1 minute read

valor do teu interior

O amor a un mesmo

«Amarás os demais como a ti mesmo». Xesús fálanos do amor a un mesmo como unha necesidade, a referencia e o punto de partida para amar os demais.

• Unha necesidade. Amarse a un mesmo é conectar con quen es, coñecerte e valorarte como unha persoa única creada a imaxe e semellanza de Deus. A falta de amor cara a nós mesmos fainos sentir mal e pensar que non merecemos que nos queiran. Afástanos de Deus e dos demais.

• A referencia para amar os demais. Xesús marca a medida do amor cara aos demais en como nos queremos a nós mesmos. Por iso é importante tratarnos con respecto, ser comprensivos connosco e coidarnos. Valorar as nosas cousas boas e querer mellorar as que non nos gustan.

• O punto de partida para amar os demais. Para amar os demais é imprescindible quererse. Amarse a un mesmo non é un acto egoísta, é un acto de valentía e xenerosidade... De valentía porque nos mostramos tal e como somos; de xenerosidade porque nos compromete coa nosa felicidade e coa dos demais.

Amarte para amar, para ser Boa Noticia.

Ámate, es imaxe e semellanza de Deus

• Compartídea en

Como te sentiches tras lela? Que sensacións positivas recibiches? Que é o que máis che custou escribir?

A fraternidade

A fraternidade é o sentimento de amor que hai entre irmáns e irmás; é querer e respectar cada persoa como é, buscando sempre a felicidade e o ben común. Tamén hai fraternidade máis alá dos lazos familiares, e seguro que tes algún amigo ou amiga que é como da túa familia, sen selo.

Xesús vai máis alá e anuncia que Deus é o noso Pai. Dinos que somos irmáns e irmás. Desta forma ensínanos unha nova fraternidade creando un lazo de unión entre toda a humanidade.

A fraternidade universal é o soño de Deus:

• Sae do corazón de cada persoa como un fío invisible, e conéctanos con toda a humanidade para sentirnos unha gran familia.

• Fainos solidarios os uns cos outros, aínda que non coñezamos as persoas... A fraternidade pon cara e nome aos demais, comprométenos cos demais.

• Axúdanos a compartir, acoller, escoitar, respectar, poñernos no lugar da outra persoa; en definitiva, a amar os demais como me amo a min.

A familia é o primeiro lugar onde vivimos a fraternidade.

2. Explica no teu caderno que é para ti a fraternidade e que achega á sociedade.

• Expoñede en clase os vosos escritos e dialogade sobre estes.

3. Elabora unha tarxeta chula cunha mensaxe fraterna. Intercambiádeas cos compañeiros e as compañeiras para sentir que somos unha gran familia.

This article is from: