1 minute read

Apuntamentos de veny

Next Article
COn moita arte

COn moita arte

A fe de Veny

A miña fe é como unha luz que non se pode esconder, que me fai brillar e axuda aos demais.

A miña fe é como un camiño que percorro pouco a pouco, no que ás veces me perdo, outras caio, pero sempre avanzo.

A miña fe é só miña, pero faise grande cando a comparto en comunidade.

A miña fe é un impulso para buscar respostas que me axuden a coñecer máis a Deus e aos demais.

Teño fe, confío, creo e amo.

Organizo os meus apuntamentos

Teño fe

Fe en Deus vivo Fe na oración Fe e ciencia Fe e arte porque nos fai para do porque e e en achéganos á

Amar a vida Credo «Creo...» Achegarnos a Deus A arte

Axudar á humanidade Deus Pai, Xesucristo o seu fillo e o Espírito Santo

Avanzar en sociedade Fe

Recordo o que aprendín

• A verdadeira fe vívese con amor a Deus, amor polos demais e amor a ti mesmo.

• O Credo é unha das principais oracións dos cristiáns.

• A fe e a ciencia axudan a avanzar á sociedade na verdade e a buscar o sentido da vida.

• A arte conmóvenos porque, como cristiáns e cristiás, nos achega a Deus a través da beleza e a espiritualidade.

Cóntame o que aprendiches

Responde no teu caderno

1 Que proclamamos por medio do Credo?

2 Por que xurdiron conflitos ao longo da historia entre fe e ciencia?

3 Que é a dignidade humana?

4 Completa a frase: A fe é a confianza en Deus...

Experimenta e crea

5 En parella, preparade unha exposición co resumo da unidade. Podedes expresalo como máis vos guste: poesía, teatro, canción, mural, etcétera. Expoñede os resultados en clase.

Como aprendiches

6 Continúa neste novo curso co teu Diario de Reli. Escribe nel o que aprendiches nesta unidade ou con calquera tema tratado en clase.

• O ideal é que redactes as túas reflexións ou o que queiras gardar no teu interior para poñelo en práctica.

• Iso fará da túa vida e a das persoas que te rodean máis solidaria e bondadosa. Non o dubides.

7 Escribe no teu caderno o que che gustou e o que non che gustou da unidade.

This article is from: