1 minute read
Xustiza
A xustiza
A xustiza non só son as leis ou as normas que na sociedade debemos cumprir, ou a profesión dos xuíces que traballan nos tribunais. A xustiza tamén está nas decisións que calquera persoa poida tomar: han de ser decisións xustas. Unha persoa xusta toma decisións sen impoñer os intereses ou gustos propios por enriba do ben común.
A xustiza é esa chamada do corazón a facer o correcto, a actuar con sinceridade, respectando sempre os demais e tratando a todo o mundo con dignidade.
As inxustizas sempre prexudican á sociedade e en especial ás persoas máis débiles.
Para os cristiáns, a xustiza é moito máis que unha obriga para cumprir as leis. A xustiza nace do amor a Deus e aos demais.
A xustiza do Reino de Deus transcende as leis e establece unha nova base para as relacións con todas as persoas: o amor.
Buscade primeiro o Reino de Deus e a súa xustiza (Mt 6, 33).
4. Imaxina que somos «vixilantes da xustiza». En grupos de catro, buscade microinxustizas no voso ámbito, é dicir, pequenas accións ou decisións que non buscan o ben común, ou que provocan algún tipo de discriminación ou desigualdade.
• Expoñede en clase os resultados e concretade accións que poidamos realizar para transformar esas inxustizas en xustiza.