5 minute read

A VOZ DE DEUS

Vida da comunidade

O libro dos Feitos dos Apóstolos móstranos unha imaxe de como era a vida das primeiras comunidades cristiás (Feitos 4, 32-35). Le o relato completo.

«A comunidade dos crentes tiña un só corazón e unha soa alma, e ninguén consideraba coma seu o que posuía, senón que todas as cousas eran comúns. Os apóstolos, con gran poder, daban testemuño da resurrección do Señor Xesús, e todos eles eran ben considerados».

Axudarache a comprender o relato da Biblia

Poderás comprender este bonito texto dos Feitos dos Apóstolos se pensas que pasa cando:

• Compartes o que tes. Compartir a túa goma de borrar con outra persoa que non ten é coma se houbese dúas gomas, porque ambas as dúas puidestes utilizala. Se a compartes con tres, con cinco, etc., multiplícase de súpeto o seu uso e a ninguén lle falta.

• Escoitas a alguén que se sente mal. Deste xeito sentídesvos máis unidos ou unidas, porque escoitar é como dar un abrazo xigante e demostrar que estás aí.

• Perdoas de corazón. O perdón achéganos aos demais desde a sinceridade, porque o perdón todo o reinicia.

• Fas o ben poñendo paz cando onde hai pelexa, sendo unha persoa xusta nas túas decisións ou axudando con alegría.

• Confías en Deus e na súa palabra. Sentes o seu amor en todo o que te rodea, en cada persoa, na natureza, etcétera.

• Compartes a túa fe e sénteste parte dunha gran familia. Iso significa que hai unha comunidade de persoas que sempre está ao teu lado.

A todo isto e moito máis chámanos Xesús. Por iso, a vida cristiá é a vida mellor.

A vida cristiá é unha chamada a vivir desde o amor e a ser unha gran familia.

1. Escribe coas túas palabras no teu caderno por que «a vida cristiá é a vida mellor».

2. Le o relato bíblico e imaxina como se sentían aquelas primeiras comunidades.

• Debuxa unha emoticona que o exprese no teu caderno. Expoñede en clase.

A vida cristiá

Dende o comezo, chamóuselles cristiáns aos seguidores de Xesús resucitado; a aquelas persoas que eran bautizadas, escoitaban as ensinanzas dos Apóstolos e desexaban vivir como viviu Xesús.

A vida cristiá é un camiño que se vai percorrendo: pouco a pouco vas coñecendo máis a Xesús, e a túa relación con El faise cada vez máis forte. É como unha amizade na que, segundo vas coñecendo a outra persoa, che apetece estar con ela, compartir o teu tempo e as túas cousas.

A vida cristiá é elixir a Xesús e querer ser parte da súa comunidade, da Igrexa. É seguir a Xesús: significa vivir a vida dun xeito diferente, mirar como El miraba, tratar a todas as persoas con dignidade... Amar como El nos amou.

A vida cristiá implica...

• Vivir a fraternidade, atendendo especialmente ás persoas con máis necesidades.

• Compartir a fe na Igrexa a través da oración, os sacramentos e a palabra de Deus.

• Ser Testemuñas do amor de Deus e anunciar a Boa Noticia a todo o mundo.

Chamados a vivir en comunidade.

3. Busca un testemuño de vida cristiá na parroquia, no colexio ou na túa familia. Escribe no teu caderno a experiencia como cristián ou cristiá. Compartide en clase.

4. Deseña unha camiseta, unha cunca, un chaveiro, etc., cunha frase ou unha imaxe sobre o significado de vivir a vida como seguidores ou seguidoras de Xesús.

Os sacramentos

Os sacramentos son signos sensibles e eficaces mediante os cales se recibe a Graza de Deus. É dicir, que a través de símbolos visibles como a auga, o pan, o viño ou a imposición de mans Deus faise presente. Po - demos encontrarnos con El e recibir a súa Graza. Esta Graza é o seu amor infinito e a súa forza. Imaxina que a túa vida é un videoxogo no que tes que facer un percorrido e construír o mundo de Deus.

Sacramentos de Iniciación

Bautismo. É a porta á vida cristiá e aos demais sacramentos. Co Bautismo nácese de novo á vida con Deus.

Confirmación. Recibimos ao Espírito Santo no noso corazón para reafirmar a nosa fe, ser testemuñas do amor de Deus e unirnos máis á Igrexa.

Eucaristía. É o sacramento central da vida cristiá. Faise presente o amor de Deus e, ao participar del, comprometémonos a amar como Xesús.

1. Escribe no teu caderno un símbolo de cada sacramento.

2. Escribe no teu caderno as respostas: a) Cantos son os sacramentos? Como se dividen? b) Quen instituíu os sacramentos?

Os sacramentos serían como as «vidas» do xogo: están aí para cando os necesites, para os momentos importantes, para darche a forza do Espírito Santo e continuar o percorrido.

Sacramentos de Sanación

Os sacramentos marcan os momentos máis importantes da vida cristiá. Foron instituídos por Xesús e confiados á súa Igrexa. Por iso, os sacramentos axudan a encontrarnos con Xesús e a recibir a forza do Espírito. Os sacramentos son sete e divídense en tres grupos.

Sacramentos de Servizo

Reconciliación. Implica recoñecer os erros, arrepentirse e querer cambiar. Pedimos perdón a Deus e El perdóanos a través do sacerdote. O perdón sanda a alma e devólvenos a paz.

Unción de enfermos. Acompañamos e damos paz e ánimo a quen está a sufrir unha enfermidade. Achegamos a persoa a Deus mediante o perdón e a forza do amor de Deus.

Orde sacerdotal. Recíbeno os que se senten chamados por Deus para ser sacerdotes. Reciben a forza do Espírito Santo para a súa misión e servir os seus irmáns.

Matrimonio. É a unión entre un home e unha muller que deciden libremente selar o seu amor diante de Deus e da Igrexa. Comprométense a ser testemuñas do amor de Deus e a participar da vida da Igrexa.

3. Dialogade en parellas. Que sacramentos recibiches? Tes fotografías ou algún recordo especial dese día? Cales?

• Compartide as experiencias co resto da clase, contando o que che dixo a túa parella.

Conéctate

A vida cristiá conéctate coa vida para que a vivas en plenitude. Vivir desconectado da realidade, da natureza, dos teus sentimentos, dos teus soños ou de Deus non che fai alcanzar a felicidade, porque non vives plenamente.

Imaxina que a vida cristiá é como unha gran rede wifi universal, á que todo o mundo ten acceso de xeito libre e gratuíto. As persoas seriamos como os dispositivos que se poden conectar, sexan grandes, pequenos, novos, antigos ou de última xeración. Só tes que ter batería e cobertura; é dicir, só tes que querer conectarte e buscar o xeito de facelo.

A vida cristiá conéctate:

• Con toda a Creación. Porque formas parte desta e a debes coidar e gozar.

• Con todas as persoas. Porque formas parte da gran familia cristiá.

• Contigo, co teu corazón. Porque che axuda a coñecerte e a quererte como Deus te quere.

• Con Deus Pai. Porque Deus é Amigo, Creador e Salvador. Conéctate á vida cristiá cada día ao contemplar a natureza, ao axudar ás persoas con máis necesidades, ao coidarte, ao facer oración, ao dar grazas a Deus, ao ir á Igrexa, etcétera.

A vida cristiá só é posible vivila conectados á realidade.

1. Buscade a calma e o silencio, pechade os ollos, respirade e conectade. Expresa libremente no teu caderno a conexión que sentes co amor infinito de Deus.

• Compartide e dialogade en clase desde o respecto e a valoración das opinións dos compañeiros e as compañeiras.

2. Resume nunha frase o aprendido e deseña un cartel con esta.

O servizo

Servir é ter a dispoñibilidade de querer axudar e colaborar nas necesidades dos demais, para facerlles a vida máis doada e máis amable: para velos felices.

Ser servizal é axudar con boa actitude e por gusto, non para buscar o aplauso nin o recoñecemento, senón para colaborar e mellorar a vida dos demais. É como colorear unha situación que era gris, porque abre os corazóns dos que te rodean, provoca agradecemento e alegría debuxando sorrisos.

O contrario a ser servizal é mirar para outro lado cando alguén necesita axuda. Non ser servizal é borrar a cor da vida porque nos afasta dos demais.

Xesús di: «Non vin a ser servido senón a servir», (Mateo 20, 28). Xesús ensínanos a mirar máis alá de nós mesmos para saír ao encontro dos demais. Para os cristiáns, o servizo é o camiño que nos ensinou Xesús para amar de verdade, e con este amor tamén nos ensinou a cambiar o mundo.

This article is from: