1 minute read

...no corazón ...con Veny

En Nadal non só recordamos aquel acontecemento de hai máis de dous mil anos, que cambiou o mundo. Tamén celebramos que Xesús segue nacendo hoxe.

Igual que María e Xosé buscaron pousada, hoxe Xesús busca un lugar para nacer; non quere un apartamento, nin un castelo, nin un pazo. Busca un corazón sincero que, aínda que ás veces se equivoque, sempre estea disposto a amar, a acoller e a compartir.

Acoller é recibir cos brazos abertos, axudar a quen o necesita e ofrecer acubillo. É crear a sensación de sentirte na casa en calquera lugar.

O noso corazón pode ser ese lugar que abre a súa porta para que as persoas que temos preto se sintan queridas, escoitadas e acollidas. Xestos pequenos como un sorriso, un abrazo ou un pouco de atención marcan a diferenza e constrúen un mundo mellor para todas as persoas.

Adornos De Coraz N Para Nadal

1. Deseña un corazón que acolle a Xesús. Realízao ao teu gusto, con materiais reciclados e pono na casa ao lado do belén ou da árbore de Nadal.

2. Fai que este Nadal sexa diferente. Escribe no teu caderno tres pequenos xestos que marquen a diferenza, e comprométete contigo mesmo para levalos a cabo durante o Nadal.

No primeiro Nadal, María e Xosé crean un fogar onde acoller a Xesús. As dificultades e as incomodidades non lles impiden ofrecer ao Neno todo o seu amor.

Celebra este Nadal abrindo o teu corazón para que Xesús naza e que o teu amor chegue ás persoas que te rodean. Goza coidando e amando a casa común, sen desbordar enerxía coas luces, reciclando e reutilizando todo o que poidas. Atrévete a vivir o Nadal máis alá das luces, os regalos e os turróns, e vai ata o fondo. Descubre que o importante está nas persoas e no seu corazón. Ama moito e faino sen esperar nada a cambio. Ser unha persoa amable, xenerosa, alegre e servizal fará que os que están ao teu lado se sintan queridos e acollidos.

Facemos algo diferente

1. Por parellas, buscade testemuños de persoas que tivesen experiencias de acollida.

• Expoñédeos en clase e dialogade sobre os resultados.

2. Realiza un calendario do Nadal cun propósito para cada día que che axude a descubrir o importante destas festas. Por exemplo: dar grazas a Deus pola vida, ser amable, sorrir, non malgastar auga ou enerxía, axudar, colaborar na casa, compartir as miñas cousas, doar un xoguete, etcétera.

This article is from: