1 minute read
Apuntamentos de veny
Unha Boa Noticia de verdade
Eu pensaba que unha boa noticia era que che tocaba a lotaría, que che facían un super regalo ou que te aprobaban sen estudar.
Pero vén Xesús, e dime que a Boa Noticia está no meu corazón, que só teño que amar moito a Deus e os demais como me amo a min.
A idea deixoume en shock, pero é verdade. O amor impúlsate a facer o ben, cando amas todo cambia, todo mellora. Convérteste en Boa Noticia para os demais e gozas da fraternidade.
Organizo os meus apuntamentos
baséase no
A
Boa Noticia
Evanxeo mandamento do amor que é para facer
A base da Lei de Deus O centro da mensaxe de Xesús A raíz dos cristiáns
O ben común
Xesús anuncia a mensaxe do amor proclámase co para
Amarnos e amar as persoas
Cumprir o soño de Deus: a fraternidade universal
Recordo o que aprendín
• O mandamento do amor é amar Deus e todas as persoas como a nós mesmos.
• A Boa Noticia que anuncia Xesús é un xeito de vivir.
• Vivir a Boa Noticia lévanos a realizar accións transformadoras.
• A fraternidade universal, que comeza na familia, é o soño de Deus.
Cóntame o que aprendiches
Responde no teu caderno
1 Que significa amar a Deus con todo o teu corazón, con toda a túa alma e con toda a túa mente?
2 Que significa Evanxeo?
3 Quen está chamado a vivir a Boa Noticia?
4 Completa a frase:
• Xesús fálanos do amor a un mesmo como...
Experimenta e crea
5 Elabora un artigo ou reportaxe coa Boa Noticia de Xesús para enviarllo a un xornal e que o publique.
• Expoñede as ideas dos artigos en clase.
Como aprendiches
6 Continúa neste novo curso co teu Diario de Reli. Escribe nel o que aprendiches nesta unidade ou con calquera tema tratado en clase.
• O ideal é que redactes as túas reflexións ou o que queiras gardar no teu interior para poñelo en práctica.
• Iso fará da túa vida e a das persoas que te rodean máis solidaria e bondadosa. Non o dubides.
7 Escribe no teu caderno o que che gustou e o que non che gustou da unidade.