1 minute read
OS IMPRESCINDIBLES DO VERÁN
A música
Nos cascos, no móbil, no coche, na casa... A música, en calquera parte, acompáñate e tócache o corazón. A música faite sentir ben, cálmate e faite bailar. É como o amor de Deus, que nos conecta connosco e cos demais. Invítanos a compartir a vida.
Grilandas de luz
As luces de verán iluminan as festas das vilas, as celebracións familiares, as quedadas con amigos e amigas, etc.
Recórdannos que todas as persoas somos luz, que unidas como unha grilanda somos unha gran familia que pode mellorar o mundo.
As fotos
Os veráns deixan en nós recordos para toda a vida: concertos, cine, libros, atardeceres, etc. Fotografías de momentos únicos e inesquecibles que compartimos con alguén, porque os encontros coas persoas márcannos sempre, súmannos, fannos crecer e brillar máis. Xuntos construímos un mundo mellor e máis feliz.
Xeado. Copa con antuca
A vida con Deus está rica como os xeados, pero só hai un xeito de saber se che gusta e é probala.
Atrévete a saborear a vida que Deus che propón, namórate do seu plan e faino realidade. Ama e sé feliz.
4. Describe no teu caderno o teu imprescindible este verán para ti.
5. Deseña un cartel chulo para decorar o teu cuarto este verán coa frase: «Nada me separará do amor de Deus».