Revista Pincha Santiago Abril 2023

Page 11

FEMINISMO DENDE O HUMOR Con Carla Núñez, de Todo Mal, e Aldaolado

Lévame contigo

PAPANDO NO MAMÁ PEIXE E NO BUFETE LIBRE DO LASSO

SANTIAGO | abrilmaio 2023
Revista
de Gastronomía & Cultura

con boa música!

abandadaloba
20.451 views seispesproducionscreativas 20.451 views seispesproducionscreativas espineirasofia
nastasia_zurcher
20.451 views seispesproducionscreativas
airiñosdafreba
20.451 views seispesproducionscreativas
braismoran
20.451 views seispesproducionscreativas
mondra.gz seispesproducionscreativas monouliousdop
20.451 views seispesproducionscreativas

CUN SORRISO

O feminismo non é cousa de risa (aínda que moitas veces teñamos que rir por non chorar co que hai que escoitar!). Pero que mellor maneira de chegar á xente para facela reflexionar que a través dun sorriso? O humor é a ferramenta que utilizan tanto Carla Núñez -a protagonista da nosa portada- en Tik Tok e Instagram xunto con Marcos López no perfil e na canle Todo Mal; como o dúo Aldaolado, formado por Lucía Aldao e María Lado, nos seus preto de vinte anos enriba dos escenarios. Neste número de Pincha falamos coas tres tanto das súas respectivas carreiras como do proxecto ‘Artellando Feminismo’ -no que participa a primeira- e o espectáculo ‘O benquerer(se)’ -das segundas-, que forman parte das programacións polo 8M (Día Internacional da Muller) postas en marcha desde o Concello de Santiago e a Deputación da Coruña para os meses de marzo e abril.

Un sorriso -e moitas ganas de comerfoi tamén o que nos sacaron nos restaurantes Lasso e Mamá Peixe, que visitamos nas seccións De bares e #apapar. A música nesta Pincha chega da man de Sr Salvaje e Trikornio. Ademais entrevistamos ao responsable de Arobe Cerámica e recomendámosvos un novo viño galego e diferentes obras para celebrar o próximo Día do Libro. A nosa axenda cultural e unha ampla oferta de bares e restaurantes completan estas páxinas coas que aspiramos a entretervos un rato e, se podemos, facervos pensar. Sorride que estamos a piques de comezar.

04 reportaxe | Mulleres con retranca

10 de bares | Maneiras de comer

14 entre músicas | Sr Salvaje

18 oído, artesanía! | Arobe Cerámica

20 #apapar | Mamá Peixe

24 crusat & costas | Adamare

26 666rpm | Trikornio

27 de libros | Recomendacións para o Día do Libro

28 axenda

38 ultramarinos | Pincha, no Centro Europeo de Asuntos Minoritarios

Edita:

Rebeca Munín | Directora ola@revistapincha.gal

Deseño e maquetación:

Alberto Seoane

Publicidade e Redacción: publicidade@revistapincha.gal redaccion@revistapincha.gal

Fotografía:

Iván Barreiro | ivanbarreiro.com

Colaboran neste número:

Silvia Castiñeiras, Jéssica Pintor, Xiana Lastra, @JuanEAT_o, José Crusat, Lorena Costas e César Varela..

Imprime:

PARSÁN GRÁFICA SL

Depósito Legal:

C 607-2017

www.revistapincha.gal

Búscanos en Facebook, Twitter, Instagram e YouTube como Revista Pincha

Prohibida a reprodución total ou parcial de calquera contido ou fotografía sen previa autorización.

Os textos redactados polos colaboradores son responsabilidade do propio autor.

O contido da publicidade é de exclusiva responsabilidade do anunciante.

BAVF
ÍNDICE
32 guía de ocio
ONDE ATOPAR PINCHA 
Por Rebeca Munín
| 4 | Pincha Santiago | abril 2023 reportaxe
I Lucía Aldao e María Lado levan trallando xuntas 18 anos.

MULLERES CON RETRANCA

O pasado mes de marzo celebramos o Día Internacional da Muller e aquí na Pincha, que somos moi de poñernos en valor como mulleres, sobre todo nos eidos que máis nos competen, o da cultura e gastronomía, non podíamos deixar de abordar o tema. E é que calquera mes ou calquera día é bo para falar do importante. E de falar saben moito as protagonistas desta reportaxe. Cada unha ao seu xeito, xogan coa palabra e coa ironía. Elas teñen a voz… e a retranca!

Pincha Santiago | abril 2023 | 5 |
Por Silvia Castiñeiras

Carla Núñez

Fai sete anos que Carla Núñez aproveitou a súa vea chistosa para dedicarse profesionalmente a falar das cousas da vida cun punto retranqueiro, pero non hai moito que se decidiu a poñerlle ton, voz e expresión ás súas propias ocorrencias. Dende hai uns meses esta moza de Dodro, guionista de televisión, vén pisando forte nas redes sociais e curiosamente case sen guión. Os vídeos nos que reflexiona sobre todo tipo de situacións tirando de ironía cada vez teñen máis seguimento en Instagram ou Tik Tok, algo no que axudou a mesmísima Shakira. “Eu digo que é a nosa madriña, porque foi facer un vídeo á galega sobre a súa famosa canción e empezar a subir centos de reproducións”, di entre risas Carla. A canle Todo Mal, explica, xurdiu “como unha vía de escape para min, despois de levar moito tempo traballando para outra xente. Pensei que tiña que facer un proxecto propio e se meto a pata, métoa eu”. E nisto axudou moito o seu compañeiro de traballo, Marcos López, que é a outra clave do tándem de Todo Mal. “El foi quen me animou a isto definitivamente e eu cando solto algunha frase, antes de que conteste, xa sei o que vai dicir”, afirma. Ás veces as gracias que inventa soan doutra maneira na súa cabeza, outras melloran en boca allea, recoñece. E de aquí a probar por ela

mesma. “É a primeira vez que fago algo así, poñerme diante das cámaras, aínda que sexa a través da pantalla do ordenador. Antes o meu traballo dalgunha maneira xa se mostraba, pero sempre a través de alguén. Apetecíame ver como reacciona o público cando algo, ademais de estar escrito por min, tamén está dito por min”.

Todo mal e todo ben

Pois á vista está pola cantidade de interaccións que reciben nas redes que iso de Todo mal en realidade está saíndo todo ben. Aclara Carla que o título “vén de moitas conversas entre Marcos e eu que sempre remataban coa mesma frase, todo mal. O nome foi un pouco pola broma e tamén porque non enganamos a ninguén, non pretendemos facer algo perfecto tipo programa de televisión. Xa che estou dicindo que todo mal, se entras aquí xa sabes o que hai” (risas).

Unha pregúntase de onde lle vén tanta inspiración para poder estar creando contido que enganche continuamente e de maneira que pareza tan doado. Carla ten algunhas claves para explicar isto. “Eu xa de pequena era pallasa, non porque me gustara contar chistes, máis ben polo ton de retranca que teño, pero tamén penso que

| 6 | Pincha Santiago | abril 2023
I Quedamos con Carla Núñez, de Todo Mal, no Centro Sociocultural Maruxa e Coralia. Foto: Iván Barreiro

a comedia é un músculo que tes que traballar e levo anos practicando día a día”. Ela non é só unha muller poñéndolle humor ao que pasa, é tamén unha muller falando galego e facéndose entender a través desa poderosa ferramenta que é facer gracia. “Hai unha cousa moi boa, que vivimos en Galicia e facer comedia aquí é relativamente fácil, porque moitas cousas que pasan xa de por si teñen algo de comedia, ou se colles un tema de fóra e o traes a Galicia dá moito xogo. Por exemplo, traes a Tamara Falcó ou a Shakira e o contraste xa é divertido. Para min, o contexto no que vivimos é moi agradecido para a comedia”, argumenta.

Responsabilidade dende o humor

Que che siga tanta xente ten o seu aquel, pero tamén é unha responsabilidade, e máis cando te enfocas moito na xuventude. Calquera cousa que digas ou fagas pode ter unha certa repercusión. Neste senso, Carla pensa que “non imos salvar o mundo, ao final facemos comedia, pero onde máis responsabilidade noto é no idioma, por aquelo de mesturar o galego da casa, que non é normativo”. Unha mostra máis da súa naturalidade e de que non engana a ninguén. Por outra banda, continúa, “hai temas serios, como o feminismo, que si poden implicar unha responsabilidade”.

Como muller teno claro. “Eu son feminista e penso que non vou educar a ninguén, pero se coas miñas bromas, a miña maneira de ser e co que fago estou chegando a ti e che gusta, tamén che podo facer reflexionar. Se o consigo xa me dou por satisfeita. Non creo que haxa que botarlle reprimendas á xente”. E como humorista tamén ten clara a súa posición con respecto a quen cuestiona a retranca feminina: “Creo que hai que normalizar. Hai unha muller facendo comedia que te está a entreter todos os días, coa que te ris, con isto xa che desbloqueo calquera dúbida sobre a capacidade da muller para facer humor”.

E é que non é a primeira vez que escoita comentarios de mal gusto, así que puntualiza: “Chegamos á comedia máis tarde que os homes e hai temas que eles xa trataron e nós temos que tratar outra vez, por perspectiva. Igual levan falando de ir de festa durante 20 anos e nós chegamos agora e temos que falar diso porque necesitamos expresar o noso punto de vista, e tamén pode ser igual de gracioso. Igual que outros temas moi propios das mulleres, necesitamos que se fagan eses contidos. Eles levan media vida falando das mulleres, nós tamén podemos falar de como son os homes e de nós mesmas”. Así sentencia Carla.

Artellando Feminismo en Compostela

Carla Núñez é unha das participantes do programa Artellando Feminismo, do Concello de Santiago. O seu cometido é todo un reto para esa idea que xa comentaba antes, a de conseguir que a xente reflexione. Entre marzo e abril anda pola rúa como reporteira tratando de que a cidadanía, sobre todo a mocidade, se exprese sobre a situación das mulleres en diversos ámbitos co obxectivo de analizar as súas respostas cunha perspectiva de xénero.

“Máis que expectativas sobre como vai reaccionar a xente, téñoas cara min, sobre se o farei ben, porque é unha experiencia profesional nova, falar con xente diante, non a través de internet”, recoñece Carla, que tamén ten moita ilusión. “O tema motívame moito. Espero que se anime a xente a reflexionar. Se se pode meter un pouco de comedia para dixerir mellor as cuestións, estupendo. A clave está no ton, que non sexa algo tipo telexornal”.

O 25 de abril, no Centro Sociocultural Maruxa e Coralia, onde precisamente charlamos con Carla, co acompañamento caladiño de Marcos, celébrase un encontro onde se sacarán conclusións a esas respostas por parte de profesionais da psicoloxía.

Lucía Aldao e María Lado

Un día que lin o seu nome artístico pensei que dicía “A do lado”, debe ser cousa disto da lectura en diagonal. Non pretendo eu ser graciosa, e menos neste contexto, pero despois de falar con elas volvín reparar nesta idea, porque ben se poderían chamar así por esa forte unión que mostran cando falan do seus proxectos e a súa amizade, sempre ao lado.

Elas son Lucía Aldao e María Lado. Forman Aldaolado (non fai falta máis explicación) e este ano fan a maioría de idade co seu dúo poético, musical e humorístico. Lucía é da Coruña e María de Cee e coñecéronse nun congreso en Mondoñedo ao tempo que o Prestige naufragaba na Costa da Morte hai 21 anos. Di María que pouco despois comezaron a traballar xuntas porque “tiñamos un concepto moi semellante do que queríamos que fosen os recitais, un evento que a nós mesmas nos divertise”.

Apunta Lucía que son “profesionais da escrita” porque todos os seus traballos “están relacionados coa palabra. Literatura, dramaturxia, música… pero todo unido pola palabra. Chegamos a un punto que xa somos case unha marca.” Así, escriben por encarga, presentan eventos, galas, fan obradoiros, compoñen

Pincha Santiago | abril 2023 | 7 |
Carla Núñez: “Se podo conseguir que alguén reflexione sobre algo coas miñas bromas e forma de ser xa me dou por satisfeita”

I “O benquerer(se)” é o espectáculo de Aldaolado que este ano forma parte da programación polo 8M da Deputación da Coruña.

discos ou idean as súas funcións. Non me estraña que digan que practican o “todoterrenismo”. Iso si, sempre dentro do seu eido, porque “igual gañabamos máis cartos noutra cousa, pero somos unhas apaixonadas do noso traballo”, aclaran con graza.

Poesía, música, ironía, pensamento…

Para comprender todo o que podemos atopar nos seus espectáculos, María sostén que “soemos dicir que son recitais de poesía porque é o que é. Polo menos esa é a orixe. Pero o concepto é distinto dun recital habitual porque a nosa presenza é moi próxima ao público, son esas partes que chamamos de humor, que nacen da improvisación e saen moi fluídas”. E así levan anos neste formato. “Faciamos poesía e fomos vendo, por como reaccionaba a xente, esa parte máis irónica ou cómica nosa, que encaixaba perfectamente dentro do recital. Sempre se pensa que

o recital de poesía ten que ser algo moi serio e incluso con certa distancia co público. Nós quixemos destruír esa barreira, tamén polo noso carácter”, relata Lucía ao respecto. Coincidiu que ela mesma cantaba e introduciron tamén música e voz. Mentres me narran a esencia do seu traballo, déixanme caer dúas ideas moi contundentes. Unha sobre ese comentario tan estendido ultimamente de que agora non se pode xa facer chistes de nada. Din elas que non, que efectivamente hai cousas das que non se poden facer chistes. “O humor ten a súa responsabilidade e hai que exercela, non se debe ofender a ningún colectivo, como levamos séculos facendo, nin facer mal uso deste poder”, pensan. A outra idea ten que ver co xeito no que fan uso do ton humorístico. María di que tratan “temas que nos preocupan e nos interesan utilizando a retranca como ferramenta de reflexión. É o humor que nos interesa facer a nós, conscientes de que transmite contido

| 8 | Pincha Santiago | abril 2023

e pensamento. Xunto coa música son das ferramentas máis útiles para facer chegar unha idea, porque che entra sen sabelo” (por iso tamén se canta a táboa de multiplicar, tíñao que poñer querida María). A este respecto, Lucía tamén subliña que lles interesa “a reflexión, a crítica, o cuestionable… entón o humor e a música son 'caramelitos' para estas cousas, son superefectivos”.

Muller e igualdade

Lucía dá un dato curioso. “Levamos xuntas 18 anos facendo humor, pero fálase de nós como humoristas ou como persoas que traballamos na comicidade dende hai realmente pouco, porque o humor é dos homes, deses señores que fan os seus monólogos e aí non te podes meter”.

As dúas descubriron ao tempo que algo pasaba e “démonos coa pedrada na cabeza, co feminismo, entón empezamos a crear e

vomitar todo tipo de contido sobre o diferente que é ser unha muller no mundo da escena, da literatura e no mundo en xeral, a ser un home”, explican. Por iso, conta María que “intentamos facer un pouco de activismo porque é moi substancioso facelo dende un ambiente que o público percibe como distendido, non como cando che dan unha conferencia e pensas que che queren comer o tarro”. Apuntan, ademais, que falan de temas nos que elas cren como a igualdade e o respecto. “As primeiras das que nos rimos somos de nós mesmas, das nosas propias eivas, carencias e metidas de zoca”, di Lucía.

E é que ao longo dos anos afirman que moitas veces se sentiron menos valoradas que calquera home que con menos traxectoria ou actividade na profesión tiña un sitio no sistema que elas se tiveron que ir “sachando”.

“O benquerer(se)”, espectáculo co que este ano formaron parte da programación polo 8M da Deputación da Coruña, fala precisamente da igualdade. “Era algo do que xa falabamos pero chegou un momento no que lle puxemos ese nome porque é necesario este tipo de espectáculo no que haxa reflexión”, relatan. Aínda así, aclaran que non foi feito adrede para este tipo de programación centrada na muller, senón, din, pola súa propia necesidade persoal.

É por iso que María fai un repaso á súa traxectoria de espectáculos. “Estamos metidas en todo tipo de programacións porque empezamos a recitar xa na adolescencia. Vivimos o momento da poesía dos 90 cando se empezaba a falar da literatura da muller, expresión que afortunadamente se perdeu. Estivemos asociadas sempre dende moi novas a eses espazos que se reservaban para a paridade, pero estamos noutros espazos porque se non, sería un fracaso”.

A Lucía Aldao e a María Lado podedes atopalas, xa vedes, en calquera parte, facendo das súas. Agora teñen un novo espectáculo titulado “Sobre sorpresa” co que estarán en Santiago, na Cidade da Cultura, o 23 de abril. Nel repasan estes anos de carreira xuntas, de éxitos e decepcións, unha ao lado da outra. Pincha

Pincha Santiago | abril 2023 | 9 |
Revista de Gastronomía Cultura Pincha Revista de Gastronomía Cultura Pincha Revista de Gastronomía Cultura
Aldaolado:
“Levamos 18 anos e fálase de nós como humoristas dende hai pouco, porque o humor foi cousa dos homes”
#debares | 10 | Pincha Santiago | abril 2023

Maneiras de comer

Podes comer á carta, de menú, podes ir de bufete… Hai tantas maneiras de comer como cancións que cantan maneiras de vivir! Porque na variedade está o gusto e nesta revista, tan riquiña, non nos cansamos de falar de todo tipo de xantares, cociñas e das mans que nolas preparan e serven!

E para escribir dunha maneira xeitosírma de comer, consultamos aos cerebros executores do bufete do restaurante Lasso (situado no Auditorio de Galicia): Diego Alba, encargado da cociña, e Joaquín Beiro, responsable da sala.

— É unha forma de servizo que nos dá axilidade, rapidez, que nos permite ter bastante variedade… Permítenos traballar con menos persoal e abarcar un volume máis alto de xente.

— E hai xente moi fan! Que valora moito o tema. É como un menú do día degustación. A xente séntese libre á hora de elixir! E, por norma xeral, semella que lle gusta ir, escoller, probar...

Ámbolos dous intercambian opinións e complementan a súa visión do bufete do Lasso. Unha opción non moi común en Santiago nin na redonda, pero que ten moitos adeptos, de todo tipo. Un público moi variado, fiel e que goza desta maneira de comer.

— É máis áxil en cociña tamén, non é como servizo á carta que tes eses picos... Organízaste... Sempre hai carne, peixe, opción vegana e vexetariana, mais unha ensalada. Nutricionalmente é moi completo e diverso. Hoxe temos un carro frío con ensalada, que podes montar ao teu gusto. Temos lentellas veganas, van sempre sen chourizo! (Ri) Sempre traballamos o peixe fresco. Hoxe hai lirios fritidos en fariña sen glute, porque temos moita sensibilidade e consideración coas intolerancias e alerxias, porque cada vez hai máis. Hai arroz con codillo e revolto de grelos. Nada mal penso e dígoo! O prezo son 12 euros de luns a venres e 14 euros a fin de semana, inclúe auga e pan. E a sobremesa e o café tómalos se queres e págalos aparte e se non, pasas!

Por Jéssica Pintor
Pincha Santiago | abril 2023 | 11 |
I A cafetería Lasso está no interior do Auditorio de Galicia. Foto: Iván Barreiro

E a fin de semana ten algo de especial?

— A semana pasada houbo callos. Porque son xantares que de diario non se comen tanto. Pescada con fabas e camaróns, fideuá con alioli vegana e codillo.

— Non hai moita diferenza, pero pretendes que sexa máis vistoso, porque na fin de semana a xente sae e gústalle pegarse unha pequena homenaxe. Tamén facemos algunha cousa pensando nos nenos.

Estrágase moita comida por ser bufete?

— Hai de todo. Pero comemos moito cos ollos!! Ao mellor cando comen no Lasso por primeira vez, nótase que se veñen arriba! (rimos) Pero a xente que vén a diario, atopa un equilibrio, xa saben o que van comer e calculan ben as cantidades e o que van comer.

— E non se desperdicia comida, non veñen os pratos de volta con comida. Casos excepcionais.

Quen vén comer de bufete?

— Estamos no medio do campus: Profesorado, xente de 35 anos cara arriba máis ben.

— Iso pola semana. Na fin de semana cambia por completo o perfil: familias con nenos. Os sábados do Lasso sempre hai música, actividades infantís, á hora do vermú, queremos dar a coñecer o lugar e ter variedade de público.

— A verdade é que cambia de diario ás fines de semanas. Pola semana hai moita xente que come con pouca marxe e marcha traballar. Pero os sábados temos grupos grandes, porque o espazo é grande, tamén. Sentados temos capacidade para 100—110 persoas.

E que sexa bufete préstase para iso, para comer en grupo, non?

— Si, pode haber un pouco de atasco se un grupo de 40 se levantan todos á vez (risas nerviosas). — Pero, en xeral, témolo controlado!

Diciades que pensades moito na xente que ten alerxias, nos celíacos, etc.?

— Si, porque cada vez hai máis. Traballamos o tofu e funciona moi ben, incluso para os non veganos.

— Fixemos unha opción de cocido vegano, pensando que non ía triunfar e tivo bastante éxito. A xente ten moita curiosidade.

— E o bo que ten o bufete é que podes probar un pouquiño de todo e se che gusta: repites!

Como vos aventurastes con isto?

— Nós xa traballábamos con Noa (a anterior propietaria). Levamos co Lasso dende xullo de 2021.

— Noa quería vender e nós ou comprabamos ou marchabamos.

— Somos tres socios (xunto con Alberto Rolán que se perdeu a entrevista... Chico, chisco!) Empezamos en plena pandemia... Non podíamos ter o bufete así, tiñamos que ter todo en racións individuais. Foi moi duro... moi duro... Coas restricións e non poder traballar ben, nin cómodo, nin a gusto, a este tipo de servizo prexudicounos moito...

— Pero aquí seguimos! Estamos contentos.

— Temos xente moi fiel, ampliamos o equipo...

Pois din que está o patio complicado para atopar xente, non?

— Tivemos moita sorte, a verdade.

— Son coñecidos, xa traballáramos con eles.

— Ofrecemos boas condicións. Temos bo horario, intentamos non traballar de partido, mellor xornada continua.

O paradigma hostaleiro está cambiando, non?

— A min paréceme moi ben! A xente estase poñendo seria, está deixando de aceptar calquera condición... A dinámica é boa. A xente abriu os ollos tamén! A pandemia provocou

Joaquín Beiro, responsable de sala, e Diego Alba, encargado da cociña, no Lasso. Foto: Iván Barreiro
| 12 | Pincha Santiago | abril 2023
No Lasso sempre hai carne, peixe, opción vegana e vexetariana, mais unha ensalada. Foto: Iván Barreiro

un cambio ou acelerouno. Había cousas que había que cambiar e que aínda hai que cambiar!

Co cal o balance é satisfactorio?

— Si, a xente reclamaba un pouco o bufete.

— Non a todo o mundo lle encaixa, pero á xente que lle gusta, gústalle moito.

— É cómodo e rápido cando vés para comer e marchar rápido a traballar. Nós cambiámolo todos os días! Temos clientes que veñen a diario. Comes ben, variado, ao teu ritmo, con pouco tempo, pero comer ben, variado, san, rico... E tamén facemos eventos e cátering. Os xoves que toca a Real Filharmonía de Galicia abrimos a cafetería. Abrimos antes e despois da función temos servizo áxil en barra con pinchos, pulgas... Traballamos de luns a sábado, de 9 a 17 horas.

— Hai xente que ven polas mañás a traballar na galería que é un sitio moi guay...

En Compostela non hai moitas opcións deste tipo, pero podemos enumerar algúns restaurantes que teñen bufete como o Sushi Fafa, de comida xaponesa e sushi, que ademais tamén oferta menú. Buffet Yizi que ofrece a opción bufete con distintos preparados de cociña asiática. Muerde la Pasta, que ten unha selección de pratos italianos, que van da pizza a todo tipo de pasta e numerosas sobremesas. E hai outro concepto máis, outra maneira de comer: o rodizio! Non é un bufete ou si! Depende. A forma de servizo chamada “rodizio” é orixinaria e típica do Brasil e Portugal. Os pratos estrela son carnes asadas á brasa (polo, porco e tenreira) e tamén podes repetir ata que fartes! Sérvese en táboas na mesa e o comensal elixe o corte. No Brasa y Leña de Santiago, por un prezo único, podes probar ata vinte cortes de carnes diferentes e podes acompañalos cunha variedade de guarnicións.

Á parte da fame só podo engadir: Vou aprendendo no oficio/ Esquecendo o porvir/ Quéixome só de vicio/ Maneiras de vivir/ Léase cantando e repítase con gañas e dende o bandullo: Maneiras de comer!! ;) Pincha Pincha Pincha

Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha Santiago | abril 2023 | 13 |
“O bufete é unha forma de servizo que nos dá axilidade e que nos permite ter bastante variedade”
#entremúsicas | 14 | Pincha Santiago | abril 2023

Por

Sr Salvaje

Quedo con Guillermo Vistoso no Fuco Lois de Compostela, onde despois dará un concerto. Xa ten todo preparado: “Traio dobre de todo por se algo se estropea”, asegura. E é que Guille, malia ser de Ferrol, coma unha servidora, é xa un personaxe moi coñecido do panorama musical da cidade que acostuma a dar moitos concertos en acústico como fará esa mesma noite. Mais non só toca en solitario. Ten o seu propio proxecto, que empezou sendo algo moi persoal e que hoxe comparte con Antón “Torroncho” ao baixo, Emilio Iniesta á batería e Manu Gómez ás teclas: Sr Salvaje.

Cóntanos como empezaches nisto da música?

De onde che vén?

Son de Ferrol e ti ben sabes que alí hai moito músico (ri). Na miña casa, tanto meu pai como miña nai tocan un pouco a guitarra e cantan moi ben, igual que miña irmá, así que xa viña dunha familia bastante musical, estaba xa un pouco predisposto a iso. Ademais, na época do instituto ía a moitos concertos. Lémbrome por exemplo moitísimo de Riff Raff (banda tributo a AC/DC). Daquela eran como os referentes totais para min porque me flipaba AC/DC (sígueme flipando), pero velos a eles era como moi impresionante porque os tiñas aí, diante de ti, e sentías que querías facer o mesmo ca eles. Aínda que a música sempre me tirou moito, empecei relativamente tarde a tocar a guitarra, como aos 16 ou 17 anos, pero foi como unha febre...

E como foron eses primeiros pasos coa guitarra?

Ao principio escoitaba de todo un pouco: rap, heavy, a música que escoitaban meus pais como Dire Straits, Supertramp, Sabina... unha mestura! Pero lémbrome

Xiana Lastra
“Neste disco sorprendinme recoñecendo moitas cousas íntimas”
Guillermo Vistoso forma Sr Salvaje, xunto con Antón “Torroncho” ao baixo, Emilio Iniesta á batería e Manu Gómez ás teclas
Pincha Santiago | abril 2023 | 15 |
Foto: Iván Barreiro

perfectamente da primeira vez que escoitei AC/DC con 12 ou 13 anos. Tiña meu pai un mp3 dos primeiros que saíran con música deles, e foi unha cousa... lémbrome da sensación de non saber o que estaba escoitando pero quedar flipado! Despois, unha profe que tiven de música nos primeiros anos de instituto, Pilar Martínez, regaloume un directo seu, o Stiff Upper Lip, e comecei a aprender todos os temas coa guitarra española da miña nai. E claro, cando souben tocar toda a guitarra solista dese directo, xa sabía tocar (ri).

Desde entón tocaches en varios proxectos, cando decides crear Sr Salvaje?

Foi a finais de 2019. Eu viña de estar tocando con Mojo Experience, banda da que saíra ese mesmo setembro. E viña tamén de estar traballando como músico de sesión, curraba de camareiro... (sabemos que as barras de bar están cheas de artistas). Pasei por todo o abano, desde acompañar cantautores ou tocar blues ou blues rock, a facer outros estilos máis acústicos... pero apetecíame volver ao rock. Entón, collendo todas esas cousas que fun aprendendo ao longo deses anos

ocorréuseme a idea de montar Sr. Salvaje. Foi un proxecto moi pensado desde o principio. Non sabería definir exactamente o estilo que quería facer daquela, mais tiña claro que quería ir nesta onda de M Clan, Revólver, Los Zigarros..., con reminiscencias de todo iso.

Foi un proxecto que comezaches en solitario.

Si, compuxen eu só o primeiro EP de Sr. Salvaje. Ao principio non tiña banda nin tiña nada. Fixen incluso unha campaña promocional por Compostela, poñendo carteis con QR que te levaban á páxina de Facebook, pero en realidade detrás aínda non había nada de nada, estaba eu só coa miña parella daquel entón que me axudou moito a comezar.

Ese primeiro EP titulábase “III”. Como foron os inicios como banda?

Sempre escoitei moito a Los Suaves, entón creo que a tintura que teñen as letras dese primeiro traballo vai moito nesa onda, como moi metafóricas... non tiña moi definido o estilo

| 16 | Pincha Santiago | abril 2023
Guillermo, no Fuco Lois. Foto: Iván Barreiro

nin moi feita a man ao bolígrafo. Ata ese momento pouca cousa escribira e era máis ben compositor a nivel instrumental. Isto supuxo un reto cuádruple, porque de repente tiña que coller o timón dun proxecto, poñerme de frontman coa guitarra e a voz, escribir... A finais dese ano fixemos uns concertos de promo aos que lles chamamos “bolos cápsula” porque duraban 15 minutos. Funcionaron moi ben e espertaron bastante interese naquel momento. A PUTADA: tivemos o noso primeiro concerto o 12 de marzo do 2020 na Sala Capitol, dous días antes do confinamento. Estabamos tan centrados preparando todo que escoitabamos algo dun virus pero nin tempo tiñamos de ver o telexornal ou de escoitar a radio... Tiñamos practicamente todo vendido e que pasou? Que só viñeron 53 persoas. Foi un bolo durísimo porque a sensación era a de estar nun búnker e que fóra caían bombas nucleares. Eu, particularmente, estaba desolado. Lémbrome especialmente de “Figui”, Ramón Figueira, que era un dos convidados que tiñamos nese concerto, porque apareceu no backstage cunha botella de Jack Daniels e díxome: “Toma, tío. Parabéns polo proxecto, isto seguro que vos axuda a temperar un pouco a historia...”. Conclusión: que o primeiro concerto de Sr. Salvaje fíxose practicamente grazas a Figui (ri).

E por que ese nome?

Venme da etapa da banda anterior. Era guitarra solista, podíame mover moito no escenario e tamén me metía entre a xente, así que sempre me dicían “eres un animal”, “pareces un salvaje” e cousas deste estilo. E como no inicio era un proxecto máis persoal escollín o nome un pouco por iso. O de “Sr” foi por facer un pouco a contraposición co de “Salvaje”, e que non fose tan...

Que non quedase só no de “Salvaje”, non? Haha. Pasaches de AC/DC aos Suaves pero o voso son actual parécese bastante a outras bandas estilo M Clan como xa dixeches. Por que?

Ese mesmo ano, tocando nun bar aquí en Compostela, dixéronme varias veces que me parecía moito cantando a Carlos Tarque. E joder, esa é unha adulación que flipas, porque é un dos mellores cantantes, considero eu, da historia do rock español. Pero claro, eu de M Clan naquel momento só coñecía o “Carolina” (risas), e ata case me parecía mal a comparación! Un día por curiosidade comecei a escoitar o

que facían e aí abriuse a caixa dos tronos, porque teñen unha discografía de calidade bestial, tanto instrumental como a nivel compositivo, e pensei: “como me gustaría a min ter unha banda nesta onda”. Pero non é que M Clan sexa o target nin moito menos. De feito eu ao compoñer, compoño un pouco o que me vai vindo sobre a marcha e vou tirando do fío. É curioso, porque a xente dinos agora mesmo que soamos máis cara ese estilo que no noso primeiro disco (“III”, Rock CDRecords, 2020), que é cando máis escoitaba a súa música.

Miss Fortuna foi o primeiro sinxelo do que será este novo traballo. Quen é?

Pois Miss Fortuna é o que o seu nome indica, a sorte, literal e absolutamente. Non é unha rapaza, non é unha persoa, pode ter pinceladas de persoas que coñezo, ou de situacións que vivín, pero en xeral, se te paras a analizar a letra, fala un pouco dese sentimento de atrape xeral dun músico coa noite (“Tú arrasas con todo y dás vuelta al reloj), co estar falto de fondos (“el frigorífico se tambalea”)... É dicir, non tes un puto duro para comprar comida pero segues nesa roda na que pensas que pasan cousas boas e interesantes pola noite, que vas pechar o bolo da túa vida, o contrato discográfico da túa vida... Non sei se é que me estou facendo maior pero a esas alturas xa tiña claro de que non é así e que de feito, pola noite, case todo cae en saco roto e isto habitualmente atribúeselle á mala sorte. Pois non.

Dicías que no primeiro traballo non tiñas a man moi feita ao bolígrafo. Como te sentes agora?

Aí peguei un salto, considero, como autor. Penso que me atopei un pouco coa pluma e o papel e comigo mesmo como escritor de cancións. Creo que agora si que vou poñendo cada vez máis cousas das miñas vivencias ou dos meus adentros. Sempre dicía que eu inventaba historias e que non tiñan nada que ver comigo, pero neste novo disco si que me sorprendín, agora escoitando xa as mesturas, a min mesmo recoñecendo moitas cousas íntimas, incluso da infancia.

Que esperas cando saia o disco?

Que a xente o poida desfrutar mentres toma unha birra. É un disco moi traballado e coidado do que queremos sentirnos orgullosos cada vez que soe, sexa enlatado ou vibrando canda nós en directo. Pincha

Revista de Gastronomía Cultura Pincha Pincha Pincha Santiago | abril 2023 | 17 |

Alejandro Roig, de Arobe Cerámica: “No forno prodúcese

Arobe vén de xuntar o nome e apelidos do seu creador, Álex Roig Bergantiños. Un xogo de palabras moi axeitado para o que é un proxecto moi persoal. E é que a alma mater desta marca decidiu pórse á fronte do seu taller, tenda e escola despois de traballar noutros eidos, conservando sempre a afección pola cerámica. Unha paixón que lle viña dos seus estudos alá polo 2000 na Escola Pablo Picasso da Coruña.

Como foron os comezos de Arobe?

Aínda que traballaba noutros ámbitos, no 2012, dada a miña paixón pola cerámica, decidinme a comprar un forno para a casa e probar cousas. Foi cinco anos despois cando xa me fixen co local na cidade vella da Coruña e cumprín o meu soño de traballar no que me gusta, tranquilo e gozando. Estou moi contento

de poder dedicarme a algo que me divirte. Montei un taller coa idea de que dende a tenda se vexa o que fago e quede moi claro o proceso de creación. Quería dotar ás miñas pezas do escaparate apropiado.

Que tipo de pezas creas no teu taller?

Sobre todo fago moita peza utilitaria: cuncas, pratos, vasos... Gústame xogar cos esmaltes e as cores, polo que raras veces hai na tenda algo branco. No forno prodúcese maxia ao mesturar eses esmaltes e saen creacións moi bonitas. En canto ás formas, eu son moi da natureza e non adoito utilizar liñas rectas, máis ben formas de folla, flores ou peixes. Á parte disto tamén teño algo de decoración e algúns artigos pequenos enfocados no turismo.

Oído, artesanía! | 18 | Pincha Santiago | abril 2023
Foto cortesía da Fundación Pública Artesanía de Galicia.

Cal é a túa relación co ámbito da restauración?

Os restaurantes son unha parte moi importante da miña clientela. Non sei se é casualidade pero traballo moito con locais de comida asiática. Soen ter claro o que buscan e fago as pezas por encarga. Por exemplo, para un xaponés tiven que facer unhas cuncas grandes especialmente para servir ramen, un prato de fideos.

Que che supón estar baixo o paraugas de Artesanía de Galicia?

Para min é unha axuda porque chegas a sitios onde non chegarías ti só. É un selo de calidade e, de feito, a xente cando ve Artesanía de Galicia nos teus produtos teno moi en conta. Fan moi bo traballo e estou moi contento de pertencer á marca. Pincha

Onde podemos mercar as túas pezas?

Vendo sobre todo na miña tenda física, na Rúa de San Francisco, 2 (A Coruña). Agora mesmo teño algunhas pezas na tenda Merlín e Familia de Santiago, www.merlinefamilia-tienda.com

Pincha Pincha Revista de Gastronomía Cultura
prodúcese a maxia ao mesturar esmaltes e saen creacións moi bonitas” Por
Silvia Castiñeiras
Pincha Santiago | abril 2023 | 19 |
“Creei o meu taller e estou moi contento de dedicarme a algo que me divirte”

TARTAR DE ATÚN no Mamá Peixe

Cociña de nai atlántica, tradicional, emigrante, contemporánea, de horta, galega, de especies mariñas no corazón da cidade de Santiago. Así se definen na páxina web de Mamá Peixe, un local recomendado na Guía Repsol 2023 e presente na lista Bib Gourmand 2022 da Guía Michelin -pola súa excelente relación calidade-prezo.

Esta taberna mariñeira abriu as súas portas no ano 2015, apostando por verduras frescas, peixes enteiros, técnicas contemporáneas de cocción, produto de proximidade, de pequenas lonxas, de ingredientes de estación... todo elaborado con sabor e reinterpretado á súa maneira.

Na súa carta, que varía con cada estación, podemos atopar sempre tres pratos estrela: o sashimi de sargo (un prato que sae en máis de 60 ocasións á semana en temporada alta), o arroz con lumbrigante e o polbo dourado estilo ¨Mugardesa¨ con alioli de laranxa.

Para a visita do noso @JuanEAT_o, escolleron o seu ‘Tartar de atún’ porque, segundo explica o chef Guillermo Pérez, en Semana Santa estamos en moi boa época de túnidos e representa moi ben a oferta de crus que teñen no Mamá Peixe. Unha proposta ben saborosa da que vos fala o noso comechón a continuación.

Foto: Iván Barreiro
#apapar | 20 | Pincha Santiago | abril 2023

@JuanEAT_o , probando o Tartar de atún do Mamá Peixe.

Benvidas e benvidos a un dos paraísos do peixe da nosa cidade onde cada prato é unha delicia!

Nun ambiente case como estar na casa, cheguei a Mamá Peixe disposto a probar o seu tartar de atún. Poderíamos dicir que é uns dos pratos máis de moda e máis versátil dos últimos anos. Aínda que pareza sinxelo, o máis importante desta proposta —e como debería ser en todo o que se come— é apostar por un produto da mellor calidade posible. E neste local compostelán nunca escatiman niso.

Así, na miña nova visita ao Mamá Peixe din cun bocado de mar exquisito que se desfacía na boca. O corte do atún para este prato polo xeral faise en dados. O tamaño depende de como queira cada un,

Lugar:

Algalia de Arriba, 45

Santiago de Compostela

Datos

pero como ben me dixo un dos profesionais que traballan alí: “Isto é como comer gominolas”. Non creo que poida ter unha definición mellor, xa que é verdade que poderías estar coméndoo todo o día sen fartar.

Do tartar de atún do Mamá Peixe destacaría, ademais do produto principal, os tres acompañamentos que leva: latonesa de amorodos – que segundo explicou o chef Guillermo Pérez é porque estamos en tempada de amorodos e gústalle poñer moito doce con túnidos – olivas negras que aportan sal e un chutney de mazá e remolacha que dá moita cor. En conxunto, unha proposta que nunca defrauda e que vos recomendo pedir sempre que visitedes esta taberna mariñeira en plena Zona Vella de Compostela.

Prato:

Tartar de atún

Prezo: 14 €

Foto: Iván Barreiro
Revista de Gastronomía & Cultura Pincha Revista de Gastronomía & Cultura Pincha Revista de Gastronomía & Cultura Valoración:  P o r @JuanEAT_o @JuanEAT_o
Pincha
Pincha Santiago | abril 2023 | 21 |

Guillermo Pérez, de Mamá Peixe:

Unha taberna cun ambiente próximo para a clientela e unha gran relación calidade-prezo. Iso era o que Guillermo Pérez tiña claro que quería para Mamá Peixe, o local que montou no 2015 en Compostela despois de traballar durante moitos anos en grandes restaurantes fóra de Galicia. Aquí regresou xunto coa súa muller, Ana Vidal -responsable de sala- para facer realidade o seu soño e ter unha mellor vida xunto coa súa familia.

A fórmula funcionou moi ben e hoxe, oito anos despois, o local é todo un referente na cidade, conseguindo ademais importantes recoñecementos como a recomendación na Guía Repsol 2023 ou o Bib Gourmand na Guía Michelin 2022.

Oito anos xa de Mamá Peixe! En que momento estades?

(Pénsao) Tranquilidade é a palabra. Aínda que temos unha clientela moi diferente dependendo a época do ano, creo que o Mamá Peixe está moi estabilizado. Agora queremos facer unha reforma no local -por imaxe, que o necesita-, pero a idea sempre foi que sexa un espazo próximo. Por iso é ‘taberna mariñeira’ e non ‘restaurante’. Queremos chegar a máis público, que non sexa prohibitivo, ter unha moi boa relación calidadeprezo.

De feito, tendes un menú degustación de martes a venres ao mediodía con cinco pases que está xenial por 14 €...

Si, hai uns meses eran 13 €. (Suspira) Cada euro cóstanos moito subilo, pero é que subiron a luz, a seguridade social, o aceite... e así todas as cousas. Nalgún lado tiñamos que repercutilo. Se non, sería

imposible. Antes ou despois acabarías pechando.

Para poder manter un prezo así trátase dun menú no que nos baseamos moito no que é de temporada. Eu vou todos os días á Praza de Abastos e tes que mirar moito, ter os ollos moi abertos; e unha calculadora todo o tempo traballándote na cabeza, pesando sen báscula e escandallando ao momento. Estou contento porque é tamén a forma de non te aburrires, de facer cousas novas todos os días. Eu cambio a carta cada tres meses e incluso ás veces, fago cinco cartas nun ano. O menú mariñeiro dáme a oportunidade de facer pratos novos todas as semanas. E iso é chulísimo!

Aquí apostades tamén por esa hostalaría máis conciliadora, que non te ate 24 horas ao día os sete días da semana, non si? É que eu xa as traballei. A persoa pensante dun restaurante non traballa oito horas ao día. Se non, sería un restaurante moi malo. Quen se queira dedicar a isto que o asuma. Pero á marxe diso, eu decidín montar un restaurante para vivir mellor do que vivía. Gañaba moitos cartos traballando para outras persoas, pero tiña dúas xornadas nunha. E iso non é compatible con nenos, con familia, cunha obra de teatro, cun concerto, con saír a comer, con algo tan tonto como ir de compras e mercar un xersei...

“Vou á Praza todos os días, cos ollos moi abertos e unha calculadora traballándome na cabeza”
| 22 | Pincha Santiago | abril 2023
“O menú mariñeiro dáme a oportunidade de facer pratos novos todas as semanas. E iso é chulísimo!”

Cando decidín montar Mamá Peixe foi porque decidín ter familia e, ou compraba casa en Mallorca (onde estaba traballando) ou aquí. E preferín facelo aquí e que os meus nenos teñan avós, saiban o que é ter un tío... Foi un proxecto de vida. E se non tes tempo para vivila, non ten sentido. Por iso, temos dous días libres á semana, por exemplo.

Que poidamos falar cos provedores cando veñen, preguntar polos seus fillos; tomar un café pola mañá se te apetece, cando traen un viño probalo todos... Esas cousas non hai cartos que as paguen.

Que plans tes de futuro para o Mamá Peixe?

Carta moi de temporada, que vai seguir cambiando por estación; peixes enteiros de segundos, un arroz para acompañar e unha ou dúas carnes para complementar o que non come peixe. Iso é o noso presente e futuro. Traballamos en dous espazos, a parte de abaixo e de arriba, co persoal que temos... Os números dan e somos felices, cambialo sería unha parvada! Pincha

Por Rebeca Munín
Guillermo Pérez posando na súa taberna mariñeira Mamá Peixe. Foto: Iván Barreiro
Pincha Pincha Revista de Gastronomía & Cultura Pincha Santiago | abril 2023 | 23 |

FICHA DO VIÑO:

Adegua:

Adamare wines

D.O.: Sen D.O.

Variedades:

95% Mencía e 5%

Garnacha

Grao: 13,5º

Colleita: 2022

Prezo: En torno aos 16€

crusat & costas
Desfrutando un viño na Viñoteca do Mercado. Foto: Iván Barreiro
| 24 | Pincha Santiago | abril 2023

Adamare: Verbo en latín que significa amar con vehemencia

Precioso nome para un viño e para un proxecto, non si? Pois así de apaixonados comezamos este Pincha primaveral, falando de tres rapaces de Quiroga (Lugo), Víctor, Javi e Iago, que deciden meterse nesta aventura a finais do 2019 Motivados polo cada vez máis patente abandono do rural, o despoboamento dos concellos limítrofes e o seu propio, decidiron poñerse a buscar alternativas para darlle valor aos produtos locais da zona: aceite, viño e mel.

Voulle deixar ao meu compañeiro Crusat que vos fale do proxecto do aceite e do mel, para centrarme no proxecto vinícola, esa “pequena ou grande viaxe”, coma eles din. Inspirados na tradición vitivinícola das súas propias familias, todo comeza en Friamonde, unha pequena aldea situada entre O Saviñao e Taboada, as fincas están moi próximas ao Río Miño e a uns 35 quilómetros de Quiroga en coche. Traballan con dúas viñas en modelo de recuperación das que intentan sacar “a súa mellor versión”.

Preguntados sobre por que o eixo de seu proxecto xira en torno ao viño, contesta Víctor que “xorde ao ver como a meirande parte dos pequenos produtores da zona comezan a producir menos viño para as súas elaboracións para centrarse, case exclusivamente, na produción de uva para as grandes adegas”. Mágoa que este panorama non é novo, posto que moitas veces temos falado deste tema en Pincha. Así, contactan co noso querido e prezado Roberto Regal, de todos coñecido por apoiar os pequenos proxectos de recuperación de parcelas na contorna da Ribeira Sacra. Roberto axúdalles en todos estes anos do proxecto, tanto na vinificación como nas instalacións, posto que Adamare aínda non ten adega en propiedade, sendo este o seu obxectivo a medio prazo.

No caso concreto do viño que nos ocupa hoxe, Adamare 2022, toda a súa produción, 2400 botellas, sae da finca Penadoso: 95% Mencía e 5% Garnacha. Un viño fluído, fresco, onde predomina a froita vermella e unha boa estrutura en boca. Para o resto de cuestións e para o tema do papeo, déixovos con Crusat!!

Adamare: O amor á terra

Adamare é parte do proxecto de tres rapaces amantes da súa terra de Quiroga que queren poñen en valor o seu lugar a través de tres produtos emblemáticos dela. Recuperación e posta en valor dun sector primario apostando pola transformación. Dentro da marca Sinatura engloban o aceite e mailo mel. Co aceite traballan recuperando variedades antigas coma a brava e a mansa, cun pequeno aporte de picual. Todo traballado nunha pequena almazara de Quiroga. No caso do mel traballan en ecolóxico baixo o selo de amparo desa DO integrando no proxecto o mel dun apicultor do Courel e apostando pola preservación do medio e a súa biodiversidade.

Xa centrados no viño, este tinto de Adamare ten mencía (95%) e garnacha tintorera (5%), todas elas dunha soa parcela chamada Penadoso que se atopa sobre chans de lousa. Trátase dunha viticultura tradicional, vendima manual, con respecto o medio. Na adega (neste caso na adega de Roberto Regal xa que de momento no teñen instalacións propias) a uva é despalillada, ten unha maceración de 16 horas, e fermentar con control de temperatura para preservar o máximo posible de aromas primarios. A clarificación do viño realízase por medio de decantación e trasegas, estabilizándose co frío do inverno. Como vedes un traballo na adega coa mínima intervención posible. O proxecto vai crecendo e xa coa anada do 2022 sairá outro tinto ao mercado mais un godello, ámbolos dous traballados en barrica.

O resultado final é un viño que presenta unha capa media alta, de cor vermello cereixa moi vivo e brillante. Aromas de froita vermella silvestre, coma grosella, framboesa ácida, tamén terra e violetas e finalmente regalicia e tostados. Na boca preséntase coma un viño robusto, graxo e con corpo, estruturado e tánico, volvendo a aparecer as notas de froita silvestre cunha acidez contida e ben redondeada. Longo na boca e cun final persistente.

E xa para rematar imos largarlle algo o bandullo, e coma sempre cousas de tempada. Sendo un tinto de mencía fresco, propoño para comezar unha lamprea guisada con tirabeques xa que unha está a rematar a tempada e os outros, a comezala. Ou como segunda opción propoño unha paella de magret de parrulo (si, paella, así para amolar un algo a algunha xente), nela empregaremos a graxa do propio parrulo para a elaboración do sofrito, no que usaremos un chisco de pasta de chile coreana en trocas do pemento en especia ou a ñora tradicional.

Por Jose Crusat Por Lorena Costas
Revista de Gastronomía & Cultura Pincha Revista de Gastronomía Cultura Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha
Pincha Santiago | abril 2023 | 25 |

Burbullas de xabón e osiños de peluche

Pois, que queredes que vos diga? Aburridiño anda o panorama musical ultimamente nesta cidade. Non sei se a pandemia nos deixou a todos para o arrastre, se xa está todo inventado musicalmente falando e a xente xa non sabe que camiño seguir, ou se realmente a todos vos encanta o blues, os ukeleles ou tirar de versións de clásicos é a saída máis fácil para moitos músicos que pululan polas rúas de Compostela? O caso é que os meus oídos están un pouco cansos de escoitar o de sempre. Onde vai aquel ambiente que se respiraba nos 90’s? Igual é que me vou facendo maior e cada vez me volvo máis esixente. Sexa cal sexa o motivo, o certo é que cada vez me resulta máis difícil decidir quen será a próxima banda ou artista que forme parte desta sección que estades lendo. Mais tranquilos! Sempre queda alguén que me encha os tímpanos de orgullo e satisfacción e por suposto, haberá corda para rato…

Dende as catacumbas da Cidade do Apóstolo, chegan TRIKORNIO. Un power trío que recolle influencias que van dende o rock máis clásico, pasando polo metal, a psicodelia, dub, experimental ou o rock progresivo, nunha mestura persoal que non deixa indiferente.

TRIKORNIO nace no 2020 das cinzas do trío Reino Animal. Trala saída da banda do seu baixista (Miguel Amenedo), Pablo Antorrena (batería) e Luís Iglesias (guitarra e voz) deciden refundar o grupo dando entrada a un novo membro: Estrella Rebordelo (baixista). Na súa proposta artística a palabra chave é “intensidade”. A súa música ao vivo é indomeable, con escaso espazo para o descanso e cunha posta en escena enerxética e contaxiosa.

Posúen dúas obras mestras dignas de escoitar: ‘Hikkikomori, 2020’ e ‘Rekortes de Ostias, 2021’, que podes adquirir tanto fisicamente como nas plataformas dixitais de moda, ademais de varios videoclips circulando polo espazo sideral cibernético. Aínda que xa van sendo horas dunha nova entrega enlatada, non rapaces(zas)? Aí volo deixo caer!

E ti? Que fas aínda aquí lendo isto? Pasa a botarlle un ollo á súa canle de Youtube!

plástico elástico plástico elástico plástico elástico Por César Varela plasticoelastico.cat
666 rpm | 26 | Pincha Santiago | abril 2023

Recomendacións para celebrar o Día do Libro 2023

Como cada ano o 23 de abril celebrarase o Día Internacional do Libro. Aquí tes as recomendacións das nosas librarías de referencia en Compostela para conmemoralo cunha boa lectura ou facendo o mellor dos agasallos :

Así fala Penélope (Unha antoloxía de xénero)

Marta Dacosta escolma poesía de autoras galegas desde finais do século XX até a actualidade. Panorama histórico e actual dunha multiplicidade de voces e da potencia da poesía galega. Publica Chan da Pólvora.

RE-READ Libraría Lowcost (Santiago de Chile, 2)

As crónicas do Sochantre Álvaro Cunqueiro é un dos clásicos imprescindibles das nosas letras e esta obra, fantástica, humorística e chea de crítica social, parécenos a súa mellor novela, de lectura fácil e con esa linguaxe peculiar que caracteriza a Cunqueiro. Un libro que tería que estar en todas as casas.

(h)amor 8 gordo

Coordinado por Tatiana Romero. VVAA.

Marabilla de libro colectivo que sacude, conmove e ilumina. Trae, politiza e socializa as experiencias que xorden da/s gorduras e a gordofobia sufrida, a ritmo de manifestos, poesía, narrativa e experiencias. Un grande libro de tamaño pequeno.

Escarlatina, a cociñeira defunta

Esta novela acadou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no 2015, pero ademais de gozar dunha entretidísima historia de aventuras da man de Ledicia Costas, o libro ten unha morea de receitas para facer en familia, polo que amais de entreter os pequenos, pode desfrutarse en familia.

Carcoma

De Layla Martínez

Novela curta onde escoitamos as voces dunha aboa e unha neta e a presencia omnipresente da casa e dos espíritos que alí habitan. Xenealoxía de mulleres e coidado da vida.

A mí este siglo se me está haciendo largo

Da man dun dos humoristas galegos máis afamados, poremos risas a este século XXI tan cheo de sobresaltos, porque o humor, as risas, son una terapia infalible para os tempos de incerteza. Entretemento e evasión é o que atoparemos nesta proposta de Luis Piedrahita

#delibros
LILA DE LILITH (Rúa Travesa, 7)
Pincha Santiago | abril 2023 | 27 |

PARA GOZAR NO RIQUELA...

ABRIL E MAIO

Nos próximos días poderemos gozar na Sala Riquela de:

- Pinchadas e Djs. Os venres e sábados a partir das 23.30h. Entrada libre.

- Tacón Gitano. Xoves 6 de abril ás 21.00 h. Entradas: 5€ (+gastos)

- Banda residente: The Fabulous Resaca Brothers. 14 de abril e 5 e 26 de maio. Entradas: 6€ (+gastos)

- Banda residente: Sabela king & The Hearbreakers. Mércores 12 de abril ás 21.00 h. Entradas: 5€ (+gastos)

- ‘Probando, Gravando’, de David Amor. Xoves 27 de abril ás 21.00 h. Entradas: 14€ (+ gastos)

ESTREA DE ‘THE GREAT GRETA’

TEATRO PRINCIPAL

14 DE ABRIL ÁS 20.30 H | PREZO: 10 €

‘The Great Greta’ é un espectáculo multidisciplinar que combina danza, humor e circo para levar á escena unha oda á xente rara, que sae dos estereotipos existentes na sociedade actual. As situacións absurdas, a música, os obxectos especialmente coidados da escenografía e unha protagonista peculiar, farán que as aventuras de ‘The Great Greta’ sorprendan a toda clase de público.

DIRECTOS NA SALA SÓNAR

ABRIL E MAIO

Nos próximos días escoitaremos na Sala Sónar a:

- Dani Flaco. Sábado 15 de abril

ás 22.00 h. Entradas: 15,60 €

- Vera Fauna. Venres 21 de abril

ás 22.00 h. Entradas: 8 €

- Confeti de Odio. Venres 12 de maio ás 22.00 h. Entradas:

7,21€

- Guiu Cortes. Sábado 13 de maio

ás 22.00 h. Entradas: Desde

10 €

ÁNGEL MARTÍN: ‘PUNTO PARA LOS LOCOS’

AUDITORIO ABANCA

20 DE ABRIL ÁS 20.30 H |

PREZO: DESDE 16 €

Con ‘Punto para los locos”, Ángel Martín tentará que entendas que o único que nos diferencia non é se estás ou non estás tolo, senón a que volume están na túa cabeza a voz da vergoña, o medo, os abafos, a impaciencia... e tentará que, a próxima vez que unha desas voces volva, non poidas evitar burlarte dela e poñer no marcador outro “punto para os tolos”.

GALA ENREGUÉIFATEREGUEIFESTA

AUDITORIO DE GALICIA

14 DE ABRIL ÁS 11.15 H

Un milleiro de persoas, entre escolares e alumnado improvisador chegado de diferentes puntos de Galicia e de centros educativos de Euskadi e Cataluña, xuntaranse na gala de entrega de premios do certame Enreguéifate, o proxecto impulsado polos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír por medio dela á promoción do uso da lingua galega.

CARMINHO PRESENTA ‘PORTUGUESA’ AUDITORIO DE GALICIA

15 DE ABRIL ÁS 20.30 H | PREZO: 14 €

A gran voz do fado e unha das artistas portuguesas con maior proxección internacional, Carminho, chega a Santiago para presentar o seu novo álbum ‘Portuguesa’. Nunha busca pola profundidade do seu pensamento sobre o fado, Carminho explota varias combinacións dentro dos canons, repensando a forma e movéndose como peixe nunha auga que é a súa.

GRAN GALA DO CIRCO DE

COMPOSTELA

AUDITORIO DE GALICIA

16 DE ABRIL ÁS 18.30 H | PREZO: 3 € Espectáculo multidisciplinar e variado, organizado polo Concello de Santiago en colaboración con Pistacatro, a cargo dun determinado número de artistas que dan o mellor de si mesmos en pequenas pezas de cinco ou dez minutos. Todo isto conducido por un mestre de cerimonias, que se encargará de fomentar a participación do público, de aportar o ton cómico e de administrar as pequenas doses de arte concentrado.

CONCERTO DE LUIS FERCÁN

TEATRO PRINCIPAL

20 DE ABRIL ÁS 20.30 H | PREZO: 10 € Luis Eduardo Fernández Cano ou “Luis Fercán”, como é coñecido, é unha das voces máis persoais e recoñecibles do panorama musical actual. Tras pasar por varias bandas, no 2016 comeza o seu camiño en solitario como un dos cantautores emerxentes máis recoñecidos. En novembro de 2021 presenta o seu novo disco ‘Canciones completas desde una casa vacía’, producido por Nacho Mur, e gravado nunha casa abandonada da súa familia, na súa Galicia natal.

| 2 axenda Axenda suxeita a posibles modificacións. Consulta novidades en revistapincha.gal/axenda-gastrocultural | 28 | Pincha Santiago | abril 2023

O CENTRO DRAMÁTICO GALEGO ÁBRENOS ‘UN HOTEL DE PRIMEIRA SOBRE O RÍO’

Un diálogo entre o texto orixinal da autora co teatro do movemento, a danza, a música e as artes visuais. Así se define de partida o novo espectáculo de produción propia do Centro Dramático Galego que estará en carteleira no Salón Teatro durante todo o mes.

Despois do desafío de representar ‘Shakespeare en Roma’ no Pazo de Fonseca, a compañía teatral da Xunta de Galicia retorna ao seu escenario da rúa Nova coa totalidade de funcións inclusivas desta nova proposta baixo a dirección escénica e dramaturxia conxuntas de Gonçalo Guerreiro e María Torres

Cunha coidada composición estética e unha rigorosa investigación sobre textos e imaxes, a peza convídanos a abordar diferentes xeitos de vivir no rural e a cuestionar a xestión dos recursos naturais.

A especulación urbanística, a depredación do medio natural ou o desarraigamento son algúns dos temas arredor dos que xira Un hotel de primeira sobre o río a través da personaxe de Ruth, quen vive e traballa nun val afectado por un proxecto urbanístico e sofre a presión para que abandone o seu fogar e as súas raíces.

Iván Davila, Raquel Espada, Sofía Espiñeira, Nicolás Otero, Merche Pérez, Pablo Sánchez e Lidia Veiga son os actores

e actrices cos que cobra vida a historia que aborda de cheo unha temática de total actualidade: a relación entre preservar a tradición fronte ao moitas veces mal chamado progreso.

Outros membros do equipo artístico son Carolina Díguele no vestiario e produción de arte, Manuel Fonte Loureiro na composición musical e Nacho Martín na iluminación. María Torres asina ademais a autoría dos textos complementarios e Gonçalo Guerreiro, a escenografía.

Coa estrea de Un hotel de primeira sobre o río, peza que recibiu o Premio Castelao en 1968, o Centro Dramático Galego retorna á nosa dramaturxia clásica co teatro escrito por unha das figuras transcendentais da literatura galega como é Xohana Torres.

ONDE? No Salón Teatro (rúa Nova, 34)

CANDO?

do 31 de marzo ao 30 de abril (mércores e domingo ás 18,00 h; xoves, venres e sábado ás 20,00 h)

ENTRADAS

á venda en www.ataquilla.com e no despacho de billetes do Salón Teatro os días de función

must
Pincha Santiago | abril 2023 | 29 |
Foto de ensaios.

noventa ata hoxe, o seu amplo repertorio cheo de éxitos fai que Luz Casal sexa recoñecida internacionalmente como unha das voces femininas máis importantes e representativas da música e a cultura española.

baile de raíz, está á altura de calquera outro tipo de danza.

presentan en Santiago ‘Buenismo bien’, un espectáculo baseado no programa de radio que presentan e no que os chistes disparan a rabia ‘pa’rriba’.

’NÓ’ DE ELAHOOD TEATRO PRINCIPAL

21 DE ABRIL ÁS 20.30 H | PREZO: 10 €

‘NÓ’ convida ao público nunha viaxe onírica, estirando e deformando o significado do que é importante. Baixo un filtro de ironía e fantasía, a compañía deixa ver pegadas do debate actual que atende a deconstrución de xénero e a conciencia de clase. O espectáculo conta coa estética máis característica da compañía, unha danza precisa, limpa e extremadamente coordinada.

TRANSMISSIONS: CONFERENCIA BAILADA

SOBRE DANZAS

URBANAS

TEATRO PRINCIPAL

CONCERTO DE MARLON SALA CAPITOL

28 DE ABRIL ÁS 21.00 H |

PREZO: DESDE 26,40 €

Marlon chega a Santiago coa súa xira máis especial: ‘Tour Amores de Esos 2023’. Neste concerto o público poderá gozar dos novos singles da banda, pero tamén dos seus éxitos de sempre que fixeron que cheguen onde están hoxe.

MARCOS TEIRA E TON

RISCO, EN DIRECTO

TEATRO PRINCIPAL

30 DE ABRIL ÁS 20.30 H | PREZO: 10 €

TERCER CUERPO AUDITORIO DE GALICIA

22 DE ABRIL ÁS 20.30 H | PREZO: 14 €

Natalia Verbeke, Carmen Ruiz, Carlos Blanco, Nuria Herrero e Gerardo Otero protagonizan este espectáculo de Producciones Teatrales Contemporáneas. Unha oficina escangallada, a casa dunha parella, un bar e un consultorio médico. Diferentes sitios que se alternan nun mesmo espazo conxugando a vida de cinco personaxes. Úneos a soidade, a incomprensión e a necesidade de amar. Cinco vidas, cinco desexos de amar, cinco persoas incapaces.

27 DE ABRIL ÁS 20.30 H | PREZO: 10 € Transmissions é unha conferencia-espectáculo que combina música, audiovisuais, palabra e movemento en vivo para explicar as danzas urbanas en todas as súas dimensións. Onde, cando e por que se xeraron estas formas de expresión? Que as caracteriza? Como continúan desenvolvéndose hoxe en día?

ILUSIONANTE AUDITORIO ABANCA

29 DE ABRIL ÁS 19.30 H |

PREZO: DESDE 10 €

Show de maxia familiar de Pedro Volta, ilusionista galego renovado, innovador e de dilatada traxectoria nos escenarios que se caracteriza por unha máxica capacidade para contar historias sorprendentes, interpretando números de gran impacto. Maxia ultra moderna e emocionante inspirada en series e películas como a Casa de Papel, Regreso ao futuro ou Mandalorian. Pasa unha tarde ilusionante chea de maxia, emoción e asombro en familia.

O vibrafonista Ton Risco e o guitarrista flamenco Marcos Teira acaban de gravar o seu primeiro disco xuntos despois de anos entrecruzándose e coqueteando a ámbolos dous lados dos escenarios e as partituras. Unha parella de instrumentos infrecuente ao redor dun estilo absoluto, o flamenco, que ambos fan pasear por un repertorio aberto, que parte de arranxos de composicións persoais e abre os seus puntos cardinais para acariñar a canción hispanoamericana, da zamba ao choro.

CONCERTO DE LUZ CASAL

PALACIO DE CONGRESOS

22 DE ABRIL ÁS 20.30 H |

PREZO: DESDE 40 €

Unha solista referente na música, cuxa significación transcendeu ao ámbito cultural. Desde os anos

ESTREA DE ‘O QUE NON SE VE’

TEATRO PRINCIPAL

28 DE ABRIL ÁS 20.30 H | PREZO: 10 € ‘O que non se ve’, de Et suseia danza, expresa a necesidade de unir dous estilos de danza, a tradicional galega e a contemporánea. Pretende amosar o que pode existir debaixo das vestimentas do traxe tradicional galego, ensinando que o noso

BUENÍSIMO BIEN AUDITORIO ABANCA

30 DE ABRIL ÁS 18.00 H |

PREZO: DESDE 16 €

Confesións, políticos corruptos e divas do pop. Manuel Burque, Henar Álvarez e Quique Peinada

ANDRÉS SUÁREZ, AO VIVO

SALA CAPITOL

5 E 6 DE MAIO ÁS 20.00 H |

PREZO: DESDE 30 €

O cantautor Andrés Suárez presentará en Santiago o seu novo traballo ‘Viaje de vida y vuelta’, publicado en febreiro deste ano, con dous concertos na Sala Capitol.

Consulta novidades en revistapincha.gal/axenda-gastrocultural

3 | axenda Axenda
a posibles modificacións.
| 30 | Pincha Santiago | abril 2023
suxeita

IVÁN VILELA E PABLO CASTAÑO, AO VIVO TEATRO PRINCIPAL

6 DE MAIO ÁS 20.30 H | PREZO: 10 €

O encontro de Ivan Vilela, virtuoso da viola de dez cordas –viola caipira ou aínda viola brasileira– e un dos artistas máis influentes da música instrumental brasileira, con Pablo Castaño, nome referencial do novo jazz galego, revélasenos en Mat[R]iz (aCentral Folque, 2022), unha das principais novidades no panorama discográfico galego do ano.

elegante, pausado, unhas veces delirante e outras sobrio; oscilando entre os xéneros rap, trap e r&b, formando desta maneira a súa propia identidade ata o día de hoxe.

UNHA INIMIGA DO POBO

TEATRO PRINCIPAL

12 E 13 DE MAIO ÁS 20.30 H |

PREZO: 12 €

Tito Asorey dirixe este espectáculo de Talía Teatro. Helena é unha doutora de prestixio internacional que regresa á vila natal para comezar unha nova etapa xunto ao seu compañeiro. Embarazada de cinco meses, afronta o seu novo estado coa ilusión por un novo proxecto profesional co balneario que ela mesma deseñou e que se presenta como un alternativa turística sostible e saudable.

¡POR FIN SOLO!

AUDITORIO DE GALICIA

18 DE MAIO ÁS 20.30 H | PREZO: 14 €

Este é o espectáculo que todos os seguidores de Tricicle quererán ver porque conta os segredos dunha compañía moi querida alá onde fora. É un espectáculo que combina o que se di e como se conta a través do xesto e a palabra de Carles Sans, quen perfila unha galería de divertidos e entrañables personaxes.

FUXAN OS VENTOS, 50 ANOS DE HISTORIA.

1972-2022

SEDE AFUNDACIÓN

ATA O 25 DE MAIO

En 1972, no III Festival das San Lucas de Mondoñedo, Fuxan os Ventos daba comezo a unha traxectoria musical que se definiría cunha fórmula propia: conxugar a música tradicional coa defensa do país. Despois de 50 anos, activamos a memoria para lembrar unha das agrupación máis emblemáticas da música galega a través do seu arquivo persoal.

FREAK TEATRO PRINCIPAL

27 DE MAIO ÁS 20.30 H | PREZO: 14 €

‘Freak’, de Amor Producciones, fala de atopar os límites de cada un e de cada unha e para facer isto, ás veces, é necesario sacar á luz o que ocultan os ósos, a pel e o sexo propio. Paula Amor dirixe a Lorena López e Lara Serrano.

CONCERTO DE ZETAZEN

SALA CAPITOL

12 DE MAIO ÁS 20.30 H |

PREZO: DESDE 20 €

Zetazen comezou as súas andainas alá por 2008, e desde entón levou a súa música baixo un estilo

DO PRACER E DA MORTE

TEATRO PRINCIPAL

25 DE MAIO ÁS 20.30 H | PREZO: 12 €

A Feroz presenta este espectáculo que é, en esencia, un tríptico cun algo de bosquiano, unha viaxe con ecos de Boccaccio, unha parábola con tinturas bíblicas e unha fenda rabiosa na nosa existencia plana de humanxs brancxs occidentais e parcialmente desclasadxs.

AMANTIS. SELFIES, SEXTING E OUTRAS FORMAS DE AMAR(SE)

TEATRO PRINCIPAL

26 DE MAIO ÁS 20.30 H | PREZO: 12 €

Amantis conta a historia de M., un rapaz de barrio obreiro que quere ser influencer, amado, aceptado. Nese camiño topará coas trampas dun universo intanxible no que non todo é o que parece e no que descubrirá que el mesmo non é quen pensaba ser.

LOOP AUDITORIO DE GALICIA

27 DE MAIO ÁS 18.30 H | PREZO: 3 € Marca de “fábrica” de Aracaladanza, a linguaxe, o traballo e os misterios do propio escenario converten a ‘Loop’ nunha dramaturxia visual, libre como os soños que con imaxes, constrúe o que sempre está por suceder sobre as táboas. Esa é a maxia á que aspira ‘Loop’.

Se programas algún evento gastronómico ou cultural en Santiago ou comarca que quixeras que apareza na nosa axenda, escribe a:

redaccion@revistapincha.gal

Axenda suxeita a posibles modificacións. Consulta novidades en revistapincha.gal/ axenda-gastrocultural

| 4

Rúa de San Paio de Antealtares, 16 Santiago de Compostela

Me e X de 10:00 a 01:00 Ve e S de 10:00 a 2:00 D de 10:00 a 22:00

T. 669 852 768 acarrilana.com

Rúa de San Lázaro, 54 Santiago de Compostela

T. 981 586 459 - acasadavina.gal acasadavina@gmail.com facebook.com/casadavina instagram.com/vinaacasada

Santiago de Compostela

T. 981 556 179 alareirasantiago.es FB e IG @alareira_santiago

Tamén take away

Rúa de San Pedro, 120 Santiago de Compostela

De 13:00 a 15:45 e de 20:00 a 22:30 Pechado Luns e Martes

T. 981 589 600 - amaceta.com

COMIDA PARA RECOLLER

Avda. Benito Vigo, 70 - A Estrada

De 13:00 a 17:00 e de 20:00 a 00:00 Luns e martes pechado

T. 986 571 226 - argentinosburguer.com

Avenida de Ferrol, 9 Santiago de Compostela

L a S de 13:30 a 15:30

e de 20:00 a 23:30

artesanagastrobar.com

COMO NA TÚA CASA

Rúa San Lázaro, 104 Santiago de Compostela

Rúa das Galeras, 28 Santiago de Compostela

T. 652 332 410 abrasador.com

PEDIDOS NA WEB E POR TELÉFONO

Rúa Nova, 46 Santiago de Compostela

T.981 583 981 - latitacompostela.com info@latitacompostela.com FB e IG @latitacompostela

De Me a S de 12:00 a 16:30 e 19:30 a 23:30 - D de 12:00 a 16:30

Luns a Venres de 9:00 a 17:00 Sábados de 12:00 a 18:00 e tamén nas actuacións dende unha hora antes

T. 981 573 807 cafeterialasso.gal facebook.com/cafeterialasso

Alejandro Pérez Lugín, 11 Santiago de Compostela T. 881 944 686 - @flamingocompostela
T. 981 566 607 - labodeguilla.gal hostalaría | 32 | Pincha Santiago | abril 2023

mamá peixe

taberna mariñeira

Rúa da Algalia de Arriba 45 Santiago de Compostela

De 13:30 a 15:30 e de 20:30 a 22:30 Me e D só mediodía. Luns pechado

T. 981 070 526 - mamapeixe.webnode.es

– EST 2005 –

milongasparrillada.com

FB e IG @milongasparrillada

Avda. Raxoi, 19 - Baixo Santiago de Compostela

SERVIZO A DOMICILIO E PARA LEVAR

Rosalía de Castro, 23 Santiago de Compostela

T. 981 590 538 oreidobocadillo.com

Rúa de San Pedro, 16 Santiago de Compostela

De L a S de 13:30 a 15:45 e de 20:30 a 23:15

T. 981 577 633 - dezaseis.com

RESERVAS NA WEB EN TEMPO REAL

Santiago de Compostela

981 587 196 info@osendeiro.com osendeiro.com

Vía Galileo s/n [Pol. do Tambre] Santiago de Compostela

L a V: 06:00 a 22:00

S: 06:00 a 14:00 - D: 08:30 a 14:00

T. 981 561 933 cafeteriapoligono@gmail.com

Rúa Nova de Abaixo, 36 Santiago de Compostela

T. 981 591 947 raicesgalegas.gal

Cafés de espacialidade torrados en Santiago coffeemori.com

Rúa Nova, 32 Santiago de Compostela

J.A.Brenlla RESTAURANTEOFERRO

Rúa de Sempre en Galiza, 1 Santiago de Compostela

De 11:00 a 23:45 - Sábados pechado

T. 981 592 399 restauranteferro@gmail.com restauranteferro.com

A ALMA DE GALICIA

Rúa das Casas Reais, 21 Santiago de Compostela

T. 981 115 092 reservas@grupoorixe.com orixegastronomiagalega.com

Preguntoiro, 35 Santiago de Compostela

riquela.com

> Consulta novidades nas páxinas webs e redes sociais de cada local, así como na Guía de Ocio e Compras de revistapincha.gal Pincha Santiago | abril 2023 | 33 |

Rúa da Raíña, 4 - Santiago

De 11:00 a 15:30 e de 19:15 a 23:00

T. 981 572 257 restaurantesanjaime.com info@restaurantesanjaime.com instagram.com/restaurante_san_jaime

Rúa Mazarelos, 4-5 Santiago de Compostela

T. 696 484 123 sonarcompostela.com

Consulta novidades nas páxinas webs e redes sociais de cada local, así como na Guía de Ocio e Compras de revistapincha.gal outros

negocios

Asesoría Laboral, Fiscal, Jurídica y Contable

Javier Alvarellos

Mª del Mar Rodríguez - Pablo Vizoso

t. 981 570 393 – 608 883 589

Rúa Travesa, 7 Santiago de Compostela

T. 981 571 469 liladelilith@gmail.com

L a V de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 S de 10:30 a 14:00

Área Central, local 25K1 1ª planta Santiago de Compostela

T. 981 587 090 - IG. @maria_solla

L a V de 10:00 a 18:00

S de 9:30 a 15:00. Ma pechado

NOVO SERVIZO ONLINE pandamoa.com/tenda

Rúa do Cubelo, 27 Santiago de Compostela

Re-compramos e Re-vendemos libros

Santiago de Chile, 2 Santiago de Compostela

T. 881 998 420 facebook.com/rereadsantiago instagram.com/rereadsantiago twitter.com/RereadSantiago1

T. 682 410 689 - info@seispes.com

www.seispes.com

SIGUE LENDO OUTROS NEGOCIOS HOSTALARÍA GUÍA DE OCIO
Í
LOWCOST
LIBRAR
A
T. 981 552 352 hostalaría
Únete a nós!!! | 34 | Pincha Santiago | abril 2023
publicidade@revistapincha.gal

O CENTRO EUROPEO DE ASUNTOS

MINORITARIOS (ECMI) INTERÉSASE POR PINCHA

Sergiusz Bober e Facundo Reyna-Muniain, do Centro Europeo de Asuntos Minoritarios (ECMI), realizaron unha entrevista á directora de Pincha, Rebeca Munín, para coñecer o proxecto da nosa revista.

Os dous expertos atopábanse en Santiago participando no seminario ‘Medios de comunicación en linguas minoritarias – O galego e linguas minoritarias de Europa’, que organizou o ECMI en colaboración co Instituto da Lingua Galega e o Consello da Cultura Galega. Durante tres días, do 22 ao 23 de marzo, desenvolvéronse catro mesas redondas de debate e dous obradoiros de escritura e redacción.

A NOSA DIRECTORA, NA GUÍA ‘20XVINTE’ DA PROVINCIA DA CORUÑA

Anosa directora, Rebeca Munín, é unha das vinte embaixadoras da nova guía turística ‘20xvinte’, dirixida por Mónica S. Castromil.

Vinte mulleres recomendan vinte espazos da provincia da Coruña nesta guía que podedes atopar en diferentes establecementos e tamén na web 20xvinte.es

Ferrol, A Coruña, Santiago, Caión, Arzúa, Ordes, Muros, Cedeira... son algúns dos lugares elixidos por estas vinte xornalistas galegas. O Barbanza foi o espazo escollido por Rebeca Munín, que define como un paraíso para desconectar.

E NA NOSA WEB...

Contámosvos quen gañou a VII Gala Show Cooking de Tapas por Galicia, que organiza Turismo de Galicia con representantes das sete cidades galegas; explicámosvos como foi o II Encontro do Viño Galego Revera Vinum, que organizou a Asociación Hostalaría Compostela no San Francisco Hotel Monumento; e podedes ler unha entrevista con Eloy Domínguez e Samuel Moreno, directores de ‘Al otro lado del mar’, película gañadora da sección Galicia na 18ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) que organizou o Museo do Pobo Galego.

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.