1 minute read

Xesús nace nun presebe

«E resultou que, estando alí, chegoulle o tempo do parto, e deu á luz o seu fillo primoxénito. Envolveuno nuns capizos e deitouno nunha manxadoira, na corte das bestas, porque dentro da pousada non había lugar para eles». Lede en clase o relato completo do Evanxeo de San Lucas (Lc 2, 1-7).

Buscando Pousada

María e Xosé viaxan ata Belén para empadroarse. O embarazo estaba xa moi avanzado e alí sorpréndeos o nacemento de Xesús.

Encontrábanse fóra da súa casa de Nazaret, onde tiñan todo preparado para recibir o neno coas comodidades da época, pero non había tempo para pensar niso porque Deus tiña outros plans.

Xosé é de Belén. Por iso buscan aloxamento na casa de familiares, amigos e coñecidos, pero non había sitio para eles; non encontran pousada e María dá a luz a Xesús nun presebe.

Nace Deus dun xeito que ninguén espera; un bebé fráxil e pequeno, no lugar máis pobre e humilde que poidas imaxinar... Un acontecemento que cambiou o mundo para sempre.

1. Comenta e dialoga en clase:

• Que é o que máis che chama a atención do relato bíblico?

• Por que cres que é un acontecemento que cambiou o mundo para sempre?

• Escribe de novo o relato bíblico. Imaxina que María e Xosé chegan ao teu barrio ou á túa localidade buscando pousada. Que pasaría hoxe? Expoñede os relatos e dialogade sobre eles en clase.

This article is from: