1 minute read
Apuntamentos de veny
Veny elixe a Xesús
Hoxe elixo seguir a Xesús e camiñar ao seu lado para vivir unha vida mellor.
Elixo ser parte dunha familia grande, aberta e acolledora onde compartir a miña vida e a miña fe, a Igrexa.
Celebro os sacramentos, e neles descubro a Deus e encontro a forza para seguir camiñando.
Con Xesús conéctome á vida, en todo o que me sucede, en cada persoa coa que me encontro, na oración, na natureza.
Organizo os meus apuntamentos
Recibir
Creación
Recordo o que aprendín
• Xesús é o centro da vida cristiá en comunidade.
• Os sacramentos, instituídos por Xesús, marcan os momentos máis importantes da vida dos cristiáns.
• Os sacramentos son sete: o Bautismo, a Confirmación, a Eucaristía, a Reconciliación, a Unción de enfermos, a Orde sacerdotal e o Matrimonio.
• A felicidade cristiá vívese a través do servizo á comunidade e a todas as persoas.
Cóntame o que aprendiches
Responde no teu caderno
1 Que implica a vida cristiá?
2 Que son os sacramentos?
3 Que é unha catedral?
4 Completa a frase: A vida cristiá conéctate...
Experimenta e crea
5 Por parellas, elaborade un podcast que conte o que aprendemos ao longo desta unidade. Expoñédeo en clase de xeito orixinal e divertido.
Como aprendiches
6 Continúa neste novo curso co teu Diario de Reli. Escribe nel o que aprendiches nesta unidade ou con calquera tema tratado en clase.
• O ideal é que redactes as túas reflexións ou o que queiras gardar no teu interior para poñelo en práctica.
• Iso fará da túa vida e a das persoas que te rodean máis solidaria e bondadosa. Non o dubides.
7 Escribe no teu caderno o que che gustou e o que non che gustou da unidade.