COUSAS DE - revista Nº6

Page 1

ANO 2 / NÚM. 6 VERÁN 2020

www.cousasde.com



SUMARIO

NÚM.

6

Esta é unha edición moi especial para nós e co deseño da portada queremos sobre todo, transmitir o noso agradecemento a todos os que dunha ou outra maneira acompañástesnos durante este tempo.

04\ Editorial 06\ Opinión

Suso Vila

07\ Turismo 08\ Rías Baixas 10\ Actualidade

Baiona

12\ REPORTAXE

7 Miradas, 7 Parroquias - Nigrán

16\ Opinión

Carlos Meíxome

18\ Actualidade

Eurocidades, Tui e Redondela

24\ REPORTAXE

A esquecida fortaleza de Castrizán

28\ Actualidade

Salceda de Caselas

30\ ESPECIAL

Mercados

32\ Actualidade

A Guarda

34\ REPORTAXE

Antonio Palacios: O Templete do Metro madrileño no Porriño

38\ Enoturismo

Terras Gauda incorpora ao plan de enoturismo roteiros a cabalo polo viñedo

40\ Destino Galicia

Paradores, un referente do turismo por calidade e seguridade

42\ REPORTAXE

Os Biosbardos, unha década construíndo unha familia para os animais sen fogar

46\ Galaicas

María Soliña, símbolo de Cangas

48\ REPORTAXE

Club Remo do Miño, un club pequeno con sonos grandes

52\ OCIO

Unha visita ao Museo Massó e algunhas propostas para ler este verán

54\ Axenda Cultural 58\ Distribución

Puntos de distribución da nosa revista

cousas de 3


EDITORIAL

DEZ ANOS CONTIGO Neste tempo de confinamento imprescindible,non puidemos celebrar xuntos, como tiñamos previsto, a saía á rúa fai 10 anos da primeira edición da nosa revista COUSAS DE. Tamén nun tempo de crise, decidimos daquela, levar adiante unha idea que non tiña máis sentido, que a de tentar compartir, a través dunhas páxinas escritas con moito agarimo, todo aquilo que temos preto de nos, destacando principalmente o traballo que fan dentro das asociacións, personas que traballan a diario polos demáis; o noso patrimonio, tanto cultural como natural; o turismo e o medio ambiente. Nacemos nun momento no que os medios de comunicación vivían (aínda hoxe) tempos difíciles. Pero todo cambiou cando decidimos comezar a editar a nosa revista cunha cobertura comarcal, e comezamos no Val Miñor, Pasaron anos, que nos deixaron moitas historias que contar, moitos obstáculos superados e tamén un soño cumprido, o dun proxecto que se consolidaba día a día e un medio de comunicación que se afirma na súa credibilidade e calidade, algo que conseguimos grazas a todas as persoas que ao longo destes 10 anos, colaboraron achegando a súa experiencia e coñecementos. Sempre cunha idea clara do que queriamos contar, a publicación que facemos chegar ao lector é un produto que foi “mimado” e coidado en todos os seus detalles . Co tempo fomos crecendo, e hai catro anos incorporamos unha nova edición para Baixo Miño, e engadimos novos propósitos, como o de informar sobre todo o que sucede en relación ás iniciativas que se toman nese espazo común que é o Rio Miño, contribuíndo na medida do posible á construción e fortalecemento dun futuro común, dando a coñecer todo aquilo que se está a facer na mobilidade, accesibilidade, na protección do Medio Ambiente e en definitiva, en todo o que afecta a calidade de vida das persoas. Nesa liña, tomamos a decisión de seguir editando no sur da provincia, que é o noso territorio natural, iso sí, axuntando toda a información nunha soa revista, con máis páxinas e máis reportaxes -como a que o lector ten nas súas mans-. Porque hai moitos asuntos que son de interese compartido entre os diferentes concellos e algúns, que suscitan gran interese mesmo entre diferentes comarcas. Quero lembrar por exemplo: EURURAL, DESTINO GALICIA ou, COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA-AECT RÍO-MIÑO Dende aquí queremos dar as grazas, unha vez máis, a todas e todos os que ao longo deste tempo colaboraron e colaboran aportando a súa experiencia e por suposto a todas as persoas, empresas e institucións que fan posible, co seu respaldo e agarimo ao proxecto, esta aventura independente que se vai construíndo soño a soño, revista a revista.

Edita: EDICIONES BASAN, S.L. C/ López de Neira, nº 3, 3º. 36202 Vigo. cousasde@edicionesbasan.com. Director: Jesús G. Bastida jesusgbastida@cousasde.com Deseño e maquetación: CREACIÓN ANIMAL Colaboradores: Anxo Rodríguez Lemos, Pablo Fernández Estévez, Carlos Méixome, Suso Vila, Álvaro Peralta, Juan Ramón Tamuxe, Rosana Calvo, Judit Bernárdez, Manu Sobrino, Rosa Vilar, Silvia Cernadas, Xosé Ramón Paz Antón

4 cousas de

Periodicidade trimestral.

Departamento Comercial: revistacousasde@cousasde.com Teléfono: 626 993 480 Web e redes sociais: www.cousasde.com

redacción@cousasde.com Depósito Legal: VG 229-2019 A empresa resérvase todos os dereitos da publicación, sen que poida reproducirse total ou parcialmente o seu contido, sen o consentimento previo dos editores.

Distribuída en: A Guarda, Baiona, Redondela, Gondomar, Nigrán, Oia, O Rosal, Salceda de Caselas, Tomiño, Tui, Mos e O Porriño, Soutomaior, Ponteareas, Salvaterra do Miño, Bueu, Cangas, Moaña, Vilaboa, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves. En Portugal: Valença, Cerveira, Caminha e Monçao


VIVE

VAL MIÑOR

cousas de 5


PÁXINA 6 / OPINIÓN

UN PROXECTO MUSEÍSTICO PARA O “CÁRCERE VELLO” por Suso Vila, Dr. en Historia da Arte O chamado “cárcere vello” en Tui é un conxunto de edificios no que salienta o cárcere público de 1584 xunto con outras dependencias que a partires de 1729 sería da congregación xesuítica, coa escola e capela. En 1767 expulsados os xesuitas de España o edificio tería unha vida complexa, da ruina da capela en 1788 á construcción da escola de nenos e nenas en 1817 polo bispo Juan García Benito. Na década de 1990 sería restaurada polo Escola Obradoiro que empregaría o edificio para uso educativo. O Concello de Tui leva tempo repensando o lugar, moi desaproveitado e nunha rúa estratéxica da cidade vía de paso dos peregrinos cara a Catedral. Así desde hai máis dunha década xa se tiñan prantexado o uso do edificio como Centro de Interpretación ligado ao Camiño de Santiago. A presentación o pasado 22 de maio dun proxecto pola empresa Trivium e a concretización da inversión para transformar o antigo inmoble nun espazo cultural para a cidade foi unha excelente nova para Tui. Unha das vantaxes do proxecto de Trivium é a súa flexibilidade aínda que partindo dun referente como é o camiño xacobeo e que sexa un lugar de acollida para os peregrinos. Aínda así botei en falta na presentación algunha referencia á primeira cousa que debería expoñer ou explicar o centro cultural: o propio edificio, historia, arquitectura e urbanismo. Nun centro de Interpretación é básico amosar ao visitante o lugar onde está, máxime se é un edificio ou conxunto de edificios como no caso con moita historia. Non só debemos falar do antigo cárcere público, que é unha parte do conxunto, senón do espazo no que estaba a capela dos xesuitas (o patio actual). Pero tampouco debemos perder ollo cos inmobles que fican na parte superior, xunto do muro do claustro catedralicio, toda vez que esas vellas vivendas daban a unha antiga rúa medieval. Curiosamente explicando o edifício onde estará o centro cultural poderíamos amosar a mesma evolución histórica dunha parte da cidade. Por outra banda a sección ligada ao camiño de peregrinación non debería caer nunha exposición fotográfica dos lugares polos que pasa o camiño de Tui a Santiago senón explicar os vencellos da cidade co camiño e incluso facelo a través das palabras dos viaxeiros e peregrinos que desde o século XI fixeron camiño por Tui. Deste xeito non só acharíamos as ligazóns históricas de Tui e o camiño senón que a mesma ollada dos peregrinos amosarían a evolución urbana e histórica da cidade: desde o xeógrafo árabe Al-Idrisi, os cabaleiros ingleses Arnolfo e Osborne en 1147, pasando polo o astrónomo alemán Xerónimo Münzer en 1495, o gran duque Cosme de Médicis en 1669 ou o pícaro italiano Nicola Albani en 1743 entre outros moitos exemplos. A súa visión da cidade ou os seus debuxos aportan unha ollada extraordinaria entre Tui e o camiño reflectindo a evolución urbana de Tui nun percorrido histórico dinámico e atractivo e moi oportuno para un espazo cultural da cidade como o “Cárcere Vello”. Por suposto que caberían moitos aspectos no novo centro cultural pero no que habería que pensar na súa “flexibilidade” e achegar espazos para exposicións temporais (sobre a historia e a arte de Tui e a súa comarca), un lugar de encontro para Tui e de revitalización da cidade histórica.

6 cousas de


TURISMO

ESTE VERÁN ELIXE GALICIA: UN DESTINO COMPLETO E SEGURO CHEGA O VERÁN E GALICIA TRABALLA PARA POSICIONARSE COMO UN DESTINO TURÍSTICO SEGURO. DOS QUE OFRECEN MÁIS GARANTÍAS PARA VIAXEIROS E OS PROPIOS HABITANTES E TRABALLADORES DO PAÍS. CO OBXECTIVO DE GOZAR DE TODOS OS SEUS RECURSOS COA TRANQUILIDADE DE TELOS ADAPTADOS Á NOVA NORMALIDADE. Para isto a Xunta de Galicia adoptou unha serie de medidas que comezaron co Plan de Reactivación do sector cultural e turístico. Un proxecto para ofrecer solucións, xerar liquidez no sector e incentivar a actividade turística, acompañado dun presuposto de 58 millóns de euros. Ao mesmo tempo, a iniciativa Galicia destino seguro, cun orzamento de 8 millóns de euros ofrece axudas aos negocios turísticos para deseñar novos produtos e experiencias, adaptar formatos, dar formación e dinamizar o sector, nun momento de enorme dificultade como o que nos encontramos. Dixitalización do turismo rural e diversificación Unha nova plataforma de comercialización facilitará as reservas online para os establecementos que permiten vivir Galicia dende a experiencia do rural. Unha tipoloxía turística que ben complementa aos xeodestinos, mesmo as cidades galegas. Agrégase a isto unha forte aposta polo desenrolo do turismo enogastronómico en colaboración coas Asociacións das Rutas dos Viños de Galicia. Complementa esta política de diversificación da oferta co chamado turismo MICE, onde a creación dun estudo virtual permitirá a realización de congresos nas modalidades presencial, online e mixta. Turismo familiar e tranquilo Se crearán produtos turísticos comercializables dirixidos ás familias facilitando pagos fraccionados en seis e doce meses sen custo adicional. Proxéctanse novas ofertas con motivo do Xacobeo 2021, fomentando as escapadas e experiencias centradas na enogastronomía, o termalismo, a natureza ou o patrimonio apostando por áreas estratéxicas como a Ribeira Sacra, a Mariña lucense, a Costa da Morte ou os diferentes camiños. Novos programas para coñecer o país Atendendo a actividade dos guías profesionais de turismo se incentivarán as visitas de escolares ou colectivos, coa creación de percorridos e visitas virtuais á vez da creación de programas de formación profesional cos novos programas: ‘A historia a pé de rúa’ ou ‘Volver a respirar en Galicia’. Din que Galicia enfeitiza aos viaxeiros, pois en enquisas, o 99,4% afirman que repetirán e unha porcentaxe similar que a recomendarán a outras persoas. Será coas múltiples ferramentas comentadas, engádese unha ampla oferta de lecer e capacidade de aloxamento. Camiño Seguro Da man do programa Camiño Seguro, se regula unha peregrinación adaptada á actual situación sanitaria cun protocolo integral nos itinerarios xacobeos. Inclúe medidas como limitacións de aforo de entre o 50 e o 75% nos albergues, elaboración de guías e manuais de apoio, formación para máis de 300 albergueiros, axudas para a adaptación dos establecementos, un servizo de asesoramento aos negocios e un novo sistema de reservas online. Porque Galicia e o Camiño de Santiago volven cos valores que sempre nos fixeron grandes e que agora son máis importantes que nunca. cousas de 7


RÍAS BAIXAS

CINCO “BOSQUES TERAPÉUTICOS” PARA DESFRUTAR ESTE VERÁN A Deputación ofrece ata trinta visitas guiadas por cinco enclaves naturais da provincia entre o 18 de xullo e o 27 de setembro Monte Aloia

Se algo nos está a ensinar estes tempos que nos están tocando vivir é que non podemos dar as costas á natureza. Dela sacamos os recursos precisos para sobrevivir, pero tamén nela podemos atopar a fórmula para recuperar o folgo, logo de semanas de confinamento e incerteza. Precisamente nesa liña vai dirixido o novo programa da Deputación de Pontevedra “Bosques Terapéuticos”, unha iniciativa que lanzou para conmemorar o Día do Medio Ambiente e que se semella bastante aos populares “baños de bosque” de Xapón, unha terapia que busca conectar corpo e mente coa natureza, con beneficios no só espirituais, senón tamén físicos. Se a iso lle sumamos cultura e historia, temos o contido do programa “Bosques Terapéuticos” da Deputación. Esta actividade consiste na celebración de varias visitas guiadas interpretativas a cinco parques forestais da provincia durante o verán. Sen dúbida unha excelente oportunidade para fuxir das aglomeracións e facer algo diferente na época estival. Cada visita conxugará natureza coa interpretación dos elementos patrimoniais que albergan, como xacementos arqueolóxicos, construcións tradicionais ou áreas recreativas. 8 cousas de

Enrriba Cabo Udra, abaixo A Picaraña


Os escenarios para cada unha destas visitas, que terán lugar entre o 18 de xullo e o 27 de setembro, serán: Freaza, en Fornelos de Montes, onde podemos atopar un conxunto de muíños de auga reconstruídos e unha senda que discorre polas estupendas fragas do río Barragán; A Picaraña, en Ponteareas, un monte cheo de lendas, unha capela, un viacrucis e os restos dun antigo castelo; Cabo Udra, en Bueu, cunha impresionante ruta de sendeirismo que atravesa praias, acantilados e monte baixo; Camposancos, na Guarda, onde se atopa a citania de Santa Trega, o conxunto arqueolóxico castrexo-romano máis importante do noroeste peninsular; e a Serra da Groba, en Oia, habitada por cabalos salvaxes e vistas á costa rochosa do sur da provincia.

As visitas guiadas serán en cinco parques forestais de Fornelos de Montes, Ponteareas, Bueu, A Guarda e Oia, nas que as persoas poderán darse “baños de bosque” e coñecer os elementos patrimoniais destas paisaxes Serra da Groba Camposancos

Os promotores da idea, que vai desenvolver a Deputación, son o recoñecido artista Sergio Portela, a experta Isabel Fernández e o enxeñeiro forestal Alfredo Agra, todos eles ligados na súa traxectoria aos valores de sustentabilidade

O programa contempla trinta visitas, seis a cada parque forestal, aptas para todos os públicos e cun total de 450 prazas, 15 por ruta debido ás restricións derivadas da Covid-19. Cada unha terá un tema central, segundo as características e valores de cada espazo, e sobre o que xirará toda a actividade, que estará guiada por Isabel Fernández, experta en proxectos relacionados coa difusión e interpretación do patrimonio e do turismo sostible. “En cada unha das rutas haberá unha dinámica específica relacionada cos beneficios dos Bosques Terapéuticos, onde se vai fomentar o uso dos sentidos, a percepción de diversas texturas ou cheiros na natureza, sempre baixo a premisa da conservación e o absoluto respecto ás medidas sanitarias actuais”, explican dende a Deputación de Pontevedra. Os parques elixidos forman parte do programa de recuperación e posta en valor destes espazos que financiou a institución provincial nos últimos anos. Neste senso, dende a Deputación adiantan que “unha parte moi importante da nova economía vai estar ligada á natureza, que ten valores que podemos desenvolver sendo moi respectuosos coa contorna e traballando para melloralos e deixar unha pegada humana do século XXI”.

cousas de 9


ACTUALIDADE

BAIONA SERÁ SEDE DO MUNDIAL DA CLASE J80 DE VELA EN 2023 O MONTE REAL CLUB DE YATES DE BAIONA FOI ELIXIDO PARA ORGANIZAR UN CAMPIONATO DO MUNDO QUE SE CELEBRARÁ POR PRIMEIRA VEZ EN GALICIA

A vila mariñeira de Baiona será a sede do Mundial da clase J80 de vela en 2023. Así o anunciou en rolda de prensa o presidente do Monte Real Club de Yates, José Luis Álvarez, quen se mostrou moi orgulloso de que o club fose elixido para organizar unha cita deportiva tan prestixiosa. Esta será a primeira vez que o campionato do mundo de J80 se celebre en Galicia, unha comunidade que leva anos apostando por esta clase coa celebración de numerosas competicións e o progresivo aumento do número deste tipo de embarcacións de 8 metros, que son 29 na actualidade e teñen en Baiona e A Coruña ás súas principais frotas. Co ano xa fixado en axenda pero coa data exacta do evento aínda por determinar, no Monte Real Club de Yates empezan xa a sementar o camiño para garantir o éxito do mundial. Durante os próximos dous anos, a xunta directiva do club ten previsto poñer en marcha todo un percorrido de probas para seguir impulsando o J80 e animar a máis armadores a incorporarse á clase. Sumarán ás habituais Ligas de Outono e Inverno de J80, que organiza e nas que participa principalmente a frota galega, outras regatas de transcendencia nacional, como a Copa de España ou o Campionato de España, que o Monte Real espera poder organizar antes de 2023. Trátase, en definitiva, de ir enfocando a mirada cara ao obxectivo final de lograr un mundial coa maior participación posible de barcos de diferentes países do mundo, seguindo o ronsel dos outros mundiais de J80 celebrados anteriormente en España, en Santander (2009), Sotogrande (2016) e Getxo (2019).

CARTEL MUNDIAL J80 BAIONA 2023 10 cousas de


Á presentación oficial do evento asistiron en Baiona o presidente e comodoro do Monte Real Club de Yates, José Luis Álvarez e Ignacio Sánchez Otaegui; o alcalde de Baiona, Carlos Gómez; o deputado de deportes da Deputación de Pontevedra, Gorka Gómez; Guillermo Blanco en representación da Clase J80 España; e o presidente da Real Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde.

Presentación Mundial J80 Baiona 2023

Os J80 son unha das clases máis numerosas e exitosas da vela española con 190 unidades das que 130 compiten en diferentes puntos do país Un gran paso para afianzar a “Armada Española” Este novo mundial concedido a España será, sen dúbida, unha oportunidade única para afianzar unha clase que xa é, na actualidade, unha das máis numerosas do país, cunhas 190 unidades (das que 130 compiten en diferentes puntos de España) e frotas moi activas en Galicia, Cantabria, Pais Vasco, Andalucía, Baleares e Canarias. España conta, ademais, con algúns dos mellores regatistas de J80 do mundo, como o quíntuplo campión mundial, o canario Rayco Tabares; o cántabro Pablo Santurde, que ostenta o título na actualidade tras alzarse o ano pasado coa vitoria do mundial de Getxo aos mandos do M&G Tressis; ou o subcampión do mundo en 2018, o vasco Iker Almandoz.

A aposta do MRCYB pola clase J80 A concesión do Mundial de 2023 supón unha importante lombeirada ao arduo traballo do Monte Real Club de Yates de Baiona para impulsar a clase J80 en Galicia, pola que leva apostando desde o ano 2012. Por aquel entón, o club ofreceu condicións moi vantaxosas aos armadores para a adquisición e o amarre dos barcos. Creou, ademais, dúas ligas específicas para a competición destes monotipos en exclusiva e incluíu regatas específicas para eles nas grandes competicións do club, como o Trofeo Conde de Gondomar ou o Trofeo Príncipe de Asturias. Seis anos despois da aparición dos primeiros J80 en Baiona, a Real Federación Española de Vela concedíalle ao club a organización do Campionato de España de 2018. E apenas dous anos despois, chega este novo e gran salto, cara ao Mundial de 2023. Previo a Baiona, a cita mundialista recalará en Dinamarca (2021) e Newport – Estados Unidos (2022).

cousas de 11


REPORTAXE

7 MIRADAS, 7 PARROQUIAS NIGRÁN PON EN VALOR O SEU PATRIMONIO HISTÓRICO ARTÍSTICO MENOS COÑECIDOS CUN PERCORRIDO POLAS SÚAS PARROQUIAS: UNHA ALTERNATIVA ÁS AGLOMERACIÓNS PARA ESTE VERÁN. E Pablo F. Estévez C Concello de Nigrán

A implantación da nova normalidade ou tamén chamada era post covid, expón unha serie de cambios de hábitos e de actividades alternativas que pasan directamente por fuxir das aglomeracións de persoas e unha boa alternativa para iso é o proxecto “7 miradas, 7 parroquias”. Froito das investigacións realizadas polo historiador tudense, Suso Vila e a restauradora nigranesa, Celia Casás, o Concello de Nigrán divulgará desde este verán o seu patrimonio histórico artístico menos coñecido que no seu maior parte asóciase a diferentes elementos pertencentes a fachadas de edificios litúrxicos situados en todo o territorio local. Para iso e a través das novas tecnoloxías outorgarán á iniciativa un apoio teórico, didáctico e histórico mediante audio guías descargables desde a Web municipal ou cartelerías dotadas de códigos QR a pé de cada obra apuntada. A través de dispositivos intelixentes os usuarios poderán acceder a tempo real a toda a información relacionada mentres contemplan calquera das pezas que se atopan catalogadas no percorrido, xa restauradas, e para o que foi necesaria un investimento total de 13.406 euros cofinanciados entre Concello e Deputación. “Nigrán vai máis alá de praia e mar e este é o mellor verán para por o foco de atención no noso interior e descentralizar o turismo típico de costa evitando aglomeracións, afortunadamente temos moito que amosar e por iso presumimos de equilibrio natural. Concretamente, con este proxecto queremos ofrecer unha mirada diferente das nosas parroquias, unha mirada que desta vez vai ao concreto sorprendendo aos propios veciños e visitantes”, explica o alcalde e historiador Juan González, quen pon como exemplo a existencia dunha talla románica de Santa Ana en Parada ou unha virxe pétrea do século XVI na capela das Angustias de Nigrán. Posta en valor dun catálogo vencellado ao Camiño Portugués dá Costa Así, tendo en conta que Nigrán forma parte do Camiño Portugués dá Costa cada vez máis en auxe, a maioría dos detalles analizados concéntranse precisamente nos templos de Nigrán ao seren os máis descoñecidos, especialmente as súas tallas ou mesmo elementos da súa construción propios de diferentes períodos históricos. “Os mesmos veciños de Nigrán descoñecemos o valor da nosa arte sacra; coñecela, difundila e poñela en valor é o primeiro paso para protexela. A iniciativa xurdiu do meu propio descoñecemento ante todos eses elementos que levaba anos contemplando sen coñecer a súa orixe e o seu valor real”, incide o alcalde, Juan González. 12 cousas de

Restos da portada románica da Igrexa de Santiago de Prada

A restauradora nigranesa, Celia Casás co historiador e Alcalde de Nigrán Juan González.


Cruceiro e Peto de Ánimas en Camos

O sol e a lúa como unha cidade celeste en Camos Na capela de San Roque de Camos destaca un baixo relevo dun sol e unha lúa, interpretado como símbolo da concepción do templo como cidade celeste sobre todo na crucifixión. Según explicaron, este símbolo é habitual en fachadas e pinturas medievais e non aparece en ningún outro monumento do municipio. Camos conta tamén cun conxunto de cruceiro e peto de ánimas moi singular en toda a comarca e moi pouco documentado. Situado á beira do camiño que leva desde a costa a capela de San Roque de Camos, ten como particularidade una disposición independente xa que o máis habitual é que o peto de ánimas forme parte do propio cruceiro, e que neste caso posúe unha gran dimensión. Utilizábase para lembrar aos camiñantes o sufrimento das almas no purgatorio solicitando a axuda dos vivos, en forma de oracións e de limosnas, que podería ser en metálico ou en especie. O conxunto foi moi alterado ao longo do tempo pero se estima a súa orixe no S.XVI.

Tres fachadas ligadas a o século XVIII en diferentes puntos do municipio As investigación conclúen que a fachada da igrexa de San Xosé de Chandebrito coincide prácticamente coa actual de Santiago de Parada e coa de Santa Baia de Camos, o que permite situar a construción das tres entre 1730/1740. Na mesma destaca a figura dun San Xosé pétreo. Esquerda San Xosé de Chandebrito, dereita a Portada do século XIX da Igrexa de Santiago de Prada

cousas de 13


Arte Xermánica fóra do seu contexto temporal Manteñen que o coñecido como arco visigótico de Panxón podería ser de época altomedieval, de entre os séculos IX e X. Os recentes estudos realizados o rexuvenecen tres centurias e contradín a teoría xeral de que foi construído entre o S.V e o VII.

Reformas posteriores na Capela de San Pedro A capela de San Pedro é unha igrexa de oríxe románico da que se conservan algúns restos, sobre todo nos canzorros do corpo central. No interior hai reformas do S. XIX coincidentes coa desaparición da capela da Magdalena en 1854 da que se reaproveitarían varios materiais.

‘Rara avis’ en Parada na escultura sacra so século XVII. Na igrexa de Parada de oríxe románica pódese apreciar a Santa Ana ensinando a ler á Virxe, unha talla do século XVI cun tema pouco habitual que se populariza na arte pictórica do século XVII pero non así en escultura, o que suxire que puido ser un culto relevante na parroquia cun altar consagrado a esta escea. A propia igrexa parroquial conserva boa parte da súa fábrica románica do século XIII, que se condensan neste traballo e no que se divulgan aspectos menos coñecidos como restos dunha antiga porta encastrados na parede no que se aprecian dovelas de sextifolias ou axedrezado. 14 cousas de


A talla da Virxe das Angustias da igrexa que leva o seu nome podería pertencer a outra construcción Na Capela das Angustias de Nigrán destacan unha imaxe da Virxe das Angustias que pola súa data e forma encaixa dentro do arte medieval. Unha talla pétrea cuxas características sinalan que foi realizada no século XVI, un feito que lles leva a pensar que foi trasladada dende outra igrexa ou existía outra capela das Angustias anterior a actual do século XVIII. É unha imaxe reflexo da expresividade popular, na peana figura unha inscrición na que se indica que a mandara facer e pintar Juan Manuel González e a súa muller María Felipa. Nos laterais desta capela aparecen dous altares, o de San Campio e o da Virxe, moi característicos por presentaren unha fórmula mixta entre o rococó e o neoclasicismo no que se abandonan os dourados para centrarse na imitación de mármores, xaspes ou pórfidos. Nesta capela apréciase a diferenza entre as imaxes que conservan as súas cores orixinais e a policromía dos retábulos que foron repolicromados no transcurso do século XX, modificando a visión do conxunto e tapando as cores e os dourados orixinais.

Talla da Virxe das Angustias

Similitudes en retablos de Priegue e Tui O interior da igrexa de San Mamede de Priegue acolle o retablo do Bo Xesús da Paciencia neoclásico de finais do século XVIII ou comezos do XIX, que recorda ás formas que se dan nese mesmo momento no retablo de San Vicente de Santo Domingo de Tui. Retablo do Bo Xesús da Paciencia na igrexa de San Mamede de Priegue

cousas de 15


PÉ DO GALIÑEIRO / OPINIÓN

A INCÓGNITA GUILLADE (1ª parte) Por Carlos Méixome Aló polo comezo deste século, como esvara o tempo, andabamos argallando os primeiros pasos dun incipiente Instituto de Estudos Miñoráns. Impulsor crucial foi o lembrado Nano Cambeiro que naquela altura sobrevivía facendo xornalismo local co periódico mensual “O Miñor”. O infortunio levóunolo, hai ben tempo, pero o seu recordo, como a raíz do toxo verde, é moi malo de arrincare. Aqueles atoutiñantes movementos tiveron moito que ver coa radio. Primeiro na vella Radio Municipal de Nigrán, que estaba dando as últimas boqueadas, xa sen profesionais, pero que uns rapaces e rapazas, co apoio do alcalde do momento (Manuel Rial) e o concelleiro de cultura (Arturo Carreira), esforzábanse en manter con respiración asistida. Alí, Juan González (actual alcalde de Nigrán), Lino Pellitero e máis eu realizamos durante algúns meses un programa semanal de entrevistas, dunha hora de duración, que bautizamos “As lerias do moucho”. Non recordo onde foron parar aquelas gravacións, no caso de que se chegasen a gardar. Unha si, seguro, porque non moito despois, co infortunado motivo do falecemento de Carlos Casares, publicouse en CD acompañando un monográfico sobre o autor afincado en Vilariño. Unha vez clausurada, por decisión da autoridade, a radio de Nigrán, fomos acollidos, agora na compaña da sempre luminosa e infelizmente tamén roubada polo infortunio pero presente na memoria María Xosé González Chamorro, na delegación baionesa de Radio Voz-Onda Cero. Tamén durante uns poucos meses. Ata que a pecharon. Nunca pensamos que levásemos a orde de peche incorporada aos nosos “pinitos” radiofónicos, mais parecer, parecíao. O novo programa, moito máis curto, nun formato que combinaba información cultural cunha breve entrevista, bautizámolo como “A gavela do Guillade”. Relembreino ao andar encerellado na lectura dos volumes dos días negros de Xoán Carlos Abad Gallego, Días negros (2015), Máis días negros (2017), ambos publicados polo Instituto de Estudos Vigueses. No primeiro deles, o autor danos relatada conta do carlista-guerrilleiro-bandoleiro- foraxido..., é o que ten perder as guerras que sempre quedas mal, Mateo Guillade, que acadou mítica e incerta fama durante os anos iniciais da Primeira Guerra Carlista (1833-1840). Pouco sabemos do xefe da partida da “Causa Tradicionalista”. Seica fora seminarista. Ben coñecido é que frades, abades e vellos fidalgos acaudillaron a causa de don Carlos no noso país, tamén cos trabucos na man. As primeiras novas que se teñen do líder guerrilleiro localízano, cara a finais de 1836, no sur da provincia lucense como membro dunha partida procedente das montañas asturianas. Despois de fuxir das terras da Ulloa e da Ribeira Sacra pola presión das tropas da rexente María Cristina, a partida, comandada por Mateo Guillade, combateu, os chamados “liberais”, no sur da provincia ourensá e de Pontevedra; sempre nun vai e vén polo Miño, nun agocho aquí e outro acolá na raia seca. Nunca se afastou en exceso da banda fronteiriza e acudía ao refuxio portugués aínda que, tras a derrota da causa miguelista, o goberno de Lisboa tiña tanto interese como o de Madrid en rematar coa aventura carlista.

Grabado da época

16 cousas de


Grabado da época. Biblioteca nacional

O caso é que dende a desembocadura do Miño ata as serras do Suído, do Leboreiro ou o Val de Monterrei, foron territorios de combate da facción do Guillade, nun escintilante ir e vir de foraxido transfronteirizo que para si quixeran os guionistas de Hollywood; tanto coma nós gorentamos dunha industria cinematográfica propia. Comandaba pois Mateo Guillade a partida carlista máis especificamente miñota e arraiana, unha mestura de heroe e bandoleiro, con evidentes capacidades militares, que acadou a cima do seu prestixio entre 1837 e 1838. O seu creto entre os rebeldes carlistas chegou ao maior nivel cando nunha acción militar, ben preparada, deu morte a un coronel (xullo de 1837) e uns meses despois (abril de 1838) tomou Tui durante unhas horas. O asalto á vila episcopal realizouno tras unha hábil manobra na que dirixiu 200 homes disfrazados de soldados gobernamentais. Segundo parece, estas accións servíronlle para ser nomeado Brigadier e Comandante Xeneral das partidas carlistas en Galicia. Durante dous anos andou guerreando pola “Causa”, sendo protagonista de ducias de enfrontamentos armados, ata que, a resultas dun ousado, e fracasado, ataque á casa forte de Refoxos (Cortegada), na parroquia próxima de Escudeiros: “O xefe carlista chegaba ó fin do seu vivir”, escribiu Otero Pedrayo. Era o 15 de agosto de 1838. Cando se soubo da morte do xefe faccioso, o comandante militar de Ourense deu orde de levar o cadáver á cidade para expoñelo en público. O alcalde mandou que tocasen as campás; chamaron o cirurxián para que lle rabenase a cabeza e colgárona nun gancho. Moita xente de Ourense e bisbarra, aproveitando que era San Roque, acudiu a contemplar a testa degolada de Mateo Guillade. A falta de apoio popular e a presión do exercito liberal remataron coa partida do Guillade. A morte do capitán supuxo a división da partida en tres seccións que foron posteriormente aniquiladas, poucos meses antes do Convenio de Vergara que puxo fin á primeira guerra carlista. A vida de Mateo Guillade nos anos de chumbo e lume está documentada, pero sábese moi pouco das andanzas previas. O profesor Barreiro Fernández apunta que foi oficial do exercito realista, mais, con posterioridade, e sen que se coñezan as razóns, destituído; como tampouco nada se sabe sobre o motivo da súa detención en Portugal. Nesta falta de información móvese un misterioso, ou non tanto, Guillade bandoleiro, que asaltou Baiona en 1820. É o mesmo que o xefe carlista que xuntou sona e terror unha década despois? Este Guillade foi quen inspirou o nome do noso programa de radio.

cousas de 17


COOPERACIÓN

O REENCONTRO

Nun acontecemento cualificado por moitos como “histórico” Galicia e Portugal - Tui e Valença volveron atoparse tras case 4 meses O pasado 1 de xullo España e Portugal abriron as súas fronteiras despois de tres meses e medio de peche por culpa do Covid-19. A emoción e as ganas de volver cruzar a “ raia” palpábase esa medianoite en Tui. A corporación municipal de Tui encabezada polo seu alcalde xunto cun grupo de persoas acudiron ao acto de apertura de fronteiras na vella ponte internacional. Xuntos cruzaron a ponte ata chegar á beira de Valença, onde lles esperaba o presidente da Cámara, Manuel Lopes, acompañado tamén de equipo de goberno. Tanto Cabaleiro como Lopes coincidiron en comparar a ponte internacional con “unha rúa máis da Eurociudade”

A EUROCIDADE CERVEIRA-TOMIÑO, SELECCIONADA PARA A CAMPAÑA DE COMUNICACIÓN #EUINMYREGION COMO UN DOS GAÑADORES, A EUROCIDADE RECIBIRÁ TARXETAS POSTAIS CUNHA IMAXE DO PROXECTO E UN GIF CON DIFERENTES FOTOGRAFÍAS PARA DIFUNDIR O QUE SE ESTÁ A FACER EN CERVEIRA-TOMIÑO A Eurocidade Cerveira-Tomiño é un dos proxectos gañadores do certame #EUinmyregion, unha campaña de comunicación de creación conxunta posta en marcha pola Comisión Europea que busca aumentar a visibilidade dos proxectos financiados pola Unión Europea en todo o continente. Mediante esta campaña, os 46 proxectos finalmente elixidos daranse a coñecer por toda Europa a través de distintas imaxes que recollen a esencia de todas as iniciativas. Entre as cinco fotografías presentadas pola Eurocidade para participar no certame, a organización elixiu unha imaxe da segunda edición da Andaina entre Cerveira e Tomiño, moi representativa da unión e proximidade entre a veciñanza destes dous municipios e na que se avoga por un crecemento sostible do territorio que mellore a calidade de vida da poboación desta zona común entre Galicia e Portugal á beira do río Miño. Como un dos proxectos gañadores, #EUinmyregion editará e enviara á Eurocidade tarxetas postais con esta imaxe, así como un gif con diferentes fotografías para difundir o que se está a facer en CerveiraTomiño. Ademais, con apoio e ferramentas de comunicación, os proxectos seleccionados están invitados a amosar á cidadanía o que se ten alcanzado xunto coa UE na súa comunidade.

18 cousas de


ACTUALIDADE

A ASOCIACIÓN DE MUIÑEIROS DO RÍO TRIPES DE TUI TRABALLA PARA RESTAURAR O MUÍÑO DO MAÑOCO, O MÁIS ANTIGO DO TRIPES Logrou un acordo de cesión de uso por parte da Fundación Félix Rodríguez A Asociación Muiñeiros do río Tripes está a traballar para lograr a restauración do Muíño do Mañoco o máis antigo dos existentes no río Tripes. A comezos de ano a Asociación Muiñeiros do Río Tripes asinou un acordo coa Fundación Félix Rodríguez para a cesión de uso dunha parcela de 1.400 m2 na rúa Martínez Padín, onde se atopa este muíño. Dende a Asociación amosan o seu agradecemento por esta cesión á Fundación. O Muíño do Mañoco ten máis de setecentos anos, xa que a primeira noticia coñecida da súa existencia data de 1371. É o que pechaba o ciclo das augas do seu leito, con orixe no Monte Aloia. Trátase dun edificio rectangular realizado con perpiaño e cachotes, cuberto cun tellado a dúas augas, con dúas bocas para alimentar ás dúas rodas que posuía. O muíño ten numerosos signos lapidarios, principalmente cruces, nas súas paredes. Na actualidade o estado de conservación é bastante aceptable estruturalmente, aínda que con ausencia do tellado.. A súa importancia histórica e representatividade dentro do ámbito de arquitectura popular está fora de toda dúbida. É por iso a Asociación de Muiñeiros de Tripes celebra e agradece o acordo acadado cos seus titulares, a Fundación Félix Rodríguez. A Asociación, cunha ampla traxectoria na recuperación deste patrimonio cultural no entorno do río Tripes, agarda contar coa axuda doutros organismos e institucións co fin de impulsar a restauración e posta en valor deste muíño. A súa restauración, é o obxectivo deste acordo. Ao ser o muíño máis próximo a cidade servirá como exposición. O acceso ao muíño efectúase a través dun paso inferior da rúa Martínez Padín ao que se accede desde a praza de Manuel Caramés, en pleno Camiño de Santiago Portugués. Para iniciar esta restauración, a Asociación solicitou a comezos de ano unha subvención a Xunta de Galicia, a través das axudas para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño Santiago, que a data de hoxe aínda esta sen resolver. O MUÍÑO DA PONTE MAÑOCO O muíño aparece nun documento de aforamento de 1371 no que se describe a súa destrucción polas galeras do rei Pedro I de Castela en 1369. Os arrabaldes de Tui serían atacados no marco da guerra civil entre Pedro I e o seu irmán Enrique de Trastámara. A ubicación do muíño do Mañoco no tramo final do río Tripes e xunto do río Miño provocaría que fose albo de asedios e saqueos á cidade de Tui. (Suso Vila)

cousas de 19


ACTUALIDADE

TUI DA UN PASO MÁIS PARA A REHABILITACIÓN DO TEATRO PRINCIPAL COA PRESENTACIÓN DO ANTEPROXECTO DE CÉSAR PORTELA Nun acto, que tivo lugar na aula CeMIT da Área Panorámica, o Concello de Tui deu a coñecer o anteproxecto de recuperación do histórico Teatro Principal da cidade, e que fíxose coincidir coa conmemoración da celebración dos Primeiros Xogos Florais de Galicia que se desenvoleron neste teatro o 24 de xuño de 1891. Foi daquela o primeiro acto público celebrado integramente en galego. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, comezou dando as grazas ao arquitecto César Portela por aceptar o encargo de realizar este anteproxecto, que “é o primeiro paso a dar cara á rehabilitación deste edificio tan emblemático da nosa cidade”. Lembrou o rexedor que en 1980 César Portela recibira o encargo de redactar un proxecto para rehabilitar este edificio por parte da Dirección Xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo. Cabaleiro apuntou que non ten cabida nestes momentos o debate sobre a súa reforma ou non, e lamentaba a situación de ruína na que se atopa o edificio en pleno corazón do conxunto histórico. A recuperación do Teatro Principal suporá un investimento de case 3 millóns de euros, polo que explicaba o alcalde que “o Concello de Tui por si só non dispón da capacidade financeira para asumir esta rehabilitación”. De aí que estea previsto iniciar contactos coas administracións provincial, autonómica e estatal para acadar os fondos precisos. O Concello si poderá asumir aquelas actuacións máis urxentes coma o desentullo ou o realización de catas para coñecer a situación do terreo. pola súa banda o concelleiro de Patrimonio, Laureano Alonso, destacou que a presentación do anteproxecto fíxose coincidir coa celebración dos Xogos Florais en 1891. Aludiu amais ao inicio do proxecto de recuperación do teatro nos anos 80, e como agora se adaptou á normativa vixente o proxecto redactado en 1986. O arquitecto César Portela comezou a súa intervención lembrando que coñeceu o Teatro Principal de Tui de neno, cando viña ata Tui dende Pontevedra co seu pai, Celso Emilio Ferreiro e Álvaro Cunqueiro, para asistir aos actos que aquí se celebraban. Xa coma arquitecto recibiu a encomenda do proxecto de rehabilitación nos anos 80, e agora volve atoparse con este histórico edificio. Debido aos cambios na normativa, tivo que revisar e adaptar o anteproxecto e incorporou coma novidade unha cafetería-miradoiro sobre o Miño. Explicaba que o anteproxecto presentado dá resposta as necesidades de teatro, cine ou usos múltiples tendo en conta a súa situación e a súa historia.

20 cousas de


O Teatro Principal de Tui manterá a súa capacidade e sumará un mirador con vistas ao río Miño

Ao longo de tres andares -soto, primeiro andar e segundo andar- configúrase a distribución do edificio. Conserva o teatro con capacidade para 200 persoas entre o patio de butacas e dúas plateas, adaptado as condicións actuais. Tanto na primeira coma na segunda planta irán salas de usos múltiples, algunha delas coa posibilidade de ser dividida segundo as necesidades. Recolle o deseño de César Portela unha galería con vistas ao río na fachada posterior, accesible tanto dende a cafetería coma dende as salas de usos múltiples. Un lucernario permitirá dar luz natural a todos os andares. O proxecto inclúe tamén a reforma da Praza de Fromista, creando un conxunto praza-teatromiradoiro chamado a converterse nun dos lugares destacados da vila.

VIVE TUI

cousas de 21


ACTUALIDADE

O ARTELIXO SACOU A CREATIVIDADE ÁS RÚAS DE REDONDELA Despois de ter adiado a edición que estaba prevista para finais de abril, por mor da alerta sanitaria polo coronavirus, o certame organizado na actualidade polo colectivo ArteLixo coa colaboración da Concellería de Cultura de Redondela, celebrouse finalmente entre os días 31 de maio e 14 de xuño, con exposicións de obras nas rúas da vila e parroquias e tamén nos escaparates do comercio local e na sala 2 do multiúsos da Xunqueira Entre as novidades desta edición, destacou sen dúbida a restauración dun mural -que representa a Coca- situado na parte de atrás da igrexa de Redondela elaborado hai mais de vinte anos e para cuxa restauración contouse cunha das artistas que o realizaron e que fixo posíbel que fora reinugurado o día 31 de maio, durante a presentación do ArteLixo 2020. Artelixo tamén retomou a sección ‘A arte non ten cancelas’, que consiste en convidar a artistas a que interveñan un portal ou xanela fóra de uso coa imaxe dunha rata, símbolo de ArteLixo, feitos con diferentes técnicas.

22 cousas de

Durante a xornada de clausura, o 14 de xuño, tivo lugar na parroquia de Reboreda a presentación do disco de Artelixo, proxecto no que o colectivo leva anos traballando. Un disco que busca, segundo sinalan, celebrar e concienciar á veciñanza, unha vez máis, na importancia da xestión do lixo e do consumo consciente. O resultado é un cedé con 37 cancións na que se involucran músicos da vila, das parroquias e da comarca, así como algúns artistas foráneos máis sensibles ao proxecto. É un disco repleto de diferentes estilos musicais con máis de duascentas persoas involucradas, que se comezou a gravar a finais do ano 2019 entre o local de ensaio do Concello e estudos particulares.


ACTUALIDADE

REDONDELA ENTREGA OS PREMIOS DO I CONCURSO INTERESCOLAR DE POESÍA VISUAL DE CHAPELA Valentina Jaén, Hugo Ballesteros e Ricardo Santos, acadan os tres primeiros postos desta iniciativa impulsada polo poeta David Fernández Rivera

O Auditorio de Chapela acolleu o acto de entrega dos premios do I Concurso Interescolar de Poesía Visual, unha iniciativa impulsada polo poeta David Fernández Rivera froito dos talleres de poesía visual que impartiu, neste curso escolar, nos centros educativos de Chapela. No acto de entrega dos galardóns participaron a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas; a concelleira de Ensino, Olga García Ballesteros; o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, amais do propio Fernández Rivera. Valentina Jaen coa obra Aínda que non o pareza a luz segue brillando, acadaba o primeiro premio; Hugo Ballesteros con Choiva de palabras facíase merecedor do segundo premio mentres que o terceiro era para Ricardo Santos coa obra A Fronteira. Valentina Jaén, como gañadora do certame, recibía un trofeo que consistiu nun poema visual de David Fernández Rivera construído en metacrilato especialmente para a ocasión. A actividade, que partía dunha iniciativa conxunta das Concellerías de Cultura e de Ensino, foi ben acollida polo CEIP Alexandre Bóveda e o CEIP de Laredo, cuxos alumnos demostraron cos seus poemas os coñecementos adquiridos nos talleres de poesía visual. O concurso, no que participaron estudantes de quinto e sexto curso, foi levado a cabo coa vontade de que, entre outras moitísimas cousas, os alumnos desenvolvesen a súa creatividade máis aló do aprendido na aula contorna á poesía visual, un tipo de poesía na que prima a imaxe sobre o texto, podendo chegar a substituílo por completo; en definitiva, unha poesía para gozar coa retina. Ao longo dos últimos anos, David Fernández Rivera demostrou que a poesía visual é unha ferramenta con grandes virtudes pedagóxicas de fronte ao desenvolvemento da creatividade e pensamento crítico dos nenos, unha ferramenta coa que consegue encher de entusiasmo e imaxinación cada unha das aulas que visita.

1º premio. Aínda que non o pareza a luz segue brillando

3º premio. A Fronteira

2º premio. Choiva

cousas de 23


REPORTAXE

A ESQUECIDA FORTALEZA DE CASTRIZÁN CONSTRUÍUSE NO MONTE DA PENEDA, QUE SE ERGUE NO LÍMITE ENTRE OS CONCELLOS DE REDONDELA E SOUTOMAIOR, PARA CONTROLAR OS DOMINIOS DE PEDRO MADRUGA. HOXE EN DÍA APENAS NOS QUEDAN VESTIXIOS E A SÚA BREVE E APAIXONANTE HISTORIA DILUÍUSE NA NOITE DOS TEMPOS

E C Silvia Cernadas Martínez, Historiadora e Guía en Turismo de Historias Ermida da Nosa Señora das Neves e cruceiro no cume da Peneda.

Panorámica de Arcade e Ponte Sampaio, coa desembocadura do Verdugo na ría de Vigo, sacada dende A Peneda.

Vista do monte da Peneda.

A Peneda é un lugar cunha longa historia ás súas costas: dende a prehistoria, cando foi un asentamento castrexo, ata a actualidade, que temos a ermida da Virxe das Neves. A fortaleza de Castrizán representou só un episodio, pois estivo en pé menos de dous anos, pero puxo en xaque ao veciño castelo de Soutomaior e tivo un final épico. Ergueuse en 1477 por orde do arcebispo de Santiago Alonso II de Fonseca nun enclave estratéxico. A Peneda é un miradoiro excepcional sobre o val do río Verdugo e a ría de Vigo e está situado na zona fronteiriza entre o arcebispado de Santiago e o bispado de Tui, daquela controlado pola liñaxe dos Soutomaior. O arcebispo compostelán era inimigo acérrimo de Pedro Madruga de Soutomaior, quen lle tiña arrebatado algúns dos seus dominios na parte sur de Galicia. Ademais de polo control do territorio, enfrontábanse por estar en bandos opostos na guerra de sucesión castelá que se estaba a librar naqueles momentos. Alonso II de Fonseca era partidario dos futuros Reis Católicos, mentres que Pedro Madruga apoiaba a Xoana, mal chamada a Beltranexa, e ao seu marido, o rei Afonso V de Portugal. 24 cousas de

Retrato de Alonso de Fonseca e Acevedo, coñecido como Alonso II de Fonseca, na pinacoteca do arcebispado de Sevilla.


A construción de Castrizán Neste contexto de enfrontamentos nobiliarios, o conde de Benavente toma a Pedro Madruga como prisioneiro e teno retido en Castela durante un ano. Alonso II de Fonseca ve a súa oportunidade e recobra o control de territorios como Pontevedra e Redondela. Como parte do seu plan para reforzar a súa autoridade, asegurar o seu señorío e impedir calquera incursión que puidese vir do reino de Portugal, manda construír unha serie de fortificacións, entre elas a de Castrizán. Outra situouna na ponte de Ponte Sampaio, onde o río Verdugo segue a marcar o límite entre a arquidiocese de Santiago de Compostela e a diocese de Tui-Vigo. A fortaleza da Peneda foi levantada rapidamente, entre agosto e setembro de 1477. Álvaro de Barcia ou Varcea, home de confianza do arcebispo, foi nomeado alcaide. Castrizán controlaba toda a ría de Vigo e a súa rede de camiños pero, o máis importante, é que vixiaba perfectamente o señorío de Pedro Madruga, posto que se situaba nunha cota máis elevada –320m fronte aos 170m do castelo de Soutomaior–. Como escribiu o cronista Vasco da Ponte, o arcebispo construíu a súa fortaleza “nas barbas de Soutomaior”. Así pois, Castrizán foi un claro exemplo de fortaleza medieval de asedio, unha fortificación con evidente carácter ofensivo pola súa proximidade a Soutomaior e a súa posición de dominio en altura. Vista da Peneda desde o castelo de Soutomaior.

Foi Castrizán un castelo padrastro? Un castelo padrastro é a clase máis agresiva de fortaleza de asedio. Constrúense no perímetro inmediato da fortificación que se quere conquistar, de tal maneira que un proxectil disparado desde o castelo padrastro produciría un impacto na posición inimiga. Tomando esa referencia, Castrizán non sería un padrastro en sentido estrito porque estaría demasiado lonxe, a algo menos de 2 km do castelo de Soutomaior. Non obstante, nos últimos tempos este criterio tense flexibilizado xa que moi poucas fortificacións cumprirían con esa condición. Xosé Sánchez estudou a historia desta fortaleza a partires das fontes escritas e os vestixios que aínda nos quedan. Descríbea como unha fortificación perfectamente adaptada ao terreo e construída desde cero sobre a rocha do monte coa pedra deste lugar. Tería un perímetro amurallado que podemos ver en parte no actual recinto da ermida da Peneda e incluso unha barbacá –fortificación para defender a entrada–. O acceso norte que viña de Soutomaior, abovedado, aínda se pode ver hoxe en día. No interior do recinto estaría o patio de armas, cos almacéns de comida e a torre da Homenaxe. Esta torre sería de planta rectangular, con tres pisos e unhas dimensións considerables, de 10x6m aproximadamente, debido a que funcionaba como residencia do arcebispo nas súas viaxes á Galicia meridional.

Antigo camiño de Soutomaior á Peneda. Entrada norte e restos do recinto amurallado de Castrizán. cousas de 25


Un final épico Unha vez que Pedro Madruga é liberado de prisión, en xullo de 1478, o seu primeiro obxectivo foi derrocar a fortaleza que tantas dores de cabeza lle estaba producindo. De feito, realizou varias tentativas ata ter éxito no seu asedio. Non sabemos a data exacta deste suceso, só que en 1479 xa non existía a fortaleza da Peneda. Non obstante, é un dos asedios máis famosos da historia medieval de Galicia grazas a que Vasco da Ponte nos legou unha descrición bastante pormenorizada, e novelada, dos feitos.

Pedro Madruga e o meiriño de Soutomaior, Fernández de Aldao, reúnen unha pequena tropa para tomar Castrizán e controlar o paso de Ponte Sampaio, co obxectivo de que os sitiados non puidesen recibir reforzos. Tras horas de enfrontamento, entran no recinto amurallado e os homes de Álvaro de Barcia refúxianse na torre da Homenaxe. Ante a súa delicada situación, negocian a rendición e Pedro Madruga derruba a fortaleza case por completo. Pouco despois, recupera tamén as posesións que lle arrebataran durante o encerro, pero foi unha vitoria efémera. Coa chegada dos Reis Católicos ao poder, Pedro Madruga pasa a ser un nobre rebelde que é preciso atar curto. A pedra de Castrizán foi reutilizada para construcións próximas e incluso na ermida da Virxe das Neves. Hoxe, a falta da necesaria escavación arqueolóxica da Peneda, isto é o que sabemos e o que nos queda do castelo de Castrizán. Durante a súa curta pero intensa vida, foi epicentro da historia de Galicia e un modelo de fortificación tanto a nivel ofensivo como residencial. Aínda que a súa memoria fica adormecida, podemos rememorar a historia de Castrizán cando paseamos polo monte da Peneda e atopamos algún dos seus perpiaños. 26 cousas de

Actual entrada ó cume da Peneda con vistas a Redondela. Porta norte, abovedada, onde estaría a barbacá.

Quen foi Vasco da Ponte? Vasco da Ponte ou Vasco de Aponte é o principal cronista que temos para coñecer a historia de Galicia do século XV e comezos do XVI. A súa única obra coñecida é a Relación dalgunhas casas e liñaxes do Reino de Galiza –título da edición en galego–. Sabemos que foi vasalo do conde Fernando de Andrade, pero pola cantidade de espazo que ocupan os Soutomaior na súa obra e pola maneira que ten de falar das fazañas de Pedro Madruga, podemos supoñer que no fondo admiraba ao cabeza da liñaxe Soutomaior.


Imaxe do lado sur da Peneda coa subida á ermida.

Perpiaño que se atopa no camiño a Soutomaior.

O asedio narrado por Vasco da Ponte “Unha noite de chuvia [Pedro Madruga, conde de Caminha] entrou con eles [os seus homes], e o casteleiro Álvaro de Barcia, con vinte peóns consigo, meteuse na barra de casa [a torre da Homenaxe] que era moi forte, pero tanta dilixencia puxo o conde, que ao amencer xa tiña con el a catrocentos homes, e tiña a ponte San Paio gardada para que non pasasen por ela os inimigos a socorrer aos cercados. Tamén puxo arredor da torre onde os outros estaban pechados moitos bancos, picos, pas de ferro, béstas e espingardas, que ninguén podía asomar por eles, e batendo e desfacendo os cantos da parede polas esquinas, empezou a torre a estremecer, e o conde e os seus dicían a altas voces: -Caer, caer quere. E entón falou Álvaro de Barcia, e dixo: -Señor conde, asegúrenos vosa señoría de morte e de lesión e eu e todos os meus seremos bos prisioneiros. Aseguroulles o conde, e eles entregaron a forza [a fortaleza], e atendeunos ben no que lles prometera, e tívoos presos namentres foi a súa vontade, e logo soltounos. E así o conde quedou desasombrado das cousas que máis o anoxaban e arrasou a casa pola metade do chan, e por moi presto que ao arcebispo lle deron as novas do cerco, e aínda que veu a socorrelo con moita dilixencia, antes de que chegara á metade do camiño dixéronlle como Castrizán fora tomado e el botando bágoas polos ollos dixo: -Que en mala hora sexa!”

Miniatura medieval que amosa un asedio do século XV. Hai artillaría de pólvora, tanto pesada (bombardas) como lixeira (espingardas), béstas e arcos para disparar as frechas, escaleiras de asedio e espadas como armas principais.

cousas de 27


ACTUALIDADE

O CONCELLO DE SALCEDA CREARÁ UNHA EXPOSICIÓN PERMAMENTE SOBRE O RANCHO DE REIS A danza de reis de Salceda, co seu canto, a súa música, a coreografía, a vestimenta e os usos sociais que rodean a súa representación, é a mellor mostra que se conserva de entre todas as danzas de reis que existiron na antiga provincia de Tui. Hai douscentos anos había ranchos en case todas as parroquias do sur da provincia de Pontevedra e daquel tempo quedaron só á celebración dos Reis de Salceda, de Río Frío, de Guláns e pouco máis. Esta manifestación é como un fósil cultural que nos ilustra sobre as celebracións profanas e relixiosas que se perden no río do tempo. O Rancho de Reis de Salceda xunto á súa curiosa transformación parcial no Rancho de Entroido, forma parte dun corpus máis amplo que son as danzas gremiais ou tamén denominadas ultimamente Danzas Brancas. No caso de Salceda, o rancho desaparecera alá pola década dos 50. Na década dos 80 houbo un intento de recuperación por parte do Centro Cultural de Castro Barreiro que durou uns poucos anos pero que non conseguiu manterse. Sen embargo, no ano 2004 a asociación cultural o Serán recuperou o rancho de reis, que se mantén na actualidade, ao que se lle sumou a asociación cultural A Feira no ano 2018 coa recuperación do rancho de entroido e a continuación do rancho de reis.

28 cousas de


EXPOSICIÓN PERMANENTE A exposición contará con tres obras pictóricas de Xose Ramón Paz Antón que ilustran distintos momentos do Rancho de Reis de Santa María de Salceda O Concello de Salceda de Caselas destinará un total de 11.770 euros á creación da exposición permanente que levará por título “O rancho de Reis de Salceda de Caselas”, que estará ubicada no hall do Auditorio Municipal. A mostra estará financiada pola Deputación de Pontevedra dentro do Plan Concellos 2020 e contará con dúas zonas diferenciadas pero gardando concordancia entre sí. Por un lado instalaranse tres obras pictóricas de Xose Ramón Paz Antón que ilustran distintos momentos do Rancho de Reis de Santa María de Salceda. Na outra zona estarán ubicados tres expositores nos que se exporán os traxes representativos das figuras do rancho de reis de Salceda: os danzantes e a dama. Estes traxes son propiedade do Concello, e véñense cedendo anualmente para o seu uso ao rancho da Feira, estando a disposición das asociacións que os precisen. Ademais haberá a posibilidade de ir ampliando a mostra coa exhibición de outros elementos representativos como as roupas de cabalos e cabaleiros ou imaxes actuais e antigas. Estas instalacións, que o Concello ten previsto inaugurar a comenzo do outono, acompañaranse dunha nova decoración e iluminación do espazo acorde á temática e co obxectivo de por en valor a obra.

cousas de 29


MERCADOS

PRAZAS DE ABASTOS Un luxo ao alcance de todos Os mercados municipais son unha parte esencial da nosa cultura, potencian o consumo do produto de proximidade, sendo ademais un dos motores económicos das nosas cidades.

AQUÍ SEMPRE NOS ATOPARÁS. ESTAMOS COAS NOSAS PRACEIRAS E PRACEIROS

30 cousas de


cousas de 31


ACTUALIDADE

AS PRAIAS DA GUARDA COMPETIRÁN CON OUTRAS ONCE PRAIAS NACIONAIS NA NOVA EDICIÓN DE #MIPLAYASINPLÁSTICOS A través dunha votación pública, os españoles poderán escoller tres praias de entre 12 seleccionadas ao longo do litoral, para que sexan obxecto dunha xornada de limpeza por parte de voluntarios medioambientais no outono

Imaxe superior Praia Muíño, abaixo Praia Area Grande

As praias galegas da Guarda foron unhas das 12 paraxes costeiras seleccionadas para participar na nova edición de #MiPlayaSinPlásticos. A iniciativa, impulsada por Procter & Gamble (P&G) e Carrefour en colaboración coa ONG Paisaje Limpio e que volta a contar co respaldo do aventureiro Jesús Calleja como embaixador, busca concienciar á cidadanía sobre o impacto de tirar residuos nas praias e sobre a necesidade de actuar e tomar decisións para aportar solucións a un problema que nos afecta directamente, como é o cambio climático. Nesta edición, presentada como antesala do Día Mundial do Medioambiente, 12 praias competirán por ser as escollidas polos españoles para acoller unha xornada intensiva de limpeza por parte de voluntarios medioambientais o próximo outono. Como novidade, nesta ocasión serán tres, en vez dunha, as seleccionadas no concurso de #MiPlayaSinPlásticos, cuxas votacións estarán abertas ata o próximo 31 de agosto en neste enlace: https://bit.ly/2Mqcsb9.

32 cousas de


Unha fonte de riqueza natural que debe ser preservada As praias da Guarda están situadas no estuario do río Miño, dende o que se pode mirar Portugal. Rodeadas dun fermoso pinar, vense afectadas pola marea, vento e os posibles residuos que arrastra o río a través das súas augas. As marcas e as empresas teñen a oportunidade de axudar aos consumidores a vivir duhna maneira que coide e restaure o planeta a través de compras máis conscientes e hábitos de consumo responsables. Sen embargo, a sostenibilidade e o coidado do noso entorno son retos que so poden ser abordados dende a colaboración de todos os actores que conforman a sociedade. Por elo, este ano, o acto de presentación contou tamén coa presencia de portavoces de Paisaje Limpio e FSC, así como con representantes dos doce municipios aos que pertencen as praias seleccionadas. Todos eles quixeron destacar a importancia deste tipo de iniciativas como altofalante e chamada á concienciación sobre a necesidade de manter limpo o entorno natural. As praias galegas da Guarda competirán con outras once praias nacionais na nova edición de #MiPlayaSinPlásticos

Unha iniciativa consolidada entre os españoles Tan so tres anos despois da súa posta en marcha, #MiPlayaSinPlásticos se ten consolidado como unha iniciativa de éxito e efectiva no ámbito medioambiental. De feito, no 2019 bateu o seu récord de participación ao pechar a edición con 300.000 votos rexistrados e recoller, en so unha xornada de limpeza, máis de 600 kg. de residuos recollidos que foron clasificados e categorizados a través da ferramenta MARNOBA, avalada polo Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO). Unhas cifras que poñen de manifesto a crecente preocupación e implicación da cidadanía española en torno á sostenibilidade. A principios de setembro daranse a coñecer as tres praias seleccionadas para ser limpadas de residuos da man de Carrefour, P&G, Paisaje Limpio e centos de voluntarios medioambientais. A nova edición de #MiPlayaSinPlásticos arranca así nunhas circunstancias sen precedentes para continuar concienciando sobre a importancia de manter los espazos naturais costeiros libres de residuos plásticos.

cousas de 33


REPORTAXE

A entrada á estación de Gran Vía en 1925

ANTONIO PALACIOS: O TEMPLETE DO METRO MADRILEÑO NO PORRIÑO E C Xosé Ramón Paz Antón

Fachada frontal, posterior e lateral do proxecto de 1918 34 cousas de

O TEMPLETE EN MADRID O porriñés Antonio Palacios Ramilo foi nomeado arquitecto da Compañía Metropolitana de Madrid en 1917 ocupando ese cargo ata 1945. O seu labor principal nas obras do Metro estivo relacionado co acceso ás estacións deseñando os templetes de Gran Vía e da Porta do Sol, as bocas de metro, a decoración de espazos das propias estacións a base de azulexos e cerámica, a construción de edificios auxiliares (subestacións eléctricas, talleres, cocheiras) ou mesmo co deseño do logotipo básico coa palabra Metro incrustada nun rombo. O templete de Gran Vía, tamén denominado da Rede de San Luís, é o que acabou no Porriño uns cincuenta anos despois de construírse en Madrid. Foi proxectado en 1918. O pequeno edificio era unha cuberta pola que se entraba no ascensor ou nas escaleiras que salvaban as catro plantas que daban acceso á estación de Gran Vía. A obra tiña dous elementos moi diferenciados, a estrutura de pedra -que é o que se conserva actualmente- e outra estrutura de ferro e cristal a modo de marquesiña. Por ese ascensor subían e baixaban diariamente vinte ou trinta mil persoas. Caeu en 1932. A mediados dos anos cincuenta xa estaban montadas as escaleiras mecánicas e por esta razón en 1954 anunciábase “que el ascensor y el templete van a desaparecer”. Deixou de funcionar en 1966.


TRASLADO AO PORRIÑO A primeira noticia do traslado ven de Raúl Francés Valverde, outro porriñés que por aquel tempo traballaba en Madrid: “un compañeiro que me estaba esperando entregoume a Hoja del Lunes de Madrid e dime cun sorriso ladeado: “Por fin Madrid va a mejorar algo, ya que el Templete de la Red de San Luis va a ser derribado inmediatamente”. No mesmo intre no que cheguei á oficina, chamei por teléfono á miña nai e lle dixen que avisara ó Alcalde do Porriño, naquel momento Gonzalo Ordóñez, de que non se podía permiti-la desaparición dunha obra de Palacios. Cando dous días despois, o mércores cheguei a casa, a miña nai informoume de que falara con Gonzalo e que este lle agradecera sobre maneira a información e que, ademais, as súas xestións (nun só día) conseguiran que o Templete se trasladara ata Porriño”. A primeira noticia de prensa sobre o tema é no nadal de 1969. Dúas semanas despois, o Concello de Madrid –que presidía Carlos Arias Navarro- comunicaba á Compañía Metropolitana o apoio municipal ao traslado da peza arquitectónica ao Porriño. En abril comezan a desmontarse as pedras que chegan á vila en xullo. O presuposto do traslado era dunhas 300.000 pesetas e o Concello de Madrid parece que aportou a terceira parte desa cantidade. Por outro lado, nesas datas se remodelaba o Campo da Feira porriñés tras prescindir do arborado que as nenas e nenos das escolas do Porriño plantaran nunha Festa da Árbore nos anos vinte. Dende o primeiro momento pensouse situar alí o Templete formando parte da citada remodelación. Un ano despois, nas festas patronais do Cristo de 1971 mostrábase a obra reconstruída. Reconstruída en parte porque “no traslado perdeuse a estrutura de ferro, polo que o Templete aparece mutilado, perdendo unha das súas principais características: a harmonía e perfecta simbiose entre o material pétreo e a estrutura de ferro e cristal”, como explica quen máis sabe do tema, que é Moncho Iglesias Veiga.

O proxecto de reutilización deseñado polo arquitecto Bar Boo arredor de 1971

O Templete de Antonio Palacios no seu emprazamento do Porriño a partir de 1971

cousas de 35


Debuxo do arquitecto no que se mostra a parte da obra que ía baixo terra

O PROXECTO DE BAR BOO Por parte municipal expoñíase en febreiro de 1970, é dicir, antes de realizarse o traslado, un proxecto de contidos para o edifico: “Dentro del templete se piensa establecer una exposición de la vida y honra del insigne artista, en la que figurarán maquetas de sus obras más importantes, construcciones, proyectos e ideas y, naturalmente, un busto, o tal vez una estatua del arquitecto. Al fondo, una oficina de información y Turismo que estará atendida por chicas ataviadas con trajes regionales”. Por estes anos era arquitecto municipal do Porriño Xosé Bar Boo e realizou un proxecto de reutilización desta obra creando tres plantas (unha delas subterránea) e ampliando o espazo cunha nova estrutura de aceiro e cristal. Bar Boo concibía ese edificio para ser utilizado como Biblioteca Antonio Palacios e como lugar centralizador de documentación sobre o arquitecto porriñés. En xuño de 1973 o Concello encargaba un proxecto “para Oficina de Turismo cuya entrada será el Templete de Palacios” e tres meses despois se presentaba no Ministerio de Información y Turismo solicitando apoio para cubrir a cantidade de 1.216.478 pesetas que custaba a obra. É moi probable aínda que non teñamos certeza absoluta, que este proxecto presentado era o de Bar Boo que coñecemos pola publicación que no seu día fixo a revista O Tranvía. Finalmente e sen subvención do Ministerio, o Concello non puido afrontar o montante económico e a obra quedou sen realizar. Hoxe, cos actuais criterios utilizados na conservación do Patrimonio, propostas de intervención como a do prestixioso Bar Boo serían inviables. Non obstante, o alento da súa proposta -que era crear un centro documental sobre Palacios- está plenamente vixente.

UN CENTENARIO ESCURO Antonio Palacios naceu en 1876 e, por tanto, a instalación do Templete no Porriño cinco anos antes do centenario do seu nacemento parecía abrir con optimismo a celebración por parte da sociedade porriñesa e galega. Hai que lembrar –aínda que doa- que en 1960 o Concello compraba por 10.000 pesetas o edifico das Escolas Fernández Areal, a segunda obra máis importante realizada por Antonio Palacios na súa vila, e incomprensiblemente pouco despois procedeu ao seu derrubamento. Naquela época o Patrimonio entendíase como un estorbo. Por iso, a aceptación do Templete e os anuncios do traslado dos restos de Antonio Palacios ao cemiterio da súa vila, parecían augurar unha mellor valoración da súa figura e da súa obra. Tampouco a nivel galego houbo unha grande explosión de recoñecemento. A voz de alarma era expresada por González Méndez en El Pueblo Gallego: “Ninguna voz romperá hoy los cielos de Galicia a manera de homenaje. Ni siquiera en Porriño, donde nació, hace cien años Antonio Palacios; arquitecto de los de libro de texto. ¿Qué pasa aquí?”. Co paso dos meses foron realizándose eventos de homenaxe que a nivel local estiveron, basicamente, protagonizados polo Círculo Recreativo Cultural. Pero o máis escuro foi o incendio que deixou moi danado o Pazo do Concello, a obra destacada do arquitecto no Porriño e obra importante da Arquitectura Rexionalista. !Xusto no ano do seu nacemento!. Un mes despois de arder o pazo, rematando outubro, celebrábase a homenaxe da institución municipal coa inhumación dos restos do arquitecto na súa vila. “Poca gente de Porriño, mucha gente de Vigo y otros ayuntamientos”, decía a prensa. Creo que houbo porriñeses e porriñesas que non asistiron pola vergoña que sentían sobre o que pasaba no seu pobo en relación a Palacios. 36 cousas de


O TEMPLETE E UNHA POLÉMICA MADRILEÑA En Madrid a desaparición do Templete da Red de San Luis foi xerando co paso dos anos unha nostalxia arquitectónica ao tempo que se valorizaba a figura do arquitecto chegando ao grande recoñecemento coa exposición Antonio Palacios. Constructor de Madrid de 2002. Sobre o Templete Jacobo Armero dicía: “Desapareció una de las joyas de la arquitectura española del siglo XX, símbolo de la transformación de la capital en una gran ciudad europea, icono querido por el ciudadano”. Ou mesmo o escritor Franciso Umbral lembraba “el enorme quiosco del Metro, con marquesina. Todo eso ha desaparecido ya. Era un tenderete que me parecía como de aspecto muy neoyorquino”, e o definía como unha “ermita laica y cuadrada” onde había sempre moitísima xente. Neste ambiente de rememorar, nos anos noventa, Madrid reclamaba o edificio, ben o traslado da peza orixinal que estaba no Porriño ou realizando unha réplica para “devolver a la ciudad de Madrid una pieza arquitectónica valiosa del mejor momento del artista” dicía o arquitecto Domínguez Uceta. O Templete porriñés estaba ameazado. O alcalde madrileño do momento, Álvarez del Manzano, sumábase á reivindicación e pretendía reconstruír a obra de Antonio Palacios e utilizala como centro de taquillaje dos cines e teatros da Gran Vía. Mesmo chegou a viaxar á vila porriñesa. As autoridades locais accedían ao traslado coa condición de que se construíse gratuitamente unha réplica para O Porriño. Finalmente, no ano 2000, foi o Colexio de Arquitectos de Madrid quen freou as aspiracións do Concello de trasladar o citado templete.

O edifico de Palacios nos anos sesenta, pouco antes da súa desaparición en Madrid

Se anuncia que este ano 2020 vai colocarse unha réplica do edificio en Madrid. E aquí sigue o orixinal. A obra forma parte do pequeno roteiro de Antonio Palacios no seu pobo onde se localizan ademais A Fonte do Cristo, a Botica Nova e o Pazo do Concello. Proxectos polos que non quixo cobrar diñeiro algún.

cousas de 37


ENOTURISMO

A ADEGA BRINDA EXPERIENCIAS ÚNICAS AO REDOR DA CULTURA DO VIÑO CON PROGRAMAS MÁIS PERSONALIZADOS E ADAPTADOS A PERFÍS MOI DIVERSOS

TERRAS GAUDA INCORPORA AO PLAN DE ENOTURISMO ROTEIROS A CABALO POLO VIÑEDO Novos tempos, novos programas de enoturismo en Terras Gauda. A adega actualiza o seu plan incluíndo destacadas novidades, como roteiros a cabalo. Unha actividade que xorde da colaboración con Senda Natura e Leira Moreiras. Galopar ao pausado ritmo dun cabalo de raza autóctona galega polo viñedo xa é posible para persoas de todas as idades porque se trata dunha especie moi mansa. Unha experiencia única para grupos moi reducidos. Se o que o visitante desexa é descubrir a esencia da adega, cun paseo a pé polo viñedo, coñecer os procesos de elaboración e catar Terras Gauda e Abadía de San Campio o seu plan é “Déixate conquistar por Terras Gauda”. Un programa máis personalizado que nunca, no que unicamente se comparte espazo e tempo co núcleo de persoas que queiran participar de forma conxunta. Os horarios fixados para estas visitas son, de luns a sábado, ás 11, 12.30 e 18.00 horas. Os domingos, ás 12.30. Para unha mellor planificación, requírese reservar con antelación.

“Terras Gauda para dous”, o “Plan familiar” e o “Plan entre amigos” son os tres programas que cativaron a numerosas persoas desde que a adega activou o seu plan de enoturismo. Vivencias para compartir en parella, coa familia ao completo ou cun grupo de amigos. As actividades complementarias, sempre personalizadas e adaptadas aos diferentes perfís. A adega acaba de estrear, ademais, unha nova terraza, situada a pé de viñedo. O marco idóneo para catar os viños nalgúns dos programas. 38 cousas de


Do máxico Val do Rosal á contorna evocadora do Bierzo. En Arganza espera Adegas Pittacum para sentir a emoción de percorrer os seus viñedos centenarios en bicicleta eléctrica con “Pittacum E- Bike”, en colaboración con Eberent. Visitar a adega e degustar dous viños e un aperitivo tamén forman parte deste plan, que ten día e hora fixas: os sábados, ás 10.00 horas, con reserva previa.

“Pittacum único” é outra opción para pasear entre viñas, descubrir o vello caserón de pedra que alberga as barricas, coñecer os procesos de elaboración e terminar brindando con Pittacum Barrica e Petit Pittacum. O final deste roteiro polos plans de enoturismo do Grupo Terras Gauda chega en Sardón do Douro, onde está situada a adega da Ribeira do Douro. “Explora Quinta Sardonia” permite introducirse no lento ritmo que marca a biodinámica e descubrir todos os seus segredos. A visita inclúe cata de viños e está prevista para os sábados, ás 10.30 e 12.30 horas e os domingos, ás 11.30.

Toda a información sobre estes plans e novas propostas para organizar pódense consultar na web https://www.terrasgauda.com/enoturismo/. Uns programas de enoturismo que se guian pola autenticidade e a singularidade de todas as adegas do Grupo.

cousas de 39


DESTINO GALICIA

PARADORES, UN REFERENTE DO TURISMO POR CALIDADE E SEGURIDADE

E J. G. Bastida C Arquivo E. Basan

As orixes de Paradores remóntanse a 1910, cando o Goberno de España presidido por José Canalejas decidiu encargar ao marqués de la Vega-Inclán o proxecto de creación dunha estrutura hostaleira, inexistente entón en España, en cuxos establecementos se dese hospedaxe aos excursionistas e viaxeiros, á vez que se mellorase a imaxe internacional do país. Ao ano seguinte creouse unha Comisaría Rexia de Turismo, á fronte desta entidade nomeouse ao propio marqués de la Vega-Inclán. O 9 de outubro de 1928 o rei Alfonso XIII inaugurou o Parador de Turismo de Gredos, o primeiro da que logo sería, rede de Paradores de España. Co paso do tempo a marca Paradores consolidouse, converténdose nunha prestixiosa cadea de hoteis e restaurantes. Unha empresa pública que, preto dun século despois, constitúe todo un referente do turismo con recoñecemento tanto a nivel nacional como internacional. O pasado 25 de xuño a cadea hoteleira reabriu todos os seus hoteis e espazos gastronómicos, que permaneceron pechados desde o 15 de marzo pola pandemia do coronavirus. A cadea pública aproveitou os meses de peche para reforzar todos os seus protocolos de hixiene e seguridade. Parador de Gredos

40 cousas de

Paradores sempre é unha boa proposta e nestes momentos inda máis, pois o feito de que a maioría dos Paradores sitúese en lugares apartados, lonxe do turismo masificado, así como o seu tamaño, case todos medianos ou pequenos, facilita o establecemento rigoroso dos controis de seguridade e hixiene para convertelos nun lugar turístico máis seguro onde poder pasar as vacacións.


Sobre todo isto falamos con Francisco Praza Prado, responsable da rexión Norte e director dos paradores de Baiona e Tui, Cantos establecementos ten a Rede Paradores en Galicia? Galicia conta na actualidade cun total de 13 establecementos, incluíndo o Parador Costa da Morte, inaugurado en abril deste ano en Muxía. En Pontevedra (4). Tui, Baiona, Pontevedra e Cambados. Na provincia da Coruña (3) con Muxia. Santiago e Ferrol. Na provincia de Lugo (3), Vilalba, Ribadeo e Monforte de Lemos e en Ourense (3), Moterrei, Verin, e San Estevo. Por número de paradores, Galicia é toda unha potencia a nivel nacional, tamén a nivel de ocupación? En Galicia contamos con dous dos 5 ou 6 paradores que a nivel nacional están por encima en facturación e resultados, Un é o Hostal dos Reis Católicos de Santiago e outro é o Conde de Gondomar de Baiona. O impacto da Covid-19 fixo que cambien moitas cousas nas nosas vidas. Como é aloxarse agora en paradores?. A sensación de sentirse como na casa nun Parador, será igual que antes no sentido da hospitalidade e do trato, sempre personalizado, que se lle dá aos nosos clientes, pero sobre todo con máis seguridade ,se cabe, da que xa tiñan antes.Os procedementos de Paradores sempre foron moi rigorosos, pero agora extremáronse, indo máis aló das recomendacións oficiais. O obxectivo da cadea pública é converterse no destino turístico máis seguro para velar pola seguridade dos seus empregados e clientes. E isto como lle afecta ao cliente? Dentro dos protocolos que establecemos, o noso cliente, o único que vai notar é que eliminamos das habitacións as alfombras de pé de cama, coxíns decorativos e das mesas, folletos, cartas, etc. No que respecta a limpeza da

habitación, entre outra cousas, nestes momentos unha camareira de pisos que fai 7 habitacións, leva no seu carro 21 bayetas, antes levaba unha para cada zona, agora ten que levar 3 para cada habitación. Ao terminar se garda en bolsas para lavalas e hixienizalas ao día seguinte. Como se viviu en Paradores estes meses?, En todos os paradores estivemos sempre activos, quedándonos 4 persoas, o Director, o encargado do mantemento, o xefe de recepción e o xefe de administración .para seguir facendo labores administrativas, outros de mantemento porque o parador aínda que estea pechado ten que seguir conservándose e facendo tarefas diarias para que cando se produza a reapertura non teña outros problemas. Cal é a diferenza entre dirixir un hotel convencional e un Parador? Son moitas cousas, ten en conta que o obxectivo de paradores vai máis aló da recuperación do patrimonio histórico artístico. Ao redor da construción dun Parador xérase un importante movemento económico e revitalízase un territorio, conseguindo asentar poboación, recuperar a gastronomía da zona, etc. Desde que a cadea anunciase a reapertura, ata o de agora, Cal foi a resposta dos clientes? En xeral en Galicia e en toda a zona norte, a recuperación en canto á actividade foi moito mellor da esperada. Practicamente todos os paradores están por encima ou nos mesmos números que o ano pasado. Só temos unha excepción, que é lóxica, o Hostal dos Reis Católicos en Santiago, pola distribución dos seus clientes. En xeral o turista que se aloxa nos nosos paradores pode ser un 20% /25% cliente estranxeiro e un 75% cliente nacional. Nestes momentos o turismo nacional é o que está a funcionar, no caso de Santiago é xusto ao contrario, ao ser destino principal do Camiño de Santiago, eles teñen un 75% estranxeiro e un 25% nacional.

cousas de 41


REPORTAXE

VI Trail do Trega, Podio 18 km

UNHA DÉCADA CONSTRUÍNDO UNHA FAMILIA PARA OS ANIMAIS SEN FOGAR E Por Judit Bernárdez C Autora e Biosbardos

MEDIO CENTENAR DE VOLUNTARIAS E VOLUNTARIOS SOSTEÑEN A ASOCIACIÓN PROTECTORA DE ANIMAIS OS BIOSBARDOS DE PONTEAREAS, ONDE DAN REFUXIO A 500 CANS E GATOS ABANDONADOS A Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos de Pontereas vai camiño de cumprir dez anos axudando aos cans e gatos da comarca do Condado-Paradanta e Vigo. Unha década na que, co esforzo de todos os voluntarios e voluntarias, conseguiron crear un fogar para os máis de cincocentos animais que coidan na actualidade no seu refuxio, localizado no Monte da Picaraña. Os inicios, nos que os voluntarios asumiron a dirección do refuxio con cero euros na conta bancaria, non foron doados ao igual que os últimos meses, cando o Covid-19 os deixou nunha situación económica moi complicada. “Sacabamos moito diñeiro nos mercadiños e co estado de alarma quedámonos sen esa fonte de ingresos. Non sabemos cando imos volver”, lamentan dende a Asociación, que puido sobrevivir grazas á chamada de auxilio que lanzaron nas súas redes sociais nun momento no que só tiñan alimento para dúas semanas. A choiva de doazóns, tanto de particulares coma de empresas que doaron toneladas de penso, salvou a protectora e ningún can nin gato tivo que pasar fame.

42 cousas de


O gasto mensual da protectora rolda os 8.000 euros: uns 2.000 euros invístenos en comida e os outros 6.000 no veterinario. “Iso se non temos ningunha cirurxía complicada que racha con todas a previsións”, lamenta Silvia Romero, voluntaria da Asociación dende os seus inicios, que explica que este comezo de ano “foi horrible; recollemos seis cans atropelados en xaneiro que houbo que operar”. Aos atropelos súmanse enfermidades, esterilizacións e outras visitas ao veterinario que fan necesario sacar recursos de onde sexa. Un exemplo é a edición do libro “A historia de Parche”, alá por 2015, un conto solidario que tiña un dobre obxectivo: por unha banda recadar cartos, e por outra, concienciar á xente sobre a responsabilidade que supón ter un can. “Parche é o símbolo do can abandonado”, explica Silvia. Outras fontes de ingresos para manter aos cincocentos animais son: os socios, que colaboran cun mínimo de 20 euros ao ano; os apadriñamentos, que aportan 6 euros ao mes para axudar ao mantemento dun “afillado perruno” (do que reciben novas periodicamente); venta de merchandising; doazóns a través de “Teaming” ou da conta bancaria ABANCA-IBAN ES38 2080 5435 5130 4012 3305. Ademais, tamén teñen un convenio de recollida co Concello de Ponteareas do que reciben 5.000 euros ao ano.

cousas de 43


Todos os recursos destínanse integramente ao coidado dos animais, pois o traballo das 55 persoas que están detrás da Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos de Ponteareas é desinteresado. Cada un dos seus membros desenvolve unha labor: dende limpar as instalacións ata xestionar as recollidas ou as adopcións, actualizar as redes sociais ou publicar na páxina web da asociación: www.protectoraosbiosbardos.org. Neste senso, valoran moi positivamente o papel das redes sociais, gracias as cales lograron saír de situacións complexas en moitas ocasións. En relación ás redes sociais, á voceira da Asociación explica que estas “botan fume” cando publican a recollida dalgún can de raza. “Cando nos chega algún can de raza, sobre todo cachorriños, xa lles digo ás miñas compañeiras que estean preparadas. Pétannos o teléfono”, di Silvia. A predilección polos cans con pedigree, que fai en parte que os refuxios de animais estean cheos, vai acompañado, afortunadamente, por un cambio de tendencia que aprecian na protectora ponteareana. “Notamos que a xente está máis concienciada. Antes non adoptaban cans adultos e agora, pouco a pouco, este tipo de adopcións incrementáronse”, asegura a súa voceira, explicando que “buscan mascotas máis tranquilas”. Por desgraza, non todos corren a mesma sorte, pois na protectora aínda hai moitos veteranos que buscan fogar.

44 cousas de


As portas do refuxio están sempre abertas para todos os que queiran adoptar a un dos seus hóspedes, e tamén para os que estean dispostos a colaborar. Sobre todo agora, coa chegada do verán, pois é unha época na que adoitan aumentar os abandonos. Por iso, dende a Protectora Os Biosbardos fan un chamamento para que “máis xente de Ponteareas se involucre e axude aos animais”. Polo menos, para lograr manter o refuxio activo outros dez anos máis.

cousas de 45


GALAICAS

MARÍA SOLIÑA, SÍMBOLO DE CANGAS NOS SÉCULOS XVI E XVII NUMEROSAS MULLERES DE CANGAS FORON XUZGADAS POLO TRIBUNAL DO SANTO OFICIO (INQUISICIÓN) POR SUPOSTA “BRUXERÍA”. HOXE EN DÍA SABEMOS QUE ACABARON CONFESANDO ATROCIDADES A FORZA DE ESPANTOSOS TORMENTOS, VÍCTIMAS DAS INVENCIÓNS DOS INQUISIDORES. A MÁIS LEMBRADA É, PROBABLEMENTE, MARÍA SOLIÑA.

María Soliña foi condenada, alá polo século XVII pola Santa Inquisición, acusada de bruxería. Aínda que se sabe que naceu no 1551, na propia vila de Cangas, a data da súa morte descoñécese, non existe partida de defunción. Este último punto dou a imaxinación popular as ás necesarias para crear a personaxe nunca morta de María Soliña. Sendo moi nova, María casou con Pedro Barba, un pescador da vila, que chegou a posuír, ademais da súa embarcación (unha dorna), unha empresa de manufactura de peixe. O matrimonio tivo fillos, aínda que se descoñece o número. A familia Barba vivía nunha casa de dúas plantas de pedra no centro da vila, das típicas casas de patín de Cangas. María Soliña, por herdanza, posuía varias fincas. Pedro Barba e o seu cuñado, irmán de María, tiñan creado unha empresa entrámbolos dous para pescar, manufacturar e exportar peixe da ría, pero, as posesións máis importantes da familia eran os dereitos de presentación desta muller en varias capelas e freguesías da zona, entre elas na Colexiata de Cangas do Morrazo e na Igrexa de San Cibrán de Aldán, dereitos polos que os sucesores dos fundadores destas podían propor ao seu titular cando quedara vacante, e a súa vez participar dos beneficios que aquelas xeraban.

Os datos históricos sinalan que entre os anos 1599 e 1639 os corsarios, que reciben este nome por teren licenza real, e os piratas, que normalmente traballan pola súa conta pero que poden repartir beneficios coa coroa, tanto de orixe holandesa coma francesa, atacan, asaltan e rouban as costas de Vigo e a península do Morrazo. Un memorial do procurador Gerónimo Núñez relata como no ano 1617 unha escuadra de piratas turcos chegou a ría de Vigo desembarcando a dous mil homes en Cangas, entre punta de Rodeira e punta Balea. A vila foi saqueada e queimada. A “caza de bruxas” estivo directamente provocada polo empobrecemento xeral que seguiu á invasión turca. A pequena nobreza veu descender as súas rendas de maneira alarmante, polo que buscou por todos os medios os recursos necesarios para manter o seu nivel de vida. 46 cousas de

Colexiata - Igrexa de Santiago


María Soliña detida e torturada María Soliña foi detida e torturada nas cárceres secredas do Santo Oficio no ano 1621. Acusada de entregar a súa alma ao diaño e de posuír poderes demoníacos capaces de causar os máis terribles males, foi sometida a tortura física e psicolóxica ata que confesou ser bruxa desde había máis de dúas décadas, afirmando ademais na súa desesperación que chegara a manter tratos carnais co demo, o cal se lle aparecía en forma de home. E mentres isto declaraba, María Soliña suplicaba clemencia ao Tribunal proclamando o seu arrepentimento, pois aseguraba que só renegara do Noso Señor de palabra. O 23 de xaneiro do 1622 chegou por fin a sentencia: foi condenada cunha confiscación de bens, debendo portar o hábito penitencial durante medio ano. Non sabemos se chegou a cumprir toda a pena, pois probablemente a súa vida non durou moito máis. As secuelas físicas do tormento non podían deixar de notarse nunha muller de 70 anos de idade. A súa acta de defunción non foi atopada aínda. Tal vez algún día descubramos onde repousan os seus castigados restos.

Longa Noite de Pedra, Celso Emilio Ferreiro. 1962 Polos camiños de Cangas a voz do vento xemia: ai, qué soliña quedache, María Soliña. Nos areales de Cangas muros de noite se erguian : ai, qué soliña quedache, María Soliña. As ondas do mar de Cangas

María Soliña, unha das mulleres máis ricas da vila e a Inquisición A Inquisición, integrada case que exclusivamente por membros deste grupo social, foi un eficaz medio para lograr o seu propósito. O obxectivo primordial era arrebatar a certas persoas os seus “dereitos de presentación”. Foi o caso de María Soliña, quen ao enviuvar pasou a ser unha das mulleres máis ricas da vila, o que enseguida chamou a atención dos nobres. Nove mulleres en total, entre elas Soliña, foron xulgadas e condenadas por diferentes acusacións relacionadas coa bruxería. Para disimular o seu reprobable propósito, os burgueses e a Inquisición incluiron algunhas mulleres que posuían dereitos de presentación con outras que eran “pobres de solemnidad”. Moitas delas atopábanse totalmente desamparadas, por ter enviuvado tras os tristes sucesos do 1617. Sendo María unha muller de importante fortuna, rapidamente chamou a atención dos nobres do lugar. A morte do seu marido e do seu irmán sumíraa nunha importante depresión, e cada noite percorría a praia onde estes morreran loitando, escoitando as ondas, e recordando aos seus familiares. As reiteradas visitas á praia de noite foron causa suficiente para iniciar contra ela un proceso por diferentes acusacións relacionadas coa bruxería.

acedos ecos traguían: ai,qué soliña quedache, María Soliña. As gueivotas sobre Cangas soños de medo tecían: ai, qué soliña quedache María Soliña Baixo os tellados de Cangas, anda un terror de auga fría: ai, qué soliña quedache María Soliña.

María Solinha | A película A nova película do ourensán Ignacio Vilar, “María Solinha”, estreouse ao aire libre, na Alameda de Redondela, o pasado 19 de xuño. Rodada en Cangas, Redondela, a illa de Toralla e algunha toma en San Martiño de Moaña, “María Solinha” tiña previsto a súa estrea o 15 de maio no Auditorio Municipal de Cangas pero por mor da crise do Covid-19 tívose que aprazar. O filme reconstrúe a historia de María Soliña, a viúva canguesa quen foi acusada de bruxería. Como actrices protagonistas participan, Grial Montes e Laura Míguez, así como Antonio Durán “Morris”, Mabel Rivera e Santi Prego. A película xa antes de ser estreada ven de ser seleccionada para a sección oficial “dun certame de cine en Italia”.

cousas de 47


REPORTAXE

O CLUB REMO DO MIÑO, UN CLUB PEQUENO CON SOÑOS GRANDES CINCO DOS SEUS REMEIROS COMPETIRON EN XOGOS OLÍMPICOS CO NOME DO CLUB, QUE NACEU A CARÓN DO MIÑO E QUE BUSCA AUMENTAR A SÚA CANTEIRA E Por Judit Bernárdez C Arquivo E. Basan e Club de Remo do Miño “Qué río máis bo para facer remo” foi o que pensou o olímpico vigués José Luis Méndez cando en 1974 decidiu fundar o Club Remo do Miño en Tui. Dende entón, o Miño foi testemuña da evolución dun club que nacía cun grupo de amigos baixo os árbores da beira do río e polo que ao longo destes máis de setenta anos pasaron ata once remeiros olímpicos; un deles o seu propio fundador, Méndez, que participou nos Xogos de Roma de 1960. Da beira do río, ata os baixos do Náutico de Tui, pasando por un galpón preto da nova ponte internacional. As primeiras instalacións do Club Remo do Miño fan que o dito de que “as cousas grandes comezan sendo pequenas” cobre sentido; xa o di o seu actual presidente, Manuel Ángel González, “comezamos sendo un club pequeno nunha cidade pequena”. 48 cousas de

Centro municipal de Remo

Cabaña


Agora ocupan o Centro Municipal de Remo, na rúa Olímpicos Tudenses. E, precisamente os Xogos Olímpicos son, en palabras de Manuel Ángel “a meta que persegue calquera deportista, máximo”. Neste senso, o club ten as súas esperanzas postas nos Xogos de Tokio que tiveron que ser adiados a 2021. Alí estará o seu remeiro Rodrigo Conde que, xunto ao catalán Manel Belastegui, levará o nome do Club Remo do Miño á elite internacional do deporte. “Ten moitas posibilidades”, cree o presidente do club, quen avanza que quizais este verán ambos remeiros adestren en Tui.

Foto de grupo en Carregal (Tomiño no ano 1974)

Para conseguir o pasaporte a Tokio, Rodrigo Conde foi finalista no campionato do mundo absoluto e bicampión do mundo en Sub-23, ademais de outros logros colleitados o ano pasado. Aínda que a pandemia truncou os plans do deportista, no Club Remo do Miño xa inclúen a Conde na lista dos remeiros que participaron en Xogos Olímpicos sendo membros do club. Nesta lista tamén están Jesús González Álvarez, Jacobo Moroño, Jacobo Suárez y José Ignacio Bugarín. Este último, Bugarín, acadou o maior galardón conseguido por un español nun campionato do mundo absoluto de remo: un subcampionato dous con timoneiro no ano 1990. Pero, iso foi cando o club xa tiña percorrido andado. Comezaron a ir a algún campionato nacional en 1974 “con barcos de segunda ou terceira man”, recorda o actual presidente, que leva toda a vida vinculado ao Remo do Miño de algún ou outro xeito. Cinco anos máis tarde, en 1979, chegou a primeira medalla nun campionato de España. Un ouro en dobre scull cadete que non só foi a primeira insignia para o Remo do Miño, senón que tamén o foi para Tui. “A partir de entón non pasou ano sen conseguir unha medalla nun campionato de España”.

cousas de 49


En Mequimenza (Zaragoza) ano 1977/8 Os nombres do grupo de esquerda a dereita de pé: José Prada Alvarez, Juan Ramón Vilar Diz, Javier Estévez Fernández, José Luis Méndez Garcia, José Antonio Rendo, Constantino Fernández Giraldez, Rafael Brandariz, Severino Pazos Peixoto. De esquerda a dereita agachados: Mari Carmen Fernández Cabaleiro, Luis González Alvarez, Jorge Estévez Fernández, Luis Moroño Revellado, Guillermo Estévez Brandariz. E Naro que non era do club

Campionato de España absoluto Mequimenza (Zaragoza), xullo de 1980. Conseguiuse a medalla de prata con esta tripulación que estaba formada por: Juan Ramón Vilar Diz, José Prada Álvarez, Constantino Fernández Giráldez e Luís Moriño Revellado

José Luis Méndez na entrega de premios na XXXVII regata Miño Internacional XIII Copa da Deputación en 2017

Para acadar o nivel dos mellores deportistas do país, os integrantes do club adestran na actualidade “todos os días do ano”. “É un deporte moi duro. Tenche que gustar, aínda que cando o probas adoita enganchar”, valora Manuel Ángel González, que tamén vacila dicindo que “somos pobres practicando un deporte de ricos”. Explica isto mencionando que o custe dunha embarcación é de 5.000 euros, “o máis barato”, e duns remos 900 euros. Ademais do material, o club gasta moito en combustible, para seguir os adestramentos dende a auga, e en desprazamentos, hoteis e dietas. Para facer fronte a estes gastos, teñen axudas da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia, pero sen dúbida, a quen máis están agradecidos é ao Concello de Tui. “Sen o Concello de Tui non poderíamos subsistir”, asegura o presidente, facendo fincapé en que o Concello financia a Regata Miño Internacional, unha proba que o club leva corenta anos consecutivos celebrando e na que chegaron a competir remeiros de Oxford y Cambridge. Na presente edición, que tivo lugar en xaneiro, logrou récord de participación con máis de catrocentos deportistas. 50 cousas de


Xunto ás administracións, dende o club tamén recoñecen o apoio das empresas locais e dos socios que colaboran con el. Grazas a todos eles levan o nome do Miño polo mundo adiante e agardan seguir levándoo. Para iso, queren traballar coas categorías inferiores, de cara a “ter un bo equipo no futuro”. Un soño complexo porque “en Tui hai moita oferta deportiva; sendo unha cidade pequena, sorprende a variedade de deportes que se practican”, explica González; pero non imposible. De todos os seus soños e logros seguirá sendo testemuña o Miño, un río “do mellorciño”, segundo o presidente deste club con preto de 120 fichas.

Lara Oliveira, Martina Juncal, María Arias e Ana González. Medalla de Ouro no Campionato Galego.Medalla de Ouro no Campionato de España. MELLOR CLUB INFANTIL FEMININO- V GALA DO DEPORTE

VIVE BAIXO MIÑO

cousas de 51


OCIO

MUSEO MASSÓ. O MUSEO QUE MEDROU DENTRO DUNHA FÁBRICA DE CONSERVAS O Museo Massó encóntrase instalado nas naves industriais da antiga conserveira Massó Hermanos, nas inmediacións do porto de Bueu, na ría de Pontevedra e en pleno corazón da península do Morrazo. A idea de crear un museo foi suxerida por Guillermo Marconi durante a visita que realizou en 1928 á Fábrica de conservas Massó. No domicilio da familia quedou sorprendido pola colección de instrumentos de navegación, documentos e libros antigos, obxectos curiosos e maquetas de barcos históricos. Seguindo o seu consello, os irmáns Massó levantaron unha planta sobre o máis antigo edificio da fábrica, e en 1932 nacía o Museo Massó. Co tempo, os testemuños das factorías conserveira e baleeira e a actividade pesqueira foron completando o perfil do museo. En 1994, despois do peche da fábrica, o museo foi adquirido pola Xunta de Galicia. Hoxe no Museo Massó convive o patrimonio marítimo e industrial co espírito erudito do coleccionismo doutra época.

1. A conquista do mar O percorrido iníciase pola gran sala situada na primeira planta, onde a exposición se articula arredor da idea da conquista do mar. Está dedicada á navegación e ás disciplinas, como a astronomía, a xeografía e a construción naval, que fixeron posible o seu desenvolvemento e o do comercio marítimo. O discurso complétase con referencias ao papel desenvolvido neste ámbito polas expedicións marítimas e o corso. A sala conserva a museografía orixinal dos anos 30 do século XX, constituíndo en si mesma unha peza de museo na que destaca a valiosa colección de libros antigos de temática marítima e naval, na que os incunables, libros impresos nos primeiros anos da imprenta (1453-1500), merecen especial atención. 2. A explotación dos recursos do mar A planta baixa está dedicada á explotación dos recursos do mar. Parte dunha pequena sección onde se expoñen materiais arqueolóxicos procedentes da factoría de salga e o obradoiro de ánforas de época romana (século II-IV) do xacemento romano de Pescadoira. O discurso céntrase na actividade industrial da familia Massó: as súas fábricas de salga e de conservas e a caza da balea, mostrando unha colección única en España. 3. Embarcacións tradicionais Dentro desta mesma temática, pódese visitar a gran sala das embarcacións tradicionais, na que se expoñen tres das mais representativas da ría de Pontevedra: a dorna, o bote polbeiro e o gran pecio da última lancha xeiteira. 4. Antiga salgadura Recentemente recuperáronse 18 píos dunha antiga salgadura de principios do século XIX que foi adquirida polos Massó en 1900 para dedicala a almacén de anchoa e que agora forma parte do Museo Massó.

52 cousas de


OCIO /LIBROS El libro de los errores

Virtudes (e misterios)

Gianni Rodari Editorial Juventud

Xesús Fraga Editorial Galaxia Premio Blanco Amor 2019

Gianni Rodari estaba convencido de que ‘os erros non están nas palabras, senón nas cousas; hai que corrixir os dictados, pero sobre todo hai que corrixir o mundo’; de aí nacen as historias e as rimas deste libro cheo de personaxes divertidos e estrafalarios, e bastantes erros ortográficos e gramaticales.

La desaparición de los rituales Byung-Chul Han Editorial Herder No mundo contemporáneo, onde a fluidez da comunicación é un imperativo, os ritos percíbense como unha obsolescencia e un estorbo prescindible. ByungChul Han pregúntase: por que as formas simbólicas cohesionan a sociedade e que nos depara esta cando deixa de cultivalas?

Contar a emigración desde a parte dos retornados. Velaí o obxectivo que se propuxo Xesús Fraga ao encetar esta novela que é, sobre todo, o relato dunha epopea como a que protagonizaron tantas mulleres galegas que, levadas pola adversidade, rematan percorrendo o mundo á procura dun futuro mellor.

La saga de grimr Jérémie Moreau Editorial Norma Premio á mellor obra no Festival do Cómic de Angoulême 2018. Nun país (Islandia século XVIII) no que todo vén marcado polo linaxe, o destino de Grimr, un orfo de forza sobrehumana e espírito indomable, será aínda máis cruel. Un alegato contra a opresión.

Calypso

O ruído do tempo

David Sedaris Editorial Blackie Books

Julian Barnes Editorial Rinoceronte

Sedaris vaise á praia para intentar desconectar de todo, pero non pode fuxir de si mesmo. Nin da súa familia. Nin do seu traballo. Nin do suicidio da súa irmá. Nin do seu pai de dereitas. Nin de Donald Trump. A única solución? Rirse de si mesmo e das súas miserias como catarsis necesaria para seguir vivindo.

Barnes reconstrúe nesta breve novela a vida do músico Shostakóvich e as duras decisións que tivo que tomar nos seus momentos históricos sombríos, e indaga no medo e a culpa, na dificultade de comportarse con honradez nos tempos de barbarie e na difícil supervivencia da arte neses anos terribles.

cousas de 53


AXENDA

BUEU O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, que se celebra do 11 ao 19 de setembro, desdobrará nesta 13ª edición as súas principais sesións para seguir dándolle cabida a un público dunhas 500 persoas por día e cumprir ao tempo con todas as medidas de seguridade derivadas da Covid-19. O epicentro da programación será o Centro Social do Mar, ao 50% do aforo, o que suma unhas 120 butacas, coa correspondente ventilación e desinfección entre cada pase. O FICBUEU 2020 “conservará a estrutura de anos anteriores. O festival abrirase o venres 11 de setembro cun acto inaugural no que se estrearán as curtametraxes da Área Social. Na fin de semana haberá proxeccións matinais das seccións Infantil e Familiar, a primeira pensada para menores de 12 anos e a segunda a partir desa idade, amais de mesas redondas coa Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización (CREA) e coa Asociación Galega de Guionistas (AGAG), que tamén impartirá un obradoiro. Xa pola tarde, o sábado 12 e o domingo 13 concentraranse as tres seccións competitivas: Galicia e España, que se repetirán os dous días previsiblemente con algún coloquio, e mais Experimental, cunha escolma de títulos diferente en cada xornada. As 22 curtas da Sección Internacional, a máis destacada do certame, proxectaranse como viña sendo habitual de luns a venres, pero no canto de dúas sesións diarias agora serán catro. O sábado 19 celebrarase pola mañá a Gala Escolas Galegas, na que se proxectarán os traballos gañadores dos distintos niveis educativos. As curtas da nova Sección Escolas Internacionais poderán verse os días 17 e 18, en Bueu pero tamén por vez primeira na Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra. A derradeira xornada do 13º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu acollerá aínda unha actividade de cinema e música con Buster Keaton, dirixida a público familiar, e mais a demanda Sección Comedia. Esa tarde terá lugar asemade o encontro coa actriz Melania Cruz, que recibirá o Premio Cinema Galego 2020, e para rematar a Gala de Clausura, que será retransmitida en streaming. En total, ao longo de nove días proxectaranse unhas 80 curtas.

PONTEVEDRA MUSEO DE PONTEVEDRA Volven as visitas guiadas á exposición ‘Leopoldo Nóvoa 1919-2019’. Terán unha duración duns 30 minutos e servirán como introduccion á mostra antolóxica que o Museo dedica a un dos nosos artistas máis internacionais. Todos os xoves ás 18:00 h. Sen inscrición previa. Con motivo de cumprirse recentemente o centenario do nacemento do artista Leopoldo Nóvoa o Museo dedicalle unha ampla exposición na que se reúnen máis de 50 obras que recollen os diferentes momentos da súa traxectoria creativa A mostra está comisariada por Rosario Sarmiento Horario: De martes a sábado de 10 a 21 h. Domingos e festivos de 11 a 14 h. Luns pechado 54 cousas de


NIGRÁN

BAIONA

AGOSTO VENRES 17

Vive Nigrán, Anni B. Sweet – Presumido.

Espazo Dunas de Gaifar.

TerraCea2020, Alejo Stivel – Los Limones e Mon Band.

Pazo de Cea. Entradas á venda en Ataquilla. SÁBADO 18

Vive Nigrán, Rufus T. Fyfar. Espazo Dunas de Gaifar. Roteiro Sendeiro Circular Os Matos

Saída ás 10.00 horas desde o cemiterio de Camos. Inscrición previa en turismo@nigran.org. MÉRCORES 22 NIGRÁNJAZZ, Concerto de Fuzzo. 21.00 horas. Patos. XOVES 23

NIGRÁNJAZZ, Concerto de Sergio de Miguel Trío.

21:00 horas. Paseo de Panxón.

Roteiro Sendeiro Litoral,

Saída 10.00 horas da Alameda de San Campio. Inscrición previa en: turismo@nigran.org VENRES 24

NIGRÁNJAZZ

12.00 horas. Masterclass con Yumi Ito. Auditorio Nigrán. 22.00 horas Yumi Ito e 00.00 horas jam-session. Auditorio ao aire libre da Foz do Miño SÁBADO 25

NIGRÁNJAZZ

22.00 horas David Cid Trío e Perico Sambeat. 00.00 horas Jam Session. Auditorio da Foz do Miñor. VENRES 31 Concerto Patricia Kraus “Pioneras” Exterior CPI Arquitecto Palacios (Panxón). 22.00 horas. TerraCea2020 Love of Lesbian. Pazo de Cea. Entradas á venda en Ataquilla.

cousas de 55


AXENDA A GUARDA REDONDELA

MEIRANDE. Centro de Interpretación de Rande A ría de Vigo garda celosamente grandes segredos, innumerables riquezas e tesouros, froito de diversas batallas entre frotas co fin de saquear mercadorías.

MUSEO ARQUEOLÓXICO SANTA TREGA (MASAT) O Museo Arqueolóxico de Sta. Trega (MASAT) ocupa o edificio deseñado como restaurante polo arquitecto porriñés Antonio Palacios. Ofrece unha completa colección de labras e esvásticas, de moedas romanas, de obxectos cerámicos, vidro… e como pezas singulares destacan un espléndido remate de torques decorado con finas filigranas e o cabezón do Trega, o achado máis emblemático das escavacións realizadas recentemente. •O horario de apertura é de martes a domingo de 9.00h e 20.30h nos meses de xullo e agosto. •A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1 euro para adultos e 0,5 euros para menores de 14 anos.

Para lembrar, protexer e enxalzar este patrimonio escondido rehabilitouse a antiga fábrica do alemán, unha antiga conserveira do ano 1944 adquirida por un alemán afincado en Bilbao tras a súa colaboración na II Guerra Mundial cos nazis. O centro non só nos mostra posibles tesouros arqueolóxicos e culturais da época da Batalla de Rande, senón tamén parte do patrimonio industrial e histórico de Rande. Unha serie de salas recrean a época, as mercadorías, a batalla, así como certos aspectos do mundo da conserva, nunha estampa perfecta, avistando á Ponte de Rande en plena Enseada de San Simón. O centro de interpretación da Batalla e do Patrimonio Cultural de Rande, Meirande, ten a misión de sensibilizar e concienciar da enorme riqueza artística, socio-cultural e paisaxística da zona HORARIO: De 11:30 a 13:30 E de 16:30 a 19:30 de martes a domingo

TUI Darío Álvarez Gándara

(1936-2015) “Amenceu outra vez”.

Exposición antolóxica de pintura do médico tudense. Trátase dunha selección das súas obras que foi escollida polos seus fillos, herdeiros do seu legado, que comparten agora cos tudenses a faceta creativa do seu pai que nunca tiña divulgado. 22 óleos e máis de trinta debuxos complementados con fotografías e outras obras menores ofrecen aos visitantes unha perspectiva completa da obra de inspiración surrealista que, ao longo da súa vida, foi elaborando o cardiólogo tudense.

MUSEO DO MAR O Museo do Mar atópase no Porto da Guarda, nunha atalaia ao final do paseo marítimo e conta con dúas coleccións: unha etnográfica cunha mostra das antigas artes de pesca e os seus aparellos e outra malacológica, cunha selección de cunchas de mar procedentes de todo o mundo. Unha parte do patrimonio inmaterial está recollido en vídeos editados polo Concello: “Xentes do mar”, “Lendas de mar”, “Mulleres do mar” e “Tesouros vivos”. •1 euro adulto •0,50 euros menores de 14 anos •Gratuíto o primeiro sábado de cada mes e o Día dos Museos (18 de maio).O horario de verán ata o 15 setembro, será de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h os sábados, domingos e festivos.

56 cousas de

A mostra comisariada polos seus fillos Carlota e Darío Álvarez Basso estará aberta na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui ata o vindeiro 8 de agosto.


cousas de 57


PUNTOS DE DISTRIBUCIÓN DA NOSA REVISTA Ante a situación xerada polo estado de alarma, en COUSAS DE, tomamos a decisión de poñer en marcha unha serie de medidas extraordinarias, para asegurar a chegada de exemplares da nosa revista, de maneira segura, en todas e cada unha das localidades obxecto habitual de cobertura informativa da nosa cabeceira. Unha destas medidas é o acordo con establecimentos especializados na venda de libros, revistas e prensa en xeral, como novos puntos de distribución da revista. A GUARDA.Librería LER, librería Cervantes, Estanco Altamar e Librería Ideas ARCADE.(Soutomaior).Librerías Loli e Kiosco Tulipán AS NEVES.Estanco BAIONA.Librería Vernet. Sabarís (Baiona).Kiosko Sabarís BUEU.Librería Abrente, Librería Miranda e Panadería Amador CANGAS.Kiosco Goluts GONDOMAR.Librería Libraida MOS.Librería Arte e Ciencia MOAÑA.Librería Nobel NIGRÁN.Autoservicio Marvei e Estanco. Ramallosa (Nigrán).Kiosko Ramallosa. Panxón (Nigrán).Estanco César O PORRIÑO.Librería Recondo, Kiosco El Pinar e Librería Papelería Copirey O ROSAL.Librería Ideas e La Segunda Vuelta PONTEAREAS.Librería Papiros, Librería Don Papel REDONDELA.Quiosco Cocó , Quiosco Chelo , Quiosco. Chapela de Arriba (Redondela).Estanco SALCEDA.Librería Sernel, Librería Lemos e Librería Dona SALVATERRA.Kiosko Bolboreta e Estanco TOMIÑO.– Librería Novidades e Quisco Loterías Gonzalo TUI.Librería Nobel, Estanco/quiosco rúa Ourense e Librería Iris VIGO.- Librería Librouro, Librería Solidaria Aida e Librería Nobel (Gran Vía)

58 cousas de


cousas de 59


60 cousas de


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.