2 minute read
VERÁN Amor de verán
«Quen nos pode arredar do amor de Cristo?
Porque estou seguro de que nin a morte nin a vida, nin os anxos nin os principados, nin o presente nin o porvir, nin as potestades, nin a altura nin o abismo, nin calquera outra criatura nos poderá afastar do amor que Deus nos ten en Cristo Xesús, noso Señor».
Le o relato completo na Carta aos Romanos 8, 35-39.
Remata sexto, péchase unha etapa e comeza un verán moi especial, con moitos sentimentos e emocións
Por un lado, coa nostalxia de rematar Primaria con todo o que vivimos estes anos. E por outro, coa ilusión e os nervios ante o comezo unha etapa nova apaixonante: a Secundaria.
Se tiveses que resumir todo o aprendido este tempo sería que o amor de Deus é infinito e que nunca nos abandona, pase o que pase. É un amor que nos impulsa a vivir, a acariñar a natureza, a ser unha gran familia que se respecta e coida a buscar o ben e a felicidade común. Un amor que nos busca e se deixa encontrar en toda a Creación, no silencio, na oración, na celebración e no corazón.
Deus coñécete, sabe o teu nome e está namorado de ti, quérete como es e non hai nada que te poida separar del.
Sempre está contigo.
1. Escribe no teu caderno o que máis che gustou e o que aprendiches durante este curso na clase de Relixión.
2. Imaxina que o compartes nunha rede social. Elixe o formato e edítao en vídeo, cun baile, unha foto, un texto, un reto, etcétera. Expoñede os traballos en clase.
Nam Rate Este Ver N
Abre ben os ollos e mira ao teu arredor: o sol, o aire, o río, o mar, as estrelas. O teu grupo de amigos de verán, as persoas novas que vas coñecer, as que te coñecen e te queren. Viaxes, excursións, paseos, carreiras, mil cousas novas por facer e por descubrir. Xeados, mosquitos, cancións, auga fresquiña e calor.
Ama moito e goza de todo o que che brinda a vida. Porque o amor conéctanos con Deus, con nós mesmos e cos demais.
Atrévete a amar, a conectar.
Realiza o test do amor
Elixe só as opcións coa que te queres comprometer e namorar este verán:
1 Namórate da Creación
• Comprométete a coidala.
• Goza da súa beleza.
• Non deixes residuos e recicla.
2 Namórate das persoas
• Respecta a cada persoa como é, única e diferente.
• Axuda sempre a quen o necesite.
• Busca o ben común.
Suma 1 punto por cada opción elixida en cada un dos bloques.
Resultados por bloques:
3 puntos: Namorado
2 puntos: Frechazo
1 punto: Amor a distancia
0 puntos: Que é o amor?
3 Namórate de ti
• Coida o teu corpo.
• Coida a túa mente.
• Quérete como es.
4 Namórate de Deus
• Descúbreo no que te rodea.
• Comparte e celebra a túa fe.
• Ama como Xesús nos ensina.
3. Tras coñecer a túa elección, elabora o teu propósito de amor para este verán no teu caderno.