1 minute read
Creati vidade
A creatividade
A creatividade é a capacidade que temos as persoas para crear: ideas positivas; solucións a unha tarefa ou problema; oportunidades para facer cousas boas; realidades beneficiosas para nós e para os demais, etcétera.
Todas as persoas somos creativas, temos esta habilidade e como tal podemos desenvolvela. Pódese adestrar, ao igual que os músculos cando facemos deporte.
Ser unha persoa creativa require ser unha persoa inqueda e curiosa que indaga, experimenta e se atreve a pensar diferente. Mirar o mundo con ollos novos axúdanos a crecer como persoas, a evolucionar como humanidade e a construír o futuro.
A creatividade favorece o pensamento crítico porque nos axuda a pensar por nós mesmos, a non nos conformar e a cuestionar as cousas; a afrontar os problemas con valentía e tomar mellores decisións. A creatividade ten certo «poder transformador».
Deus é Creador e créanos á súa imaxe e semellanza. Invítanos a crear, a facelo todo novo, a mirar de forma diferente, a non ter medo, a nacer de novo.
4. Exercita a túa creatividade. Inventa unha palabra e o seu significado. Comparte na clase as novas palabras e ideas creadas.
5. En grupos de catro persoas, elixide unha noticia de actualidade e buscade unha nova solución ao problema. Expoñédea en clase.
6. Deseña un marcapáxinas cunha frase que che recorde que es unha persoa creativa.