1 minute read

1 6 A vida cristiá, a vida mellor

A vida con Xesús

A vida cristiá é o camiño para seguir a Xesús. Os primeiros seguidores de Xesús foron os Apóstolos. Eles viviron con El e como El. Non se dedicaron a aprender de memoria as palabras de Xesús para repetilas, senón que seguiron os seus pasos de vida. Son o noso modelo de vida cristiá.

Todas as persoas bautizadas estamos chamadas a seguir os pasos de Xesús.

Que é ser cristián?

Imaxina que imos a un congreso, no que hai persoas de todo o mundo e de todas as relixións a explicar que é ser cristián.

• Pensa en cinco características dunha persoa cristiá.

• Compartide, mediante chuvia de ideas en clase, dialogade e elaborade unha definición conxunta.

Nesta unidade descubrirás que...

• A vida cristiá é elixir a Xesús e querer ser parte da súa comunidade, da Igrexa.

• Cos sacramentos recibimos a graza de Deus.

• A vida cristiá conecta coa Creación, coas persoas, co teu corazón e con Deus.

• O servizo aos demais forma parte da vida cristiá.

Situaci N

DE APRENDIZAXE

Pon cor á vida Como te organizas coas túas compañeiras e compañeiros para axudar ás persoas?

This article is from: