EROSKI_JULIO_2020_GALLEGO

Page 18

este mes

A VIAXE DA ANCHOA

Do mar á peixería Que acontece dende que se captura un peixe ata que chega ao supermercado? Canto custa levalo á tenda e quen participa no proceso? Por que é importante que chegue en menos de 24 horas?

C

ontámosche o percorrido que fai a anchoa dende o mar ata a tenda. Tras a súa captura, descárgase no porto, mércase na lonxa, clasifícase, envíase á plataforma e chega ás nosas peixerías.

Un exercicio de transparencia ligado á nosa vocación social como cooperativa de consumo e ao noso compromiso de te informar para que, como consumidor, poidas decidir a mellor opción de compra.

1

A través destas liñas amosámosche a viaxe que fai a anchoa EROSKI Natur dende que se pesca no Cantábrico ata que chega á túa mesa e como contribúe ao desenvolvemento económico e social dos implicados. Un proceso no que o tempo é clave.

A PESCA

Na primavera e no verán, cando o sol quenta a superfi cie do mar, as anchoas ascenden ás capas superiores para se alimentaren e reproduciren. Daquela xa adquiriron maior cantidade de graxa e a súa carne é máis aromática e saborosa, polo que é a mellor época para as pescar. Comeza entón a campaña da anchoa no Cantábrico que, polo xeral, se estende de marzo a xuño. Este ano comezou en marzo, aínda que estivo suspendida durante un mes pola excepcional situación xerada pola COVID-19. Outra característica da pesca da anchoa é que, para protexer a especie, se establecen límites de pesca ou cotas. Os permisos para a súa captura comezan en marzo e esténdense ata que remata a

cota asignada, polo que, se a frota alcanzou o tope antes do mes de xuño, non é posible pescar máis. Durante a campaña, os barcos saen faenar ata a alborada buscando bancos de anchoa. Cando atopan un, lanzan as redes. A anchoa EROSKI Natur péscase só con embarcacións certifi cadas co selo MSC (Marine Stewardship Council), que traballan con redes de cerco, un método selectivo e respectuoso co medio mariño, xa que non se capturan outras especies e o dano ao ecosistema é mínimo. Os requisitos de MSC contrólanse mediante auditorías externas, que só dan o visto bo se se garante que o proceso se leva a cabo de xeito minucioso, metódico e contrastable.

18

018-022 CADENA DE VALOR ANCHOA GAL.indd 18

17/6/20 18:31


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.