1 minute read

...no corazón ...con Veny

Con María aprendemos a mirar a realidade desde o corazón, con tenrura, compaixón e xenerosidade.

Mirar co corazón é poñerse no lugar da outra persoa; é buscar o ben común e sentir que nos une o amor infinito de Deus.

Tamén é respectar outras miradas, xa que cada persoa achega un punto de vista diferente polo lugar ou situación en que se encontra. Habemos de saber escoitar, porque as miradas se complementan e enriquecen o noso xeito de ver o mundo.

Imaxina unha bóla do mundo e toda a clase arredor dela. Cada persoa vería só unha parte da Terra, e o único xeito de ter unha visión máis completa sería escoitando o que ven os demais.

Mirar como María

4. Escribe no teu caderno que significa «mirar como María, co corazón».

5. En grupos de tres ou catro persoas, elixide unha noticia de actualidade e expresa no grupo o teu punto de vista. Elaborade unha mirada conxunta sobre o tema, escribídeo e expoñédeo en clase.

Nas nosas vidas teñen moita importancia as pantallas dos ordenadores, as tabletas os móbiles, etc. Tanta, que ás veces preferimos enviar unha mensaxe a falar con alguén...

Substituímos un sorriso mirando aos ollos por unha emoticona, ou bloqueamos en lugar de solucionar as cousas e abrazarnos.

Non esquezas que as «pantallas» han de ser ventás que nos acheguen a outras realidades.

Non deixes que sexan muros que te afastan das persoas!

Encontrarnos, abrazarnos ou mirarnos aos ollos sempre é un motivo de alegría. Non deixes de facelo!

Ventás ás persoas

6. Por parellas, mirádevos aos ollos en silencio durante un minuto ou dous. Escribe como te sentiches e compartide en clase as experiencias.

7. Debuxa no teu caderno a túa emoticona favorita, a que máis utilizas. Escribe o que queres expresar con ela.

8. Fai un propósito para expresar o teu sentimento directamente á persoa a próxima vez, e observa as diferenzas.

This article is from: