Biblioteca Mario Pereira. “IES R. Mª Aller Ulloa” Lalín - Memoria 2020-2021 - Páx. 7
6. Actividades colaborativas e conmemorativas. ►
“Inéditos e outros manuscritos” de D. Ramón Mª Aller.
Logo das actividades conmemorativas do quincuaxésimo cabodano de D. Ramón Mª Aller, e da montaxe hai dous cursos da exposición Inéditos e outros manuscritos de Ramón Mª Aller Ulloa, co gallo da celebración no noso centro do XXXI Congreso ENCIGA, xurdiu a idea de dotar a Biblioteca dunha moblaxe fixa para a exposición permanente dos Manuscritos, e nesas estamos, pois as propostas de deseño víronse interrompidas pola COVID-19. Agardamos dispor da moblaxe á fin deste curso ou a comezos do próximo.
► Mundo con-ciencia.
Con este lema do contedor temático interdisciplinar, mantemos a conmemoración do Día da ciencia en galego, con catro accións: Día internacional da muller e a nena na ciencia (11F): Encontro coa oceanógrafa Yolanda Pazos. Mesa redonda organizada polos centros singulares da USC: CiQUS, CIMUS, CiTIUS e IGFAE. “As ciencias escríbense en feminino”, xornada divulgativa en liña, a través do CEXTEC e Talentia Summit. Proxecto Física Nuclear. Exposición-homenaxe a Ana Reboiro Co gallo do 75 aniversario do lanzamento das bombas atómicas sobre Hiroshima e Nagasaki, a Biblioteca e o Departamento de Física e Química en colaboración interdisciplinar con outros departamentos puxo en marcha o Proxecto Física Nuclear. 75 aniversario de Hiroshima e Nagasaki. Historia, arte, ciencia e literatura.
Un momento do relatorio de Yolanda Pazos
Día Internacional de Π. Celebramos tal efeméride lembrando seis dos grandes matemáticos da historia. Así mesmo recordamos o "Arco da vella de π", acompañado da exposición conmemorativa do Día de π con carteis alusivos á Historia do número π. Encontro con Roc Olivé: Ilustraciencia.