1 minute read

COn moita arte

Next Article
A VOZ DE DEUS

A VOZ DE DEUS

Espazos de encontro

Unha catedral é un templo moi grande e a igrexa principal dunha diocese. Por iso, nas catedrais celébranse actos importantes para toda a comunidade cristiá. Son belos espazos de encontro con Deus, cun mesmo e cos demais.

A catedral de Santiago de Compostela é milenaria e ten unha grande historia detrás. Nesta catedral encóntrase a tumba de Santiago o Maior, un dos doce Apóstolos de Xesús. Por esta razón, a catedral é o final do famosísimo Camiño de Santiago.

Diocese. É a rexión ou a área católica onde exerce o goberno eclesiástico ou relixioso un bispo.

Románico. É un estilo artístico que se difundiu por España desde Francia a través do camiño de Santiago nos séculos xi e xii

O Pórtico da Gloria, de estilo románico, dá a benvida á catedral de Santiago con 135 esculturas que parecen falar entre elas e coas persoas que chegan ata a catedral.

Un proxecto revolucionario para a súa época pola composición, o realismo das figuras, as cores, a luz e o seu contido espiritual. Trátase da representación da historia da Salvación, é dicir, toda unha lección para a vida da comunidade cristiá. No centro, Cristo resucitado destaca por enriba de todas as demais esculturas pola súa posición e o seu tamaño. Debaixo encóntrase o apóstolo Santiago cun pergameo na man onde se le «Misit me Dominus», que significa en latín ‘O Señor envioume’.

Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela, esculpido polo Mestre Mateo no

1. Observa a obra e describe o que máis che chame a atención.

2. Compartide a xeito de chuvia de ideas se estiveches nalgunha catedral e en cal. Que sensación tiveches ao entrar?

Que arte tes!

A vida é un camiño

O Camiño de Santiago é unha peregrinación de tradición cristiá con máis de mil anos de antigüidade, que percorreron millóns de peregrinos de todo o mundo. É un conxunto de rutas que rematan na catedral de Santiago de Compostela.

É un camiño cheo de arte, de tradición e de cultura; un lugar de encontro para todas as persoas que o percorren, porque é unha oportunidade para encontrarte con Deus a través das persoas que camiñan contigo. Vívense plenamente a natureza, a hospitalidade das vilas que se atravesan, o silencio, a dureza de camiñar, as risas, a arte e a oración.

En definitiva, o Camiño de Santiago é como a vida mesma.

A miña vida, o meu camiño

1. Realiza unha colaxe cos momentos máis importantes da túa vida ata hoxe.

2. Represéntao en forma de camiño con fotografías, recortes, recordos...

3. Deséñao bonito, compárteo coa clase e despois pono no teu cuarto para ter sempre presente que a vida é un camiño.

Axuda en anayaeducacion.es

This article is from: