da EOI sempre presentou unha total integración e implicación no funcionamento da biblioteca, que agardamos se faga de novo efectiva o vindeiro curso. Para isto e toda a xestión de dinamización, este curso o Equipo de Apoio contou con vinte e catro sesións semanais (dezaseis menos que o curso pasado), das que quince corresponden ao responsable, malia que na práctica son moitas máis.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.