![](https://assets.isu.pub/document-structure/230531083320-d9c9a87f376569e27a10246313e85753/v1/36e738405318697f4f0939ce3846b57f.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
4 minute read
Nesta unidade descubrirás que...
• O mandamento do amor resume todas as ensinanzas de Xesús.
• A Boa Noticia é mensaxe de amor e salvación.
• O amor a un mesmo é o punto de partida para amar os demais.
• Todos os cristiáns estamos chamados a anunciar a Boa Noticia.
Situaci N De Aprendizaxe
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230531083320-d9c9a87f376569e27a10246313e85753/v1/c7a49ab50931b1627cd53c29149099f7.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
Unha gran familia
A fraternidade comprométenos a construír unha sociedade xusta e solidaria. Así creamos a familia universal.
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230531083320-d9c9a87f376569e27a10246313e85753/v1/a98424cecc692ebb3371180f8a78268d.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
O amor a Deus
Encontramos esta resposta de Xesús no Evanxeo de San Mateo (Mt 22, 36-39).
«Mestre, cal é o mandamento máis importante da Lei? El respondeulle: –“Amarás o Señor, o teu Deus, con todo o teu corazón, con toda a túa alma e con todo o teu entendemento. Este é o mandamento primeiro e máis grande. O segundo é semellante a el: Amarás o teu próximo coma a ti mesmo».
Axudarache a comprender o relato da Biblia
Imaxina un mundo «Cero amor»: un día espertas e do mundo desapareceu o amor. De súpeto non hai un «Bo día!, que tal?» nin un bico, nin un abrazo. Ninguén sorrí...
É coma se nos tivésemos convertido en estraños. Seguimos realizando a nosa vida cotiá, pero parecemos robots. Ninguén se preocupa por ti ou se interesa polo que queres.
O mundo sen amor é frío e gris. É triste.
As persoas non podemos ser felices se nos falta o amor. É coma se nos roubasen a alma.
• Podes ter todo o poder, ser a persoa máis guapa do mundo, rica, famosa... Pero sen amor non serás feliz.
• Podes ser boa persoa, dar esmola ou loitar contra o cambio climático... Pero sen amor sentirás tristura no teu corazón.
Oíches algunha vez a frase: «Ten un corazón que non lle cabe no peito»? Porque cando amas te sentes tan ben que é coma se se che ensanchase o corazón. E cando recibes amor é coma se che desen ás, sénteste forte e feliz.
O amor de verdade revoluciona por dentro a todas as persoas.
O amor non se ensina, vívese! (Papa Francisco).
1. Escribe no teu caderno unha lista cos beneficios do amor para as persoas.
• Compartide en clase as listas mediante chuvia de ideas e elaborade por consenso unha lista con cinco beneficios do amor. Escríbea no teu caderno para recordala.
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230531083320-d9c9a87f376569e27a10246313e85753/v1/9823fcb899e90514609084c83cbbced3.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
2. Expresa a través dunha frase o que significa para ti o relato bíblico de Xoán. Procura que o teu texto sexa bonito e literario.
Unha mensaxe de amor
O mandamento do amor resume todas as ensinanzas de Xesús e o sentido máis profundo da súa vida. O primeiro é amar a Deus con todo o teu corazón, con toda a túa alma e con toda a túa mente, o que significa confiar na súa palabra, vivir como El nos pide e amar como El nos ama.
Xesús conecta o amor a Deus coas persoas, polo que é imposible amar a Deus sen amar os demais e a nós mesmos; é dicir, amar a Deus móvenos a ser persoas respectuosas, xustas e solidarias unhas con outras; a tratarnos con cariño e a buscar sempre o ben común.
O mandamento do amor é:
• A base da Lei de Deus.
• O centro da mensaxe de Xesús.
• A raíz da vida dos cristiáns e do noso compromiso para buscar sempre o ben común.
O mandamento do amor é unha mensaxe de amor universal, dirixido a toda a humanidade; porque o amor é esencial na existencia humana e fomos creados para amar e ser amados.
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230531083320-d9c9a87f376569e27a10246313e85753/v1/f9a40bf1a3c9f0f011d8c00a9313af04.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
3. Escribe no teu caderno as respostas: a) Que resume o mandamento do amor? b) A que nos move amar a Deus?
A Boa Noticia
Xesús dedica a súa vida a proclamar a Boa Noticia. A súa mensaxe central é que Deus é o noso Pai e nos ama por riba de todo.
A Boa Noticia é boa porque é unha mensaxe de salvación que trae esperanzas e respostas ás necesidades da xente: libera de todo aquilo que deshumaniza e escraviza; devolve a dignidade aos que a perderon; trae a paz e a xustiza; é alegría e é vida.
A Boa Noticia de Xesús mellora a vida das persoas, e fai do mundo un lugar máis humano e xusto.
Xesús anuncia unha mensaxe de amor chea de experiencias e de vida para toda a humanidade. Non só o expresa con palabras, senón tamén coa súa forma de vivir: acolle a todo o mundo, abraza os máis pequenos, cura os enfermos, come con pecadores, denuncia as inxustizas e está ao lado dos que sofren.
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230531083320-d9c9a87f376569e27a10246313e85753/v1/4913ae047bcf38deee9f261d0d96e059.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
A Boa Noticia de Xesús non é unha teoría que hai que aprenderse de memoria. É un xeito de vivir; é dicir, hai que vivila.
1. Escribe coas túas palabras en que consiste a Boa Noticia de Xesús.
2. Completa no teu caderno as seguintes frases: a) A mensaxe central da Boa Noticia é... b) A Boa Noticia é boa porque... c) A Boa Noticia de Xesús non é...
Unha mensaxe para vivila
Vivir a Boa Noticia de Xesús é:
• Abrir os ollos ao que nos rodea. Coñecer as necesidades, os soños e as preocupacións doutras persoas. O amor achégate aos demais, é como ampliar o campo de visión e descubrir que hai vida máis alá da túa realidade.
• Implicarse coas persoas e o mundo. Mirar a realidade co corazón fai que nada volva ser igual. Non poderás ignorala nin desentenderte dela.
• Abrir o corazón. O amor de Xesús é como poñer un pé na porta do noso corazón para que non nos encerremos en nós mesmos e nos leve a descubrir a Deus en todo o que nos pasa e na xente que nos rodea.
• Realizar accións transformadoras. Amar como nos ensina Xesús móvenos a levar a cabo accións que, por insignificante que nos parezan, transforman sempre a realidade a mellor.
A transformación social mediante accións que levan o amor de Deus a todas as persoas e ofrecen resposta ás súas necesidades é o compromiso da Igrexa. Por esta razón a Igrexa faise presente en hospitais, comedores sociais, pisos de acollida, escolas, roupeiros solidarios, etcétera.
Todos os cristiáns estamos chamados a vivir a Boa Noticia.
3. Escribe accións que coñezas e que realiza a Igrexa para mellorar a vida das persoas e transformar a sociedade.
• Poñede en común estas accións e realizade en clase unha guía sobre os «Recursos da Igrexa».
4. En grupo de catro persoas, analizade situacións próximas do barrio ou a túa localidade con algunha necesidade. Deseñade accións transformadoras que se poidan levar a cabo para mellorar estas situacións.
• Facede unha exposición en clase mediante un mural e dialogade sobre os resultados.