1 minute read

COn moita arte

Arte e fe

A arte cristiá é tan antiga como o cristianismo. É unha arte inspirada na Biblia, con obras que expresan as vivencias e os sentimentos relixiosos; obras creadas para achegar a Deus e a súa mensaxe a todo o mundo a través de símbolos, cores, liñas, construcións, música, materiais, metáforas, etcétera.

As obras de arte fan visible a Deus a través da beleza porque conectan o noso corazón con El e con toda a Creación, transmítennos o aspecto máis profundo das cousas, emociónannos e conmóvennos.

A Creación de Adá n de Miguel Anxo (1475-1564) representa o Poder Creador de Deus. Esta pintura resultou moi revolucionaria para a época pola proximidade que mostra Deus co home. A escena representa o momento en que Deus dá vida ao primeiro home, Adán. A imaxe de Deus alonga o brazo e a man para dar vida ao home; Adán alonga tamén o brazo e a man cara a Deus para recibila. O instante é moi simbólico e marabilloso, porque fai da Creación un acto de achegamento e amor.

Deus e Adán teñen unhas posturas parecidas: fan referencia a que fomos creados a imaxe e semellanza de Deus. As cores, as liñas, a composición e, en definitiva, toda a obra é movemento e vida.

1. Observa a obra detidamente e comparte a xeito de chuvia de ideas o que máis che guste.

2. Comparte cos teus compañeiros e compañeiras unha obra de arte que che guste especialmente e explica por que.

Que arte tes!

A arte relixiosa

As obras de arte relixioso, sexan da disciplina que sexan —pintura, escultura, arquitectura, mosaico, tapiz, colaxe, música, poesía, fotografía, cine, teatro, etc.—, son unha canle para expresar e manifestar a fe.

A través da beleza das súas obras, os artistas comparten o seu coñecemento e a súa experiencia de fe, e serviron como guía para que outras persoas se acheguen a Deus e coñezan a súa mensaxe. Considerar unha obra de arte é somerxerse dentro dela e deixar que che fale e te emocione. É mirar máis alá do que se ve á primeira vista para conectar co bonito mensaxe que che quere transmitir.

A miña arte, a miña fe

1. As obras de arte son expresión do que vivimos ou do que queremos vivir, xa que contan historias e transmiten mensaxes que nos fan vivir a fe. Fai silencio e pensa que che gustaría transmitir da túa fe a través da arte. Escríbeo se o necesitas.

2. Escolle calquera tipo de arte que che guste para crear unha obra: mural, cómic, poesía, vídeo, fotografía, escultura, música, teatro, danza, etcétera.

3. Deseña a túa obra de arte e expoñede todas en clase. Dialogade sobre elas.

Axuda en anayaeducacion.es

This article is from: