1 minute read

1 4 O soño de Deus

Atrévete a soñar

Todas as persoas temos soños que nos gustaría conseguir, como ser deportista, médico, artista...; e soños que van máis alá de nós mesmos, como crear un mundo mellor.

Estes soños proxectan o futuro que queremos.

O soño de Deus: un mundo no que todos poidamos vivir como irmáns e irmás con plena dignidade. (Papa Francisco).

Teño un sono

Dicía Walt Disney: «Todos os nosos soños poden converterse en realidade se temos a valentía de perseguilos».

• Cal é o teu soño? Como é o futuro que soñas? Que necesitas facer para conseguilo?

• Compartide as respostas mediante chuvia de ideas e dialogade entre todos.

Nesta unidade descubrirás que...

• Xesús inicia o anuncio do Reino de Deus coas Benaventuranzas.

• As Benaventuranzas describen o estilo de vida de Xesús.

• A misión da Igrexa é facer visible o Reino de Deus hoxe.

• A xustiza do Reino de Deus establece o amor como base nas relacións con todas as persoas.

Situaci N De Aprendizaxe

Atrévete a soñar

Busca a felicidade para conseguir un mundo máis xusto e con dignidade para todas as persoas.

This article is from: