1 minute read
Apuntamentos de veny
Felices de verdade
Soño con alcanzar as miñas metas, con facer grandes cousas e deixar a miña pegada na humanidade.
Descubrín cal é o soño de Deus, que sexamos felices de verdade, que nos esqueza todo aquilo que non é importante e que só nos preocupe que todas as persoas vivan ben e con dignidade.
Soñar máis alá das miñas metas é soñar ao grande, porque se ao meu arredor hai xustiza e paz a miña felicidade será de verdade.
Atrévete a soñar o soño de Deus.
Organizo os meus apuntamentos
Recordo o que aprendín
• Xesús ensínanos o camiño a seguir para alcanzar a verdadeira felicidade coa Benaventuranzas.
• O Reino de Deus significa o reinado de Deus nos nosos corazóns.
• Xesús utiliza as parábolas para falar do Reino de Deus.
Cóntame o que aprendiches
Responde no teu caderno
1 A quen vai dirixida a mensaxe das Benaventuranzas?
2 Cal é o centro da mensaxe de Xesús?
3 Cales son os valores do Reino de Deus?
4 Completa a frase: Xesús anuncia o Reino de Deus non como unha doutrina...
Experimenta e crea
5 En publicidade existe unha técnica que se chama storytelling. É a arte de contar historias para conectar coas persoas e facerlles chegar unha mensaxe. Algúns exemplos de storytelling son anuncios de marcas de pizzas ou de bebidas moi coñecidas. Recórdache a algo? O storytelling sería como as parábolas de Xesús.
• En grupos de catro ou cinco persoas, preparade un anuncio de televisión coa técnica do storytelling sobre o soño de Deus. Expoñédeo en clase.
Como aprendiches
6 Continúa neste novo curso co teu Diario de Reli. Escribe nel o que aprendiches nesta unidade ou con calquera tema tratado en clase.
• O ideal é que redactes as túas reflexións ou o que queiras gardar no teu interior para poñelo en práctica.
• Iso fará da túa vida e a das persoas que te rodean máis solidaria e bondadosa. Non o dubides.
7 Escribe no teu caderno o que che gustou e o que non che gustou da unidade.
Storytelling. Xorde da unión de dúas palabras en inglés: Story (‘historia’) e telling (‘contar’).